Pablo Neruda

Neftalí Ricardo Reyes Basoalto, máis coñecido como Pablo Neruda, nado en Parral (Provincia de Linares, Chile) o 12 de xullo de 1904 e finado en Santiago de Chile o 23 de setembro de 1973, foi un poeta chileno, gañador do Premio Nobel de Literatura no 1971.

Tomou o seu pseudónimo do escritor checo Jan Neruda.

Pablo Neruda
Nobel prize medal.svg
Pablo Neruda 1963
Nome completoRicardo Eliezer Neftalí Reyes y Basoalto
AlcumePablo Neruda
Nacemento12 de xullo de 1904
 Parral
Falecemento23 de setembro de 1973
 Santiago de Chile
CausaCancro de próstata
NacionalidadeChile
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Chile
Ocupaciónpoeta, diplomático, político, letrista, autobiógrafo e autor
PaiJosé del Carmen Reyes Morales
CónxuxeDelia del Carril
PremiosPremio Nobel de Literatura, Prêmio Nacional de Literatura do Chile, World Peace Council prizes, International Stalin Prize for Peace, honorary doctorate of the National University of San Marcos, Atenea award, Commander of the Order of the Sun of Peru‎, Viareggio-Versilia International Prize e Grawemeyer Award for Music Composition
Firma Pablo Neruda

Obra

Pablo Neruda (1966)
Pablo Neruda en 1966.
  • Crepusculario. Santiago, Ediciones Claridad, 1923.
  • Veinte poemas de amor y una canción desesperada. Santiago, Nascimento, 1924.
  • Tentativa del hombre infinito. Santiago, Nascimento, 1926.
  • El habitante y su esperanza. Novela. Santiago, Nascimento, 1926.
  • Residencia en la tierra (1925-1931). Madrid, Ediciones del Árbol, 1935.
  • España en el corazón. Himno a las glorias del pueblo en la guerra: (1936- 1937). Santiago, Ediciones Ercilla, 1937.
  • Tercera residencia (1935-1945). Buenos Aires, Losada, 1947.
  • Canto general. México, Talleres Gráficos de la Nación, 1950.
  • Los versos del capitán. Edición anónima en Capri, Italia, Arte Tipografica, 1952
  • Todo el amor. Santiago, Nascimento, 1953.
  • Las uvas y el viento. Santiago, Nascimento, 1954.
  • Odas elementales. Buenos Aires, Losada, 1954.
  • Nuevas odas elementales. Buenos Aires, Losada, 1955.
  • Tercer libro de las odas. Buenos Aires, Losada, 1957.
  • Estravagario. Buenos Aires, Losada, 1958.
  • Cien sonetos de amor. Santiago, Ed. Universitaria, 1959.
  • Navegaciones y regresos. Buenos Aires, Losada, 1959.
  • Poesías: Las piedras de Chile. Buenos Aires, Losada, 1960.
  • Cantos ceremoniales. Buenos Aires, Losada, 1961.
  • Memorial de Isla Negra. Buenos Aires, Losada, 1964. 5 vols.
  • Arte de pájaros. Santiago, Ediciones Sociedad de Amigos del Arte Contemporáneo, 1966.
  • Fulgor y muerte de Joaquín Murieta. Bandido chileno ajusticiado en California el 23 de julio de 1853. Santiago, Zig-Zag, 1967. (obra teatral)
  • La Barcarola. Buenos Aires, Losada, 1967.
  • Las manos del día. Buenos Aires, Losada, 1968.
  • Fin del mundo. Santiago, Edición de la Sociedad de Arte Contemporáneo, 1969.
  • Maremoto. Santiago, Sociedad de Arte Contemporáneo, 1970.
  • La espada encendida. Buenos Aires, Losada, 1970.
  • Discurso de Estocolmo. Alpignano, Italia, A. Tallone, 1972.
  • Invitación al Nixonicidio y alabanza de la revolución chilena. Santiago, Empresa Editora Nacional Quimantú, 1973.
  • La rosa separada. Obra póstuma. Buenos Aires, Losada, 1973.
  • Libro de las preguntas. Buenos Aires, Losada, 1974.
  • Jardín de invierno. Buenos Aires, Losada, 1974.
  • Confieso que he vivido. Memorias. Barcelona, Seix Barral, 1974. (autobiografía)
  • Para nacer he nacido. Barcelona, Seix Barral, 1977.
  • El río invisible. Poesía y prosa de juventud. Barcelona, Seix Barral, 1980.
  • Obras completas. 3a. ed. aum. Buenos Aires, Losada, 1967. 2 vols.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
12 de xullo

O 12 de xullo é o 193º día do ano do calendario gregoriano e o 194º nos anos bisestos. Quedan 172 días para finalizar o ano.

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

23 de setembro

O 23 de setembro é o 266º día do ano do calendario gregoriano e o 267º nos anos bisestos. Quedan 99 días para finalizar o ano.

