Paleolítico medio

O Paleolítico medio é un período da prehistoria caracterizado polo predominio da cultura musteriense e da técnica Levallois, que consisten en obter unha ou varias lascas de forma predeterminada, a partir dunha preparación particular do núcleo lítico. Abrangue aproximadamente entre os anos 130000 e 33000 a.C.

Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade de Ferro
  Bronce final  
  Bronce medio
  Bronce antigo
Idade de Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico superior  
    Paleolítico medio
    Paleolítico inferior
  Paleolítico
Idade de Pedra

Visión lineal

Ao primeiro definiuse o Paleolítico medio pola existencia do Homo neanderthalensis, que se supuña unha especie intermedia entre o Homo erectus e o Homo sapiens sapiens. Posteriormente descubriuse que a evolución do xénero Homo ata o sapiens foi máis complexa, e que o H. neanderthalis no antecedeu ao a H. sapiens, senón que foi unha especie de orixe europea e que durante máis de 150 mil anos tivo unha existencia paralela co H. sapiens, orixinario de África. Non houbo pois un proceso lineal de evolución e a visión do Paleolítico medio resultou só ser certa para Europa e o norte de África.

Afganistán

Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular China no extremo máis oriental do país. O seu territorio abrangue 652.000km2, converténdose no país número 41 meirande do mundo.

A presenza humana en Afganistán data do Paleolítico Medio, e a localización estratéxica na Ruta da seda conectouno con culturas de Oriente Medio, Asia Central e Asia Meridional. Ó longo da historia, foi o fogar de diferentes pobos e foi escenario de moitas campañas militares, como as de Alexandre o Grande, os árabes musulmáns, Genghis Khan e as potencias occidentais na era moderna. Tamén foi o berce do Imperio Shinwari, o Imperio Cuxano, o Imperio Heftalita, o Imperio Samánida, o Imperio Gaznávida, o Imperio Gúrida, a Dinastía Khilji, o Imperio mogol, e a Dinastía Murrani.A historia política do estado moderno de Afganistán comezou coas dinastías Hotaki e Durrani no século XVIII. A finais do século XIX, Afganistán converteuse nun estado colchón do "Gran Xogo" entre a India Británica e o Imperio Ruso. Despois da Guerra Anglo-Afgá de 1919, o Rei Amanullah e Mohammed Zahir Shah tentaron modernizar o país. Unha serie de golpes de estado en 1973, 1978 e 1979 foron seguidos pola invasión soviética de Afganistán e as guerras civís que devastaron o país.

Arte prehistórica

A arte prehistórica é un fenómeno artístico de alcance xeográfico global e unha amplitude temporal suficiente como para afectar as épocas máis diversas. Abrangue as formas artísticas desenvolvidas durante a etapa da Prehistoria chamada Paleolítico. O concepto é moito máis amplo có fenómeno rupestre cuaternario, principalmente circunscrito á Europa occidental, e comprende amais as manifestacións da chamada arte paleolítica.

Biface

En arqueoloxía un biface é unha ferramenta lítica prehistórica. A pedra entallábase xeralmente polos dous lados de forma simétrica, polo común coa zona de remate en punta e a base arrondeada; porén hainos tamén con outras formas. O seu tamaño medio oscila entre os 8 e os 15 cm. Apareceu hai 1.6 millóns de anos en África, con probabilidade elaborados pola especie Homo ergaster. Os bifaces caracterizan o período achelense pero tamén están presentes no Paleolítico Medio e posteriormente.

Cova Eirós

A cova Eirós é unha gruta natural sita en Cancelo, concello de Triacastela (Lugo), aos pés da serra do Oribio. A caverna, resultado de fenómenos cársticos sobre rocha calcaria, é un sitio arqueolóxico que forneceu materiais líticos pertencentes ao Paleolítico Medio e Superior, xunto con restos de fauna e flora da época. O 20 de agosto de 2012 fíxose público o achado de pinturas e gravados rupestres que se poderían remontar a 30.000 anos de antigüidade, sendo a primeira mostra de arte rupestre atopada en Galicia e que motivaron a súa declaración como Ben de Interese Cultural.

Coviña

En arqueoloxía, denomínase coviña (tamén chamada cazoleta ou corgo) a un pequeno oco artificial escavado na superficie dalgunhas rochas, tendo xeralmente unha sección semiesférica e planta circular (aínda que tamén se atopen de planta cuadrangular). Poden atoparse tanto illadas como formando agrupacións, con outras coviñas ou con outros gravados rupestres ou petróglifos.

