Países Cataláns

Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística[1] de predominio catalán.[2] Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.[3]

En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Nova Tabarca|Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.[2]

Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.

Països Catalans
Países Cataláns
Bandeira dos Países Cataláns
Bandeira
Himno: Els Segadors
 
Catalan Countries (orthographic projection)
 
Estados Andorra Andorra
España España
Francia Francia
Italia Italia
Capital proposta Ningunha
Cidade principal Barcelona
Linguas Catalán, castelán e francés
Status actual
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

70.520 km²
n/d
n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

13.422.117
190,33 hab./km²
Xentilicio Catalán/-á
Ppcc2007noms2
Mapa territorial dos Países Cataláns
Països Catalans Mural Vilassar
Mural reivindicativo en Vilassar de Mar.

Política

Os Países Cataláns non están recoñecidos coma unha entidade política. De feito, atópanse fragmentados en diversas rexións con distintos graos de autonomía política, pertencentes a España, Francia, Italia e Andorra. Hai unha corrente política a cal propón a independencia dos Países Cataláns e a creación dun Estado catalán (ver Independentismo catalán). Algúns independentistas propoñen o uso do termo Cataluña para facer referencia á totalidade dos Países Cataláns, mais esta proposta non se adoptou dun xeito oficial.[Cómpre referencia]

Outras correntes políticas catalanistas usan o termo "Países Cataláns" coma sinónimo de "territorios de fala catalá", sen consideran que teñen que formar unha entidade política independente.[Cómpre referencia]

E hai outras correntes políticas que rexeitan directamente o uso do termo Países Cataláns e calquera proposta de unidade política destes territorios, considerándoos unha imposición de Cataluña sobre os outros territorios. Nos casos máis extremos, hai sectores que negan até a unidade da lingua catalá.[Cómpre referencia]

Límites

O territorio continental limita ao norte con Occitania, ao sur con Murcia, ao leste co mar Mediterráneo, e ao oeste con Aragón e Castela-A Mancha. As Illas Baleares e a cidade do Alguer, situada na illa de Sardeña tamén forman parte dos Países Cataláns.[Cómpre referencia]

División política e administrativa

Tradicional e administrativamente, os Países Cataláns inclúen os seguintes territorios:

Lingua

A lingua propia dos Países Cataláns é o catalán que, informalmente, en moitos lugares ten o nome popular do xentilicio (como rosellonés, tortosí etc.); só no País Valenciano o xentilicio ten recoñecemento oficial: valenciano. Exceptúanse as bisbarras occidentais e meridionais do País Valenciano, onde se fala o castelán, e o Val de Arán e a Fenolleda, onde se fala o occitano. A lingua catalá é a única lingua oficial na Andorra, é oficial (de novo, logo dun longo paréntese, dende 1978) na Cataluña, xunto ao castelán; e tamén é oficial conxuntamente co castelán no País Valenciano e nas Illas Baleares. Non o é, en cambio, nos outros territorios.[Cómpre referencia]

Hai que ter en conta que para definir aos Países Cataláns non se teñen en conta os procesos de castelanización que se deron dende o século XIX até hoxe. Pola contra, acéptanse coma castelás outras zonas que antes eran de lingua catalá, como é o exemplo de Orihuela.[Cómpre referencia]

Notas

  1. "Seixanta-dues personalitats del Maestrat reivindiquen el terme ‘Països Catalans’". Vilaweb. 30 de xullo de 2015.
  2. 2,0 2,1 "els Països Catalans". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
  3. "català". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.

Véxase tamén

Outros artigos

Barcelona

Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.

Cunha poboación de 1.620.809 habitantes, é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².Foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.Na actualidade, é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 44 millóns de pasaxeiros en 2016.

Candidatura d'Unitat Popular

A Candidatura d'Unitat Popular (coñecida tamén por as súas siglas, CUP; en galego Candidatura de Unidade Popular) é un partido político independentista catalán de esquerdas. Componse de asembleas locais autónomas que representan diferentes consellos e barrios da área de fala catalá. Tradicionalmente, presentábanse só ás eleccións municipais, ata 2012, cando decidiron presentarse ás eleccións ao Parlamento Catalán.

