Pagode

Un pagode[1] é un tipo de torre de capas con múltiples beiradas, desenvolvido a partir das estupas orixinarias de Asia Meridional. Algúns pagodes son usados como casas taoístas de culto. Moitos dos pagodes foron construídos para teren unha función relixiosa, máis comunmente budista.

Horyu-ji06s3200
Pagode budista en Hōryū-ji, no Xapón.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pagode.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Apartamento

Un apartamento, tamén chamado departamento, ou piso é unha unidade de vivenda que comprende unha ou máis habitacións deseñadas para proporcionar instalacións completas para un individuo ou unha pequena familia. A principal diferenza existente entre este tipo de vivendas e outras, como casas, casaríos etc., é a superficie que ocupa, normalmente menor que as anteriores, e o seu posible uso, moitas veces vacacional ou temporal.

Un edificio de apartamentos é unha solución económica, que se realiza mediante o aproveitamento en común de zonas de circulación, tanto verticais como horizontais. Tamén se verifica esta economía nas instalacións complementarias de auga, drenaxe e luz eléctrica. A estrutura, con elementos comúns, supón outra economía. Pode tamén obterse mellor servizo e economía, mediante caldeiras, incinerador, etc. A solución colectiva dun edificio de apartamentos permite ter outros elementos comúns, como cocheiras, cuartos de servizo, lavadoiros, tendedeiras, espazos para xogos de nenos etc.

Atol de Cosmoledo

Cosmoledo é un atol do Grupo de Aldabra das Seychelles. O atol ten 14,5 km deste a Oeste, e 11,5 km de norte ao sur. Ten unha superficie de terra de 5,2 km², e a lagoa 145 km², sumando en total 152 km².

A Cosmoledo e a illa Astove (situada a 38 km ao sur), xuntas, coñécenas como o Grupo de Cosmoledo, que á súa vez pertencen ao Grupo de Aldabra.

O atol está formado por uns vinte illotes individuais:

Menai (o máis grande,ao Oeste, cun asentamento actualmente abandonado). 2,3 km².

Illa do Norte (Ile du Nord)

Illa do Nordeste (Ile Nord-Est)

Illa do Buraco (Ile du Trou)

Illa de Noroeste

Goelette

Grande Polyte

Petit Polyte

Illa Grande (Grande Ile) (Con chozas de pescadores) 1,6 km².

Pagode

Illa do Sur (Ile du Sud)

Illa Mosquitos (Ile Moustiques)

Illa Balea (Ile Baleine)

Illa Rato Calvo (Ile Chauve Souris)

Illa do Suroeste (Ile du Sud-Ouest)

Illa dos Macacos (Ile aux Macaques)

Illa da Ratas (Ile aux Rats)

Illa do Noroeste (Ile du Nord-Quest)

Illa Observación (Ile Observation)

Illa Sueste (Ile Sud-Est)

Illote A Cruz (Ilot a Croix)

Brega

Brega é un xénero musical popular brasileiro. O termo, orixinalmente considerado de carácter pexorativo e discriminatorio, foi sendo incorporado e asumido, perdendo gradualmente co tempo este significado.

Historicamente, os maiores cantantes do lexítimo xénero brega están no nordeste brasileiro, sendo o pernambucano Reginaldo Rossi e o cearense Falcão, dous de seus maiores representantes na actualidade, sendo que o último segue unha liña de brega humoristico.

Eventualmente, aínda se confunde o brega con outros ritmos que posúen en común con el a característica do romanticismo excesivo, como o pagode moderno, porén sen conservar as características propias do auténtico brega.

Cantón, China

Cantón (chinés simplificado: 广州, chinés tradicional: 廣州, pinyin: Guǎngzhōou, forma tradicional: Kwangchow) é a capital da provincia de Guangdong no sur da China. En 1999 tiña unha poboación de 6 850 000 habitantes na área urbana, e na área metropolitana 4 050 000.

