Padrón

Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».

Coordenadas: 42°43′59.88″N 8°39′0″O / 42.7333000, -8.65000

Padrón
Escudo de Padrón
Concello de Padrón
Casa do concello.
Situacion Padrón
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Sar
Poboación8.386 hab. (2018)
Área48,4 km²
Densidade173,26 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeAntonio Fernández Angueira (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 4
Outros: CxG 1
Eleccións municipais en Padrón
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes59,21%
Na rede
www.padron.gal
info@concellodepadron.org

Poboación

Censo total 2015 8.643 habitantes
Menores de 15 anos 1.079 (12.48 %)
Entre 15 e 64 anos 5.521 (63.88 %)
Maiores de 65 anos 2.043 (23.64 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística; 1857-2011

Evolución da poboación de Padrón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.415 7.351 8.505 9.948 9.070 8.985 8.882 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía

O topónimo da vila procede de "pedrón"[4] (do latín "Petronem"), do altar de orixe romana adicado ao deus Neptuno, localizado orixinalmente na beira esquerda do río Sar e levado no século XV ao interior da igrexa parroquial de Santiago de Padrón.

Xeografía

O concello, dunha superficie de 48,37 km², abrangue 5 parroquias. Está situado ás beiras do río Sar, xa na súa desembocadura na confluencia do río Ulla e a ría de Arousa. Limita ao noroeste co concello de Teo, ao sueste coa Estrada, ao sur con Pontecesures, ao suroeste con Dodro e ao noroeste con Rois.

Historia

No concello de Padrón apenas hai restos anteriores á romanización, debido posiblemente a que a desembocadura do río Sar é unha zona pantanosa. A primeira poboación da que se ten constancia é Iria Flavia, fundada posiblemente durante a dinastía dos Flavios, entre os anos 69 e 96.

A economía dos primeiros poboadores debeu estar baseada na pesca e o marisqueo, como demostran os restos arqueolóxicos atopados nos arredores como conchas de bivalvos, cerámicas especiais e unha serie de obxectos representativos.

A tradición di que cara ao ano 34 desembarcou en Iria o Apóstolo Santiago, e que amarrou a súa barca á ara antes mencionada. Conta a lenda que os seus discípulos Teodoro e Anastasio trouxeron os seus restos mortais desde Xudea no ano 44, enterrándoo nun outeiro río Sar arriba, no que hoxe é Santiago de Compostela, no monte Libredón, onde se construíu a catedral de Santiago.

Trala chegada do Catolicismo e o reino de Galiza, na Idade Media constituíuse a diocese de Iria, cuxa historia aparece reflectida no Chronicon Iriense. Desde o descubrimento dos restos do Apóstolo durante o bispado de Teodomiro, Padrón convértese en lugar de paso da vía dos peregrinos que chegan por mar, pero tamén en obxectivo para as saqueadores viquingos e normandos entre os séculos X e XI (véxase viquingos en Galicia), polo que Afonso V mandou reconstruír en Catoira as Torres de Oeste, sobre os restos do Castellum honesti de orixe romana. Con esta defensa, a vila de Padrón tivo gran prosperidade durante os séculos XII e XIII. En 1156 o rei Afonso VII doou ao plebeo Sancho Eanes o couto de Lampai, situado na parroquia de Cruces.

O arcebispo Diego Xelmírez, nado nas Torres de Oeste, foi un dos artífices desa prosperidade, mandando construír un peirao (que se mantivo activo até o século XVII, cando os aluvións do río Sar provocaron a retirada da ría), onde se sitúa actualmente a igrexa de Santiago. Dos seus estaleiros saíron as primeiras galeras da mariña española. No século XV o arcebispo Rodrígo de Luna estivo dous anos en Padrón con todo o cabido compostelán para protexerse dos condes de Altamira. Na igrexa de Iria Flavia consérvase o seu sepulcro, con estatua xacente.

Padrón está vinculado a importantes figuras da literatura, como Macías o Namorado, Xoán Rodríguez de Padrón, Rosalía de Castro ou Camilo José Cela.