Catalanismo

O catalanismo ou nacionalismo catalán é o movemento que propugna o recoñecemento da personalidade política e cultural da Cataluña ou dos Países Cataláns.

Segundo o valenciano e catalanista Joan Fuster, hai catalanistas porque hai españolistas. De feito, o catalanismo xorde como reacción a políticas centralizadoras no Estado Español (como os Decretos de Nueva Planta), avatares históricos (Tratado dos Pireneos) ou imposicións político-culturais (prohibición do catalán na vida pública).

No entanto, o catalanismo non se circunscribe ao ámbito político peninsular, pois nos últimos anos aumentou a súa presenza nas antigas comarcas catalás da Cerdanya Nord, Conflent, Vallespir e Rosselló (actualmente integradas no departamento Francés dos Pireneos Orientais), reivindicando precisamente un maior achegamento coas terras do sur.

Xeralmente, os partidos políticos, entidades ou individuos que se declaran catalanistas ou nacionalistas cataláns, adoitan considerar ben a Cataluña, ben os Países Cataláns, como unha nación. Ese grao de recoñecemento e de defensa dos seus intereses pode abranguer desde un tímido autonomismo á petición da plena independencia (véxase: independentismo).

A nacenza do catalanismo político acostuma datarse nas Bases de Manresa de 1898, momento que é considerado a entrada de Cataluña na Historia Contemporánea.

Na actualidade os partidos ou individuos que se declaran catalanistas consideran que Cataluña, ou os Países Cataláns, son unha nación e que, en consecuencia, teñen dereito a un grao elevado de autogoberno. Porén, as diverxencias aparecen sobre a organización xurídica e territorial que lle convén a Cataluña. Así, mentres unha parte opta pola chegada á soberanía do pobo catalán a través do dereito de autodeterminación, outros optan por unha ampliación do autogoberno no marco autonómico actual ou ben decántanse pola creación dun novo marco federal.

Cataluña do Norte

A Cataluña do Norte ou Cataluña Norte (en catalán: Catalunya Nord; en francés: Catalogne Nord) é a zona do sur de Francia histórica e culturalmente catalá e separada do resto de Cataluña en virtude do tratado dos Pireneos (o 7 de novembro de 1659). O inventor do termo Cataluña do Norte foi Alfons Mias nos anos 1930.

O 10 de decembro do 2007 o Consello Xeral dos Pireneos Orientais aprobou a oficialidade do catalán, xunto co francés.

Escamots Autònoms d'Alliberament

Escamots Autònoms d'Alliberament é unha organización armada catalá que loita pola reunificación, a independencia e o socialismo nos Países Cataláns.

Apareceu a principios de 1994, pouco despois da autodisolución de Terra Lliure III Asemblea e pouco antes da autodisolución de Terra Lliure IV Asemblea. Os seus principios exprésanse nun libro de circulación restrinxida dende o cal animan os cidadáns cataláns a levaren a termo accións armadas pola liberación nacional dos Países Cataláns e que é tamén un manual para a fabricación de artefactos explosivos.

Esquerra Nacionalista Valenciana

Esquerra Nacionalista Valenciana é un partido independentista valenciano de esquerdas oposto ó concepto cultural e político dos Países Cataláns. Fundado en 1979, o seu actual Secretario General é Albert Marín. Nas eleccións de 2007 participará nunha coalición electoral con Opció Nacionalista Valenciana

Estelada

A bandeira estelada ou simplemente estelada considérase a bandeira que simboliza a independencia de Cataluña ou dos Países Cataláns (aínda que no País Valenciano tamén hai a estrelada, que evolucionou de xeito paralelo á Senyera coroada valenciana).

A súa orixe data dos inicios do século XX e naceu da fusión dos catro paus tradicionais co triángulo coa estrela do mesmo tipo que tiña a bandeira de Cuba. Puxérase ese modelo xa que Cuba era un estado que se independizara había pouco da España, e era polo tanto un referente.

