Póvoa de Lanhoso

Póvoa de Lanhoso (pronuncia portuguesa [ˈpɔvuɐ ðɨ lɐˈɲozu] (AFI)) é unha vila portuguesa situada no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave, con 21.886 habitantes.

Coordenadas: 41°34′41″N 8°16′38″O / 41.57806, -8.27722

Póvoa de Lanhoso
Pt-pvl1
PVL
Castelo de Lanhoso
Localización
LocalPovoaDeLanhoso
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
DistritoBraga
Demografía
Poboación21886 [1]
XentilicioLanhosense ou Povoense[2]
Outros datos
Código postal4830
AlcaldeManuel Baptista
cm-povoadelanhoso.pt

Historia

O poboamento destas terras está vinculado á fortificación ancestral do Castelo de Lanhoso. O rei D. Dinis outorgou carta foral á vila en 1292, foro que sería renovado por Manuel I o 4 de xaneiro de 1514.

Demografía

É sede dun municipio con 131,99 km² de área e 21.886 habitantes (2011), subdividido en 29 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Amares, ao leste con Vieira do Minho, ao sur con Fafe e con Guimarães e ao oeste con Braga.

Poboación do concello de Póvoa de Lanhoso (1801 – 2011)
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2011
8084 9585 16939 19178 22033 21092 21516 22772 21886

Freguesias

  • Águas Santas
  • Ajude
  • Brunhais
  • Calvos
  • Campos
  • Covelas
  • Esperança
  • Ferreiros
  • Fontarcada
  • Frades
  • Friande
  • Galegos
  • Garfe
  • Geraz do Minho
  • Lanhoso
  • Louredo
  • Monsul
  • Moure
  • Oliveira
  • Póvoa de Lanhoso
  • Rendufinho
  • Santo Emilião
  • São João de Rei
  • Serzedelo
  • Sobradelo da Goma
  • Taíde
  • Travassos
  • Verim
  • Vilela

Patrimonio

No patrimonio histórico-artístico de Póvoa de Lanhoso destacan, ademais co castelo, a ponte románica de Mem Guterres, sobre o río Ave e a igrexa de Fontarcada, tamén románica, pertencente na cía orixe a un mosteiro beneditino extinguido no século XV e do que non quedan restos.

Notas

  1. Instituto Nacional de Estatística
  2. Portal da Língua Portuguesa - IETEC

Véxase tamén

Ligazóns externas

Amares

Amares é un concello de Portugal situada no Distrito de Braga, na Rexión Norte e subrexión Cávado.

O concello conta cunha superficie total de 82 km² e 18 889 habitantes (2011), dos cales 1.500 residen na capital municipal. O concello está dividido en 24 freguesías. Limita ao norte e ao nordeste co municipio de Terras de Bouro, ao sueste con Vieira do Minho e Póvoa de Lanhoso, ao sur con Braga, e ao noroeste con Vila Verde.

O punto máis elevado do concello é o alto de Santa Isabel, con 901 metros de altitude, na freguesía de Santa Marta do Bouro.

Braga

Braga (do latín bracara, topónimo procedente dos brácaros, que habitaban no convento de bracarense, e que fai alusión as brācae , bragas ou calzas que vestían. Despois foi chamada 'Bracara Augusta'.) é a cidade máis antiga de Portugal e unha das cidades cristiás máis antigas do mundo occidental, fundada no tempo dos romanos como Bracara Augusta, ten máis de 2000 anos de historia como cidade. Está situada no Val do Cávado, no Norte de Portugal, e en 2011 tiña 181.474 habitantes. É a capital da provincia de Minho.

É unha cidade chea de cultura e tradicións, onde a Historia e a relixión conviven coa industria tecnolóxica e co ensino universitario. O Fórum Europeo da Xuventude elixiuna Capital Europea da Xuventude en 2012.

Calvos

O topónimo Calvos pode referirse a:

En Galicia

Calvos de Randín, concello da provincia de Ourense;

Calvos, parroquia de dito concello;

Calvos, lugar de dita parroquia;

Calvos, parroquia do concello de Bande;

Calvos, parroquia do concello de Fornelos de Montes;

Calvos de Socamiño, parroquia do concello de Touro.

