Palas de Rei

Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».

Coordenadas: 42°52′23.42″N 7°52′9.07″O / 42.8731722, -7.8691861

Palas de Rei
Escudo de Palas de Rei
Interior do Castelo de Pambre, Pambre, Palas de Rei
Situacion Palas de Rei
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Ulloa
Poboación3.414 hab. (2018)
Área199,7 km²
Densidade17,1 hab./km²
Entidades de poboación43 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldePablo José Taboada Camoira (PPdeG [3])
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Palas de Rei
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes81,58%
Na rede
www.concellopalasderei.es

Demografía

Censo total 2014 3.601 habitantes
Menores de 15 anos 274 (7.6 %)
Entre 15 e 64 anos 1.944 (53.98 %)
Maiores de 65 anos 1.383 (38.40 %)

Toponimia

O lugar aparece mencionado nun documento de 1153 como pallatium Regis[5]. Con todo, podería non derivar de pazo senón do topónimo Palas, referido a covas de lugares calizos[6].

Historia

No concello consérvanse restos prehistóricos, como mámoas, dolmens e castros. Trala romanización, o lugar estaba atravesado por unha vía romana cara a Lugo. No século VI pertencía ao condado de Ulliensis.

Na Idade Media o camiño de Santiago trouxo, amais do estilo románico, a prosperidade á vila, que aparece citada no Códice Calixtino. Na parroquia de Vilar de Donas está a Igrexa románica de Vilar de Donas, de orixe monástica. A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.

Consérvanse restos de fortalezas, torres, castelos, pazos e casas brasonadas, como a casa-torre de Filgueira, a casa-torre de Fontecuberta; o Pazo de Laia (que conserva o escudo de armas dos condes de Traba, antecesores do fundador de Pambre), a casa de Ulloa (cos escudos dos Saavedra, Montenegro, Gaioso e Deza), o pazo Mariñao, a fortaleza do Castro de Seixas (en Merlán, de onde procede a liñaxe dos Vázquez de Seixas), o pazo de Pacheco e o castelo de Pambre, erguido por Gonzalo Ozores de Ulloa cara a 1375,unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia, que resistiu a Gran Guerra Irmandiña en 1467.

Na segunda guerra carlista Palas de Rei foi un dos poucos concellos nos que triunfou a sublevación en 1846, constituíndose unha Xunta Revolucionaria.

O mesmo que noutros moitos lugares de Galicia, no 1936 en Palas tamén tiveron lugar asasinatos, como o de Camilo Díaz Baliño.[7]

Comunicacións

A vila de Palas de Rei está atravesada pola vía francesa do Camiño de Santiago. Amais, atravésaa a estrada N-547, que comunica cara ao oeste con Santiago de Compostela, Melide e Arzúa, e cara ao leste coa estrada N-540, que leva cara a Lugo e Ourense.

Lugares de Palas de Rei

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Palas de Rei vexa: Lugares de Palas de Rei.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Palas de Rei.
Casa do concello.
Casa do concello. 

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Palas de Rei". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. González Garcés, M: "Documentos", en Historia de La Coruña. Caixa Galicia, 1987. Páx. 462.
  6. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 328. Ed. Xerais, Vigo 1992.
  7. Mogo, Arturo (10/02/2018). "Sargadelos, Isaac Díaz Pardo e seu pai Camilo Díaz Baliño". La Comarca del Eo (5109): 5.

Véxase tamén

A Puxeda, Palas de Rei

Santa María da Puxeda é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 19 habitantes, (11 homes e 8 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Albá, Palas de Rei

Santiago de Albá é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 72 habitantes, deles 32 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 94 habitantes.

Augas Santas, Palas de Rei

San Xurxo de Augas Santas é unha parroquia do concello lugués de Palas de Rei na comarca da Ulloa , na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 236 habitantes, deles 117 eran homes e 119 eran mulleres, o que supón unha diminución de 14 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Berbetouros, Palas de Rei

San Miguel de Berbetouros é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2010 tiña 69 habitantes, deles 35 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 73 habitantes.

Comarca da Ulloa

A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. No ano 2014 tiña 9532 habitantes, 4690 homes e 4842 mulleres. O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

Ferreira de Negral, Palas de Rei

San Martiño de Ferreira de Negral é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2010 tiña 78 habitantes, deles 39 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 106 habitantes.

Nesta parroquia naceu o ex-ministro José Blanco.

Filgueira, Palas de Rei

San Tomé de Filgueira é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 71 habitantes, deles 30 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Lestedo, Palas de Rei

Santiago de Lestedo é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 98 habitantes, deles 49 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Meixide, Palas de Rei

San Pedro de Meixide é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 96 habitantes, deles 46 eran homes e 50 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Merlán, Palas de Rei

San Salvador de Merlán é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 104 habitantes, deles 51 eran homes e 53 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

O Mato, Palas de Rei

San Xoán do Mato é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 85 habitantes, deles 45 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Palas de Rei, Palas de Rei

San Tirso de Palas de Rei é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 798 habitantes, deles 381 eran homes e 417 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Pambre, Palas de Rei

San Pedro de Pambre é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 28 habitantes, deles 13 eran homes e 15 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Salaia, Palas de Rei

San Pedro de Salaia é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 66 habitantes (33 homes e 33 mulleres), dous máis ca en 2006.

San Mamede do Carballal, Palas de Rei

San Mamede do Carballal é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 58 habitantes, deles 28 eran homes e 30 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Miguel de Coence, Palas de Rei

San Miguel de Coence é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 86 habitantes, deles 43 eran homes e 43 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Xiao do Camiño, Palas de Rei

San Xiao do Camiño é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 20 habitantes.

Vilar de Donas, Palas de Rei

San Salvador de Vilar de Donas é unha parroquia do concello lucense de Palas de Rei. Segundo o IGE en 2011 tiña 121 habitantes (63 homes e 58 mulleres).

A súa igrexa parroquial, a Igrexa de Vilar de Donas é de estilo románico e pertencía a un antigo mosteiro medieval, sendo especialmente relevantes histórica e artisticamente as pinturas do seu interior. Preto desta tamén se atopa a Capela do Santo Antón cunha fachada renacentista.

Vilareda, Palas de Rei

San Pedro de Vilareda é unha parroquia do concello de Palas de Rei, na comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2013 tiña 132 habitantes (68 homes e 64 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes..

Linda co concello de Monterroso. É unha das máis extensas do concello.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.