PO-300

A PO-300 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a estrada PO-531 en San Tomé de Nogueira (Meis) até a VG-4.3 en Cacabelos (Cambados).

PO-300
Tipoloxíaestrada convencional C-50
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude8,57 km
Localización
InicioSan Tomé de Nogueira, Meis  PO-531 
FinCacabelos, Cambados  VG-4.2   VG-4.3   PO-550 

Percorrido

A estrada é un tramo do camiño entre Pontevedra e Cambados. Sae desde San Tomé de Nogueira, no concello de Meis, onde enlaza coa estrada PO-531 (Pontevedra-Vilagarcía de Arousa). Pasa polo Mosteiro, Rochela e Zacande nun tramo urbano. Despois de entrar no concello de Ribadumia cruza Portarís (Lois), Abelenda e A Costa (Leiro) até chegar a Ponte Arnelas.

Cruza o río Umia pola ponte de Santa Marta (antigamente pola ponte dos Padriños) e entra no concello de Vilanova de Arousa. Despois chega ao concello de Cambados por Oubiña, cruza o polígono industrial do Salnés e tras pasar Sameiro e Cacabelos chega a unha rotonda na que remata. Alí conecta coa VG-4.2 e a VG-4.3, e está prolongada pola estrada PO-550, que segue até A Lanzada.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

A Costa, Leiro, Ribadumia

A Costa é un lugar da parroquia de Leiro no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 67 habitantes (32 mulleres e 35 homes), tres máis ca en 2010 e dous máis ca en 2005.

A aldea está atravesada pola estrada PO-300.

Abelenda, Leiro, Ribadumia

Abelenda é un lugar da parroquia de Leiro no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia. Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016, polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

A aldea está atravesada pola estrada PO-300.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

Meis

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.

O Mosteiro, Meis

O Mosteiro é a capital do concello de Meis. Atópase na parroquia de San Vicente de Nogueira, pero a poboación continúa na parroquia de San Tomé de Nogueira, estendéndose pola estrada PO-300. Ademais, outros lugares están adheridos ao Mosteiro debido á súa expansión urbana.

Segundo datos do INE, a parte correspondente a San Vicente tiña 190 habitantes en 2016 (87 homes e 103 mulleres), o que representa un ascenso respecto a anos anteriores (172 en 2013, 176 en 2014 ou 177 en 2015); pola súa banda, a parte correspondente a San Tomé tiña 265 habitantes en 2016 (132 homes e 133 mulleres), nun lento e suave descenso respecto a anos anteriores (191 en 2013, 285 en 2014 ou 268 en 2015).

Oubiña, Cambados

San Vicenzo de Oubiña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cambados. Segundo o padrón municipal en 2016 tiña 452 habitantes (229 mulleres e 223 homes), cinco menos ca en 2010 e 30 menos ca en 2005. Ten 12 entidade de poboación.

A parroquia, situada na beira norte do río Umia, está atravesada pola estrada PO-300.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-531

A PO-531 é unha estrada autonómica que une Pontevedra con Baión (Vilanova de Arousa). Ten un percorrido de 19 km, e é un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.

PO-550

A PO-550 é a estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia que vai de Cambados á Lanzada, no norte do concello de Sanxenxo. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. Forma parte da rede primaria básica, sendo unha peza fundamental da mobilidade da zona.

Portarís, Lois, Ribadumia

Portarís é un lugar da parroquia de Lois no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia. Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016, polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

O lugar está atravesado pola estrada PO-300 (Fontenla-Ponte Arnelas). Aquí teñen a súa sede a empresa de viveiros O Barreiro e a agrícola Kiwi Atlántico.

Na aldea desenvólvese parte da trama do libro seique de Susana Sánchez Aríns (2015).

Rochela, Nogueira, Meis

Rochela é un lugar da parroquia de Nogueira no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 98 habitantes (56 mulleres e 42 homes), nove menos ca en 2010 e a mesma cantidade ca en 2005.

A aldea está atravesada pola estrada PO-300.

Sameiro, Vilariño, Cambados

Sameiro é un lugar da parroquia de Vilariño no concello pontevedrés de Cambados na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 278 habitantes (137 mulleres e 141 homes), un máis ca en 2010 e catro máis ca en 2005.

A aldea está atravesada pola estrada PO-300.

San Tomé de Nogueira, Meis

San Tomé de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meis na comarca do Salnés. Segundo o INE en 2016 tiña 655 habitantes (326 homes e 329 mulleres), o mesmo número ca en 2008.

VG-4.2

A VG-4.2 (anteriormente denominada G-104.1) ou Vía Rápida de Cambados é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Constitúe un ramal de acceso á vila de Cambados desde a AG-41, construída inicialmente tamén como vía rápida. Grazas a conexión coa VG-4.3 serve tamén como circunvalación da propia vila de Cambados.

VG-4.3

A VG-4.3 ou Vía de Alta Capacidade Cambados-Vilagarcía é unha vía para automóbiles dependente da Xunta de Galicia. Une as localidades de Cambados e Vilagarcía e canda a VG-4.2 constitúe unha circunvalación da primeira. Entrou en servizo en setembro de 2003.

Zacande, Nogueira, Meis

Zacande é un lugar da parroquia de parroquia de San Vicenzo de Nogueira, no oeste do concello pontevedrés de Meis. Segundo o IGE en 2016 tiña 106 habitantes (55 mulleres e 51 homes), seis menos ca en 2010 e catorce menos ca en 2005.

A aldea está atravesada pola estrada PO-300.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.