Eleccións en Padrón

O PPdG predominou na política padronesa dende a chegada da democracia, na persoa de Jesús Villamor Calvo coma incombustible alcalde, dende o ano 1983 ata o 2007. Nese ano, unha coalición de goberno entre o PSdeG e un partido independente (escisión no seu día do PPdG), deulle o bastón de mando a Camilo Forján Seoane, pertencente ao PSdeG. O BNG e o PG tamén apoiaron a investidura do devandito. Na actualidade o alcalde é Antonio Fernández Angueira do PPdG, que goberna en coalición co PGD.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PPdG 3.110 49,03 % 7
PSdeG 1.359 21,43 % 3
BNG 556 8,77 % 1
Outros 1.231 19,41 % 2
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PPdG 2.262 35,49 % 5
PSdeG 1.637 25,69 % 3
BNG 687 10,80 % 1
Outros 1.786 28,02 % 4
  • Alcalde electo: Camilo Forján Seoane (PSdeG).
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011
Partido Votos % Concelleiros
PPdG 2.190 37,62 % 5
PSdeG 1.187 20,39 % 3
BNG 610 10,48 % 1
Outros 1.758 30,03 % 4

Patrimonio

Padrón Galicia Xullo 2006 08
Igrexa.

Na igrexa parroquial de Santiago de Padrón consérvanse dous epígrafes: un en latín, sobre a tradición do santo, e outro de 1133, sobre a reconstrución do templo iniciada polo bispo Xelmírez.

Na ermida de Santiaguiño do Monte, á que segundo a lenda se retiraba a rezar o apóstolo tralas súas predicas, celébrase cada 25 de xullo unha popular romaría.

A casa da Matanza é o pazo onde residiu Rosalía de Castro, situado na periferia, fronte á estación de Padrón. Actualmente acolle un museo. Nos arredores da poboación existen outros pazos e casas señoriais.

O Xardín botánico de Padrón, situado no centro da vila, acolle especies senlleiras e exóticas de árbores.

A vila acolle cada domingo a feira de Padrón, unha das de máis sona de Galiza, onde ademais de roupa e apeiros, destacan os produtos hortofrutícolas da zona, en especial os coñecidos pementos.

Os pementos de Padrón, están vinculados ao convento de San Francisco de Herbón, onde foron levados por frades franciscanos cara ao século XVI ou XVII, seguramente procedentes de México ou o sur dos EUA.

Padrón na literatura popular

Monumento ao carro en Padrón
Monumento ao carro en Padrón.
  • Alá vai Esclavitú:/ Déixame ir, que meto un grito;/ quero as orellas do burro/ pra faguer un abanico [5].
  • Cando vou polo camiño,/ caminiño de Padrón,/ férveme o sangue no corpo/ e bríncame o corazón [6].
  • En Padron hai boas nenas,/ en Santiago a flor delas,/ as da Cruña son fregonas [7].
  • Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio.
  • Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio [8].
  • O crego de Escravitude/ leva a criada na burra,/ na primeira carballeira/ dalle unha sacudidura [9].
  • Véxote no Milladoiro,/ no Faramelo, en Padrón,/ e astra pola Ponte Valga/ te vexo no corazón [10].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Padrón.
Padrón Galicia Río Sar

Vista xeral do río coa ponte ó fondo

Padrón Galicia Xullo 2006 12

Praza

Padrón Galicia Xullo 2006 08

Igrexa de Padrón

Padrón Galicia Castelao

Busto de Castelao no Xardín botánico de Padrón

Camilo José Cela

Estatua de Camilo José Cela

Lugares de Padrón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Padrón vexa: Lugares de Padrón.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Historia de Padrón Arquivado 14 de novembro de 2014 en Wayback Machine., na web oficial do Concello de Padrón.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández, 35. No orixinal: Deixame. A Escravitude, lugar da parroquia de Cruces, do concello de Padrón.
  6. Álvaro das Casas, en Nós 95, 15.11.1931, 216. No orixinal: pol-o.
  7. Juan Sobreira Salgado: Papeletas, s. v. nena. No orixinal: hay.
  8. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.
  9. Fermín Bouza Brey 1929, 195. No orixinal: Esclavitude.
  10. O Milladoiro é lugar da parroquia de Biduído, concello de Ames; O Faramello non está en Padrón senón que é lugar da parroquia de Ribasar, no concello de Rois; Ponte Valga é lugar da parroquia e concello de Valga. No orixinal: hastra.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 1931.
  • LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.

Ligazóns externas

As Negradas, Guitiriz

San Vicenzo das Negradas é unha parroquia situada ó sur do concello de Guitiriz, a uns 9 km do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 91 habitantes (41 mulleres e 50 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 103 habitantes.

Cambre

Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 24.029 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.

Comarca do Sar

A comarca do Sar é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Padrón. A esta comarca pertencen os concellos de Dodro, Padrón e Rois.

Cruces, Padrón

San María de Cruces é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.144 habitantes (569 homes e 575 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.325 habitantes.

