Palacio de Versalles

O palacio de Versalles ou castelo de Versalles (en francés: Château de Versailles) é un palacio real localizado na cidade de Versalles, unha aldea rural na época de súa construción, e hoxe en día un suburbio de París. A súa construción foi ordenada polo rei Luis XIV, e constitúe un dos complexos arquitectónicos monárquicos máis importantes de Europa. Con preto de 10 millóns de visitantes ao ano,[1] é tamén un dos sitios turísticos máis importantes de Francia.

A Corte de Versalles foi o centro do poder do Antigo Réxime en Francia dende 1682, cando Luís XIV se mudou de París, até que a familia Real foi forzada a volver á capital en 1789.

O conxunto do palacio e parque de Versalles, incluíndo o Gran Trianón e o Pequeno Trianón, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979.[2]

Palacio e parque de Versalles
Versailles chateau
Versalles visto desde os seus xardíns
Vue aérienne du domaine de Versailles par ToucanWings - Creative Commons By Sa 3.0 - 073
Vista aérea do palacio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of France.svg Francia
Localización48°48′17″N 2°07′13″L / 48.80472, -2.12028
TipoCultural
CriteriosI, II, VI
Inscrición1979 (3º sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador83

Historia e ampliacións

Luis XIV deixou París e decidiu construír Versalles como unha pequena cidade lonxe dos problemas. Tería varias etapas constructivas, marcadas polas amantes de Luis XIV.

  • Primeira etapa (1661 - 1668): Sería un palacete de caza ao que se lle engadiron dúas ás laterais que, ao pecharse, conformaron a praza de armas. A fachadas son de ladrillo e unifica a cuberta usando tamén a lousa e as mansardas.
  • Segunda etapa (1668 - 1678): Luis XIV pretende trasladar definitivamente a corte a Versalles. Engádense as dúas ás laterais para dar prioridade visual ao xardín, realizado por André Le Nôtre. A fachada que da ao xardín está construída seguindo o modelo italiano. Un primeiro piso de perpiaños almofadados. Un piso nobre de dobre altura con coxía retranqueada, xogando con entrantes e saíntes e alternando columnas e pilastras. Por último, un terceiro piso que sería o ático, rematado por unha serie de figuras escultóricas que case non deixan ver a caída da cuberta, a cal non e moi inclinada. Chegaron a vivir nél ata 20 000 persoas.
  • Terceira etapa (1678 - 1692): Nesta ampliación, realizada por Mansart, construíuse a capela real na á norte do palacio, a dobre altura e con acceso directo a cota cero dende o exterior, estando a Tribuna Real situada no piso principal, dende onde o rei e a súa familia asistían á misa.

Museo da historia de Francia

La Galería de las Batallas
Galería das Batallas, no Museo da Historia de Francia.

Foi creado no 1837 por Camille Bachasson, conde de Montalivet, por orde de Luís Filipe I.[3]

Cos seus 18 000 m² é o museo de historia máis grande do mundo. Contén unha colección de cadros reunidos ou encargados por Luís Filipe I e están organizados por series históricas. Para a súa exposición, algúns departamentos foron transformados en salas de museo.

O museo está situado nas ás, mentres que a parte central (a excepción do piso baixo), os Grandes Departamentos, as estancias privadas e os departamentos da familia real foron restaurados e poden verse tal como eran cando estaban ocupados polos reis.

Outros Versalles no mundo

O conxunto é recoñecido a nivel mundial coma un dos palacios máis grandiosos e inspirou a outros gobernantes e magnates que aspiraban a ter o seu propio paraíso; hai por iso polo mundo moitas edificacións espectaculares que, ou ben seguiron o seu modelo, ou bien se apropiaron de este epíteto co propósito de atraer visitantes. Os máis coñecidos son:

En Galicia, o Pazo de Oca, malia non ser nunca a residencia de ningunha familia real, é coñecido como o Versalles galego, principalmente polos seus xardíns.[4]

Notas

  1. "Visitors to Versailles (1682-1789)" (en inglés).
  2. "Palace and Park of Versailles". Unesco (en inglés).
  3. "Historic galleries" (en inglés).
  4. "O 'Versalles galego' presume de árbores e formacións senlleiras". El Correo Gallego.

Véxase tamén

Ligazóns externas

5 de outubro

O 5 de outubro é o 278º día do ano do calendario gregoriano (279º nos anos bisestos). Quedan 87 días para finalizar o ano.

Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Cuberta crebada

Unha cuberta crebada, cuberta en mansarda ou simplemente mansarda é unha cuberta a dúas augas con dous declives, sendo a parte inferior máis pendente ca a superior. Ás veces denomínase tellado francés por ser moi abundante este tipo de cuberta en Francia.

Porén o termo mansarda (tamén chamado de lucernario, lucarna ou lumieira) designa normalmente a fiestra disposta sobre a cuberta dun edificio formando unha especie de caseta, para iluminar e ventilar o faiado.

O nome mansarda provén do francés: mansarde, que á súa vez vén do arquitecto parisiense François Mansart (1598-1666), quen o popularizou en Francia, o seu sobriño neto Jules Hardouin Mansart deulle aínda máis sona ao utilizalo coma cuberta no Palacio de Versalles.

O recubrimento dos edificios mediante cubertas inclinadas xera un espazo, ás veces aproveitábel, denominado faiado. As mansardas típicas atópanse recuberta de tellas (as máis das veces en forma de escama), de lousas de xisto ou con chapas de cinc artisticamente cuñadas.

Por extensión, aplícase tamén o termo mansarda coma apelativo do propio faiado.

A casa tradicional galega poucas veces tiña unha cuberta con pendente de abondo para formar un faiado habitábel. Ao longo do século XX construíronse casas de cubertas de máis pendente para formar faiados, moitas veces con lucernarios. A finais de século comezaron a agromar as cubertas crebadas (non tradicionais en Galicia) para aproveitar máis espazo nos faios. A lei galega de construción non permite as cubertas crebadas nin a abertura de lucernarios ou mansardas nas cubertos agás as tipo velux.

Filipe V de España

Filipe V de España, nado no Palacio de Versalles o 19 de decembro de 1683 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1746, alcumado o Animoso, era duque de Anjou e neto do rei de Francia Luís XIV e da raíña consorte a infanta de España María Tareixa. Foi rei de España dende o 15 de novembro de 1700 ata a súa morte; sucedeu o seu tío-avó (último monarca da Casa de Habsburgo) Carlos II. Desta maneira vai ser o primeiro monarca da Casa de Borbón.

François Quesnay

Quesnay, nado en Méré (anteriormente denominada Merey) o 4 de xuño de 1694 e morto en Versalles o 16 de decembro de 1774, foi un médico e economista francés pensador do rei Luís XV e fundador da primeira escola de economía, a escola do fisiócratas . Foi autor de Tableau économique (en galego, Cadro económico), publicada en 1758, que foi a primeira representación esquemática da economía.

Galería dos Espellos

A Galería dos Espellos (en francés: Grande Galerie ou Galerie des Glaces) é a galería central do palacio de Versalles, en Francia. Foi deseñada polo arquitecto Jules Hardouin-Mansart e construíuse entre 1678 e 1684, reemplazando un eirado de Luis Le Vau que unía as dúas ás do palacio (norte e sur) coa fachada do oeste.

O seu estilo é Barroco e ten unha lonxitude de 73 metros poe 10,5 metros de ancho. Dezasete ventás proporcionan a luz que se reflicte en 357 espellos postos fronte a fronte. Supuxo un acontecemento no século XVII, pois por vez primeira, as persoas podíanse contemplar de corpo enteiro, amais, representaba un luxo enorme tendo en conta que naquela época un espello resultaba moi caro. A bóveda de canón está decorada con pinturas de Charles Le Brun nas que se representaba o reinado de Luís XIV de Francia. Inicialmente, a estancia ornamentouse con un mobiliario de prata e numerosas estatuas antigas, fundido en 1689,​ o mobiliario de prata deu paso a outro de madeira dourada que desapareceu durante a Revolución francesa.

A Galería dos Espellos foi o escenario para moitos dos acontecementos que ocorreron en Europa durante séculos, coma a voda de María Antonieta de Austria (16 de maio de 1770), a proclamación do imperio alemán (18 de xaneiro de 1871) ou a firma do Tratado de Versalles, que puxo fin á primeira guerra mundial (28 de xuño de 1919) entre outros.

Louis Michel van Loo

Louis Michel van Loo, nado en Toulon o 2 de marzo de 1707 e finado en París o 20 de marzo de 1771, foi un pintor francés.

Luís XIV de Francia

Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.

Coñecido como o Rei Sol (le Roi Soleil) ou Luís o Grande (Louis le Grand), foi o primoxénito e sucesor de Luís XIII e de Ana de Austria (filla do rei Filipe III de España). Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatendo en tres grandes guerras: a guerra de Holanda, a guerra dos Nove Anos e a guerra de Sucesión española.

Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma Molière, Racine, Boileau, La Fontaine, Lully, Rigaud, Le Brun e Le Nôtre. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Luís XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da monarquía absoluta na Europa. A frase "L'État, c'est moi" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Luís tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do absolutismo político que Luís representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Luís XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours." ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").

Luís XVII de Francia

Luís Carlos de Francia (en francés Louis-Charles de France), nado no Palacio de Versalles o 27 de marzo de 1785 e finado o 8 de xuño de 1795, foi o segundo fillo do rei Luís XVI e a súa esposa María Antonieta, foi duque de Normandía, e delfín de Francia a partir de 1789, despois príncipe real de 1791 a 1792. Seguíndo a orde dinástica, foi recoñecido polos monárquicos franceses como rei baixo o nome de Luís XVII desde a morte do seu pai Luís XVI en 1793 e ata a súa propia morte na prisión do Temple en 1795 á idade de 10 anos. O seu tío o rei Luís XVIII respectaría a orde dinástica en memoria do seu sobriño.

Luís XV de Francia

Luís XV de Francia, nado no Palacio de Versalles o 15 de febreiro de 1710 e falecido no mesmo lugar o 10 de maio de 1774, foi rei de Francia e de Navarra e copríncipe de Andorra entre os anos 1715 e 1774. Ademais, ostentou o título de duque de Anjou.

Herdou o trono do seu bisavó Luís XIV á idade de cinco anos, e pasou os seus primeiros anos de reinado en relativa tranquilidade, rodeado de preceptores que o proveron dunha gran cultura, mentres que o poder efectivo foi entregado a varios rexentes. Ao alcanzar a maioría de idade confioulle o goberno ao cardeal Fleury, o seu antigo preceptor.

A diferenza de Luís XIV non tivo contacto directo coa vida política do seu país: reuníase con pouca frecuencia cos seus ministros e actuou en contra das súas expectativas, tramando unha rede de diplomáticos e espías. O seu desinterese pola política e a constante sucesión de ministros que debilitaban o poder de Francia en Europa contribuíron en sentar as bases para a Revolución Francesa.

Ao inicio do seu reinado foi amado polo pobo, que rapidamente o alcumou como O Ben Amado (en francés, Le Bien-Aimé). Porén, cos anos, a súa debilidade na toma de decisións e a constante e intrigante presenza das súas amantes dinamitou a súa popularidade, producíndose en París algunhas celebracións á súa morte. Por iso houbo de celebrarse en segredo o seu funeral, para evitar que se produciran burlas públicas ante o seu cadaleito, tal e coma ocorrera co seu predecesor.

Baixo o seu reinado, Francia logrou grandes éxitos militares, como a anexión do Ducado de Lorena e Córsega; porén, perdeu gran parte do seu imperio colonial en favor de Gran Bretaña.

María Ana Vitoria de Baviera

María Ana Vitoria de Baviera, nada en Múnic o 28 de novembro de 1660 e finada no Palacio de Versalles o 20 de abril de 1690, foi delfina de Francia, tamén coñecida como Delfina Maria Ana Vitoria ("Marie Anne Victoire") polo seu nome completo que era María Ana Cristina Vitoria von Bayern.

Museo do Louvre

O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa. A creación do museo do Louvre significou, dentro da historia dos museos, o paso das coleccións privadas ás públicas, para goce do conxunto da sociedade. Constitúe o precedente de todos os grandes museos nacionais europeos e norteamericanos. Con 8,3 millóns de visitantes en 2006 é, con moita diferenza, o museo de arte máis visitado do mundo.

O Congreso de París (Dubufe)

O Congreso de París é unha pintura ó óleo realizada en 1856 polo pintor francés Édouard Dubufe. Está exposta no Palacio de Versalles. A pintura mostra unha das reunións que tiveron lugar en París entre o 25 de febreiro e 30 de marzo de 1856 para asinar a paz da Guerra de Crimea.

Palacio

Un palacio ou pazo é, ou foi, a residencia do Xefe do Estado ou outra figura pública de alto rango, como membros da nobreza ou do alto clero.

Moitos palacios transformáronse para outros usos, como Parlamentos, museos ou hoteis.

A palabra úsase tamén para describir edificios luxosos que non son, ou non foron, residencia de figuras públicas, como Palacio da Música, Palacio da Ópera, e mesmo non tan luxosos, como os Palacios de Deportes.

