Padrenda

Padrenda é un municipio pertencente á comarca da Terra de Celanova, ao oeste da provincia de Ourense, a 340 metros de altitude. Preto do Baixo Miño, o termo ten 57 km². Segundo o IGE no ano 2015 tiña 1.912 habitantes (2.530 en 2003).

Coordenadas: 42°8′22″N 8°9′30″O / 42.13944, -8.15833

Padrenda
Escudo de Padrenda
Concello de Padrenda
Casa do Concello de Padrenda.
Situacion Padrenda
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación1.759 hab. (2018)
Área57,0 km²
Densidade30,86 hab./km²
Entidades de poboación99 entidades singulares repartidas en 6 parroquias
Capital do concelloSan Roque de Crespos
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Pérez Pereira (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Padrenda
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes75,38%
Na rede
http://www.concellodepadrenda.com

Poboación

Censo total 1.912 (2015)
Menores de 15 anos 132 (6.90 %)
Entre 15 e 64 anos 1.006 (52.62 %)
Maiores de 65 anos 774 (40.48 %)
Evolución da poboación de Padrenda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.142 4.038 4.887 5.041 2.479 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Os restos de poboamentos humanos máis antigos do concello datan de hai 5.000 ou 4.000 anos, con diferentes asentamentos megalíticos con túmulos sepulcrais á beira do río Miño e nas mámoas da Bandexa.

Da alta idade media quedaron sepulcros baixo a praza de San Roque, en Crespos, e a toponimia de lugares como Desteriz ou Esmoriz, debidos seguramente a algún posuidor suevo.

Nos séculos XI e XII o mosteiro de Santa María de Fiães (pertencente ao concello portugués de Melgaço) dispuña de grandes terreos na zona, ben por doazóns, ben por adquisicións. Non documento de 1240 do Tombo do mosteiro dise:

O mosteiro de San Pedro de Ramirás no século XIII tamén quixo facer valer os seus dereitos sobre vellas posesións en Grixó e A Torre.

Desde finais do século XIV as terras pertenceron ó mosteiro de Celanova, que concedía foros ós veciños da localidade. Na parroquia de Monte Redondo existía un priorado Bernardo (da orde do Císter), como testemuñan varios documentos:

Segundo Manuel Murguía, o 12 de novembro de 1836 este convento de bernardos pasou a ser parroquial por Real Orde.

Xa na idade media estas terras eran paso común dos peregrinos portugueses que querían pasar por Ribadavia facendo o camiño de Santiago, a través dunha vía romana perpendicular á Vía XVIII por Pontedeva, Carreira e Ponte Barxas. Facendo esta ruta, a raíña Isabel de Portugal parou na capela de Santa Isabel (Lordelo).

Debido a este tráfico de peregrinos, no Condado creouse un Hospital de Peregrinos, do que aínda se conserva o seu Lauda con cruces ós dous lados. O Hospital pertencía aos Cabaleiros Templarios da orde de San Xoán de Xerusalén. No século XI e XII este territorio foi un lugar que afrontaba os ataques do reino de Portugal contra o reino de Galiza, sendo necesaria a protección dos peregrinos.

Este Hospital deixou o topónimo da freguesía de Santa María do Hospital do Condado, como se ve en varios foros antigos:

Así mesmo, hai constancia toponímica doutro hospital preto de Santa María de Vilar. Este hospital converteuse en cuartel militar durante a guerra civil española.

Durante a idade media construíronse outras fortalezas en Desteriz, O Castelo (Bandexa), ou Grixó (actualmente recuperada como casa de turismo rural) que aínda conserva unha torre, e que se documenta como levantada entre 1580 e 1660, durante a guerra da independencia portuguesa en tempos de Filipe II de España. Esta rede de fortalezas estaba comunicada pola Verea de Milmanda, con pontes e pontillóns coma a de Esmoriz, xa mencionada en foros cara 1620, ou a de Vos Liños. Esta Verea comunicaba co alcázar de Milmanda.

En 1545 houbo un preito entre o mosteiro de Celanova e Urraca de Moscoso sobre a xurisdición de Padrenda.

Igrexa de San Xoán de Crespos
Igrexa de San Xoán de Crespos.

En 1487, constatado nun documento referente a unha visita pastoral, a antiga división eclesiástica repartíase entre Arcedianatos, Chantrías, sección á que pertencía Crespos ou A Torre, e como tal debían pagar Chantre e fregueses.

No século XVII, coa chegada do millo desde América, construíronse muíños en moitos dos ríos e regatos do concello, seguindo algún deles en funcionamento. Tamén nesa época se construíron bastantes hórreos.

