Pablo Iglesias Turrión

Pablo Iglesias Turrión, nado como Pablo Manuel Iglesias Turrión[1] en Madrid o 17 de outubro de 1978, é un político, escritor, profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid e presentador de televisión español. En 2014 foi elixido eurodeputado polo partido Podemos.[2]

Presenta os programas de debate político La Tuerka CMI (Canal 33, anteriormente en Tele K) e Fort Apache CMI (Hispan TV). É director de contidos e creatividade de producións Con Mano Izquierda (CMI), voceiro do Consello Executivo da Fundación CEPS e membro de La Promotora.

Pablo Iglesias Turrión
Pablo Iglesias Turrión

Pablo Iglesias en 2015

Escudo de España (mazonado).svg
Deputado nas Cortes Xerais
por Madrid
Actualmente no cargo
Dende o 13 de xaneiro de 2016

Podemos logo círculos.svg
Secretario xeral de Podemos
Actualmente no cargo
Dende o 15 de novembro de 2014

Europarl logo.svg
Deputado do Parlamento Europeo
1 de xullo de 2014 – 27 de outubro de 2015

Datos persoais
Nacemento 17 de outubro de 1978 (40 anos)
Madrid, España
Partido Podemos
Profesión Profesor universitario, escritor
Alma máter Universidade Complutense de Madrid
Sinatura Sinatura de Pablo Iglesias Turrión
Sitio web pabloiglesias.org
Twitter @Pablo_Iglesias_

Actividade académica

Licenciado en Dereito en 2001 e en Ciencia Política en 2004 (con premio extraordinario),[3] rematou a tese de doutoramento en 2008 cunha tese doutoral sobre a acción colectiva postnacional.[4] Obtivo o master en humanidades (2010) pola Universidade Carlos III cunha tese sobre análise político do cine; e o Master of Arts in Communication (2011) polo European Graduate School (Suíza).

Activismo político

Situado na esquerda política,[5][6] é voceiro do Consello Executivo da Fundación Centro de Estudios Políticos y Sociales (Fundación CEPS), dedicada á produción de pensamento crítico e ao traballo cultural e intelectual para fomentar consensos de esquerdas.[7]

En 2001 participou no Movemento de resistencia global[8] onde defendeu a desobediencia civil como forma de loita, e boa parte da súa actividade académica, incluíndo a súa tese doutoral,[4] versou sobre este tema.

Foi invitado por Izquierda Unida a participar no seu proceso de refundación da esquerda. Con Producciones CMI realizou anuncios de campaña para IU nas eleccións municipais de España de 2011 e foi asesor da mesma formación para as eleccións xerais e de Alternativa Galega de Esquerda para as eleccións galegas.[9] Con motivo do Aniversario do Partido Comunista de España, presentou en 2012 un programa especial de La Tuerka dende a festa do partido onde debateron sobre o mesmo.[10]

Actividade nos medios

Foi articulista de diferentes medios de prensa escrita, como Público[11] (onde colabora actualmente), Kaosenlared,[12] Diagonal[13] e Rebelión.[Cómpre referencia] En maio de 2010, presentou o acto 99 segundos one step beyond,[14] organizado por La Promotora na UCM, no que se realizou un debate sobre a Transición política dende o Franquismo ata o sistema constitucional actual e as súas implicacións na memoria histórica do noso país dende un formato que lembraba a programas como 59 segundos. Ao comezo do acto, Pablo Iglesias pediu irónicamente un aplauso para Libertad Digital e outros medios pola publicidad que deron ao evento.[15] No acto participaron Ramón Cotarelo, Enrique Curiel, Carlos Slepoy, Almudena Grandes, Juan Carlos Monedero, Pablo Sánchez-León, Daniel Fernández e Willy Toledo.

La Tuerka e Fort Apache

Tele K, que retransmitiu o evento, ofreceu a La Promotora trasladar o formato á televisión comunitaria madrileña, o que deu orixe a La Tuerka CMI[16] (realizado pola produtora Con Mano Izquierda). O programa comeza cun monólogo de Pablo Iglesias e, tras a sección de zapeo Revuelta en el frenopático, comeza un debate no que se trata un tema de interese político no que participaron políticos do PP, PSOE, IU, IA, ERC e outros partidos, profesores de universidade, activistas, sindicalistas e policías. Durante o programa adoitan facer reportaxes na rúa sobre o tema que están falando, e rematan emitindo un vídeo de rap; nesta sección participaron grupos como Los Chikos del Maíz.