Hai dous tipos principais:

A chamada estelada azul (estelada blava), que é a primeira e que se atopou en publicacións do 1918.

A chamada estelada vermella (estelada roja). Hai quen ve connotacións na cor vermella da estrela e emparenta o vermello coa defensa dun estado independente comunista.Non quedou fixada a orientación da estrela e ás veces ten un costado paralelo co lado curto da bandeira e ás veces co lado longo.

Algúns grupos minoritarios intentaron implantar outros tipos de bandeiras estreladas con diferentes cores, mais sempre sen éxito.

Desde a creación desta bandeira creáronse moitas outras bandeiras independentistas que tamén teñen unha estrela, como a Estreleira galega, a occitada, a aragonesa ou a saharaui.

Franxa de Aragón

A Franxa de Aragón, Oriental ou de Poñente (Franja d'Aragó ou Franja de Ponent en catalán; Francha Oriental en aragonés; La Franja en castelán) é a zona do leste de Aragón, limítrofe con Cataluña, formada polos concellos de fala catalá.

Horta (homónimos)

Unha horta é unha porción de terra, xeralmente de pequena dimensión, onde se cultivan hortalizas. Como topónimo Horta pode referirse a:

En Galicia

Horta, lugar da parroquia de Regoela, no concello de Cabanas;

Horta, lugar da parroquia de Sello, no concello de Lalín;

Horta, lugar da parroquia de Lesende, no concello de Lousame;

A Horta, lugar da parroquia de Agüeira, no concello de Becerreá;

A Horta, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Cervantes;

A Horta, lugar da parroquia de Iria Flavia, no concello de Padrón;

A Horta, lugar da parroquia de Codesido, no concello de Vilalba;

A Horta da Zapateira, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia;

Horta de Montes, lugar da parroquia de Cospindo, no concello de Ponteceso;

A Horta do Conde, lugar da parroquia de Quembre, no concello de Carral;

Serra da Horta, lugar da parroquia de Agüeira, no concello de Becerreá.En Portugal;Horta, cidade e sede de municipio, na Illa do Faial, Azores;

Distrito da Horta, antigo distrito da Rexión Autónoma dos Azores;

Horta, freguesía do concello de Vila Nova de Foz Côa.Nos Países Cataláns

Horta de Sant Joan, concello da provincia de Tarragona;

Horta, barrio da cidade de Barcelona;

Horta-Guinardó, distrito de Barcelona ao que pertence dito barrio;

Estación de Horta, no metro de Barcelona.

Horta de Valencia, rexión histórica do levante da Península Ibérica.En Colombia

Horta, localidade en Santander, ao oeste da Cordilleira Oriental.Amais, como apelido pode referirse a:

José Ramos-Horta, xornalista, avogado e político timorense, premio Nobel da Paz (n. 1949);

Victor Horta, arquitecto belga (1861-1947);

Adolfo Horta, boxeador cubano (n. 1957).

Independentismo catalán

O independentismo catalán é a corrente política que propulsa a independencia de Cataluña, ou dos Países Cataláns, de España e Francia.

L'Alguer

L'Alguer (en italiano: Alghero; en catalán: l'Alguer; en sardo: S'Alighera) é unha cidade italiana da provincia de Sassari, na illa de Sardeña, de lingua tradicional catalá. Residen na comuna 39.372 habitantes.

Lingua catalá

O catalán é unha lingua románica falada polo pobo catalán nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural. Cómpre sinalar por outra banda que na Comunidade Valenciana o catalán recibe o nome de valenciano.

É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.

Mitoloxía catalá

Mitoloxía catalá é o conxunto de lendas propias de Cataluña ou os Países Cataláns. Trátase dun conxunto de historias de transmisión oral centradas en personaxes singulares ou en explicar a existencia de construcións e particularidades locais. Poden ser a transformación de mitos europeos semellantes ou ben tradicións propias. Como representación cultural transcende os límites fronteirizos actuais, sendo unha manifestación máis da cultura catalá.

