Países Baixos españois

Países Baixos españois foi o nome que, na historiografía internacional, se lle daba aos territorios do noroeste europeo, coñecidos en España como Flandes (Flandres), que permaneceron baixo o dominio da rama española da casa de Habsburgo, no período que trascorreu entre 1555, cando o emperador Carlos V como duque de Borgoña cedeu estes territorios ao seu fillo Filipe, daquela príncipe, até 1713, en que, en virtude dos tratados Utrech-Rastatt —conxunto de tratados asinados polos Estados contendentes na Guerra de Sucesión española entre os anos 1713 e 1715 na cidade holandesa de Utrecht e na alemá de Rastatt— os territorios que aínda estaban en poder da coroa española pasaron á soberanía dos Habsburgos austríacos, obtendo así o emperador Carlos VI o control dos Países Baixos.

Cómpre sinalar que algúns historiadores sitúan como data de inicio deste período a da independencia das Provincias Unidas, en 1581.

Map of the Habsburg Netherlands by Alexis-Marie Gochet
Os Países Baixos españois.

Lista de soberanos

Retrato Nome Reinado Notas Escudo
Charles Modelo:Ier Carlos V
24 de febreiro de 1500
21 de setembro de 1558
15061555 En 1506, á morte do seu pai o rei Filipe O Fermoso, Carlos herda os Países Baixos borgoñóns.
Filipe II Filipe II de España
21 de maio de 1527
13 de setembro de 1598
1556-1581 Filllo maior de Carlos V, convértese en sobrerano dos Países Baixos e rei de España despois da súa abdicación. Armes de Charles Modelo:Ier
Independencia das Provincias Unidas (1581)
1581-1598 As Provincias Unidas son agora unha república independente baixo a autoridade dos estatúderes.
Isabel de Austria Isabel Clara Euxenia
12 de agosto de 1566
1 de decembro de 1633
1598-1621 Filla de Filipe II, en ocasión do seu matrimonio recibe como dote o goberno dos Países Baixos, que comparte co seu marido. O tratado establece que se un dos cónxuxes morre antes do nacemento dun herdeiro dos Países Baixos, o outro regresará a España. Ela e o seu esposo teñen o título de gobernadores, desempeñando este papel en nome de Filipe II. Armes de Charles Modelo:Ier
Alberto de Austria Alberte de Austria
14 de abril de 1578
13 de xullo de 1621
Esposo da infanta Isabel Clara Euxenia, comparte o poder con ela até a súa morte.
Filipe IV Filipe IV de España
8 de abril de 1605
17 de setembro de 1665
1621-1665 Fillo maior de Filipe III, recuperou o goberno dos Países Baixos despois da morte de Alberte de Austria. Armes des rois d'Espagne de 1580 à 1668
Carlos II Carlos II de España
6 de novembro de 1661
1 de novembro de 1700
1665-1700 Fillo de Filipe IV. Morto sen descendencia, o que ocasiona a guerra de Sucesión española. Armes des rois d'Espagne de 1668 à 1700
Filipe V Filipe V de España
19 de decembro de 1683
9 de xullo de 1746
1700-1710 Neto de Luís XIV, designado como herdeiro por Carlos II. Os Habsburgo austríacos reclaman o goberno dos Países Baixos alegando que son os herdeiros lexítimos de Filipe O Fermoso. Armes de Philippe V
Guerra de Sucesión española (1710-1715)

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Acta de abxuración

A Acta de abxuración do 26 de xullo de 1581, tamén coñecida como Acta da Haia, Abxuración da Haia ou Acta de deposición da Haia (Plakkaat van Verlatinghe en neeerlandés), foi unha lei redactada polos Estados Xerais dos Países Baixos que significou a declaración de independencia formal das provincias do norte dos Países Baixos españois da súa obediencia ao rei Filipe II de España.

Brabante do Norte

Brabante do Norte (en neerlandés, Noord-Brabant) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisionado ou comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Den Bosch ('s-Hertogenbosch) e as cidades máis grandes son Eindhoven, Tilburg e Breda, as dúas cunha poboación de ao redor de 200.000 habitantes. Limita coas provincias de Zelandia, Holanda Meridional, Güeldres e Limburgo e as provincias belgas de Antuerpen e Limburgo.

Bruxas

Bruxas (Brugge en flamengo, Bruges en francés; provén do noruegués antigo "Bryggia", ponte ou peirao) é unha cidade do noroeste de Bélxica, capital da rexión de Flandres Occidental. Atópase a 90 quilómetros da capital Bruxelas, conta no seu núcleo urbano cunha poboación de 117.000 habitantes.