No catastro de Ensenada, de mediados do século XVIII, sinálase o seguinte:

Este marqués tiña o dereito de Luctuosa. Percibía ademais dereitos de vasalaxe (190 reais de billón, e 18 reais e 17 marabedís por San Xoán). Tamén recibía o pago da Alcabala nova e o da Alcabala vella, que sufragaban ao devandito marqués de Malpica por concesión real, e que supoñía uns ingresos de 826 marabedís vellos ao ano.

Sinalaba tamén que debían pagar o décimo, a primicia e o de Pascua, nunha proporción considerablemente alta por froitos, colleita e gando.

A maioría das igrexas e templos foron construídas entre finais do século XVII e o XIX, substituíndo estes templos barrocos ós máis antigos, posiblemente de orixe románica.

A principios do século XIX as terras pertencían ós concellos da Torre e Desteriz, pertencentes ó partido xudicial de Bande. Unificáronse en 1836 baixo o nome de Padrenda, aínda que seguiu sendo coñecido polo nome de Milmanda.

Durante a guerra civil o concello foi lugar de paso cara Portugal. Por Ponte Barxas escaparon perseguidos como Desiderio Comesaña ou Ubaldo López. Logo da guerra civil esta terra coñeceu o contrabando (ou "Ramboya"), que posibilitou a supervivencia dos seus veciños ante a fame e a escaseza, a pesar do risco da presenza da Garda Civil, que non só requisaba o material, senón que chegaba a matar. Este contrabando levábase a cabo coa vila de Castro Laboreiro. Mostra del é o pasodoble "A Ramboya", que axiña foi coñecido polo sur de Galiza.

Economía

Centro de Saúde de Padrenda
Centro de Saúde.

No concello cultívase millo, patacas, árbores froiteiras e vides. Existe gando vacún e porcino. Hai unha canteira de granito e unha central hidroeléctrica na Frieira. Existen tamén manufacturas da madeira, habendo carballos, piñeiros e castiñeiros.

Festas

  • San Cibrao: Na aldea de Lavandeira, a festa na segunda quincena do mes de setembro.
  • San Xoán de Crespos: a tradición é coller os carros de madeira da veciñanza e deixalos colgados do carballo situado na praza da aldea.
  • Santa María Madalena: Na aldea de Freáns.
  • A Asuncion en Monterredondo

Turismo

Pódese gozar dunha viaxe en catamarán á beira do Miño, así como rafting e pontismo. Dentro da caza destacan a do coello e a do xabarín, e na pesca, a troita e a anguía.

No núcleo urbano atópase a igrexa de San Roque.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Padrenda.
Igrexa Desteriz, Padrenda

Igrexa de Desteriz

Ponte Barxas

Vista de Ponte Barxas

Lugares de Padrenda

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Padrenda vexa: Lugares de Padrenda.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Agra

Unha agra (do latín AGER, -RI) é unha extensión de terreo cultivábel dividida en leiras que pertencen a varios propietarios. Como orónimo, Agra pódese referir a:

En GaliciaAgra, parroquia do concello de Agolada na comarca do Deza;

Agra, lugar da parroquia de Loureda no concello de Boqueixón;

Agra, lugar da parroquia de Bermún no concello de Chantada;

Agra, lugar da parroquia de Reboredo no concello de Oza-Cesuras;

Agra, lugar da parroquia de Melias no concello do Pereiro de Aguiar;

Agra, lugar da parroquia de Carnoedo no concello de Sada;

Agra, lugar da parroquia de Soñeiro no concello de Sada;

Agra, lugar da parroquia das Somozas no concello das Somozas.

A Agra, lugar da parroquia de Presedo no concello de Abegondo;

A Agra, lugar da parroquia de Corvelle no concello de Sarria;

A Agra, lugar da parroquia de Sobreda no concello de Saviñao;

A Agra, lugar da parroquia de Bodaño no concello de Vila de Cruces;

A Agra, lugar da parroquia de Grandal no concello de Vilarmaior;

A Agra, lugar da parroquia de Santa María de Ferroi no concello de Guntín;

A Agra, lugar da parroquia de Vilouzán no concello de Láncara;

A Agra, lugar da parroquia de Leiro no concello de Leiro;

A Agra, lugar da parroquia de Loureda no concello de Oza-Cesuras;

A Agra, lugar da parroquia de Desteriz no concello de Padrenda;

A Agra, lugar da parroquia de Padrenda no concello de Padrenda;