Situada no río das Perlas, é a cidade máis importante do sur da China. A súa posición estratéxica, moi preto de Hong Kong, permitiu que a cidade se desenvolvese con rapidez. Foi o principal punto de saída dos emigrantes chineses durante os séculos XIX e principios do XX.

A cidade foi fundada pola dinastía Qin hai algo máis de 2000 anos e recibiu o nome de “Yancheng” ou “cidade das cabras”. Foi a capital do reino Yue do sur.

Converteuse nun dos principais portos de Asia durante a dinastía Tang. Foi tamén o porto de entrada dos primeiros misioneiros españois e portugueses que chegaron á China no século XVI.

A cidade dispón dun aeroporto internacional. Está comunicada coa veciña Hong Kong (a unha distancia de 182 km) mediante trens, autobuses e un servizo de transbordador.

Década de 1370

A década de 1370 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1370 e remata o 31 de decembro de 1379.

Hanoi

Hanoi (en vietnamita: Hà Nội, Hán Tự) é a capital de Vietnam, cunha poboación estimada en 3 145 300 habs. (2005). Desde 1010 até 1802, foi o centro político dun independente Vietnam, salvo breves períodos. Foi substituída por Huế durante a Dinastía Nguyễn como capital do Vietnam, mais volveu selo durante o período colonial como capital da Indochina Francesa entre 1887 e 1954. Entre 1954 e 1976, logo da vitoria do Viet Minh sobre Francia na batalla de Dien Bien Phu, foi a capital do Vietnam do Norte.

A cidade está situada na beira dereita do río Vermello. Hanoi sitúase a 21°2' de latitude norte, e a 105°51' de lonxitude leste, dista 1.760 km de Cidade Ho Chi Minh, a antiga Saigon, no extremo sur do país.

Impresión

A impresión é un proceso para a produción de textos e imaxes, polo xeral con tinta sobre papel usando unha prensa. A miúdo realízase como un proceso industrial a grande escala, e é unha parte esencial da edición de libros.

A partir da impresión poden publicarse fotografías, xornais, revistas, libros, cartas, ou documentos, entre outros. Para executar unha impresión é necesario o uso dunha impresora, aparello electrónico que traslada o aspecto visual a unha superficie física a través de variados recursos como láser ou tinta.

Iwade

Iwade (岩出市, いわでし, Iwade-shi) é un concello xaponés da prefectura de Wakayama. Está situada ao suroeste da rexión de Kinki, ao noroeste da prefectura, na illa de Honshu. A súa superficie é de 38,5 km² e a poboación de 52.222 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.360 hab./km².

O concello de Iwade limita cos concellos de Wakayama, Kinokawa (da prefectura de Wakayama); Hannan e Sennan (da prefectura de Osaca).

Mamonas Assassinas

Mamonas Assassinas foi unha banda brasileira de rock cómico formada en Guarulhos en 1990, que nun comezo tiña o nome de Utopia. O seu son era unha mestura de punk rock con influencias de xéneros populares, como o forró (Jumento Celestino), a brega (Bois Don't Cry), o heavy metal (Débil Metal), o pagode (Lá Vem o Alemão), música mexicana (Pelados em Santos), reggae (Onon Onon) e vira (Vira-Vira). A carreira da banda, co nome de Mamonas Assassinas, durou de xullo de 1995 até o 2 de marzo de 1996 (pouco máis de 7 meses). Tiveron un éxito meteórico. Cun único álbum de estudio, Mamonas Assassinas, lanzado en xuño de 1995, o grupo vendeu máis de 3 millóns de copias no Brasil, sendo certificado como disco de diamante comprobado pola ABPD. Con letras humorísticas, o álbum lanzou ós "Mamonas" ó estrelato nacional. Porén, en marzo de 1996, no auxe da carreira, a banda foi vítima dun accidente aéreo sobre a Serra da Cantareira, o que ocasionou a morte de todos os seus integrantes.