Camiño Español

O Camiño Español ou en francés "Chemin des Espagnols" é o conxunto de rutas empregadas polos exércitos da monarquía hispánica para fornecer de soldados aos antigos Países Baixos españois dende a península Itálica, durante a Guerra dos Oitenta Anos.

Casa dos Austria

A casa dos Austria é o nome co que se coñece á dinastía Habsburgo reinante na Monarquía Hispánica nos séculos XVI e XVII; desde a Concordia de Villafáfila (27 de xuño de 1506) en que Filipe I o Fermoso é recoñecido como rei consorte da Coroa de Castela, quedando para o seu sogro Fernando o Católico a Coroa de Aragón, ata a morte sen sucesión directa de Carlos II o Enfeitizado (1 de novembro de 1700), feito que provocou a Guerra de Sucesión Española. A rama dinástica española dos Habsburgo seguiu por parte da filla de D. Juan José de Austria, Dª. Margarita da Cruz de Habsburgo, que abandonou os hábitos o 17 de setembro de 1681 para contraer matrimonio co nobre galego D. Felipe de Romay.

Condado de Flandres

O condado de Flandres foi unha entidade feudal fundada a finais do século IX como dependencia do reino de Francia Occidental (Francia Occidentalis) ou Reino dos Francos occidentais (Regnum Francorum occidentalium), que constituíu a etapa inicial do Reino de Francia (843-987).

Independizouse deste reino en 1302, unídose ao Ducado de Borgoña en 1384. En 1512 integrouse nos Países Baixos españois, pasando a formar parte das Dezasete Provincias en 1549.

Desde 1713 a 1790 foi unha posesión do Imperio austríaco e, en 1790, formou parte dos efémeros Estados Unidos de Bélxica, desaparecendo definitivamente en 1795 coa invasión francesa.

Condado de Holanda

O Condado de Holanda (en neerlandés Graafschap Holland) foi un antigo condado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico que se estableceu no século X. En 1433 foi adquirido por Filipe o Bo, a así foi integrado nos Países Baixos borgoñóns, e despois nos Países Baixos españois, extinguíndose en 1573.

Dezasete Provincias

As Dezasete Provincias é a denominación que se outorgou aos dezasete territorios da rexión dos Países Baixos (Nerderlanden ou Lage Landen) que formaron unha entidade territorial vinculada á dinastía Habsburgo durante o século XVI; e que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Norte de Francia) e unha pequena parte do Oeste de Alemaña.

Ducado de Brabante

O Ducado de Brabante foi un antigo ducado situado entre os Países Baixos e Bélxica. Estendíase polas actuais provincias belgas de Brabante Flamengo, Brabante Valón, Antuerpen e a Rexión de Bruxelas-Capital e a provincia neerlandesa de Brabante do Norte.

Na época romana, Brabante estaba repartido entre as provincias romanas de Gallia Belgica e Xermania Inferior e habitada por tribos celtas até que pobos xermánicos os substituíron e terminaron co Imperio romano.

As principais cidades do ducado foron Bruxelas, Antuerpen, Lovaina, Breda, Tilburg, Lier, Bolduque e Eindhoven.

O nome da rexión (e do ducado) provén do ducado carolinxio de pagus Bracbatensis, situado entre os ríos Escalda e Dijle, e que á súa vez deriva das palabras Bracha (Novo) e Bant (Rexión).

Estatúder

O estatúder (en holandés, stadhouder, que significa literalmente 'lugartenente') foi un cargo político das antigas provincias do norte dos Países Baixos, que comportaba funcións executivas.

Ao unificárense ditas provincias na Unión de Utrecht, creouse un cargo supremo: o de Estatúder e Capitán Xeneral das Provincias Unidas dos Países Baixos, controlado de polos Estados Xerais (parlamernto). A súa función era dirixir a política e as actividades militares das provincias neerlandesas.

En 1747, tras unha revolta, o cargo converteuse en hereditario.

Foron estatúderes:

Guillerme I de Orange-Nassau, chamado o Taciturno (1559–1584)

Mauricio de Nassau (1584–1625)

Federico Henrique de Orange-Nassau (1625–1647)

Guillerme II de Orange-Nassau (1647–1650)

Guillerme III de Orange-Nassau, tamén rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda (1672–1702)

Guillerme IV de Orange-Nassau (1747–1751)

Guillerme V de Orange-Nassau (1751–1795)

Guillerme VI de Orange-Nassau (1813–1815).

