Paderne

Paderne é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.502 habitantes (2.672 no 2009, 2.735 no 2006, 2.715 no 2005, 2.689 en 2004, 2.680 en 2003). Ten unha superficie de 39,8 km².

Coordenadas: 43°17′7″N 08°10′28″O / 43.28528, -8.17444

Paderne
Bandeira de Paderne
---
Escudo de Paderne
Casa do concello de Paderne
Situacion Paderne
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación2.419 hab. (2018)
Área39,8 km²
Densidade60,78 hab./km²
Entidades de poboación61 (9 parroquias)
Capital do concelloConsistorio
Política (2019[2])
AlcaldeCésar Longo Queijo (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Paderne
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes48,07%
Na rede
www.concellodepaderne.com
correo@paderne.dicoruna.es

Demografía

Censo total 2014 2.502 habitantes
Menores de 15 anos 205 (8.19 %)
Entre 15 e 64 anos 1.457 (58.23 %)
Maiores de 65 anos 840 (33.57 %)
Evolución da poboación de Paderne   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.737 4.632 4.566 3.690 2.689 2.597 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Paderne ten 39,8 km², e abrangue 9 parroquias con 61 entidades de poboación. A capital é Consistorio, núcleo da parroquia de Paderne. O municipio limita con Miño, Bergondo, Betanzos, Coirós e Irixoa.

A principal vía de comunicación é a N-VI, que no seu tramo Betanzos-Ferrol discorre á beira da ría.

A zona ten un clima oceánico húmido, con precipitacións abundantes e temperaturas medias entre 9 °C e 18 °C.

O concello está atravesado polo río Mandeo e o río Lambre. Entre os seus montes destacan o Pico do Feal (409 m, en Vilamourel), Monte Petón (338 m), O Penedo (319 m), Monte do Castro (288 m, en Vigo), Esperela (271 m, en Vigo), Alto de Velouzás (222 m), Montes do Pereirón (200 m), As Poceiras (192 m, en Velouzás) e o Monte da Croa (en Obre).

A praia da Xurela está situada no lugar de Insua (Viñas). Está en plena desembocadura da ría, estivo tradicionalmente adicada á pesca (recibe o seu nome polo xurelo) e o marisqueo. Nela recollíase berberecho, longueirón, mexillón, mincha e ameixa. As algas coñecidas como marmulo eran recollidas para fertilizante e como remedio para algunhas doenzas. A praia da Abeleira, á que se accede pola Ponte do Porco, está situada na desembocadura do río Lambre, e coa marea baixa queda unida á anterior. Até a década de 1950 nela construíanse pequenas embarcacións. Ten unha pequena fonte na que se recollía auga e se lavaba a roupa.

Historia

O topónimo do concello provén do xenitivo latino Paterni, que faría alusión ó propietario das terras. Paternus é relativo ó pai, indicando non só paternidade física, senón tamén a función social do xefe de familia. O escudo municipal inclúe unha ponte cun porco bravo no medio e a cada extremo unha cuncha de vieira, símbolo de peregrinos, que fai referencia ó paso da vía inglesa do camiño de Santiago.

No alto do monte de San Antón, xunto á ermida de San Cosme, hai unha necrópole con varias mámoas e dolmens. Hai restos de cinco poboados castrexos: Castro da Croa (Obre), Castro do Monte do Castelo (Areas, Adragonte), Castro de Insua (Alto de Tixoso, lugar de Insua, Viñas), Castro de San Mamede (San Xulián de Vigo) e Castro de Montecelo.

Na igrexa de Paderne foi atopado o 13 de maio de 1964 un ídolo fálico prerromano, conservado actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña. Na parte traseira da igrexa parroquial de Santiago de Adragonte hai un sartego antropomorfo anterior ó século XIII.

Durante a idade media esta zona dependía dos Andrade Fernán Pérez de Andrade, O Boo mandou construír no século XIV a Ponte do Porco, sobre o río Lambre, para comunicar Pontedeume e Betanzos. En 1445 Xoán de Guende fundou en Souto (parroquia de Chantada) o Hospital de Guende, para acoller os peregrinos. Segundo deixou escrito Frei Martín Sarmiento trala súa viaxe en 1745, o hospital foi abandonado en 1720 ao non cumpriren os herdeiros de Xoán de Guende coas obrigas que lles correspondían. En 1779 a zona da ponte foi visitada polo presidente dos Estados Unidos John Adams [Cómpre referencia].

Río Lambre arriba consérvanse os restos de varios muíños, coñecidos como muíños da Misericordia, muíños do Rei, ou muíños de Bermúdez. Foron construídos no século XVIII para o Arsenal de Ferrol, e restaurados cara a 1845. As construcións forman un rectángulo alongado, con 16 ollos.

Preto da igrexa de Velouzás celebrouse a Feira do 27, entre comezos do século XIX e a década de 1930. Acadou o seu máximo apoxeo na época de 1825, e deixou de celebrarse coa apertura da estrada cara a Betanzos.

Trala caída do antigo réxime e logo da división territorial de España en 1833, o concello de Paderne naceu como tal en 1835. Anteriormente as parroquias pertenceran a tres xurisdicións distintas. En 1831 figuraba o actual municipio dividido en dous: o de Vigo e o de Quintas. En 1842 estivo a piques de ser absorbido por Betanzos.