Aínda que o caso máis común é que se atopen gravadas nas superficies de formacións rochosas naturais, tamén poden aparecer en ortóstatos megalíticos.

As coviñas son un dos motivos rupestres máis recorrentes, en todas as épocas e latitudes. Son comúns nos petróglifos galegos. A súa cronoloxía abranguería, en Europa, do Paleolítico Medio (La Ferrassie) até a Idade de Ferro.

Humanos anatomicamente modernos

O termo de humanos anatomicamente modernos ou Homo sapiens anatomicamente modernos en paleoantropoloxía refírese aos individuos das poboacións de Homo sapiens con aparencia que cadra co rango de fenotipos dos humanos actuais.

Os humanos anatomicamente modernos, isto é, todas as poboacións humanas actuais, son froito da evolución a partir da arcaica especie Homo sapiens do paleolítico medio, hai 200 mil anos. A aparición dos humanos anatomicamente modernos marca a aparición da subespecie Homo sapiens sapiens. Os fósiles recollidos máis antigos de humanos modernos son os restos de Omo, en Etiopía, que datan de 195,000 (±5,000) e que constan de partes de dous restos craniais, un brazo, unha perna, un pé e ósos de cadeira.

Outros fósiles inclúen a Homo sapiens idaltu extraído no sitio arqueolóxico de Herto en Etiopía e restos de cranios en Israel que datan de 90 mil anos.

Idade de Pedra

A Idade de Pedra é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión.

Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas. O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, discutido e variable segundo a rexión da que se trate. Aínda que é posible falar deste período en concreto para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía da fundición de metais e por tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra ata que se atoparon con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral, considérase que este período comezou en África hai 2,8 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana, ou quizais pre-humana.

A este período seguiulle o Calcolítico ou Idade de Cobre e, sobre todo, a Idade de Bronce, durante a que as ferramentas desta aliaxe chegaron a ser comúns; esta transición aconteceu entre o 6000 a.C. e 2500 a.C. Tradicionalmente divídese a Idade de Pedra en Paleolítico, cun sistema económico de caza-recolección e Neolítico, no que se produce a revolución cara ao sistema económico produtivo agropecuario, a suma da agricultura e maila gandaría.

Idade do Cobre

A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade de Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.

Mesolítico

O Mesolítico (pedra intermedia) é un período da prehistoria situado entre o Paleolítico e o Neolítico, e presente (ou polo menos, con duración razoábel) apenas nalgunhas rexións do mundo onde non houbo transición directa entre os dous períodos citados. As rexións que sufriran maiores efectos das glaciacións tiveren Mesolíticos máis evidentes.

Iniciouse co fin do Plistoceno, a preto de 10 mil anos atrás, e rematou coa introdución da agricultura, en épocas que varían de acordo coa rexión.

Musteriense

Musteriense é unha cultura que se desenvolve no Paleolítico Medio. Debe o seu nome ao sitio arqueolóxico de Le Moustier, un acubillo rochoso na rexión de Dordoña en Francia descuberto en 1860 por Gabriel de Mortillet. Ferramentas de pedra similares atopáronse por toda a Europa subártica e tamén no Oriente Medio e norte da África.

Paleolítico

O Paleolítico ("pedra antiga" do grego παλαιός "antigo" e λίθος "pedra") é un período prehistórico correspondente ao intervalo que se estende entre a primeira utilización de utensilios de pedra polo ser humano (preto de 2 millóns de anos atrás) ata o comezo do Neolítico (arredor do 10000 a.C.).

Este gran período histórico subdivídese en Paleolítico Inferior (ata hai 300 mil anos atrás) e Paleolítico Superior (ata 10 mil a.C.). (Na Europa e en lugares onde houbo glaciacións, entre o Paleolítico e o Neolítico intercálase o chamado Mesolítico). O Paleolítico coincide co final da época xeolóxica Plistoceno do período xeolóxico Neoxeno. Hai certa discordancia entre os estudosos en canto a esa división, intercalando algúns un Paleolítico Medio entre o Inferior e mais o Superior.

O termo Paleolítico empregouno pola primeira vez polo historiador John Lubbock. Antes do Paleolítico houbo un período prehistórico que algúns historiadores chaman de Eolítico.

Paleolítico inferior

O Paleolítico inferior é un período do Paleolítico que durou aproximadamente desde hai 2,5 millóns de anos, coincidindo coa aparición das primeiras ferramentas creadas por homínidos, até hai 120.000 anos.

