Píntega común

A píntega común[1] ou salamántiga[2] (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados.

Ao longo do territorio galego recibe tamén os nomes vulgares de salamanca[3], pinchorra[4], sacabeira[5], sapagueira[6], sacarrancha[7] ou saramaganta[8].

Píntega común
Salamandra salamandra MHNT 1

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Caudata
Familia: Salamandridae
Xénero: Salamandra
Especie: S. salamandra
Nome binomial
Salamandra salamandra
(Linnaeus, 1758)
Distribución en Europa

Distribución en Europa
Sinonimia
  • Lacerta salamandra Linnaeus, 1758

Localización e características

Normalmente sae do seu acocho cando o tempo é frío e húmido. Adoita ser vista nos camiños, ás veces agóchase baixo as pedras. A súa lonxitude é de 20 cm como máximo.

É doado recoñecelas pola cor da pel, negra con pintas amarelas. Para evitar seren atacadas por outros animais, a súa pel contén pequenas cantidades de substancias tóxicas (pezoña).

A píntega ou salamántiga común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píntega.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salamántiga.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salamanca.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pinchorra.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacabeira.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sapagueira.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacarrancha.
  8. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Encoro de Cachamuíña

O encoro de Cachamuíña está situado en O Pereiro de Aguiar na provincia de Ourense. Foi finalizado en 1954 e pertence ao río Lonia. Os seus arredores están adaptados como lugar de entretemento e ocio. Está rodeado por camiños de area polos cales se pode pasear, correr ou andar en bicicleta. É habitual observar a xente pescando xa que está permitido. En cambio si que está prohibido o baño e os cans deben ir atados; o incumprimento destas normas podería causar unha multa. Actualmente utilízase a súa auga para o abastecemento. Presenta un volume de encoro de 2 hm3 e unha superficie de 27 ha, aínda que o seu caudal varía segundo a época do ano na que nos atopemos. Nalgún verán houbo épocas de seca, debido ás baixas precipitacións. Cando sucede isto pechan as comportas e axúdanse da auga do río Miño para que esta poida chegar a todas as casas.

Fragas do Eume

As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coinciden cos límites do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

Galería de imaxes da fauna de Galicia

Galería de imaxes da fauna de Galicia.

Lista de anfibios de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética dos anfibios atopados en Galicia (a alfabetización faise polos nomes dos xéneros). Está baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española , a información obtida na Lista Vermella da IUCN e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada, Pedro Galán e Gustavo Fernández.

Esta clase contén arredor de 6.433 especies vivas das cales unhas 17 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.

A taxonomía da fauna herpetolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de anfibios, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Parque Nacional de Monfragüe

O Parque Nacional de Monfragüe é un dos parques nacionais de España. Atópase na provincia de Cáceres, e é o primeiro parque nacional de Estremadura. Cruzan o parque dous ríos o Texo e o Tiétar. Inicialmente foi declarado Parque Natural o 4 de abril de 1979.

Pico Almanzor

O pico Almanzor, tamén coñecido como Plaza del Moro Almanzor, é unha montaña do centro da península ibérica, o cumio máis alto da serra de Gredos e de todo o Sistema Central, con 2592 msnm de altitude e unha prominencia de 1690 m. Está considerada un «pico ultraprominente», categoría que inclúe ás montañas cunha prominencia maior de 1500 m.

Localízase na provincia castelán-leonesa de Ávila, España. O seu cumio forma parte da divisoria entre os municipios de Zapardiel de la Ribera e Candeleda.

O Almanzor é un pico moi pouco erosionado, de formación granítica, levantado durante a oroxenia alpina. Pertence ao chamado Circo de Gredos e o seu ámbito é hábitat dunha subespecie da píntega común, Salamandra salamandra almanzoris, que toma o seu nome do pico e que é endémica duns poucos vales glaciares da serra.

O seu nome provén de Almanzor, líder militar e relixioso durante o Califato de Córdoba. A lenda conta que Almanzor foi o primeiro en subir a este pico.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Salamandra salamandra gallaica

Salamandra salamandra gallaica é unha subespecie de anfibio caudado pertencente á familia Salamandridae.

A Salamandra salamandra gallaica é unha das subespecies da píntega común que habitan Galiza, o noroeste español e Portugal.

Esta píntega posúe un corpo negro con manchas amarelas en forma de ferradura, anel ou arabesco, no centro das cales por veces aparece unha pinta avermellada.

Serra de Collserola

A serra de Collserola (AFI: /kɔʎsə'rɔlə/) é unha área montañosa e parque periurbano situado na provincia de Barcelona, preto da cidade do mesmo nome. É un dos parques metropolitanos máis grandes do mundo. A maior parte da súa superficie constitúe o Parque Natural da Serra de Collserola dende 2010.

Serra do Xistral

A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Urodelo

A dos urodelos (Urodela) ou caudados (Caudata) é unha orde da clase dos anfibios de aspecto lacertiforme e coñecidos vulgarmente como salamántigas (ou píntegas) e tritóns, que comprende na actualidade 695 especies vivas, distribuídas fundamentalmente nos continentes do hemisferio norte (Europa, Asia e Norteamérica), coa excepción dunhas poucas especies que habitan no norte de Suramérica. En Galiza hai representantes tanto de salamántigas como de tritóns.

Un terzo das salamántigas coñecidas son propias de Norteamérica. A concentración máis alta dáse na rexión dos Apalaches.

Os rexistros fósiles máis antigos de urodelos datan de mediados do período xurásico, sendo a especie Chunerpeton tianyiensis o representante máis antigo das salamántigas modernas.Os últimos estudos moleculares datan a diverxencia con respecto aos anuross no período permiano.Os urodelos carecen de escamas e poden rexenerar membros perdidos. A diferenza dos anuros (ras e sapos), posúen unha cola ben desenvolvida e carecen de oído medio.

Aínda que o nome científico válido da orde é Caudata, na bibliografía internacional úsase máis o termo Urodela (urodelos).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.