Flandres (homónimos)

O topómino Flandres pode referirse a:

Flandres ou Países Baixos españois, nome dado aos Países Baixos españois en España.

Flandres, rexión autónoma de Bélxica.

Flandres Occidental, provincia de Bélxica.

Flandres Oriental, provincia de Bélxica.

Condado de Flandres, entidade feudal fundada a finais do século IX como dependencia do reino de Francia Occidental (Francia Occidentalis) ou Reino dos Francos occidentais (Regnum Francorum occidentalium), que constituíu a etapa inicial do Reino de Francia (843-987). Independizouse deste reino en 1302, unídose ao Ducado de Borgoña en 1384; en 1512 integrouse nos Países Baixos españois, pasando a formar parte das Dezasete Provincias en 1549; desde 1713 a 1790 foi unha posesión austríaca e, en 1790, formou parte dos Estados Unidos de Bélxica; desaparercendo dedinitivamente en 1795 coa invasión francesa.

Flandres francés, parte do antigo condado, anexionado por Francia en 1678. Na actuialidade é unha rexión non administrativa do noroeste da República francesa, fronteiriza con Bélxica, no departamento Nord.

Flandres zelandés (ou celandés), a parte do antigo condado que se encontra hoxe no suroeste do reino dos Países Baixos, que comprende tres divisións administrativas (concellos) da provincia de Zelandia.Nota: Historiograficamente é habitual designar xenericamente como Flandres a un amplo territorio correspondiente a grandes trazosa á zona da Europa Occidental denominada actualmente Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo), e a zonas limítrofes das actuais República Francesa e República Federal de Alemaña:

a totalidade da zona setentrional do Estado Borgoñón (1363–1678).

a totalidade dos Países Baixos dos Habsburgo (1477-1794).

a totalidade dos Países Baixos españois (1555-1700).

a totalidade dos Países Baixos austríacos (1714-1795).

Guilielmus Messaus

Guilielmus Messaus, tamén coñecido coas variantes do apelido Messaulx e Missau, bautizado en Antuerpen o 2 de xullo de 1589 e finado na mesma cidade belga o 8 de marzo de 1640, foi un compositor barroco pertencente á escola francoflamenga que desenvolveu a súa actividade nos Países Baixos Españois.

Holanda (rexión)

Holanda é unha rexión histórica no centro-oeste dos Países Baixos.

Ten unha superficie de 5.488 km2 e unha poboación de 6 065 459 habitantes (2006), que lle dá unha alta densidade de poboación, 1.105,22 hab/km2.

O termo Holanda utilízase a miúdo para o conxunto do reino dos Países Baixos, que é xeralmente aceptado en varios contextos, pero molesto para unha parte dos neerlandeses, especialmente nas outras provincias do reino.

Foi un condado do Sacro Imperio Romano Xermánico que, en 1477, pasou a formar parte das Dezasete Provincias dos Habsburgo (Países Baixos españois). Máis tarde sería o principal Estado da República das Sete Provincias Unidas dos Países Baixos (1581 - 1795).

Na actualidade a rexión está dividida en dúas provincias: Holanda do Norte (Noord-Holland) e Holanda do Sur (Zuid-Holland), creadas en 1840.

Patacón (moeda holandesa)

Para outras moedas denominadas patacón, ver a páxina de homónimos: Patacón.

O patacón ou patagón (en neerlandés: patacon; en castelán: patacón; en portugués: patacão; en italiano: pataccone; en alemán: albertusthaler; en francés: écu à la croix de Bourgogne) é un tipo de tálero, unha moeda de prata aparecida inicialmente a principios do século XVII nos Países Baixos españois e que chegou a ser moi popular na economía dos países da contorna do mar Báltico, onde se converteu na principal moeda de cambio nese século.

Países Baixos (homónimos)

O termo xeográfico e xeopolítico Países Baixos pode referirse a:

Os Países Baixos, estado soberano da Europa actual, coñecido popularmente como Holanda.

Os Países Baixos austríacos

Os Países Baixos borgoñóns

Os Países Baixos españois

Os Países Baixos (rexión histórica)

Países Baixos austríacos

Denomínanse Países Baixos austríacos ao conxunto de territorios dos Países Baixos españois cedidos por España a Austria tras o tratado de Utrecht en 1714, que formaban parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, até a anexión destes por Francia en 1795.

Peter Paul Rubens

Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Antuerpen, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices. Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus. Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea. Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid. Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O Rei Planeta é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real. Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.

Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura", alcume co que é citado en ocasións.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.