A causa dos problemas coas licenzas de Tele K e Canal 33, ambas cadeas comezaron a emitir parte da súa programación conxuntamente, e La Tuerka trasladouse a Canal 33 para emitir en directo, emitíndose en diferido por Tele K.[17]

En xaneiro de 2013, comezou a presentar un programa similar na cadea de capital iraniano Hispan TV: Fort Apache CMI. Pouco antes de comezar a emitir o programa, a canle deixou de emitir en TDT por orde do Ministerio de Industria, que a argumentaba como unha das sancións da Unión Europea contra o Goberno de Irán, aínda que continuou as súas emisións a través de Internet.[18][19] Por entón, os medios do Grupo Intereconomía alertaron sobre a presenza en España de canles radicais, poñendo como exemplo a Hispan TV, Canal 33 e Tele K ou a algúns contertulios de La Tuerka.[20][21]

Intereconomía e outros medios

En maio de 2013, Pablo Iglesias foi invitado ao programa El Gato al Agua[22] de Intereconomía para falar sobre a convocatoria de Asedio ao Congreso.[23][24] Tras esta participación, comezou a recibir solicitudes doutros medios e pasou a ser colaborador habitual nas tertulias políticas de El Gato al Agua, El cascabel al gato (13 TV), La Sexta Noche (laSexta) e Las Mañanas de Cuatro.

Estas aparicións nos medios de masas valéronlle críticas positivas e negativas. Mentres en Diario Siglo XXI alaban o seu currículum e o seu estilo respectuoso dos seus contertulios,[25] en Periodista Digital calificano de fabricante de miseria e poñen en cuestión a súa actividade académica;[26] o director deste medio e Pablo Iglesias discuten a miúdo cando coinciden en La Sexta Noche.

Obra

  • Iglesias Turrión, Pablo; Espasandín, Jesús (coordinadores) (2007). Bolivia en Movimiento. Acción colectiva y poder político. Madrid: El Viejo Topo. p. 376. ISBN 978-84-96831-25-4.
  • Iglesias Turrión, Pablo (2009). Multitud y acción colectiva postnacional. Madrid: Complutense de Madrid, Servicio de Publicaciones. p. 574. ISBN 978-84-692-1016-1.
  • Iglesias Turrión, Pablo (2011). Desobedientes. Madrid: Popular. p. 249. ISBN 978-84-7884-498-2.
  • Iglesias Turrión, Pablo; Monedero, Juan Carlos (2011). ¡Que no nos representan!: El debate sobre el sistema electoral español. Madrid: Popular. p. 127. ISBN 9788478845156.
  • Iglesias Turrión, Pablo (editor) (2013). Cuando las películas votan. Lecciones de ciencias sociales a través del cine. Colección mayor. Catarata. ISBN 978-84-8319-831-5.
  • Iglesias Turrión, Pablo (2013). Maquiavelo frente a la gran pantalla. Cine y política (en prensa). Pensamiento crítico. Akal. p. 158. ISBN 978-84-460-3876-4.