O 16 de abril de 1943 inaugurouse a Ponte do Pedrido, deseñada por Eduardo Torroja Miret substituíndo o servizo de pasaxe que funcionou até entón.

A casa consistorial foi rematada en 1927, sendo alcalde José María Pérez González. Fixéronse varias reformas, a última delas en 2001 sendo alcalde César Longo Queijo.

Política municipal

Artigo principal: Eleccións municipais en Paderne.

Histórico de alcaldes do concello:

  • Blas Bretón ( - 1864)
  • Genaro Martínez (1864 - 1865)
  • Antonio Vázquez (1865 - 1868)
  • Agustín Riveira (1868 - 1871)
  • Antonio Vázquez (1871 - 1874)
  • Francisco Doporto Cortés (1874 - 1876)
  • Jacobo Cortés Picado (1876 - 1878)
  • Julián López (1878 - 1880)
  • Vicente Cal Pérez (1880 - 1882)
  • Pedro Faraldo Freire (1882 - 1884)
  • Antonio Amado Vázquez (1884 - 1885)
  • Francisco Miño Castelos (1885 - 1898)
  • José María Pérez González (1899 - 1923)
  • Pedro González Pérez (1923 - 1924)
  • Domingo Río Otero (1924)
  • Tomás Varela López (1924 - 1927)
  • Gabriel García Novo (1927 - 1931)
  • Eduardo Monteiro Fraga (1931 - 1935)
  • Gumersindo Couce Domínguez (1935 - 1939)
  • Benito Saya Crespo (1939 - 1944)
  • Fabián Sánchez Crespo (1944 - 1946)
  • Antonio Bonome Panete (1946 - 1952)
  • Segundo Alonso Romero (1952 - 1958)
  • Francisco Bonome Dapena (1958 - 1979)
  • Antonio Penas Sánchez (1979 - 1986)
  • José Luis Pico Espiñeira (1986 - 1995)
  • José Abrodos López (1995 - 1996)
  • José Luis Pico Espiñeira (1996 - 1999)
  • César Longo Queijo (1999)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Paderne.
Igrexa de Paderne

Igrexa parroquial de Paderne.

Festa Branco Lexítimo en Paderne 2015

Festa do viño Branco lexítimo en Paderne, en 2015.

Lugares de Paderne

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paderne vexa: Lugares de Paderne.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Adragonte, Paderne

Santiago de Adragonte é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Paderne. Segundo o IGE en 2013 tiña 234 habitantes (113 mulleres e 121 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 250 habitantes.

Apeadoiro de Paderne

Paderne foi un apeadoiro de RENFE arredor do p. k. 9,5 da liña Betanzos-Infesta - Ferrol, para dar servizo ao concello de Paderne.

Bergondo

Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bergondés.

Comarca de Allariz - Maceda

A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Estación de Paderne-Cantoña

Paderne - Cantoña é unha estación de tren de Adif, situada en Cantoña, no concello de Paderne de Allariz, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Irixoa

Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.

Obre, Paderne

Santo André de Obre é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Paderne, na comarca de Betanzos, na provincia da Coruña, en Galiza. Segundo o IGE en 2013 tiña 211 habitantes (103 mulleres e 108 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.

Oza-Cesuras

Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.

Paderne, Castroverde

Santo Estevo de Paderne é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 66 habitantes (36 homes e 30 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 76 habitantes.

Paderne, Oza-Cesuras

Santiago de Paderne é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 83 habitantes (45 homes e 38 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 158 habitantes.

Paderne, Paderne

San Xoán de Paderne é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Paderne. Segundo o IGE en 2013 tiña 180 habitantes (93 homes e 87 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 181 habitantes.

Paderne de Allariz

Paderne de Allariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. En 2015 tiña 1.486 habitantes segundo o Padrón municipal (1.643 en 2003).

Quintas, Paderne

Santo Estevo de Quintas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Paderne. Segundo o IGE en 2013 tiña 198 habitantes (99 homes e 99 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

San Pantaleón das Viñas, Paderne

San Pantaleón das Viñas é unha parroquia do concello de Paderne, na comarca de Betanzos (provincia da Coruña). Segundo o IGE en 2011 tiña 656 habitantes (342 mulleres e 314 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento respecto do ano 1999, cando tiña 655 habitantes.

Está situada ao norte do concello, e linda coas parroquias de Souto e Vilouzás.

San Xulián de Vigo, Paderne

San Xulián de Vigo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Paderne. Segundo o IGE en 2013 tiña 232 habitantes (115 mulleres e 117 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 274 habitantes.

Souto, Paderne

Santa María de Souto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Paderne. Segundo o IGE en 2011 tiña 393 habitantes (200 mulleres e 193 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 441 habitantes.

Vilamourel, Paderne

San Xoán de Vilamourel é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Paderne. Segundo o IGE en 2013 tiña 127 habitantes (68 mulleres e 59 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 139 habitantes.

Vilouzás, Paderne

San Salvador de Vilouzás ou Velouzás é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Paderne, na comarca de Betanzos, na provincia da Coruña, en Galiza. Segundo o IGE en 2013 tiña 351 habitantes (181 mulleres e 170 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 399 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.