A Agra, lugar da parroquia de Xuño no concello de Porto do Son;

A Agra, lugar da parroquia de Mandrás no concello de San Cristovo de Cea;

A Agra Boa, lugar da parroquia de Abelleira no concello de Muros;

A Agra da Pedra, lugar da parroquia de Serantes no concello de Oleiros;

A Agra das Arcas, lugar da parroquia de Osedo no concello de Sada;

A Agra das Breas, lugar da parroquia de Santa Comba de Carnota no concello de Carnota;

Agra de Abaixo, lugar da parroquia de San Sadurniño no concello de San Sadurniño;

A Agra de Abaixo, lugar da parroquia de Camariñas no concello de Camariñas;

Agra de Arriba, lugar da parroquia de San Sadurniño no concello de San Sadurniño;

A Agra de Pares, lugar da parroquia de Dombodán no concello de Arzúa;

A Agra de Samosteiro, lugar da parroquia de Cambre no concello de Cambre;

A Agra de Vales, lugar da parroquia de Santa María de Arzúa no concello de Arzúa;

A Agra do Fondo, lugar da parroquia de Abelleira no concello de Muros;

A Agra do Mero, lugar da parroquia de Sigrás no concello de Cambre;

A Agra do Orzán, barrio da cidade da Coruña;

Agra do Regueiro, lugar da parroquia de Vilar de Sarria no concello de Sarria;

Agra Pequena, lugar da parroquia de Mondego, no concello de Sada;

Campo da Agra, lugar da parroquia de Corrubedo no concello de Ribeira;

Casal de Agra, lugar da parroquia de Lubre, no concello de Bergondo;

O Chan da Agra, lugar da parroquia de Veigue no concello de Sada;

O Cimo da Agra, lugar da parroquia de Vilar de Sarria no concello de Sarria;

A Fonte da Agra, lugar da parroquia de San Pedro de Portomarín no concello de Portomarín;

Montaña de Agra, lugar da parroquia de Ouselle, no concello de Becerreá;

Su a Agra, lugar da parroquia de Baio no concello de Zas;

Tras da Agra, lugar da parroquia de Canduas no concello de Cabana de Bergantiños;

Tras da Agra, lugar da parroquia de Xallas de Castriz no concello de Santa Comba;Amais, como apelido pode referirse a:

Alfonso Agra, actor galego (n. 1959);

Agustín Agra, escritor galego (n. 1966).Fóra de GaliciaAgra é tamén topónimo noutros lugares, con diferente significado:

Agra, cidade de California;

Agra, cidade de Kansas;

Agra, cidade de Oklahoma;

Agra, cidade da India;

Agra, comuna de Italia;

Agra, en Suíza.

Barxas

O orónimo galego Barxas refírese a unha varcia, un terreo fértil e chan á beira dun río. Pode referirse a:

Barxas, concello da provincia de León;

As Barxas, lugar da parroquia de Cudeiro no concello de Ourense;

As Barxas, lugar da parroquia de Bustelo de Fisteus no concello de Quiroga;

Ponte Barxas, lugar da parroquia de Padrenda no concello de Padrenda.

Cela

O termo Cela pode referirse a:

Cela, apelido de orixe galega;

Cela, pequeno cuarto ou dormitorio dun convento;

Cela, cuarto con medidas de seguridade dun cárcere;

Cela, cada un dos compartimentos de forma hexagonal que compoñen un panal;

Célula, a unidade estrutural e funcional mínima con vida.Como topónimo Cela pode referirse a:

En Galicia

Cela, parroquia do concello de Bueu;

Cela, parroquia do concello de Cambre;

Cela, parroquia do concello do Corgo;

Cela, lugar de dita parroquia;

Cela, parroquia do concello de Mos;

Cela, parroquia do concello de Outeiro de Rei;

A Cela, parroquia do concello de Lobios;

A Cela, lugar de dita parroquia;

Cela, lugar da parroquia de Agüeira, no concello de Becerreá;

Cela, lugar da parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes;

Cela, lugar da parroquia de Seixón, no concello de Friol;

Cela, lugar da parroquia de Mántaras, no concello de Irixoa;

A Cela, lugar da parroquia de Sendelle, no concello de Boimorto;

A Cela, lugar da parroquia de Chouzán, no concello de Carballedo;

Cela de Abaixo, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda;

Cela de Arriba, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda;

A Cela Vella, lugar da parroquia de Baredo, no concello de Baiona;

O Outeiro de Cela, lugar da parroquia de Mántaras, no concello de Irixoa.En Portugal

Cela, freguesía do concello de Alcobaça;

Cela, freguesía do concello de Chaves;

Cela, lugar da freguesía de Moledo no concello de Castro Daire.En Angola

Cela, municipio da provincia de Cuanza Sul.Como apelido pode referirse a:

Camilo José Cela, escritor galego (1916-2002);

Alfonso Cela Vieito, toureiro galego (1885-1932).Amais, como nome feminino: Cela

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Crespos, Padrenda

San Xoán de Crespos é unha parroquia do concello de Padrenda na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 579 habitantes, deles 282 eran homes e 297 eran mulleres.

