Padre Sobreira

O padre Sobreira, nado como Xoán Sobreira Salgado en Beade en 1745 e finado en Guadalaxara en 1805, foi un monxe beneditino galego que, ademais de compoñer diversos textos sobre a xeografía de Galiza, traballou durante máis de oito anos na idea dun dicionario galego, que había levar o título de Glossario General de la Lengua Gallega. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando todas as outras linguas da Península Ibérica o tiñan. Este dicionario, ao seu ver, sería útil para conservar por escrito o idioma galego.

S Estevo de Ribas de Sil, parador e igrexa
S. Estevo de Ribas de Sil, onde Juan Sobreira tiña "tienda abierta para cuantos me concurren con yerbas y plantas traídas de los abismos".
Padre Sobreira
Nome completoXoán Sobreira Salgado
Nacemento1745
 Beade
Falecemento1805
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e monxe

Traxectoria

Consideraba necesario que o galego acadase un status similar ao doutras linguas da península, seguindo as ideas do Padre Sarmiento:

Sobreira é tamén un dos primeiros en detectar a existencia da modalidade lingüística que coñecemos hoxe polo nome de "castrapo"[Cómpre referencia], especialmente presente nesa época na fala dos habitantes das cidades e vilas máis populosas:

Fr. Juan Sobreira. Papeletas de un diccionario gallego, edición y estudio crítico por J. L. Pensado I texto, 1979
Papeletas de un diccionario gallego.

Obras

  • (1794) Ensayo para la Historia General Botánica de Galicia, que deberá comprenderse en el Diccionario ó Glosario general de la lengua gallega, Biblioteca da RAH, manuscrito.
  • (s/d) Nombres (gallegos) de yerbas y plantas, cuya correspondencia no había podido averiguar (José) Cornide, Biblioteca da RAH, manuscrito.
  • (1774) Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia, Madrid: Imp. Ibarra.
  • (1979) Papeletas de un diccionario gallego, Edición y estudio crítico por J.L. Pensado, Instituto de Estudios Orensanos «Padre Feijóo».
  • (s/d) Papeletas de nombres de peces.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A Estrada

A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 20 661 habitantes, dos cales 419 eran de orixe estranxeira. O concello ten 51 parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «estradés» (forma oficial), estradense (forma popular) ou estratense (forma culta).

A andoriña na cultura popular galega

Antigamente a andoriña consagrábase aos deuses penates (protectores dos fogares), tal como menciona Claudio Eliano, e xa daquela ninguén as mataba. Considerábanse o heraldo da primavera e en Rodas tiñan un cántico para celebrar a chegada das andoriñas nas súas migracións anuais .

En Galicia é popular a lenda que conta que as andoriñas arrincaron as espiñas da coroa que levaba Xesús Cristo, e que do sangue deste vén a mancha vermella que amosan no seu pescozo . Desta crenza procede a consideración das andoriñas como protectoras das casas nas que aniña. Por esta razón son aves que ninguén molesta nin se lle vai ós niños . Mesmo se cre que matar unha andoriña ou destruí-lo seu niño é un pecado e que quen o faga sufrirá axiña unha desgraza na súa casa (Risco, Rodríguez López )

Considéranse agoiros do tempo que vai facer: cando as andoriñas voan baixo é que vai cambia-lo tempo.

A Virxe de Padrón leva unha andoriña na coroa e por iso corre un cantar no que se di que O Señor bendiga â ave que leva nosa Señora (Rodríguez López).

Acivro

O acivro ou xardón (Ilex aquifolium L.) é unha arboriña ou arbusto perenne da familia aquifoliáceas. Medra en bosques no oeste, centro e sur de Europa. En Galicia dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns, onde se dan numerosas variedades, adoito con follas bordeadas de amarelo (formas variegadas).

O nome do xénero procede do latín ilex, nome co que os romanos designaban a aciñeira (Quercus ilex), pola semellanza das súas follas coas desta árbore. O nome específico procede do latín acus, agulla, e folium, folla, por te-las follas espiñentas. O lugar poboado de acivros coñécese como acevedo.

Alejandro Sesmero

Alejandro Rodríguez-Sesmero González (nalgunhas ocasións asinaba como Alejandro Sesmero), nado en Xixón en 1843 e finado en Córdoba (Arxentina) o 22 de outubro de 1913, foi un arquitecto que traballou en Galicia.

Arco da vella

O arco da vella, arco iris ou contrasol é un efecto óptico que consiste na aparición no ceo dun arco con bandas de cores, desde o vermello até o violeta, cubrindo todo o espectro visíbel de luz, e que se produce como resultado da presenza simultánea da luz directa do sol e máis da chuvia.

A explicación deste meteoro atópase na dispersión cromática que provocan as pingas de auga condensada presentes no aire, descompoñendo os raios policromáticos procedentes do sol, e desviando o raio correspondente a cada cor cun ángulo diferente. Isto á vez débese á dependencia que exhibe o índice de refracción da auga respecto da frecuencia, longura de onda ou cor da luz, resultando en diferentes ángulos de refracción para as diferentes cores.

Como se pode ver no esquema seguinte, o arco da vella é unha ilusión óptica no senso de que a imaxe que resulta da descomposición espectral, fórmase na zona onde se sitúa o observador. Se un fai a proba e acode ao lugar onde semella repousar a parte vermella do arco da vella, non vai atopar luz vermella, só as pingas e a luz case aínda sen descompoñer.