3 de setembro

O 3 de setembro é o 246º día do ano do calendario gregoriano e o 247º nos anos bisestos. Quedan 119 días para finalizar o ano.

5 de xaneiro

O 5 de xaneiro é o quinto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 360 días para rematar o ano e 361 nos anos bisestos.

Fernando Pessoa

Fernando António Nogueira Pessoa, nado en Lisboa o 13 de xuño de 1888 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1935, foi un poeta e escritor portugués. O seu libro máis coñecido é Mensagem. Pessoa é considerado, en conxunto con Camões, un dos máis importantes poetas de lingua portuguesa. O crítico literario Harold Bloom considerouno, no seu libro The Western Canon ("O canone occidental"), o máis representativo poeta do século XX, xunto con Pablo Neruda.

Joan Manuel Serrat

Joan Manuel Serrat i Teresa, nado no barrio de El Poble-sec (Barcelona) o 27 de decembro de 1943, é un cantautor catalán . Trátase dunha das figuras máis destacadas da canción moderna tanto en lingua catalá e castelá. A súa obra contén influencias doutros poetas como Mario Benedetti, Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Pablo Neruda ou León Felipe; así como de xéneros diversos como o folclore catalán, a copla andaluza, o tango, o bolero e do cancioneiro popular da América Latina, con versións de cancións de Violeta Parra e Víctor Jara. É un dos pioneiros da Nova Cançó catalá. Joan Manuel Serrat é coñecido tamén cos alcumes de El noi del Poble-sec (o seu barrio natal) e o Nano na Arxentina.

Lírica

A lírica ou xénero lírico é un xénero literario no que o autor quere expresar os seus sentimentos e emocións respecto a un ente ou obxecto de inspiración.

Miguel Hernández

Miguel Hernández Gilabert, nado en Orihuela, provincia de Alacant, o 30 de outubro de 1910 e finado en Alacant o 28 de marzo de 1942, foi un poeta e dramaturgo de especial relevancia na literatura castelá do século XX. Aínda que tradicionalmente estivo encadrado na xeración do 36, Miguel Hernández mantivo unha maior proximidade coa xeración anterior, ata o punto de ser considerado por Dámaso Alonso como «xenial epígono da xeración do 27».

Octavio Paz

Octavio Paz Lozano ( pronunciación ), nado en Cidade de México o 31 de marzo de 1914 e finado no mesmo lugar o 19 de abril de 1998, foi un poeta, ensaísta e diplomático mexicano.

Foi un dos poetas máis importantes do século XX, comparable pola súa influencia en Hispanoamérica a Juan Ramón Jiménez, Vicente Huidobro, César Vallejo ou Pablo Neruda. En 1990, recibiu o Premio Nobel de Literatura.

Partido Comunista de Chile

O Partido Comunista de Chile, o PCCh, é un partido político chileno de esquerdas. O partido adopta a estrutura e ideoloxía marxista-leninista e é membro do Foro de São Paulo. O PCCh é liderado actualmente por Guillermo Teillier.

Os seus orixes comezan coa fundación do partido no ano 1912 por Luis Emilio Recabarren co nome de Partido Obrero Socialista, e no ano 1922 foi fundado co nome actual. O partido foi parte da Unidade Popular en 1970 e apoiou a candidatura de Salvador Allende. Despois foi prohibido baixo o goberno militar da ditadura de Augusto Pinochet entre os anos 1973 e 1990.

Entre os seus militantes máis destacados e coñecidos tamén se encontran: Luis Emilio Recabarren, Elías Lafferte, Pablo Neruda, Violeta Parra, Víctor Jara, Gladys Marín, Volodia Teitelboim e Camila Vallejo. A súa organización xuvenil son as Xuventudes Comunistas de Chile.

Nas eleccións parlamentarias do ano 2009, consegue 3 deputados: Hugo Gutiérrez, Guillermo Teillier e Lautaro Carmona, logo de 37 anos sen representación no parlamento chileno.

Na actualidade, o partido protesta contra o goberno do presidente da república Sebastián Piñera tendo os mesmos tres deputados e tamén publica un xornal chamado El Siglo.

Peite do Vento

O Peite do Vento (en éuscaro: Haizearen orrazia, en castelán: Peine del Viento) é un conxunto de esculturas de Eduardo Chillida sobre unha obra arquitectónica do arquitecto vasco Luis Peña Ganchegui, sendo probablemente a súa obra máis importante e coñecida.

Atópase situado nun extremo da baía da Concha, ao final da Praia de Ondarreta, en Donostia, País Vasco. Está composto por tres esculturas de aceiro, incrustadas nunhas rochas que dan ao mar Cantábrico.

Chillida seguiu traballando na serie Peite do Vento, que coincide no aspecto formal coa súa colección de Estelas, e particularmente, coas dedicadas a Pablo Picasso, Salvador Allende e Pablo Neruda.A obra foi finalizada en 1976. Ademais das esculturas, acondicionouse unha zona onda elas cunhas saídas de aire e agua que se abastecen das ondas que baten nas rochas e nas esculturas.

