Paderne de Allariz

Paderne de Allariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. En 2015 tiña 1.486 habitantes segundo o Padrón municipal (1.643 en 2003).

Coordenadas: 42°16′39″N 07°44′45″O / 42.27750, -7.74583

Paderne de Allariz
Bandeira de Paderne de Allariz
---
Escudo de Paderne de Allariz
Igrexa de San Pedro de Figueiredo, Figueiredo, Paderne de Allariz
Igrexa de San Pedro de Figueiredo.
Situacion Paderne de Allariz
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Allariz - Maceda
Poboación1.383 hab. (2018)
Área38,8 km²
Densidade35,64 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Manuel Fernández Gómez (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Paderne de Allariz
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes68,51%
Na rede
http://concellodepaderne.net

Poboación

Censo total 1.486 (2015)
Menores de 15 anos 110 (7.4 %)
Entre 15 e 64 anos 758 (51.01 %)
Maiores de 65 anos 618 (41.59 %)
Evolución da poboación de Paderne de Allariz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.785 3.800 3.275 2.218 1.630 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Emprázase no reborde oriental da depresión de Ourense. Xeograficamente, destacamos a cadea montañosa que percorre o municipio en dirección Norte-Sur, con cimas que superan os 700 metros de altitude. Son dous os ríos que atravesan estas terras: o Gaiola e o Barbaña.

Historia

Até 1916 recibía simplemente o nome de Paderne, pero nese ano pasou a ser chamado Paderne de Allariz para distinguilo do concello de Paderne[5].

Patrimonio histórico e artístico

  • Igrexa de San Lourenzo: templo barroco onde o máis sobresaínte é a súa torre, de clara inspiración compostelá.
  • Igrexa de San Salvador de Mourisco: de orixe barroca e de liñas simples. Interior dunha soa nave. Cuberta de madeira e chan de pedra. Bóveda de canón con arcos de medio punto. Posúe tribuna de madeira, excepto as columnas que sosteñen o seu peso, que son de granito. Destaca o retablo maior, do século XVII, onde se atopan importantes pezas de imaxinería como é a talla de San Salvador e imaxes de Cristo en maxestade. Nos laterais, outros pequenos retablos: o da esquerda representa á Virxe do Carme e o da dereita a San Bieito.
  • Igrexa de San Salvador de Solbeira de Belmonte: igrexa barroca de fachada moi sinxela. Interior dunha soa nave con cuberta de madeira. Tribuna de madeira. A porta principal está decorada cunha moldura que a rodea, facendo uns curiosos debuxos xeométricos nas esquinas. No centro do lintel da porta hai unha cuncha de bivalvo aberta. Esta portada está flanqueada por dúas pilastras. Sobre o frontón aparece escrita a data da súa construción: 1789. Ao exterior, destaca o ciborio polo seu peculiar tellado.
  • Conxunto de hórreos de Vilameá: utilizados para gardar o gran. Estrutura rectangular de madeira formada por táboas que permiten a ventilación do interior pero que ao mesmo tempo impiden a penetración da choiva. Sostido todo iso por alicerces de pedra. Teito de tella. Hoxe en día están bastante deteriorados.
  • Cruceiro de Siabal: típico cruceiro galego de data indefinida. A composición radica nunha base a modo de peaña con tres banzos sobre a que descansa un fuste liso poligonal e sobre el unha cruz de pequenas proporcións. Decoración ausente en todo o conxunto.
  • Peto de ánimas de Saá: aséntase sobre unha plataforma de dobre fileira; o corpo inferior, de lados cóncavos, queda separado do superior por medio dunha cornixa, sobre a que se asenta a pequena fornela sen contido na actualidade. Constitúe o remate unha cornixa que serve de base ao pedestal dunha cruz, no que se repite o xogo de liñas do corpo inferior, outorgando ao monumento un sentido harmonioso e contribuíndo á súa estilización. Unha mutilada inscrición informa sobre o seu levantamento: 1800.

Festas

  • San Lourenzo, en San Lourenzo, o 10 de agosto.
  • Santo Antonio, na parroquia de Solbeira, o 13 de xuño.
  • San Miguel, en Cantoña, o 11 e 12 de maio.
  • San Pedro, en Figueiredo, o 29 de xuño.
  • San Marcos de Golpellás a finais de abril.
  • A Pascua en Figueiroá.
  • Feira de Rioseco, en Figueiroá, o 13 de cada mes.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Paderne de Allariz.
Paderne en Ourense Galicia

Paderne

Casa concello Paderne de Allariz, Ourense

Casa do concello.