Cellán de Calvos, parroquia do concello de Castroverde;

O Mesón de Calvos, parroquia do concello de Taboadela;

San Martiño de Calvos de Sobrecamiño, parroquia do concello de Arzúa;

Calvos, lugar de dita parroquia;

Calvos, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo;

Calvos, lugar da parroquia de Cuntis, no concello de Cuntis;

Calvos, lugar da parroquia de Vilasouto, no concello do Incio;

Calvos, lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello de Monforte de Lemos;

Calvos, lugar da parroquia de Sacardebois, no concello de Parada de Sil;

Calvos, lugar da parroquia de Penosiños do concello de Ramirás;

Calvos, lugar da parroquia de Santa Cruz da Rabeda, no concello de San Cibrao das Viñas;

Calvos, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober;

Os Calvos, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo;

Os Calvos, lugar da parroquia de Doso, no concello de Narón;

Os Calvos, lugar da parroquia de Visantoña, no concello de Santiso;

Vilar de Calvos, lugar da parroquia de Carballido, no concello da Fonsagrada;

Viso de Calvos, lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona;

Viso de Calvos, lugar da parroquia de Borreiros, no concello de Gondomar.En Portugal

Calvos, freguesía do concello de Guimarães;

Calvos, freguesía do concello de Póvoa de Lanhoso.

Campos

O topónimo Campos pode referirse a:

En GaliciaCampos, parroquia do concello de Melide;

Lamas de Campos, parroquia do concello da Fonsagrada;

San Romao de Campos, parroquia do concello de Carballedo;

Campos, lugar da parroquia de San Romao de Campos, no concello de Carballedo;

Campos, lugar da parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle;

Campos, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Curtis;

Campos, lugar da parroquia de Codeseda, no concello da Estrada;

Campos, lugar da parroquia de Guimarei, no concello da Estrada;

Campos, lugar da parroquia de Lamas de Campos, no concello da Fonsagrada;

Campos, lugar da parroquia do Grove, no concello do Grove;

Campos, lugar da parroquia de Olás de Vilariño, no concello da Merca;

Campos, lugar da parroquia de Touriñán, no concello de Muxía;

Campos, lugar da parroquia de Negreira, no concello de Negreira;

Campos, lugar da parroquia de Rubiós, no concello das Neves;

Campos, lugar da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil;

Campos, lugar da parroquia de San Cristovo de Lóuzara, no concello de Samos;

Campos, lugar da parroquia das Enchousas, no concello das Somozas;

Campos, lugar da parroquia de Mato, no concello de Taboada;

Campos, lugar da parroquia de Teo, no concello de Teo;

Campos, lugar da parroquia de Matamá, no concello de Vigo;

Campos, lugar da parroquia de Muíño, no concello de Zas;

Os Campos, lugar da parroquia de Brandeso, no concello de Arzúa;

Os Campos, lugar da parroquia de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros;

Os Campos, lugar da parroquia de Arceo, no concello de Boimorto;

Os Campos, lugar da parroquia de Caaveiro, no concello da Capela;

Os Campos, lugar da parroquia de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei;

Os Campos, lugar da parroquia dos Casás, no concello de Cerdido;

Os Campos, lugar da parroquia de Meavía, no concello de Forcarei;

Os Campos, lugar da parroquia de Bra, no concello de Friol;

Os Campos, lugar da parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove;

Os Campos, lugar da parroquia de Lama, no concello de Láncara;

Os Campos, lugar da parroquia de Pías, no concello de Lugo;

Os Campos, lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello de Moeche;

Os Campos, lugar da parroquia de Queixeiro, no concello de Monfero;

Os Campos, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos;

Os Campos, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Monforte de Lemos;

Os Campos, lugar da parroquia de Fente, no concello de Monterroso;

Os Campos, lugar da parroquia do Viveiró, no concello de Muras;

Os Campos, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira;

Os Campos, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense;

Os Campos, lugar da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, no concello de Ourol;

Os Campos, lugar da parroquia do Sisto, no concello de Ourol;

Os Campos, lugar da parroquia de Dordaño, no concello de Oza-Cesuras;

Os Campos, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda;

Os Campos, lugar da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra;

Os Campos, lugar da parroquia de Trazo, no concello de Trazo;

Os Campos, lugar da parroquia de Paramos, no concello de Tui;

Os Campos, lugar da parroquia de Soexo, no concello de Vilalba;

Campos de Abaixo, lugar da parroquia de Carreira, no concello de Ribeira;

Campos de Alga, lugar da parroquia de Cerceda, no concello de Cerceda;

Campos de Arriba, lugar da parroquia de Carreira, no concello de Ribeira;