Pagoda

Este artigo trata sobre a banda de música, para a construción típica asiática véxase Pagode.Pagoda é unha banda de Brooklyn (Nova York) de estilo musical grunge. Na actualidade ten como vocalista e guitarra a Michael Pitt, a Reece Carr á batería, no baixo a Willie Paredes, e Chris Hoffman co violoncello. O nome do grupo en inglés refírese a pagode (templos budistas).

O grupo comezou a súa andaina polo ano 2001, con Michael Pitt e Ryan Donowho á batería.

Pagode de Hoang Phuc

Pagode de Hoang Phuc (vietnamita: Chùa Hoằng Phúc) é un pagode localizado na comuna de My Thuy, na provincia de Quang Binh, en Vietnam. O primeiro templo foi construído hai máis de 700 anos. Trátase dun dos templos máis antigos no centro de Vietnam.; foi reconstruído e renomeado varias veces. En 1985 foi derrubado. En decembro de 2014, a reconstrución comezou e foi rematada en xaneiro de 2016.

Samba

A samba (feminino en galego; orixinariamente é masculino: "o samba") é un xénero musical de raíces africanas xurdido no Brasil. O nome "samba" é probabelmente orixinario do nome angolano semba, un ritmo relixioso.

Seychelles

A República das Seychelles, ás veces escrito en galego como Seixeles, é un grupo de 115 illas situadas no océano Índico, ao nordés de Madagascar, cunha superficie total de 455 km². A súa capital é Victoria, a única cidade do arquipélago, situada na illa Mahé, habitada por un terzo da poboación. Pertence á Commonwealth.

Posúe o único aeroporto e porto internacional do país, que recibe voos desde os aeroportos internacionais máis importantes do mundo, xa que a principal fonte de divisas do país é o turismo.

Unha das atraccións principais de Victoria é o Xardín Botánico onde poden observarse as tartarugas xigantes que só se atopan nestas illas e nas illas Galápagos.

A etnia predominante é a seychellois de raíces africanas e francesas, pero tamén hai minorías chinesas e indias. A maioría da poboación profesa o catolicismo, un 8% da poboación son anglicanos e hai un 2% de diversas relixións.

Seychelles é o que se coñece como un paraíso tropical. As illas conservan a súa beleza natural, con fermosas praias e un mar con excelentes condicións para os amantes do mergullo. Ten clima tropical con temperaturas que, anualmente, oscilan entre os 25 e 30 °C, con meses moi chuviosos de novembro a maio cando son alcanzadas polos ventos monzónicos.

O 26 de decembro do 2004, as illas foron afectadas polo tsunami causado por un terremoto submarino con epicentro en proximidades de Indonesia. O tsunami cobrou máis de 300.000 vítimas en diversas zonas do Océano Índico. No caso das Seychelles, os danos estimados chegaron aos 30 millóns de dólares, aínda que non sufriron perdas humanas xa que a poboación foi alertada sobre o desastre.

Templo

Un templo é un edificio destinado ao culto relixioso ou a actividades espirituais, tales como a oración, a realización de sacrificios, ou a celebración doutro tipo de rituais relixiosos. Algunhas tradicións relixiosas manteñen nomes específicos para os seus templos primarios, igrexa no caso do cristianismo, mesquita no islam, pagode no caso de certas tradicións do budismo, sinagoga no caso do xudaísmo, salón do Reino nas Testemuñas de Xehová.

Os primeiros templos dos que se teñen noticia foron os de Mesopotamia. Tratábase de edificios rectangulares que co tempo evolucionaron a edificios sobre unha plataforma, dentro dela quedaban os restos do templo anterior, así ata que no século XXI a.C. surdiu o Cigurat, un templo situado sobre varias plataformas de tamaño decrente.