Paderne de Allariz Ourense

Bandeira de Paderne de Allariz, Ourense.[6]

Lugares de Paderne de Allariz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paderne de Allariz vexa: Lugares de Paderne de Allariz.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccions 2019". Consultado o 10 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Paderne de Allariz". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
  6. Decreto 152/2004, do 1 de xullo DOG núm. 135 (14 de xullo de 2004)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Augas Santas, Allariz

Santa Mariña de Augas Santas é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz.

Segundo o INE no 2010 tiña 200 habitantes (93 homes e 107 mulleres).

Situada a 6 quilómetros da vila, limita coas parroquias allaricenses de Folgoso e Os Espiñeiros e cos concellos de Taboadela, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. O seu núcleo máis poboado é Santa Mariña de Augas Santas, con 67 habitantes.

Cacirmeiro, Cantoña, Paderne de Allariz

Cacirmeiro é un lugar da parroquia de Cantoña no concello de Paderne de Allariz, na provincia de Ourense.

Cantoña, Paderne de Allariz

San Mamede de Cantoña é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 101 habitantes (52 homes e 49 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 25 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca de Allariz - Maceda

A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Coucieiro, Baños de Molgas

San Vicente de Coucieiro é unha parroquia do concello de Baños de Molgas na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 habitantes (5 mulleres e 6 homes) distribuídos nunha única entidade de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Coucieiro que está formada polo único lugar desta parroquia civil (A Lamela), máis os 9 lugares da parroquia homónima do concello de Paderne de Allariz.

Coucieiro, Paderne de Allariz

San Vicente de Coucieiro é unha parroquia do concello de Paderne de Allariz na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 165 habitantes (88 mulleres e 77 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Coucieiro que está formada polos 9 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Baños de Molgas.

Eleccións municipais en Paderne de Allariz

Corporacións democráticas en Paderne de Allariz desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Luis Seara Nieto — UCD

1983 Alcalde: Luis Seara Nieto — CG

1987 Alcalde: Luis Seara Nieto — CPG

1991 Alcalde: Luis Seara Nieto — CC

1995 Alcalde: Luis Seara Nieto — PPdeG

1999 Alcalde: Luis Seara Nieto — PPdeG

2003 Alcalde: Luis Seara Nieto — PPdeGModelo:Paderne de Allariz 2003

2007 Alcalde: José Manuel Fernández Gómez — PPdeG

2011 Alcalde: José Manuel Fernández Gómez — PPdeG

2015 Alcalde: José Manuel Fernández Gómez — PPCandidatos: José Manuel Fernández Gómez (PP), Ane Rivas Rodríguez (PSdeG-PSOE) e Daniel Gómez Rodríguez (BNG).

Estación de Paderne-Cantoña

Paderne - Cantoña é unha estación de tren de Adif, situada en Cantoña, no concello de Paderne de Allariz, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Figueiredo, Paderne de Allariz

San Pedro de Figueiredo é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 142 habitantes (73 homes e 69 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano 2000.

Figueiroá, Paderne de Allariz

San Xillao de Figueiroá é unha parroquia do concello de Paderne de Allariz (Ourense. Segundo o IGE en 2013, tiña 246 habitantes (128 homes e 118 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 259 habitantes.

Golpellás, Paderne de Allariz

Santa Baia de Golpellás é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 105 habitantes (53 homes e 52 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 21 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Paderne de Allariz

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Paderne de Allariz

Luis Seara Nieto

Luis Carlos Seara Nieto, nado en Paderne de Allariz en 1936 e finado no mesmo concello o 22 de marzo de 2010, foi un político galego do PPdeG.

Mourisco

O topónimo galego Mourisco pode referirse a:

Mourisco, lugar da parroquia de Pacios, no concello da Fonsagrada;

O Mourisco, lugar da parroquia de Castrelo de Cima, no concello de Riós;

San Salvador de Mourisco, parroquia do concello de Paderne de Allariz;San Salvador de Mourisco, lugar de dita parroquia.

Paderne, Paderne de Allariz

San Cibrao de Paderne é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 86 habitantes (42 homes e 44 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2000.

San Lourenzo de Siabal, Paderne de Allariz

San Lourenzo de Siabal é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 289 habitantes (145 homes e 144 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento de 6 habitantes en relación ao ano 2000.

No ano 2019 ten 237 habitantes.

San Salvador de Mourisco, Paderne de Allariz

San Salvador de Mourisco é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 218 habitantes (106 homes e 112 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, os mesmos habitantes que no ano 2000.

San Xes, Paderne de Allariz

San Xes é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 48 habitantes (16 homes e 32 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000.

Solbeira, Paderne de Allariz

San Salvador de Solbeira é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 200 habitantes (94 homes e 106 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 33 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.