Outros

Notas

  1. "Iglesias confiesa que hizo cambiar su DNI en 2015 para no le llamaran Pablo Manuel". Consultado o 27 de abril de 2017.
  2. Gálvez, José María Jiménez; López, Marién Kadner (2014-05-26). "Podemos se convierte en la sorpresa y logra cinco escaños en Estrasburgo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-06.
  3. "Así es el currículum de Pablo Iglesias: dos carreras, dos másteres y 23 páginas". El Economista (en castelán). 1 de xuño de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
  4. 4,0 4,1 Iglesias Turrión, Pablo (2009). "Multitud y acción colectiva postnacional: un estudio comparado de los desobedientes: de Italia a Madrid (2000-2005)". Tese Doutoral (Madrid: Universidad Complutense de Madrid). ISBN 978-84-692-1016-1. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  5. Pablo Machuca (16 de febreiro de 2014). "Entrevista a Pablo Iglesias: "No es izquierda o derecha, es dictadura o democracia"". El Huffington Post (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2018.
  6. Pablo Iglesias (2 de decembro de 2014). ""Las metáforas izquierda/derecha no sirven para empujar el cambio político" Entrevista [Vídeo]http://youtu.be/k8BepDfCUvk". Twitter (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2017.
  7. "¿Qué es la Fundación CEPS?". www.ceps.es. Consultado o 14 de xullo de 2013.
  8. "Encuentro digital con Pablo Iglesias". elmundo.es. 23 de xullo de 2001. Consultado o 14 de xullo de 2013.
  9. "Biografía de Pablo Iglesias". Producciones Con Mano Izquierda. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  10. La Tuerka, ed. (5 de outubro de 2012). "Especial de La Tuerka en la Fiesta del PCE" (vídeo). Consultado o 13 de xullo de 2013.
  11. "Otra vuelta de Tuerka". Público. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  12. "Artículos de Pablo Iglesias en Kaosenlared.". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  13. Iglesias Turrión, Pablo (22 de xullo de 2006). "Asamblea constituyente y revolución". Bolivia. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  14. La Promotora, ed. (2010). "99 segundos one step beyond" (vídeo). Madrid. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  15. Molina, Pablo (19 de maio de 2010). "La Complutense revisará la Transición Española y la impunidad del Franquismo". Madrid: Libertad Digital. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  16. Rozas, Daniel (3 de xullo de 2012). "I AM NOT A CROCK! “A la izquierda le falta imaginación”". Oviedo: Diagonal. Consultado o 13 de xullo de 2013.[Ligazón morta]
  17. "Pablo Iglesias, presentador de La Tuerka: “La objetividad no existe”". El Crítico de la Tele (blog). 2 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013. a partir de un problema conjunto que tuvieron las dos cadenas con sus licencias, amenazadas por la Comunidad de Madrid, comenzaron a hacer emisiones y programas conjuntos. De esta manera entramos en contacto con Canal 33, que ofrecía unas características técnicas que permitían mejorar la calidad del programa
  18. Manrique, Patricia (10 de febreiro de 2013). "El PP se quita del medio a Press TV e Hispan TV". Cantabria: Diagonal. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  19. Manrique, Patricia (29 de xaneiro de 2013). "Suspenden la emisión del canal iraní Hispan TV a través de la TDT española". Madrid: RTVE.es. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  20. B.E.C. y J.M. (22 de xullo de 2012). "La iraní Hispan TV, el último canal radical que hace negocio en España". Madrid: La Gaceta. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  21. Carmona, J. Francisco (30 de abril de 2012). "Propaganda iraní en español". Madrid: La Gaceta. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  22. "Pablo Iglesias en El Gato al Agua". 24 de abril de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013.
  23. EuropaPress (31 de marzo de 2013). "El 25S llama a "asediar" el Congreso el 25 de abril y a no abandonar hasta que dimita el Gobierno". Consultado o 1 de maio de 2013.
  24. Efe (16 de abril de 2013). "ESPAÑA / CONGRESO El Congreso no celebrará pleno durante el intento de "asedio" del 25S". Consultado o 1 de maio de 2013. La Razón
  25. López, Mario (4 de xullo de 2013). "Pablo Iglesias y la conquista de la inteligencia". Diario Siglo XXI. Consultado o 13 de xullode 2013.
  26. "El fabricante de miseria Pablo Iglesias inunda la pantalla de resentimiento: "Ganabas 100.000 y otros sólo 450 euros, eso es violencia"". Periodista Digital. 4 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013. argumenta que dedica tiempo a labores de despacho y a la "investigación", pero seguimos a la espera de ver su obra científica o sus hallazgos

Véxase tamén

Ligazóns externas

Dolores Cebrián Fernández de Villegas

Dolores Cebrián Fernández de Villegas, nada en Salamanca o 13 de agosto de 1881 e finada en Madrid o 18 de febreiro de 1973, foi unha profesora española, esposa de Julián Besteiro, e irmá de Amparo, esposa de Luis de Zulueta.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).