Escravitude

Para o artigo referido ao lugar do concello de Padrón chamado A Escravitude, véxase A Escravitude, Cruces, Padrón.

O termo escravitude designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a propiedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socioeconómico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións.

Os escravos están obrigados a obedecer todas as ordes do seu amo desde o momento en que adquiren tal condición (sexa desde o nacemento ou noutro calquera momento da súa vida no que se efectuase o paso ao estado de escravo) ata o cesamento de tal status (por morte ou por ser liberado).

En tanto que propiedade, o escravo pode ser obxecto das transferencias inherentes á noción de propiedade: pode ser comprado, vendido e aínda alugado.

O escravo distínguese do cativo ou do forzado, condicións próximas polo estado de explotación, e da besta de carga, por un status xurídico propio, determinado polas regras e as leis en vigor no país e época considerada.

Escrita chinesa

A escrita chinesa é un sistema de escrita vello de case 4000 anos. É un sistema logográfico que emprega un número de signos moi grande, chamados caracteres, que representan palabras ou morfemas individuais. Este sistema servíu como forza unificadora durante a historia da China pois é independente das realizacións orais. Desde a épocda dinastía Quin en diante utilizouse unha lingua escrita padrón (nun principio chinés clásico e logo chinés vernáculo) como intermediario entre os diferentes dialectos chineses.

O número de caracteres chineses contidos no dicionario Kangxi é de aproximadamente 47.035, aínda que un gran número deles sexa usado moi raramente, moitos produto da acumulación ao longo da historia. Os estudos emprendidos en China mostran que para unha completa alfabetización se require un coñecemento de entre 3.000 e 4.000 caracteres.

Estación de Padrón

Padrón é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Padrón, na provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Padrón-Barbanza

Padrón-Barbanza é unha estación ferroviaria de Adif situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia.

Herbón, Padrón

Santa María de Herbón é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 666 habitantes (330 homes e 336 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 788 habitantes.

Nesta parroquia está o convento de San Francisco de Herbón, onde se comezaron a plantar os pementos de Padrón.

Iria Flavia, Padrón

Santa María de Iria Flavia é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.996 habitantes (947 homes e 1.049 mulleres) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.356 habitantes.

Lingua xaponesa

O xaponés é a lingua falada no Xapón e noutros lugares do mundo onde existen inmigrantes xaponeses e os seus descendentes, como por exemplo o Brasil. O nome xaponés para a lingua é Nihongo 日本語.

O xaponés ten tradicionalmente tres formas de escrita: hiragana, katakana, e kanji, e ademais actualmente utilizase o rōmaji. O rōmaji refírese ao uso do alfabeto latino (para transliteracións). Xa a escrita común xaponesa mestura os tres outros sistemas: o katakana e o hiragana son silabarios, e o kanji é unha adaptación dos logogramas da escrita chinesa.

É unha lingua aglutinante e caracterízase por un sistema complexo de construcións honoríficas, que reflicten a natureza xerárquica da sociedade xaponesa, con formas verbais e vocabularios particulares que varían de acordo co status relativo entre interlocutores. O repertorio de fonemas da lingua xaponesa é relativamente pequeno, e ten diferenciación léxica baseada nun sistema de entoación.

A lingua xaponesa sufriu influencia importante da lingua chinesa por un mínimo de 1.500 anos. Moito do vocabulario importouse da lingua chinesa ou foi creado baseándose en modelos chineses.

Mariz, Guitiriz

Santa Eulalia de Mariz é unha parroquia que se localiza ó oeste do concello de Guitiriz, a uns 3'5 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 170 habitantes (75 mulleres e 95 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 194 habitantes.

Metro

O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)

A palabra metro provén do grego metron (μέτρον), e posteriormente foi convertida nunha medida en Francia coa palabra mètre.

O Padrón, A Fonsagrada

San Xoán do Padrón é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Tiña 55 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 26 homes e 29 mulleres. O que supón unha diminución de 19 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 74 habitantes (35 homes e 39 mulleres).

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Rois

Rois é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 4564 habitantes (4995 no 2009, 5105 no 2006, 5149 no 2005, 5122 no 2004, 5137 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é roisense.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Vilantime, Arzúa

San Pedro de Vilantime é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 201 habitantes (95 homes e 106 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 277 habitantes.

Vilar, Guitiriz

Santa María de Vilar é unha parroquia que se localiza ó suroeste do concello de Guitiriz, a uns 6,5 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 60 habitantes.

Rosalía de Castro (1837-1885)
Obra
Familia
Lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.