PO-308

A PO-308 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a Ponte da Barca, na Caeira (Poio), até A Lanzada (Sanxenxo), percorrendo a costa norte da ría de Pontevedra. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

Sanxenxo, vella C550 01-02

Percorrido

Sanxenxo, estrada A Granxa 01-03
A PO-308 ó seu paso polo mirador da Granxa, en Dorrón, Sanxenxo.

Pasa por Combarro, Raxó, Areas, Sanxenxo, Portonovo e Noalla, e durante todo o ano hai bastante tráfico dende Pontevedra ata San Xoán de Poio e a VG-4.8.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

A Granxa, Dorrón, Sanxenxo

A Granxa é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 259 habitantes en 2016 (141 mulleres e 118 homes), o que representa un descenso respecto ó ano 2009, cando eran 297 veciños, para alcanzar a poboación que tiña en 2004, cando eran 254 habitantes.

Está situado sobre a estrada PO-308, xa na linde co veciño concello de Poio. Posúe un miradoiro desde o que se pode contemplar toda a costa sur da Ría de Pontevedra.

Aios, Noalla, Sanxenxo

Aios é un lugar da parroquia de Noalla no concello pontevedrés de Sanxenxo na comarca do Salnés. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 526 habitantes (251 homes e 275 mulleres), 46 máis ca en 2000.

Está atravesado pola estrada PO-308.

Areas, Bordóns, Sanxenxo

Areas é un lugar da parroquia de Bordóns do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 123 habitantes en 2016 (62 mulleres e 61 homes), practicamente a mesma poboación que tiña en 2009, 122 veciños, e un lixeiro aumento respecto ó ano 2004, cando eran 116 habitantes.

Este lugar dista 2,2 quilómetros da capital do concello.

A praia de Areas, aberta á Ría de Pontevedra, posúe uns 720 m de lonxitude. Está composta por area branca e fina. Accédese a ela desde a estrada PO-308, antes de entrar en Sanxenxo.

C-550

A estrada comarcal C-550 foi unha vía de comunicación costeira da fachada atlántica galega. Estendíase ao longo das Rías Baixas, desde Cee até Tui e a fronteira con Portugal, ao longo duns 360 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Comparte coa estrada N-550 os tramos Padrón-Pontecesures e Vilaboa-Redondela. Após a transferencia da titularidade das estradas ás comunidades autónomas, e cos cambios de denominación, a estrada foi dividida en diversas estradas de distinto rango: AC-550 (Cee-Ribeira), AC-305 (Ribeira-Padrón), PO-548 (Pontecesures-Vilagarcía de Arousa), PO-549 (Vilagarcía de Arousa-Cambados), PO-550 (Cambados-A Lanzada), PO-316 (A Lanzada-O Grove), PO-308 (A Lanzada-Pontevedra), PO-546 (Pontevedra-Marín), PO-551 (Marín-Bueu), PO-315 (Bueu-Cangas), PO-551 (Cangas-Domaio), N-554 (Domaio-Vilaboa), N-552 (Redondela-Vigo), PO-552 (Vigo-Tui).

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

O Empalme, Vilalonga, Sanxenxo

O Empalme é un lugar da parroquia de Vilalonga do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE en 2016 tiña 158 habitantes (81 mulleres e 77 homes), 22 máis ca en 2009 e 25 máis ca en 2004.

Debe o nome a estar situado no cruzamento das estradas PO-308 (de Cambados á Lanzada) e PO-504 (de Sanxenxo a Vilalonga).

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-550

A PO-550 é a estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia que vai de Cambados á Lanzada, no norte do concello de Sanxenxo. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. Forma parte da rede primaria básica, sendo unha peza fundamental da mobilidade da zona.

Praia de Baltar

A praia de Baltar ou praia de Portonovo é un areal situado en Portonovo (Sanxenxo). En 2016, como en anos anteriores, foi recoñecida co distintivo europeo da Bandeira Azul. Xunto ás de Canelas e Caneliñas, conforman as praias de Portonovo.

O nome de Baltar vénlle do nome da aldea situada ó outro lado da estrada PO-308, que percorre a praia lonxitudinalmente.

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

VG-4.1

A VG-4.1 ou Corredor do Salnés é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Orixinariamente formaba parte dun corredor máis longo, coñecido como Vía Rápida do Salnés, que foi desdobrada e convertida na autoestrada AG-41. Une a propia AG-41 na altura do concello de Sanxenxo coa praia da Lanzada, onde conecta coa PO-308 de acceso ao Grove.

En 2008 a entón conselleira de Política Territorial, OO. PP. e Transporte, María Xosé Caride, deixaba a porta aberta á posibilidade de prolongar o desdobramento até o concello do Grove.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.