Píllara dourada

A píllara dourada[2][3][4], píllara dourada grande[5][6] ou píldora dourada[7] (Pluvialis apricaria) é unha ave limícola de tamaño grande, moi semellante a dúas especie próximas, a píllara dourada americana (Pluvialis dominiica), e a píllara dourada siberiana (Pluvialis fulva), que son máis pequenas, delgadas e de patas relativamente máis longas. A píllara dourada é unha das especies incluídas no AEWA.

Píllara dourada
Exemplar adulto

Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Charadriidae
Xénero: Pluvialis
Especie: P. apricaria
Nome binomial
Pluvialis apricaria
(Linnaeus, 1758)

Descrición

As píllaras douradas miden de 26 a 29 cm de lonxitude e pesan entre 150 e 220 g. A envergadura das súas alas vai dos 67 ó 76 cm. Teñen aspecto gordecho e a cabeza arredondada. Na época de reprodución os machos adultos teñen manchas douradas e negras pola cabeza o lombo e as alas. A cara e o pescozo son negros cunha beira branca e o peito e tamén negro. As femias teñen tamén a parte inferior do corpo escura, pero son menos contrastadas cós machos. A coloración negra é, porén, moi variable, polo que non sempre resulta doado diferencia-los sexos.

A coloración negra desaparece na plumaxe invernal, a cara é e o peito e o ventre son abrancazados. As patas son negras.

Pluvialis apricaria2
Plumaxe de inverno

A súa voz é un berro triste e monótono, que emite na intervalos regulares. A primeiros do ano o canto dos machos que están marcando un territorio é particularmente notorio.

As píllaras douradas comen insectos, crustáceos, vermes e caracois, que apañan do chan en campos, tundras, praias e nas zonas descubertas pola marea baixa.

Distribución e hábitat

A zona da cría da especie son os páramos e a tundra da parte máis meridional de Europa e oeste de Asia. Son aves migratorias, que pasan o inverno no sur de Europa, as illas británicas (ó redor de 500.000 exemplares) e o norte de África. Nos cuarteis de inverno viven en campos e prados.

Pluvialis apricaria photo
Pluvialis apricaria en Islandia

Aínda que son unha aves relativamente comúns, a súa área de distribución reduciuse algo a causa da perda dos seus hábitats. No século XIX desapareceu como reprodutora, por exemplo, de Polonia. As hoxe moi reducidas poboacións reprodutoras de Centroeuropa son probablemente resultado da derradeira glaciación (Tomek & Bocheński 2005).

Reprodución

Pluvialis apricaria MHNT
Pluvialis apricaria
Faroe stamp 422 bird eggs pluvialis apricaria
Ovo e polos da píllara dourada nuns elo das illas Feroe.

O niño das píllaras douradas é unha depresión plana no chan, escasamente acondicionada cun pouco material vexetal. Poñen, con 2 ou 3 días de separación, uns catro ovos duns 52 x 35 mm, de cor castaña verdosa cun debuxo castaño escuro. Os dous membros da parella ocúpanse da incubación. Os polos tardan uns 30 días en rompe-la casca e de seguida están preparados para buscar comida pola súa conta, aínda que son vixiados e dirixidos polos pais.

Cando un intruso se achega ó niño, as píllaras adultas tentan afastalo do seu territorio atraéndoo con manobras de distracción e carreiras.

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Pluvialis apricaria". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara.
  3. VV. AA. (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua. Xerais. ISBN 978-84-9914-070-4.
  4. Mª P., Jiménez Aleixandre, (1991). "Zooloxía". Vocabulario de ciencias naturais. Xunta de Galicia.
  5. Definición de píllara no Dicionario de Galego.
  6. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
  7. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Tomek, Teresa & Bocheński, Zygmunt (2005): Weichselian and Holocene bird remains from Komarowa Cave, Central Poland. Acta zoologica cracoviensia 48A(1-2): 43-65. PDF texto completo

Ligazóns externas

Lista das aves de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa pesenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN. Unha ave pouco común pode ter un status pouco preocupante se as súas poboacións son estables, e mesmo pode estar en expansión. Móstrase unha soa imaxe de cada ave, aínda que en moitas delas o macho e a femia e os inmaturos teñen plumaxes diferentes ou presentan plumaxes de inverno e verán ou de tempada reprodutora.

Pluvialis dominica

A píldora dourada americana (Pluvialis dominica) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Charadriidae.

Píldora dourada siberiana

A píldora dourada siberiana (Pluvialis fulva) é unha ave de tamaño mediano pertencente á familia Charadriidae.

Píllara

O nome de píllara pode referirse a unha ave limícola da orde dos caradriformes, da que existen diversas especies:

píllara cincenta (Pluvialis squatarola);

píllara dourada (Pluvialis apricaria);

píllara papuda (Charadrius alexandrinus);

píllara rabirrubia (Charadrius vociferus);

píllara real (Charadrius hiaticula);

píllara riscada (Arenaria interpres);

píllara rubia (Charadrius morinellus);

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.