Campos de Bolón, lugar da parroquia de Sofán, no concello de Carballo;

Campos de Pazos, lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo;

Campos de Vila, lugar da parroquia do Hospital, no concello de Quiroga;

Campos do Foxo, lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello de Moeche;

Campos Verdes, lugar da parroquia da Capela, no concello da Capela;

A Cruz dos Campos, lugar da parroquia de Pígara, no concello de Guitiriz;

A Lama dos Campos, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober;

Lamas de Campos, lugar da parroquia de Lamas de Campos, no concello da Fonsagrada;

Río de Campos, lugar da parroquia de Bogo, no concello da Pontenova.

Sobre dos Campos, lugar da parroquia de Abellá, no concello de Frades.En EspañaTerra de Campos, bisbarra natural en Castela e León;

Campos, concello da illa de Mallorca;En PortugalCampos, parroquia no concello de Póvoa de Lanhoso;

Campos, parroquia no concello de Vieira do Minho;

Campos, parroquia no concello de Vila Nova de Cerveira.No BrasilCampos dos Goytacazes, concello do Estado do Río de Xaneiro;

Campos Gerais, concello do Estado de Minas Gerais;

Campos Gerais do Paraná, rexión fito-xeográfica do Estado do Paraná.

Castelo de Lanhoso

O Castelo de Lanhoso, tamén coñecido como Castelo de Póvoa de Lanhoso é unha fortificación situada no concello de Póvoa de Lanhoso, no distrito de Braga (Portugal). Aínda que na actualidade perdeu boa parte da súa arquitectura orixinal, é un dos castelos máis coñecidos de Portugal. En 1910 foi nomeado Monumento Nacional.

Érguese no alto do Monte do Pilar, o meirande monte granítico de Portugal, protexido polos vales dos ríos Ave e Cávado. Foi construído no século XI, aínda no Reino de Galiza, sobre un antigo poboado castrexo romanizado, o castro de Lanhoso. No século XVII ergueuse un santuario no seu interior, utilizando a propia pedra das antigas murallas.

Covelas

O topónimo Covelas pode referirse a:

En Galicia

Covelas, parroquia do concello de Castroverde;

Covelaslugar de dita parroquia;

Covelas, parroquia do concello de Ribadeo;

Covelas, parroquia do concello dos Blancos;

Covelas, lugar de dita parroquia;

Vilar de Covelas, lugar de dita parroquia;

Covelas, lugar da parroquia de Macendo, no concello de Castrelo de Miño;

Covelas, lugar da parroquia de Foilebar, no concello do Incio;

Covelas, lugar da parroquia da Carballeira, no concello de Nogueira de Ramuín;

Covelas, lugar da parroquia de Paizás, no concello de Ramirás;

Covelas, lugar da parroquia de Castrelo de Cima, no concello de Riós;

Covelas, lugar da parroquia de San Pedro de Sarandón, no concello de Vedra;

As Covelas, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras;En Portugal

São Tomé de Covelas, freguesía do concello de Baião;

Covelas, freguesía do concello de Póvoa de Lanhoso;

Covelas, freguesía do concello de Trofa;

Covelas, aldea da freguesía de Sambade no concello de Alfândega da Fé;

Covelas, aldea do concello de Cinfães do Douro.

Distrito de Braga

O distrito de Braga é un distrito portugués, pertencente á provincia tradicional do Miño. Limita ao norte co distrito de Viana do Castelo e con Galiza, ao leste co distrito de Vila Real, ao sur co distrito do Porto e ao oeste co océano Atlántico. Ten unha área de 2.673 km² (15º maior distrito portugués). Poboación residente (2001): 831.368. Capital do distrito: Braga.

Entre Douro e Miño

Entre Douro e Miño foi unha provincia do Norte Atlántico de Portugal, composta polos actuais distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto e parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Vila Real, no tempo da monarquía portuguesa. A capital, segundo Zwölfter Theil (1824), era Braga. Esta provincia nunca foi oficialmente administrada, foi simplemente unha nomenclatura usada por algúns demógrafos, para referirse ao Noroeste de Portugal (Miño e Douro Litoral). As principais cidades son Porto e Braga, ambas consideradas (alternativamente) como capitais.

Estaba formado polos concellos de:

Distrito de Aveiro: Arouca, Castelo de Paiva, Espinho, Santa Maria da Feira.

Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.

