Palafita

As palafitas[1] son vivendas apoiadas en piares ou simples estacas, xeralmente construídas sobre corpos de augas tranquilas como lagos, lagoas, e como é o caso nalgunhas zonas de Chile á beira do mar.

A palabra deriva do italiano palafitta. No 2002 un importante descubrimento na desembocadura do río Sarno revelou que na zona portuaria de Pompeia había palafitas asentadas sobre un sistema de canles, que tamén suxeren unha certa similitude con Venecia.

Canledalagoa
Canle da lagoa de Antela, na actualidade á altura do concello de Sandiás

No caso galego os poboados lacustres máis coñecidos son os da lagoa de Antela que foron estudados polo investigador Conde-Valvís nos anos 50, pouco antes do desecamento da lagoa. Conde-Valvís fálanos dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56, e 36 habitacións respectivamente cada un, coñecidas popularmente como "cortellos", que nos demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estes poboados estarían situados no espazo que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles fronte a Zadagós e Cardeita).

Palafitos de Castro
Palafitas en Castro, Chile, no arquipélago de Chiloé (Nova Galicia).

Galería de imaxes

Cempa stilthouses

Palafitas en Cempa, nas Illas Lingga (Indonesia).

AttapeuStiltHouse

Unha palafita na Provincia Attapu, ao sur de Laos.

Fragaria washington

Palafitas en Puget Sound en Fragaria Washington, Estados Unidos de América.

Cambo 25

Unha palafita rural en Camboxa.

Philippinen basilan seezigeuner ph04p69

Palafitas bajau no mar das Filipinas.

Stilt house in Ban Saladan, Krabi province, Thailand

Unha palafita no sur de Tailandia.

Haus afrika zoo gelsenkirchen

Unha casa africana reconstruída en Alemaña.

Puente en zona de palafitos en Nueva Venecia-Sitionuevo-Magdalena-Colombia

Unha ponte entre palafitas en Colombia na Ciénaga Grande de Santa Marta.

Traditional Messolongi stilt house

Palafitas tradicionais en Messolongi, oeste de Grecia.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para palafita.
Casa

Unha casa (do latín casa) é unha construción destinada a vivenda, construída a fin de ser habitada polo seres humanos, polo xeral por unha unidade familiar e/ou por un grupo de persoas vencelladas por vínculos de convivencia. A casa, formada polo teito e as paredes que pechan un recinto, serve para refuxiarse da choiva, o vento, o frío e a calor ou outras inclemencias meteorolóxicas así como de posibles intrusos humanos ou animais. Unha vivenda unifamiliar, que pode ser illada ou apegada a outras casas similares compartindo as paredes medianeiras ou formando fileiras máis ou menos longas nas rúas da maior parte das cidades e pobos. Pode organizarse nunha ou varias plantas: normalmente non superando as tres alturas. Pode tamén dispoñer dun rocho ou un semirocho, e dunha cuberta superior transitable, denominada azotea. Se dispón de terreo suficiente, pode contar tamén con patio e xardín. Algunhas poden ter terraza.

É o lugar no que historicamente se desenvolveron as actividades e relacións específicas da vida social ou familiar, desde o nacemento á morte de moitos dos seus compoñentes. Ademais é o lugar onde almacenar os aparellos e propiedades dos seus habitantes.

O paradigma máis estendido da casa urbana actual, corresponde á tipoloxía de casas apegadas que proliferan nas novas promocións inmobiliarias. Componse de dous ambientes: o de día, coa sala de estar como espazo ou habitación principal a cal, habitualmente fai as funcións de comedor constituíndo unha peza polifuncional chamada comedor-estar, onde se reúnen e fan varias actividades os diferentes membros da familia. O ámbito nocturno, ou de descanso fórmano as diferentes habitacións, a principal é a dos xefes de familia e as outras son as dos fillos, que poden compartir con outros inquilinos da casa como algún avó ou outros parentes ou amigos. Este paradigma ideal que forma a casa urbana de entre 70 a 100 metros cadrados de superficie co comedor-estar, cociña e dúas, tres ou ata catro dormitorios, un baño e outro baño pequeno (chamado lavabo ou aseo) etc., nunha casa apegada ou, con maior frecuencia, nun piso dentro dun edificio plurifamiliar atopámolo na base do urbanismo actual, como un índice estatístico fundamental para a planificación do crecemento urbano.

A casa ou a vivenda familiar é o principal produto e, xa que logo, a base da industria da construción e de todo o sector económico derivado que vai desde as fábricas de materiais de construción ata as axencias inmobiliarias ou as tendas de utensilios.

