Pío Rodríguez Terrazo

Pío Rodríguez-Terrazo Blanco, nado en 1800 en Berán (Leiro)[1] e finado en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1872[2], foi un xurista e político galego.

Pío Rodríguez Terrazo
Pío Rodríguez Terrazo
Nacemento1800
 Berán
Falecemento26 de xaneiro de 1872
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista e político

Traxectoria

Fillo de Pedro Rodríguez-Terrazo e Ángela Blanco, estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela desde 1820. Tivo problemas en 1825 para matricularse polos seus antecedentes liberais, rematando a carreira en 1830.

Afincouse en Santiago de Compostela como avogado e despois como fiscal. Foi o primeiro alcalde de Santiago de Compostela (1834) e líder do progresismo en Compostela (1840-1847) formou parte de todas as xuntas revolucionarias dos pronunciamentos. Fundou o periódico La Situación de Galicia (1842-1843). Foi presidente da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia durante o levantamento de 1846 e formou comisións encargadas de abordar plans para a administración de Galicia. Despois da derrota dos sublevados exiliouse a Portugal e regresou en 1847 para dedicarse aos negocios familiares e a avogacía. Os seus derradeiros anos foi Promotor Fiscal do Xulgado de 1ª instancia de Santiago.

Vida persoal

Estivo casado dúas veces: a primeira, con Joaquina Rodríguez Feijóo, que era paisana súa, nada na mesma localidade leirensá; a segunda, desde 1869, con Ignacia Jauriguiberri Martiarena, quen empregou ocasionalmente o apelido Palacios (jauregiak en [lingua éuscara], tomando o primeiro lexema do primeiro apelido), como tamén facía o seu pai en lugar do seu apelido vasco.

Notas

  1. Padrón veciñal de Santiago. Ano de 1865. Parroquia de Santa Susana (Arquivo Histórico Universitario de Santiago-sg.AM 1029, p.61r). Nesta fonte se di que conta 65 anos, é natural de Berán e está viúvo. Tamén se indica que é Promotor Fiscal.
  2. El Diario de Santiago, 26-1-1875. Tódalas necrolóxicas de anos sucesivos informan que o ano da súa morte foi o de 1872, mais, na necrolóxica publicada en La Gacetilla de Santiago en 25 de xaneiro de 1873, se di que foi en 1871.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Alcaldes de Santiago de Compostela

Esta é unha lista incompleta dos alcaldes de Santiago de Compostela, tomando como punto de arranque a reforma territorial implementada por Javier de Burgos no Real Decreto do 30 de novembro de 1833.

Andrés Tomás Bouza de Figueroa

Andrés Tomás Bouza de Figueroa, nado na parroquia cotobadense de San Xurxo de Sacos en 1819 e finado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1885, foi un xurisconsulto e político galego.

Hipólito Otero

Hipólito Otero Maquieira, nado en Riobó (A Estrada) o 10 de febreiro de 1811 e finado en Ribadulla en agosto de 1885, foi un médico e político galego.

La Situación de Galicia

La Situación de Galicia foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1842 e 1843.

Manuel Rúa Figueroa

Manuel Rúa Figueroa, finado en Santiago de Compostela o 26 de xullo de 1892, foi un xornalista e político galego.

Miguel Solís

Miguel Solís Cuetos, nado en San Fernando (provincia de Cádiz) o 27 de marzo de 1816 e falecido en Carral o 26 de abril de 1846 foi un militar español.

Pablo Zamora Marcos

Pablo Zamora Marcos, nado en Valderas (provincia de León) o 29 de xuño de 1814 e finado en Santiago de Compostela o 12 de abril de 1889, foi un avogado, profesor universitario e político galego.

Provincialismo galego

O provincialismo foi un movemento político galeguista que naceu ao redor de 1840 e tivo en 1846 un levantamento a causa dunha insurrección militar. Tiña como obxectivo a recuperación de Galicia como única provincia que mantivese a unidade administrativa, social, cultural e económica. Esta unidade rachárase coa división provincial de 1833, que rematara co reino de Galicia.