Distrito do Porto: Amarante, Baião, Felgueiras, Gondomar, Lousada, Maia, Marco de Canaveses, Matosinhos, Paços de Ferreira, Paredes, Penafiel, Porto, Póvoa de Varzim, Santo Tirso, Valongo, Vila do Conde, Vila Nova de Gaia.

Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte do Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.

Distrito de Vila Real: parte do actual concello de Montalegre, outrora pertencente ao extinto concelho de Ruivães.

Distrito de Viseu: Cinfães, Resende.Municipios recentemente formados: Vizela (no distrito de Braga) e Trofa (no distrito do Porto).

Foi Rexedor de xustiza Real nesta Comarca Vasco Martins de Resende, que era do consello do rei Afonso IV de Portugal. Foi tamén señor da terra de Resende.

Fontarcada

O topónimo galego e portugués Fontarcada pode referirse a:

En GaliciaFontarcada, lugar da parroquia de Sabrexo, no concello de Vila de Cruces.En Portugal

Fontarcada, freguesía do concello de Póvoa de Lanhoso, no Distrito de Braga.

Frades (homónimos)

O topónimo Frades pode referirse a:

En Galicia

Frades, concello da provincia da Coruña;

Frades, parroquia de dito concello;

Frades, parroquia do concello da Estrada;

Frades, lugar de dita parroquia;

Frades, parroquia do concello de Mondariz;

Frades, parroquia do concello de Sarria;

Frades, lugar de dita parroquia;

Frades, lugar da parroquia de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño;

Frades, lugar da parroquia da Enfesta, no concello de Santiago de Compostela;

Arcos de Frades, parroquia do concello de Pol;

Arcos de Frades, lugar de dita parroquia;

Castelo de Frades, lugar da parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes.En Portugal

Oliveira de Frades, concello do distrito de Viseu;

Oliveira de Frades, freguesía de dito concello;

Ribeira de Frades, freguesía do concello de Coímbra;

São Paulo de Frades, freguesía do concello de Coímbra;

Frades, freguesía do concello de Póvoa de Lanhoso;

Vila de Frades, freguesía do concello de Vidigueira;

Vale de Frades, freguesía do concello de Vimioso.Na rexión de León

Frades de la Sierra, concello da provincia de Salamanca.

Galegos

Galegos fai referencia aos habitantes de Galicia. Como topónimo indica un lugar repoboado con xente chegada desde este territorio. Pode referirse a:

En GaliciaGalegos, parroquia do concello de Frades;

Galegos, parroquia do concello de Lalín;

Galegos, lugar de dita parroquia;

Galegos, parroquia do concello de Láncara;

Galegos, lugar de dita parroquia;

Vigo de Galegos, lugar de dita parroquia;

Galegos, parroquia do concello de Navia de Suarna;

Galegos, parroquia do concello de Riotorto;

Galegos, lugar de dita parroquia;

A Veiga de Galegos, lugar de dita parroquia;

Galegos, lugar da parroquia de Eidián, no concello de Agolada;

Galegos, lugar da parroquia de San Mamede de Lousada, no concello de Carballedo;

Galegos, lugar da parroquia de Saa, no concello de Lugo;

Galegos, lugar da parroquia de San Vicente de Castillón, no concello de Pantón;

Galegos, lugar da parroquia de Pol, no concello de Pol;

Galegos, lugar da parroquia de Atios, no concello do Porriño;

Galegos, lugar da parroquia de Diomondi, no concello do Saviñao;

Galegos, lugar da parroquia de San Pedro de Vilanova, no concello de Vedra;

Galegos, lugar da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, no concello de Vedra;

Os Galegos, lugar da parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro;

A Veiga de Galegos, lugar da parroquia de Seixosmil, no concello de Meira;

Galegos, barrio da cidade de Lugo.En Portugal

Galegos, freguesía do concello de Penafiel;

Galegos, freguesía do concello de Póvoa de Lanhoso;

Santa Maria de Galegos, freguesía do concello de Barcelos;

São Martinho de Galegos, freguesía do concello de Barcelos;

São Bartolomeu dos Galegos, freguesía do concello de Lourinhã.