Os templos exipcios eran edificios longos, o seu interior dividíase en varias estancias, algunhas con columnas, ata o extremo final onde se atopaba a cela coa estatua do deus onde os exipcios idolatraban aos seus deuses a través de sacerdotes especializados.

O helenismo expandiu por todo Occidente e Oriente Medio o templo grego, un edificio rectangular dunha soa habitación cun portal columnado con diferentes capiteis dos tres estilos decorativos gregos(dórico, xonio e corintio). De Grecia pasou a Roma, onde estes colocaron o templo grego sobre unha plataforma.

Na idade media o cristianismo adoptou un edificio romano civil,a basílica, ata que adoptou a planta en forma de cruz. Este modelo mantívose ata o século XX, pasando polos estilos prerrománico, románico, gótico, renacentista, barroco e neogótico ata o Movemento Moderno.

Mentres no outro lado do mundo o budismo reutilizaba a arquitectura de relixións anteriores par as súas stupas, pagodas e wans e así o túmulo no que rezaban aos antergos converteuse nas stupas e os templos das relixiósn animistas pasaron a sincretizarse co Buda erguendo templos cun altar coa súa estatuaria en diferentes posturas e tamaños.

No Islam adoptous eo modelo xudeu da Sinagoga pero con engadidos das igrexas cristiás orientais, sumándolle así o minarete á mesquita, que encheron con decoración abstracta de motivos xeométricos e versículos do Corán.

Yamaguchi

Yamaguchi (山口市, やまぐちし, Yamaguchi-shi) é un concello da prefectura de Yamaguchi no Xapón, e capital da súa prefectura. Está situado na rexión de Chūgoku, extremo oeste da illa de Honshū. Ten 1.023,31 km² de superficie e unha poboación de 198.971 habitantes (2010) e unha densidade de poboación de 194 h/km².

Yamaguchi limita cos concellos de Ube, de Mine, de Hagi, de Shūnan e de Hōfu

Yangon

Yangon (en birmano: ရန်ကုန်) é unha cidade de Myanmar, a maior e máis importante do país (4.668.755 hab. en 2007), e capital do mesmo ata o 2005 no que foi substituída pola nova cidade de Naypyidaw.

Situada no delta do Irawadi, a beira da súa póla máis oriental preto da desembocadura no Mar de Andaman, é o principal porto, centro industrial, comercial, financeiro e cultural de Myanmar.

Naceu coma cidade cando, en 1753, o rei Alaungpaya conquistou o que dende o século V era unha vila de pescadores xunto a un templo mon, Dagon, renomeándoa Yangon, "sen inimigos".

En 1852 caeu en mans do Imperio Británico que a chamaron Rangoon (Rangún).

Ático

O ático é o espazo habitábel situado directamente debaixo da azotea dun edificio. Nalgúns edificios resérvase o ático para apartamentos de deseño e luxo moi exclusivos.

Esta consideración sufriu, coa instalación de ascensores nos edificios, un cambio histórico, pois nos antigos edificios, o ático era a parte menos nobre dada a súa penosa accesibilidade, a súa temperatura máis extrema e variábel e a posíbel humidade derivada da súa proximidade ao tellado.

Algúns áticos son reutilizados como dormitorios e oficinas, perfeccionados con escaleiras e xanelas, aínda que a maior parte permanece con difícil acceso e son usualmente utilizados como almacéns.

Así mesmo, axuda ao control da temperatura, ao prover dunha gran masa de aire inmóbil. O aire quente ascendente desde os niveis inferiores do edificio a miúdo queda atrapado no ático, creándolles a reputación de sitios inhóspitos. Con todo, en anos recentes, algúns foron illados para axudar a diminuír os custos da calefacción.

En moitos países de Latinoamérica, o ático significa o espazo que queda entre o teito interior do último piso e o tellado ou azotea. Este é usado igualmente para vivendas de varios pisos ou vivendas dun só piso. Ten un significado similar a faiado.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.