Palacio de Sanssouci

O palacio de Sanssouci (Schloss Sanssouci en alemán) é o antigo palacio de verán do rei de Prusia Federico o Grande. Está situado en Brandeburgo, preto da cidade de Potsdam, a 26 km ao suroeste de Berlín. Colócase con frecuencia a Sanssouci entre os principais rivais do palacio de Versalles, a pesar de que Sanssouci foi realizado nun estilo rococó máis intimista e é máis pequeno que o pazo francés.

O pazo de Federico é famoso polos numerosos templetes e por outras extravagancias do parque de Sanssouci, que arrodean o edificio.

Realizado por Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff entre 1745 e 1747, Sanssouci respondía á necesidade que tiña Federico dunha residencia privada onde descansar, lonxe das solemnidades da corte berlinesa.

Palais du Luxembourg

O Pazo de Luxemburgo, (en francés Palais du Luxembourg) é un pazo de comezos do século XVII atopado en París. Encargado en 1615 por María de Médicis ao arquitecto Salomon de Brosse, foi o resultado das reformas do inmoble xa existente na época de Francisco de Luxemburgo. Actualmente é a sede do Senado de Francia.

O Pazo de Luxemburgo servía máis como residencia secundaria que como pazo oficial urbano. A súa planta corresponde á característica dos palacios franceses, como o de Verneuil no que interveu Salomon de Brosse. Ten un patio cadrado, a Corte de Honra, un salón de entrada coroado por unha cúpula, a Cúpula Tournon e pavillóns repetidos no corpo da vivenda. Foi habilitado na década de 1720 para aloxar a Raíña Viúva de España, Luisa Isabel de Orleáns, filla do rexente Duque de Orleáns.

As novidades, como o corpo da vivenda que ten unha grande amplitude en relación ás dúas ás, e a parte central monumental, distinguen o palacio. O Pazo de Luxemburgo é o resultado da libre inspiración tomada do Palacio Pitti, Florencia, Italia, solicitado por María de Médicis que, aburríndose no Louvre, desexaba atopar o espírito florentino e a dozura que lle transmitía, especialmente a través do emprego do almofadado de pedra na arquitectura do edificio máis que a mestura de ladrillo e pedra, como a que se atopa, por exemplo, no pavillón de caza do Palacio de Versalles.

A parte dereita do pazo estaba reservada para a raíña, e a da esquerda para Luís XIII. Unha serie de cadros encargáronse a Rubens para cada un dos seus departamentos, pero só o destinado a María de Médicis levouse a cabo. Na actualidade pódense ver expostas 13 teas feitas para o pazo nunha sala do Louvre.

Os xardíns do pazo están abertos ao público e constitúen unha das principais superficies arbóreas do interior de París. Os Xardíns de Luxemburgo están considerados como os máis belos de París. Os xardineiros que os coidan procuran que a súa beleza prevaleza durante todas as estacións do ano.

Reino de Francia

O Reino de Francia é un período da historia moderna de Francia que abrangue desde o século XV ó XVIII, co estalido da Revolución Francesa e a instauración do Reino dos Franceses. Durante este período Francia evolucionou do feudalismo a un réxime moi centralizado na figura do rei, que se baseaba na Divindade Real e no apoio da Igrexa Católica.

Tratado de Trianon

O Tratado de Trianon foi un tratado de paz das forzas aliadas da Primeira Guerra Mundial e Hungría asinado o 4 de xuño de 1920, no gran Pazo de Trianon en Versalles, Francia. O tratado regularizaba a situación dos territorios do Reino de Hungría, parte da Austria-Hungría, despois da Primeira Guerra Mundial. Os gañadores do tratado foron as "Forzas aliadas" (Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Italia, e Xapón) ademais das "Forzas asociadas" (os beneficiarios do tratado: Romanía, o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, e Checoslovaquia). O único perdedor do tratado foi Hungría, que perdeu o 77% da súa superficie e o 66% da súa poboación.

Versalles

Versalles (en francés Versailles) é unha cidade francesa da rexión de Illa de Francia, capital do departamento de Yvelines na área metropolitana de París.

É famosa polo palacio de Versalles, un dos máis grandes e fastuosos do mundo, no que residiron os Reis absolutistas de Francia. Actualmente as súas principais actividades son o turismo e os servizos.

Apareceu na historia por primeira vez en 1038. É diocese de seu dende 1790, dependente da arquidiocese de París. O nome de Versalles provén, probablemente, do latín versar, verser, volver. O termo data do século XI, referíndose á orixe das terras labradas (retournées).

O seu xentilicio é versallés. O termo Versaillais utilizouse de igual xeito para designar ás tropas regulares durante os sucesos da Comuna porque os gobernadores tiñan a súa sede nesta vila.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.