Louredo

Louredo (do latín LAURETUM, de LAURUM máis o sufixo abundancial -ETUM) é un fitónimo que fai referencia a un lugar onde hai loureiros. Pode referirse a:

En GaliciaLouredo, parroquia do concello de Cortegada;

Louredo, lugar de dita parroquia;

Louredo, parroquia do concello de Maside;

Louredo, lugar de dita parroquia;

Martín de Louredo, lugar de dita parroquia;

Louredo, parroquia do concello de Mos;

Louredo, parroquia do concello do Saviñao;

Louredo, lugar de dita parroquia;

Louredo, lugar da parroquia de Mourentán do concello de Arbo;

Louredo, lugar da parroquia de San Mamede de Carnota do concello de Carnota;

Louredo, lugar da parroquia do Pao do concello de Gomesende;

Louredo, lugar da parroquia de Graíces do concello da Peroxa;En PortugalLouredo, freguesía do concello de Amarante;

Louredo, freguesía do concello de Paredes;

Louredo, freguesía do concello de Póvoa de Lanhoso;

Louredo, freguesía do concello de Santa Maria da Feira;

Louredo, freguesía do concello de Santa Marta de Penaguião;

Louredo, freguesía do concello de Vieira do Minho;

Louredo, aldea en Vila Nova de Poiares.

Moure

O topónimo Moure pode referirse a:

En GaliciaMoure, lugar da parroquia de Gueral, no concello de Coles;

Moure Grande, lugar da parroquia de Campo, no concello de Taboada;

Moure Pequeno, lugar da parroquia de Campo, no concello de Taboada;

Cas de Moure, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo.En PortugalMoure, freguesía do concello de Barcelos;

Moure, freguesía do concello de Felgueiras;

Moure, freguesía do concello de Póvoa de Lanhoso;

Moure, freguesía do concello de Vila Verde.Amais, como apelido pode referirse a:

Francisco de Moure, escultor manierista e barroco galego (1576-1636);

Luis Moure Mariño, escritor galego (1915-1999);

Pablo Moure Mariño, político galego (1920-2009);

Gloria Moure, crítica de arte galega (n. 1946);

Antonio Dieter Moure, mestre e empresario galego (n. 1951);

Gonzalo Moure, escritor español (n. 1952);

Erín Moure, poeta canadense de orixe galega (n. 1955);

Teresa Moure, escritora galega (n. 1969).

Oliveira (homónimos)

O termo Oliveira pode referirse a:

A oliveira, árbore do xénero Olea.

Provincia de Miño

O Miño é unha antiga provincia (ou rexión natural) portuguesa, formalmente instituída por unha reforma administrativa que tivo lugar en 1936. As provincias nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.

Limitaba ao norte e a nordeste con Galiza, ao leste coa provincia de Trás-os-Montes e Alto Douro, ao sur co Douro Litoral e ao oeste co océano Atlántico.

Estaba formada por 23 concellos, integrando a totalidade dos distritos de Braga e Viana do Castelo. Tiña a súa capital na cidade de Braga.

Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.

Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.Se a provincia existise nos nosos días contaría probabelmente con 24 municipios, xa que se creou un novo concello, na área do distrito de Braga: Vizela (en 1997, por secesión de Guimarães).

Para algúns xeógrafos, esta provincia, en conxunto co Douro Litoral, formaba unha unidade xeográfica maior: o Entre Douro e Minho.

Por outro lado, podía dividirse en dúas rexións: o Alto Miño, correspondente ao distrito de Viana do Castelo, e o Baixo Miño, correspondente ao distrito de Braga.

Actualmente, o seu territorio encontra-se na rexión estatística do Norte, repartindose pola totalidade das subrexións do Miño-Lima e do Cávado, e parcialmente polas subrexión do Ave (concellos de Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão e Vizela) e Támega (dous concelhos das Terras de Basto, a saber Cabeceiras e Celorico de Basto).

Tareixa, condesa de Portugal

Tareixa de León, nada cara a 1080 e finada o 11 de novembro de 1130, foi a primeira condesa de Portugal.

Vieira do Minho

Vieira do Minho é un concello e vila portuguesa no Distrito de Braga, Rexión do Norte e na subrexión do Ave.

É a sede dun concello de 218,05 km² de área e 12 997 habitantes (censo de 2011), subdividido en 16 freguesías. O concello está limitado polo norte co concello de Terras de Bouro, ao norte e leste por Montalegre, ao sueste por Cabeceiras de Basto, ao sur por Fafe, ao suroeste con Póvoa de Lanhoso e ao nordés por Amares.

O punto máis elevado do concello atópase no Alto do Talefe, cunha altitude de 1262 metros.

O concello sitúase a aproximadamente a 30 km da fronteira con Galiza.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.