Revolución de 1846

Revolución de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe o alzamento do coronel Miguel Solís o 2 de abril de 1846 en Lugo (ó que se uniron posteriormente A Coruña o día 5, Pontevedra o 9, e o día 10 Tui e Vigo) contra o goberno de Ramón María de Narváez. A conspiración foi dirixida desde A Coruña, impulsada por Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina e viúva do ministro Francisco Espoz y Mina; en Vigo foron Benigno Cid, Ramón Buch e Juan Nogueira, en contacto co exiliado Mártir Molíns; e en Ourense, algúns militares. Gerónimo Piñeiro de las Casas facía de correo entre eles, e fixaron a data do alzamento para o mes de abril.

Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia

A Junta Superior Provisional de Gobierno de Galicia ou Xunta Superior do Reino de Galiza foi un órgano extraordinario de goberno proclamado o 15 de abril de 1846 que pretendía iniciar unha sublevación xeral contra o goberno de Ramón Narváez y Campos. Encabezados polo comandante Miguel Solís e provincialistas como Antolín Faraldo, os acontecementos desembocaron no fusilamento dos sublevados coñecidos como Mártires de Carral.

O seu presidente foi Pío Rodríguez Terrazo. Antolín Faraldo foi o secretario e o director do voceiro: La Revolución. Periódico oficial de la Junta Superior de Galicia.O programa da Xunta era exclusivamente progresista-español, non mencionaba ningunha medida descentralizadora e non cuestionaba a división provincial de 1833.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Xunta de Galicia (homónimos)

Xunta de Galicia é o nome de varias estruturas nas que se organizou o poder político en Galicia ao longo da súa historia:

Xunta do Reino de Galicia, institución creada en 1528, que foi a representación do Reino de Galicia cando este formaba parte da Coroa de Castela, e que perdurou, con algunhas interrupcións, até a reforma liberal do Estado, en 1833. Era un organismo colectivo formado polos deputados das 7 cidades ou provincias (Santiago, Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui) que se reunían para trataren asuntos relacionados co conxunto do Reino. A súa orixe non está clara, e hoxe en día acéptase que hai unha relación directa entre a Xunta e as reunións da Santa Irmandade, das que partiría o costume de manter reunións periódicas entre os representantes das principais cidades para resolver as cuestións relativas ao repartimento de tributos e ás levas militares.

Xunta Suprema do Reino de Galicia ou Xunta Suprema de Galicia, goberno realmente soberano de Galicia durante o ano 1808, ao comezo da Guerra da Independencia, cando Galicia era o único territorio do Reino de España libre (aínda) da presenza do exército francés, e que foi creada para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais até a creación da Xunta Central Española.

Xunta Superior de Galicia, creada en decembro de 1809 en canto saíron de Galicia os franceses e se lle encargou, pola Xunta Central ao Capitán Xeneral de Galicia que recuperara o poder que tradicionalmente exercera. Nalgunhas atribucións foi a sucesora da Xunta Suprema (que desapareceu en decembro de 1808), pero sen nigún poder político, sendo máis ben unha delegación da Xunta Central no país.

Xunta Superior de Galicia, xunta que, en 1836, constituíron os carlistas galegos na Coruña, ao comezo da primeira guerra carlista.

Xunta Central de Galicia, constituída en 1843 (pouco despois da supresión da Xunta do Reino de Galicia) e presidida por Xosé Maria Suances, oposta á rexencia de Baldomero Espartero.

Xunta Superior de Galicia, organizada no curso da Revolución de 1846 impulsada por Miguel Solís e fundada en Santiago baixo a presidencia de Pío Rodríguez Terrazo e da que era secretario Antolín Faraldo; remataría co fusilamento dos Mártires de Carral (Solís incluído).

Xunta de Galicia, órgano do poder executivo de Galicia desde 1978, ao abeiro da Constitución española de 1978 e do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, actualmente vixentes.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.