Penguin Books

Penguin Books é unha editorial británica, fundada en 1935 por Allen Lane e os seus irmáns Richard e John, coa intención de subministrar literatura de calidade a prezos asequibles, e que foran vendidos non só en librerías, senón tamén en estacións ferroviarias e en tendas en xeral. Os seus produtos máis sobranceiros son os seus libros de peto, publicados por primeira vez no ano de fundación da empresa, malia que nun comezo só era un selo editorial de The Bodley Head. A editorial tamén tivo un grande impacto no debate público do Reino Unido, grazas aos seus libros sobre a cultura británica, a política, as artes e a ciencia.

Ten a súa sede na Cidade de Westminster, en Londres.

No ano 1961 creou a colección Penguin Modern Classics, co obxectivo de dar aos grandes escritores modernos unha categoría semellante á de Homero ou Charles Dickens. Entre os autores desta colección atópanse Federico García Lorca, Gabriel García Márquez ou Pablo Neruda.

Premio Nobel de Literatura

O Premio Nobel de Literatura é un dos 5 premios especificamente sinalados no testamento do escandinavo Alfred Nobel. Segundo as súas palabras, o premio debe entregarse cada ano "a quen produza no campo da literatura a obra máis salientábel, na dirección correcta". A institución encargada de seleccionar ó gañador é a Academia Sueca (en sueco, Svenska Akademien).

Once dos galardoados co premio no século XX foron escritores en lingua castelá —entre eles un galego— e un en lingua portuguesa: os españois José Echegaray (1904), Jacinto Benavente (1922), Juan Ramón Jiménez (1956), Vicente Aleixandre (1977), e o galego Camilo José Cela (1989); os chilenos Gabriela Mistral (1945) e Pablo Neruda (1971); o guatemalteco Miguel Ángel Asturias (1967); o colombiano Gabriel García Márquez (1982), o mexicano Octavio Paz (1990) e o peruano Mario Vargas Llosa (2010); en lingua portuguesa o portugués José Saramago (1998).

Valparaíso

Valparaíso é unha cidade, porto e comuna de Chile, capital da provincia e rexión de Valparaíso. Sitúase uns 117 km da capital do país, Santiago de Chile. É o centro histórico, administrativo, universitario e principal núcleo urbano da Área Metropolitana de Valparaíso, que forma xunto ás comunas de Viña del Mar, Quilpué, Villa Alemana e Concón. Segundo o censo 2012 conta cunha poboación estimada de 300.000 persoas, que ascende a 1.040.000 habitantes se incluímos a súa conurbación, sendo a terceira cidade e área metropolitana máis poboada de Chile, por detrás da de Santiago e Concepción.

Valparaíso é sede do Congreso Nacional, da Comandancia da Armada de Chile e doutras institucións do Estado de carácter nacional como o Consello Nacional da Cultura e as Artes, a Subsecretaría de Pesca, os servizos de Aduanas e de Pesca e Acuicultura. É o principal porto de Chile e un dos máis importantes do Pacífico Sur. Ademais a cidade é sé dalgunhas das universidades máis prestixiosas do país como a Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Universidade de Praia Ancha, Universidade de Valparaíso e Universidade Técnica Federico Santa María.

Geográficamente, a cidade preséntase en forma dun grande anfiteatro natural, na baía homónima e rodeada de cerros, nos cales vive a maior parte da poboación. Entre o pé dos cerros e o mar fórmase o Plan, centro administrativo, comercial e financeiro da cidade; mentres o bordemar é ocupado polo porto.

Debido á súa riqueza arquitectónica desenvolvida principalmente a fins do século XIX, en 2003 o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, converténdose no terceiro sitio chileno protexido polo organismo internacional, tralo Parque nacional Rapa Nui e 16 igrexas de Chiloé.O poeta chileno Pablo Neruda tiña unha casa na cidade.

Winnipeg (barco)

O Winnipeg foi un barco francés de principios de século XX. En 1939 transportou dende Francia ata as costas de Chile preto de 2.500 inmigrantes españois, refuxiados tras a Guerra Civil española. A iniciativa foi tomada polo poeta chileno Pablo Neruda.

Xeración do 27

A denominada Xeración do 27 foi unha constelación de autores que xurdiu no panorama cultural español ao redor do ano 1927, en que se conmemorou o tricentenario da morte do poeta barroco Luís de Góngora. Estes autores aproveitaron esta data para reivindicar a poesía que este autor compuxo na última época da súa vida (Culteranismo), desprestixiada pola crítica decimonónica. Tanto escritores como profesores e intelectuais celebraron en homenaxe a Góngora unha serie de actos (conferencias etc.) no Ateneo de Sevilla nese ano que se veu a considerar o acta fundacional do grupo.

1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
Dende 2001

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.