Paiosaco, Lestón, A Laracha

Paiosaco é un lugar da parroquia de Lestón no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 704 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 361 homes e 343 mulleres.

Paiosaco
Alameda de Paiosaco
Campo da feira de Paiosaco.
ParroquiaLestón
ConcelloA Laracha
Poboación722 hab. (2017)

Lugares e parroquias

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.