Outro fenómeno asociado a este é o arco da vella secundario, que aparece a 50-53 graos respecto do primario (o habitual) e cuxa característica máis rechamante é presentar as cores na orde inversa a este. É debido á luz que sofre unha reflexión adicional antes de saír da pinga de auga (pódese ilustrar trazando os raios na pinga da figura de enriba ou nun prisma se se prefire). Só é visíbel cando o primario é moi intenso, senón a luz que sofre esta reflexión é escasa e non se percibe.

Beade, Beade

Santa María de Beade é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 448 habitantes (230 homes e 218 mulleres), 87 menos ca no ano 2000.

Ten unha única entidade de poboación, capital do concello ao que dá nome.

De Beade era natural o Padre Sobreira.

Filiberto Díaz

Filiberto Abelardo Díaz Donderis, nado en Valencia en 1838 e finado en Madrid o 6 de xuño de 1923, foi un avogado, xornalista e político español, moi vinculado á cidade de Pontevedra.

Hermenexildo Amoedo Carballo

Hermenexildo Amoedo Carballo, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1747 e finado en Mantua (Italia) o 24 de decembro de 1811, foi un relixioso e poeta galego.

Historia da lingua galega

A historia da lingua galega (ou historia social ou historia externa) pódese resumir como sete séculos de normalidade, desde as súas orixes cando se separa do latín galaico, aló polo século IX, até a introdución do castelán no século XV, e cinco séculos de conflitos, do século XVI até os nosos días.

Martín Sarmiento

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Mula

A mula é o resultado da hibridación entre un burro e unha egua, de tamaño semellante a esta. Utilizábase na agricultura como besta de carga. Como acontece con outros híbridos, é un animal estéril.

O cruzamento resultante da hibridación entre cabalo e burra é a mula burreña (cast. burdégano), máis pequena e máis débil.

O nome provén do latín mulla, orixinalmente aplicado á cría de dúas especies diferentes.

Cando é macho, denomínase simplemente macho. Cando é femia, mula. A denominación de besta aplícase a calquera équido, como animal de carga, e tamén especificamente á egua.

Orde de San Bieito

A Orde de San Bieito (O.S.B.) é unha orde relixiosa fundada por Bieito de Nursia, que segue a Regra ditada por este para a abadía de Montecasino. Bieito de Nursia contribuíu decididamente na evanxelización cristiá da Europa polo que foi declarado Patrón de Europa.

Actualmente a Orde está estendida por todo o mundo, con mosteiros masculinos e femininos.

Seguindo o seu exemplo e inspiración, diversos fundadores de ordes relixiosas basearon a normativa dos seus mosteiros na Regra deixada por Bieito, cuxo principio fundamental é Ora et labora, é dicir, reza e traballa.

Os mosteiro beneditinos están sempre dirixidos por un superior que, dependendo da categoría do mosteiro, pode chamarse prior ou abade; este é escollido polo resto da comunidade.

O ritmo de vida beneditino ten como eixe principal o Oficio Divino, tamén chamado Liturxia das Horas, que se reza sete veces ao día, tal como San Bieito ordenara. Xunto coa intensa vida de oración en cada mosteiro, trabállase en diversas actividades manuais, agrícolas etc, para o sustento e o autoabastecemento da comunidade.

Pedro Sarmiento de Gamboa

Pedro Sarmiento de Gamboa, nado en Pontevedra en 1532 e falecido no Océano Atlántico, fronte a Lisboa, en 1592, foi un navegante e historiador galego.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Praza da Ferrería

A praza da Ferrería é un enclave da cidade de Pontevedra situado no límite da zona vella da cidade. Ten unha superficie duns 2.000 m².

Rafael Alonso

Rafael Alonso Fernández nado en Pontevedra en 1924 e finado setembro en 1995, foi un pintor galego, especializado na acuarela.

Sobreira (homónimos)

Unha sobreira é unha árbore da familia das fagáceas, así como tamén a súa madeira.

Como topónimo, pode referirse a:

Sobreira, parroquia do concello ourensán de Vilamarín.

Sobreira de Abaixo, lugar da parroquia de Fornas do concello de Chantada.

Sobreira de Arriba, lugar da parroquia de Fornas do concello de Chantada.

Sobreira, lugar da parroquia de Casteláns do concello de Covelo.

Sobreira, lugar da parroquia de Piñeiro do concello de Maside.

Sobreira, lugar da parroquia de Carreira do concello de Ribeira.

Sobreira, lugar da parroquia de Cobres do concello de Vilaboa.

Sobreira, lugar da parroquia de Sobreira do concello de Vilamarín.

Sobreira, lugar da parroquia de Gándara do concello de Zas.

Sobreira, freguesía do concello portugués de Paredes.

Sobreira Formosa, freguesía do concello portugués de Proença-a-Nova.Como apelido pode referirse a:

Xoán Sobreira Salgado ou Padre Sobreira, monxe beneditino galego (1745 - 1805), continuador do Padre Sarmiento;

Miguel Cadenas Sobreira, xuíz galego (n. 1947);

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Xosé Luís Axeitos

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asados (Rianxo) en 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.