Eleccións xerais de España de 2016

O domingo 26 de xuño de 2016 celebráronse eleccións xerais en España. Foron as décimo terceiras desde a transición á democracia e as segundas con Felipe VI como Rei. Estas eleccións deron comezo á XII lexislatura das Cortes Xerais.

O luns 2 de maio de 2016 ás 23:59 horas, as Cortes quedaron automaticamente disoltas tras non lograr ningún candidato a confianza do congreso nos dous meses posteriores á primeira votación de investidura, dando fin á XI lexislatura, a máis curta da historia recente de España, e dando paso a unhas novas eleccións xerais.Os cidadáns con dereito ao voto, residentes no país e no estranxeiro, foron chamados a decidir a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado.

Germán Yanke

Germán Yanke Greño, nado en Bilbao o 21 de xuño de 1955 e finado en Sopelana o 14 de maio de 2017, foi un xornalista español.

Hispan TV

HispanTV (en persa: هیسپان‌تی‌وی) é unha cadea televisiva pública iraniana adicada a proporcionar información e entretemento en castelán. Comezou a transmitir os seus programas en decembro de 2011.[Cómpre referencia]

Más Madrid

Máis Madrid (Castelán: Más Madrid) é unha plataforma política madrileña de esquerdas impulsada pola actual alcaldesa da cidade Manuela Carmena.

Pablo Iglesias

O nome de Pablo Iglesias pode facer referencia a:

Pablo Iglesias Posse (1850-1925), político galego, fundador do PSOE e da UXT;

Pablo Iglesias Simón (n. 1977), director de escena, dramaturgo, investigador, deseñador de son e docente español;

Pablo Iglesias Turrión (n. 1978), politicólogo español e secretario xeral do partido político Podemos.

Pablo Iglesias Posse

Pablo Iglesias Posse, nado en Ferrol o 18 de outubro de 1850 e finado en Madrid o 9 de decembro de 1925, foi un político galego, fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT).

Pedro Sánchez

Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE).

Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso. Sucesor en 2014 de Alfredo Pérez Rubalcaba á fronte do PSOE, en 2015 e 2016 foi o candidato proposto polo seu partido á presidencia do Goberno.​ En 2016, co PSOE dividido ante a tesitura de postular un goberno alternativo a Mariano Rajoy ou absterse ante a investidura deste último, Sánchez, contrario á segunda opción, viuse obrigado a dimitir como secretario xeral do PSOE e máis tarde tamén renunciaría á súa acta de deputado.​ En xuño de 2017 retornou á secretaría xeral do partido tras impoñerse en primarias a Susana Díaz e Patxi López.

Produto dunha moción de censura exitosa contra Mariano Rajoy, foi investido presidente do Goberno en xuño de 2018. É o sétimo xefe de goberno do período democrático actual.

Podemos

Podemos é un partido político español fundado en xaneiro de 2014, cuxo secretario xeral é Pablo Iglesias Turrión.Catro meses despois da súa formación, Podemos participou nas eleccións europeas de 2014, logrando cinco escanos (de 54) co 7,98 % dos votos, o que o converteu no cuarto partido máis votado de España. No primeiros vinte días que permitiu a inscrición, reuniu máis de 100 000 membros, converténdose no terceiro partido en número de afiliados. En outubro ostentaba xa o segundo lugar, con máis de 200 000. Tamén chegou a aparecer como o primeiro partido do país en intención directa de voto, segundo as enquisas.

Unidos Podemos

Unidos Podemos (Podemos-IU-Equo) é unha coalición electoral española conformada por Podemos, Izquierda Unida, Equo e outras formacións de esquerdas, constituída o 13 de maio de 2016 para presentarse ás eleccións xerais do mesmo ano.Presentouse en todas as circunscricións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, excepto nas catalás (onde se presentou a coalición En Comú Podem-Guanyem el Canvi), valencianas (onde se presentou a coalición Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana) e galegas (onde se presentou a coalición En Marea) a ambas as Cámaras e en Eivissa-Formentera ao Senado (onde se presentou a coalición Podemos-EU-Más).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.