Pero por encima de todo, a casa é o lugar da vida familiar, consecuentemente, na súa organización espacial e no seu deseño reflicte as formas de vida e de organización social. A casa aglutina o conxunto de significado e significantes máis amplo da vida privada. É neste sentido que moitos autores (ver bibliografía) ven a casa como o resultado histórico dun proceso cultural, o reflexo dunha sociedade determinada, por exemplo, a Uma que ilustra este artigo, é a casa comunal tradicional do pobo mentawai de Indonesia e reflicte un esquema organizativo local propio dunha cultura moi diferente da nosa, a casa xaponesa, o Yurt dos pobos siberianos, o Tippi dos indios das pradeiras dos Estados Unidos etc., reflicten as correspondentes culturas, con matices e diferenzas ata a nivel rexional.

Tamén se denomina casa a algúns edificios destinados a servizos comunitarios, como a Casa consistorial, a casa de beneficencia, a casa de empeños, a casa de maternidade, a casa de socorro; a sedes institucionais principais, como a Casa Branca ou a Casa Rosada, ou ata ás de mala reputación, como as casas de camas, casas de citas etc.

En contraposición á casa, adóitase denominar piso (apartamento ou departamento) á vivenda unifamiliar que forma parte dunha edificación maior, normalmente de varias alturas.

Feísmo

O feísmo, tamén coñecido coma maltrato da paisaxe, é un termo acuñado en Galiza para referirse a unha problemática específica galega, xa que os expertos sosteñen que o fenómeno remata nas fronteiras con Portugal, Asturias e Castela e León. O concepto serve para designar un estilo arquitectónico ou urbanístico de trazos esteticamente discutíbeis. Trátase de construcións humanas que degradan o contorno e que chocan de fronte cos canons estéticos propios do lugar, e foi definido coma "un desleixo xeneralizado que impera en boa parte das construcións do país e que se fai especialmente patente no medio rural e naquelas zonas que sofren os estragos da especulación urbanística".En 2015, os arquitectos Pablo Ramil Regoe e Javier Ferreiro da Costa confeccionaron unha clasificación con 34 tipos de construcións dentro do feísmo, após dunha análise da paisaxe galega e os seus principais elementos.

Flag Fen

Flag Fen é un sitio arqueolóxico da Idade de Bronce, situado cara ao leste de Peterborough no condado de Cambridgeshire (Inglaterra) de 3500 anos de antigüidade.

Tratábase dunha pequena illa artificial no medio dun lago considerado sagrado que contaba con varias estruturas tipo palafita que conformaban unha ponte-camiño de madeira cun santuario palafítico no medio do pequeno lago, onde se celebraban ritos detectados a través do depósito votivo de gran número de armas e outros obxectos. O lugar foi recuperado para o turismo mediante a reconstrución parcial do lugar e a construción dun centro de visitantes no sitio.

Hórreo

Un hórreo é unha construción destinada a gardar e conservar os alimentos afastados da humidade e dos animais para mantelos nun estado óptimo para o seu consumo. Caracterízase por manterse sobreelevado sobre pés, co fin de evitar a entrada de humidade e animais dende o chan e por permitir a ventilación a través de rañuras nas paredes perimétricas.

O antropólogo polaco Eugeniusz Frankowsky, en 1918, rexistra o uso de celeiros aéreos na Península Ibérica, rexión dos Alpes, península escandinava, área dos Balcáns, África subsahariana, Persia, sueste asiático, Xapón, península de Kamchatka e área do estreito de Bering, empregados para a conservación do cereal. A especificidade do hórreo como tipoloxía reside na súa ligazón co cultivo do millo e á súa maduración e secado en zonas de clima atlántico. O uso do hórreo está estendido por boa parte do norte da Península Ibérica, con especial abundancia na rexión costeira noroeste, en áreas nas que a pronta chegada dun inverno longo, frío e húmido obriga a facer colleitas temperás.

Hórreo galego

O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais.

En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreo: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo asturiano e o hórreo de corres. No nordeste de Galicia e no occidente de Asturias é doado atopar hórreos do tipo galego e do tipo asturiano no mesmo lugar, aínda que con diferente denominación.

Valuros

Os valuros ou baluros designan unha comunidade, tribo ou seita que habitou na Terra de Valura, na Terra Chá,[cando?] e que exercía de sacerdotes, curandeiros e feiticeiros. Viviron nos arredores da lagoa de Santa Cristina, en Cospeito, e a súa capital era Beria. Tamén viaxaron polo resto do país e fundaron numerosas Baloiras.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.