Ó ser de transmisión oral, pódese dicir que hai semellanzas coas culturas lindeiras. Porén, nos Países Cataláns preséntanse unha serie de características propias como as diferentes personaxes froito da diferenciación cultural.

Osga común

A osga común, ladra, ou lasca, (Tarentola mauritanica) é un pequeno réptil da familia dos xecónidos, que vive en gran parte dos países mediterráneos.

En Galicia só se localiza nas comarcas de Verín e de Valdeorras.Porén, no resto da península Ibérica é común, excepto na cornixa cantábrica, sendo denominada salamanquesa en Castela, dragó/dragonet nos Países Cataláns e osga-moura ou osga-comum en Portugal.

Pobo catalán

Os cataláns son un pobo europeo e mediterráneo que ten as súas raíces nos Pireneos orientais e nos territorios adxacentes. Historicamente, considéranse a si mesmos como cataláns, os individuos de fala catalá que, xeralmente, son orixinarios de calquera dos territorios chamados Países Cataláns. Dende o século XVI, estendeuse o uso do xentilicio valenciano, tanto para a lingua como para os habitantes do País Valenciano, e máis tarde para o xentilicio de mallorquín para os habitantes de Mallorca, perdéndose así a unidade do pobo catalán e a conciencia de comunidade, especialmente despois da Guerra de Sucesión. A principios do século XX, o movemento catalanista propuxo a recuperación da xeneralización do xentilicio común catalán, malia a rexionalización do xentilicio no Principado e das dúbidas que xurdiron en grandes sectores das Illas Baleares e do País Valenciano. Academicamente, superouse a polémica sobre o nome da lingua e da literatura comúns (catalán), mentres que na esfera política, certos sectores tentan (especialmente dende a transición á democracia) promover a disgregación. Porén, segundo o dicionario da lingua do Institut d'estudis Catalans, o catalán é a persoa natural dos Países Cataláns. Legalmente, os cataláns teñen a cidadanía ou a nacionalidade española ou francesa e, polo tanto, tamén a cidadanía europea. Porén, a condición política de cataláns só é oficialmente recoñecida en dúas áreas: en Cataluña, e en Cataluña do Norte, onde tamén está recoñecido o xentilicio catalán.

Selección de fútbol de Cataluña-Levante

A selección de fútbol de Catalunya-Levant foi unha selección creada no ano 1950, cunha selección mixta de xogadores de equipos de Cataluña e da Comunidade Valenciana, formando así a selección de fútbol dos Países Cataláns, coa finalidade de disputar un partido ante o Club Atlético San Lorenzo de Almagro arxentino, que estaba a facer unha xira por Europa. Paralelamente creouse unha selección Centro-Norte que se enfrontou o mesmo día ao Racing Club de Avellaneda.

Sobirania i Progrés

Sobirania i Progés (Soberanía e Progreso) é un movemento político dos Países Cataláns, constituído formalmente o 4 de outubro de 2006. É unha plataforma de xente que apoia a autodetermincación catalá mediante referendo.

VilaWeb

VilaWeb é o portal informativo dixital máis antigo dos Países Cataláns. Foi impulsado polo xornalista catalán Vicent Partal. Comezou o 14 de xuño de 1995 co nome La Infopista.

Recibiu o Premio Nacional de Xornalismo de Cataluña en 2004 que concede a Generalitat de Cataluña "polo carácter fundacional [do portal e dos seus creadores] e o seu traballo no campo do xornalismo dixital, que combina rigor, immediatez, análise e diversidade".

Òmnium Cultural

Òmnium Cultural é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 1961 que traballa pola promoción da lingua e a cultura catalá, a educación, a cohesión social e a defensa dos dereitos nacionais de Cataluña. O seu presidente é Jordi Cuixart.

En 2017 tiña máis de 90.000 socios distribuídos en 40 sedes territoriais e en xuño de 2018 anunciaba que o número aproximábase aos 120.000. A través da Federació Llull, Òmnium coordina as súas accións no marco dos Países Cataláns canda Acció Cultural del País Valencià e Obra Cultural Balear.

Países Cataláns

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.