Desteriz, Padrenda

San Miguel de Desteriz é unha parroquia do concello de Padrenda na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 594 habitantes, deles 303 eran homes e 291 eran mulleres.

Eleccións municipais en Padrenda

Corporacións democráticas en Padrenda desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Paulino Vieitez Lorenzo — CD

1983 Alcalde: Ricardo Álvarez Meleiro — CP

1987 Alcalde: Pendente.

1991 Alcalde: Manuel Pérez Pereira —

1995 Alcalde: Manuel Pérez Pereira — PPdeG

1999 Alcalde: Manuel Pérez Pereira — PPdeG

2003 Alcalde: Manuel Pérez Pereira — PPdeGModelo:Padrenda 2003

2007 Alcalde: Manuel Pérez Pereira — PPdeG

2011 Alcalde: Manuel Pérez Pereira — PPdeG

2015 Alcalde: Manuel Pérez Pereira — PPCandidatos: Manuel Pérez Pereira (PP) e Juan Eladio González Álvarez (PSdeG-PSOE).

Lugares de Padrenda

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Padrenda

Meaño

Meaño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2016 tiña unha poboación de 5.341 habitantes, o que representa un descenso con respecto ó ano 2005, cando contaba con 5.475 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meañés».

Monte Redondo, Padrenda

San Xoán de Monte Redondo é unha parroquia do concello de Padrenda na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 142 habitantes, deles 71 eran homes e 71 eran mulleres.

O Condado, Padrenda

Santa María do Condado é unha parroquia do concello de Padrenda na comarca da Terra de Celanova , na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 79 habitantes, deles 43 eran homes e 36 eran mulleres.

Padrenda, Meaño

San Martiño de Padrenda é unha parroquia que se localiza ao norte do concello de Meaño, lindando con Cambados e Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 448 habitantes (238 mulleres e 210 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un retroceso respecto ós anos 2010, cando tiña 467 veciños, e 2005, cando eran 480. Ten unha superficie de 2,18 km².

Padrenda, Padrenda

San Cibrán de Padrenda é unha parroquia do concello de Padrenda na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2012 tiña 612 habitantes, deles 313 eran mulleres e 299 eran homes, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 696 habitantes.

Padrenda de Abaixo, Padrenda, Meaño

Padrenda de Abaixo é un lugar da parroquia de Padrenda no concello pontevedrés de Meaño na comarca do Salnés. Tiña 45 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 24 eran mulleres e 21 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 51 veciños, e 2005, cando eran 57.

Ponte Barxas, Padrenda, Padrenda

Ponte Barxas é un lugar da parroquia de Padrenda no concello ourensán de Padrenda na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2012 tiña 160 habitantes (84 mulleres e 76 homes), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 149 habitantes.

Está situado á beira do río Barxas ou Troncoso, facendo fronteira con Portugal a través dunha ponte até a aldea de São Gregório (Cristóval, Melgaço). Neste lugar houbo unha aduana até a entrada en vigor do Acordo de Schengen en 1992.

Ribadumia

Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.087 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadumiense».

San Pedro da Torre, Padrenda

San Pedro da Torre é unha parroquia do concello de Padrenda na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 383 habitantes, deles 177 eran homes e 206 eran mulleres.

Serra do Laboreiro

A serra do Laboreiro é un macizo montañoso de perfís suaves situado entre Galiza e Portugal na denominada Raia Seca, que se eleva dende o val do río Deva para formar un amplo altiplano duns 1200 m de altitude media que se estende pola freguesía portuguesa de Castro Laboreiro. Dos seus cumios nacen ríos que van ao Miño (Deva e Troncoso), ao Arnoia (Tuño e Ourille), e ao Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa).

Sisán, Ribadumia

San Clemenzo de Sisán é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ribadumia. Segundo o IGE, en 2016 tiña 685 habitantes (340 mulleres e 345 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 725 habitantes, e 2005, cando eran 711.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.