Hai 3 millóns de anos o clima foi moito máis húmido que o actual, producíndose secas de duración variable. Durante estes períodos húmidos, a fauna era moi abundante, e é nesa época cando apareceron os primeiros grupos humanos, co Australopithecus e o Homo habilis.

Os datos de hábitat e modos de vida de Australopithecus son imprecisos, aínda que cabe supor que se desenvolvería a súa existencia nas beiras dos lagos, onde tiñan mellor asegurada a súa subsistencia.

Con respecto a Homo habilis, podemos diferenciar tres tipos de hábitat:

Zonas situadas a beiras dos ríos

Estacións de habitación (campamentos estacionais)

Xacementos de despezamentoAparecen xunto a Homo habilis as primeiras estruturas habitables, compostas por unha acumulación circular de pedras, sobre as que posiblemente se situarían unhas ramas.

O modo de subsistencia de Homo habilis era unha dieta a base de tubérculos, raíces e bagas.

Distínguense os seguintes grupos de cultura:

Pre-Acheulense (Cultura dos Cantos Tallados)

Abbevillense

Acheulense

Micoquiense

Tayaciense

Levalloisiense

Paleolítico superior

O Paleolítico superior é o período da Prehistoria caracterizado polo dominio do home moderno en Europa (Homo sapiens), con desenvolvemento de novas técnicas (láminas líticas, industria ósea) e a explosión da arte prehistórica. Cronoloxicamente o seu inicio sitúase arredor de 40.000 a.n.e. e o seu final sobre 9.000 a.n.e.

Protohistoria

A Protohistoria é un período da historia da humanidade posterior á prehistoria e anterior á historia propiamente dita.

Serra de Atapuerca

A Serra de Atapuerca é un pequeno conxunto montañoso da provincia de Burgos, en Castela e León, situado entre a Cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico, e que recibe o seu nome da pequena localidade e concello de Atapuerca. Cunha anchura de 5.000 metros e unha lonxitude de 1.300 metros, o seu punto de maior altitude está a 1.085 metros sobre o nivel do mar.

A Serra de Atapuerca foi declarada Espazo de Interese Natural, Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade por mor dos sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos que acolle no seu interior, nos que se atoparon os restos fósiles de catro especies de homínidos e dunha nova especie de oso das cavernas, así como múltiples ferramentas de pedra das culturas olduvaiense, acheulense e musteriense, correspondentes cos períodos do paleolítico inferior e paleolítico medio.

En 2004 descubríronse diversos instrumentos líticos datados no Plistoceno Superior, que constituíron a primeira proba da presenza dos Neandertais en España . Nunha serie de escavacións aínda en curso, descubríronse ricos depósitos fósiles e ferramentas de pedra que se atribúen aos primeiros residentes hominina coñecidos en Europa Occidental. Esta reserva excepcional de datos depositáronse durante a extensa presenza no paleolítico inferior, xa que as montañas Atapuerca serviron como a residencia preferida do Homo erectus, Homo antecessor (ou Homo erectus antecessor), Homo heidelbergensis e Homo neanderthalensis. O exemplar máis antigo desenterrado e datado ata o momento con confianza confirma unha idade entre 1´2 millóns e 630.000 anos. Algúns achados expóñense no próximo Museo da Evolución Humana, en Burgos. O sitio foi designado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, baixo o nome de "Sitio Arqueolóxico de Atapuerca".

Triacastela

Triacastela (do latín tria castella, 'tres castros') é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Pertence á comarca de Sarria. Segundo o INE en 2018 tiña 643 habitantes (821 no 2006, 820 no 2005, 839 no 2004, 852 no 2003).

Técnica Levallois

A técnica Levallois é un procedemento complexo de lascado que, por medio dunha preparación especial da cara superior do núcleo (e, opcionalmente, da súa periferia e a súa plataforma de percusión) consegue preconcibir ou predeterminar, total ou parcialmente, a forma e o tamaño da lasca, antes de ser extraída. Deste xeito, a talla lítica segue uns pasos concretos que levan a uns resultados formais moi específicos. Empregouse na Prehistoria, en especial no Paleolítico Medio.

Vilobí d'Onyar

Vilobí d'Onyar é un municipio da provincia de Xirona, en Cataluña, que pertence á comarca da Selva. Forma parte da área urbana da cidade de Xirona e ademais da capital municipal inclúe os núcleos de Salitja e Sant Dalmai.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.