PO-531

A PO-531 é unha estrada autonómica que une Pontevedra con Baión (Vilanova de Arousa). Ten un percorrido de 19 km, e é un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.

PO-531
Tipoloxíaestrada convencional C-80
RedeRede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude19 km
Localización
InicioPontevedra, Ponte da Barca
FinBaión

Percorrido

Parte da ponte da Barca, pasando pola Barca e O Vao (concello de Poio), Campañó e Alba (concello de Pontevedra), antes de internarse na parroquia de Curro (concello de Barro), onde se cruza coa AP-9 e conecta coa AG-41 (cara a Sanxenxo) e coa PO-300 (cara a Cambados).

AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

C-531

A C-531 era a denominación da antiga estrada que unía Xinzo de Limia e Vilagarcía de Arousa, cun percorrido de 151 km. Atravesaba Celanova, Cortegada, A Cañiza, Ponte Caldelas e Pontevedra. A denominación de C-531 responde á nomenclatura utilizada nas estradas nacionais de España.

Esta estrada encóntrase dividida nos seguintes treitos:

Provincia de Ourense (54,5 km)OU-531: Xinzo de Limia - Cortegada (51,3 km)

OU-904 e tramo urbano de Cortegada (2,5 km)

OU-801: Cortegada - ponte sobre o río Miño (0,7 km)Provincia de Pontevedra (97,5 km)PO-400: Ponte sobre o Miño - Filgueira (1,1 km)

PO-406: Filgueira - A Cañiza (10,3 km)

N-120: A Cañiza - Petán (4,3 km)

PO-255: Petán - Ponte Caldelas (41,2 km)

PO-532: Ponte Caldelas - Pontevedra (14,2 km)

Tramo urbano de Pontevedra (2,2 km)

PO-531: Ponte da Barca - Baión (19 km)

N-640a: Baión - Vilagarcía de Arousa (3,9 km)

Tramo urbano Vilagarcía de Arousa (1,3 km)Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera construíuse unha ponte de ferro e pedra para cruzar o río Miño entre Filgueira e Cortegada. Esta ponte foi anegada na década de 1970 polo encoro da Frieira, e construíuse a ponte actual e a variante correspondente.

Campañó, Pontevedra

San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.892 habitantes (919 homes e 973 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.024 habitantes.

Sitúase ao pé do monte Castrove, a 3 quilómetros da cidade de Pontevedra. Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-300

A PO-300 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a estrada PO-531 en San Tomé de Nogueira (Meis) até a VG-4.3 en Cacabelos (Cambados).

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

San Tomé de Nogueira, Meis

San Tomé de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meis na comarca do Salnés. Segundo o INE en 2016 tiña 655 habitantes (326 homes e 329 mulleres), o mesmo número ca en 2008.

VG-4.8

A VG-4.8 é unha vía galega de altas prestacións que funciona como parte da circunvalación de Pontevedra. Vai desde Campañó (na estrada PO-531) a San Xoán de Poio (na estrada PO-535) . As obras comezaron en outubro de 2002.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.