PO-552

A PO-552 é unha estrada autonómica galega, unha das principais vías de comunicación dos concellos do sur da provincia de Pontevedra. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

PO-552
Hito kilométrico de la PO-552
Dimensións
Lonxitude71,22 km
Localización
InicioAvenida do Alcalde Portanet (Vigo)
Fin N-551  Areas
Circulación
Velocidade máxima90 km/h

Nomenclatura

Como a Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) mantén a denominación da súa Rede Primaria Básica Convencional, é por isto polo que non se chama GA-552. O 552 débese á continuidade da N-552.[1][2][3]

Percorrido [4]

Comeza na rotonda viguesa onde conflúen a Avenida da Florida, a Avenida de Citroën e o tramo VI-30 da circunvalación de Vigo. Segue cara a Santo André de Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns, rodeando os montes do Maúxo. Continúa polas parroquias de Priegue e Nigrán, ata chegar á Ramallosa, onde se cruza coa PO-340 e a PO-325.

Cruza o río Miñor, e chega a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Continúa, pasando por Sabarís, O Burgo e a vila de Baiona ata pasar Cabo Silleiro en Baredo. Dende aí, segue polos pés da Serra da Groba.

Pasa polas parroquias oienses de Mougás, Viladesuso, Pedornes e Santa María de Oia; pola parroquia do Rosal e as parroquias guardesas de Salcidos e A Guarda, nesta última realiza un xiro para seguir o curso do río Miño. Prosegue polas parroquias de Salcidos, San Miguel de Tabagón, San Xoán de Tabagón, As Eiras, Goián, Figueiró (onde se une coa PO-344), Estás, Tomiño, Forcadela, Amorín, Currás e Sobrada. Remata na parroquia de Areas, onde conflúe nunha rotonda coa A-55 e a N-551.

Nomes locais

Densidade do tráfico [6]

O primeiro tramo Vigo-Baiona é o que maior densidade de tráfico ten xa que nel están as zonas residencias e industriais. En Coruxo, alcanza, aproximadamente, 15.000 vehículos/día.

O segundo tramo Baiona-A Guarda é o que menor densidade presenta. E o terceiro tramo A Guarda-Tui ten unha densidade media composta por tráfico local.

Notas

  1. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. "Relación de Estradas de Pontevedra" (PDF). Consultado o 16/12/2014.
  2. DXT. ""Autovías y Autopistas: cambios de nombre"" (PDF) (en castelán). Consultado o 16/12/2014.
  3. Blog "En la carretera II". "Fragmentación da C-550" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03/06/2016. Consultado o 16/12/2014.
  4. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. "Catálogo de Estradas". Arquivado dende o orixinal o 16/12/2014. Consultado o 16/12/2014.
  5. Concello de Vigo. "Rueiro de Vigo". Consultado o 16/12/2014.
  6. Plan MOVE - Xunta de Galicia. "Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica 2009-15" (PDF). Consultado o 16/12/2014.
AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-57

A autoestrada do Val Miñor, denominada oficialmente AG-57, é unha autoestrada de peaxe que vai desde a autovía urbana de Vigo (VG-20) até a estrada PO-552, no lugar de Rocamar (Baredo). Conta cuns 22,6 km, se ben orixinalmente estaban proxectados 25. Ten un ramal a Nigrán denominado AG-57N, duns 3,3 km.

A Avenida de Ordóñez, Goián, Tomiño

A Avenida de Ordóñez é un lugar da parroquia de Goián, no concello de Tomiño.

Anteriormente era unha rúa que partía do cruzamento coa estrada PO-552, cruzando a parroquia de oeste a leste e rematando no peirao do río Miño fronte á vila portuguesa de Vila Nova de Cerveira. Esta vía, que se converteu no eixo da vida local, debe o seu nome ó deputado Ezequiel Ordóñez González.

A Avenida do Brasil, Goián, Tomiño

A Avenida do Brasil é un lugar da parroquia de Goián, no concello de Tomiño. Comprende un tramo da estrada PO-552 nun treito duns dous quilómetros.

O nome débese á emigración cara ao Brasil das xentes de Goián, en especial ás cidades de Santos e São Paulo. Ao longo dela hai numerosas casas de tipo colonial construídas polos retornados en principios do século XX, así como o cemiterio parroquial que se construíu coas achegas dos emigrados.

C-550

A estrada comarcal C-550 foi unha vía de comunicación costeira da fachada atlántica galega. Estendíase ao longo das Rías Baixas, desde Cee até Tui e a fronteira con Portugal, ao longo duns 360 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Comparte coa estrada N-550 os tramos Padrón-Pontecesures e Vilaboa-Redondela. Após a transferencia da titularidade das estradas ás comunidades autónomas, e cos cambios de denominación, a estrada foi dividida en diversas estradas de distinto rango: AC-550 (Cee-Ribeira), AC-305 (Ribeira-Padrón), PO-548 (Pontecesures-Vilagarcía de Arousa), PO-549 (Vilagarcía de Arousa-Cambados), PO-550 (Cambados-A Lanzada), PO-316 (A Lanzada-O Grove), PO-308 (A Lanzada-Pontevedra), PO-546 (Pontevedra-Marín), PO-551 (Marín-Bueu), PO-315 (Bueu-Cangas), PO-551 (Cangas-Domaio), N-554 (Domaio-Vilaboa), N-552 (Redondela-Vigo), PO-552 (Vigo-Tui).

CG-4.2

O CG-4.2 é un corredor galego de altas prestacións e variante de poboacións que prevé unir as poboacións de Tui e A Guarda, sendo unha alternativa á PO-552. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

Actualmente o único tramo en servizo discorre polos concellos da Guarda, O Rosal e termina na rotonda de Goián en Tomiño.

Currás, Tomiño

San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2014 tiña 400 habitantes (209 homes e 191 mulleres) segundo o IGE. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

Ponte da Amizade

A ponte da Amizade une o concello galego de Tomiño co portugués de Vila Nova de Cerveira cruzando o Río Miño. Na parte galega conecta coa PO-552 e a CG-4.2 na rotonda de Goián.

Rocamar, Baredo, Baiona

Rocamar é un lugar da parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 156 habitantes (80 homes e 76mulleres). Está atravesado pola estrada PO-552.

É considerada como o único lugar urbano da parroquia de Baredo, xa que embrangue a Urbanización "Villa Azul" e o edificio de Rocamar.

Tomiño

Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 13 548 habitantes (6813 homes e 6735 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tomiñés/tomiñesa.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.