Pétalo

En botánica, o pétalo[1] é unha folla florar que forma parte da corola dunha flor. É a parte interior do perianto, o cal comprende as partes estériles dunha flor. Nunha flor "típica" os pétalos son rechamantes e coloreados, e rodean as partes reprodutivas. O número de pétalos nunha flor é indicativo da clasificación da planta: dicotiledóneas, que típicamente teñen catro ou cinco pétalos; e monocotiledóneas, que teñen tres ou algún múltiplo de tres pétalos. A función principal dos pétalos ou a corola é a de atraer aos polinizadores.

Existe unha considerable variación na forma dos pétalos entre as plantas. Os pétalos poden estar unidos na base, formando un tubo floral. Nalgunhas flores, o perianto enteiro forma unha cunca (chamada tubo de cáliz) rodeando o xineceo, con sépalos, pétalos, e estames unidos ao bordo da cunca.

As flores dalgunhas especies carecen ou reduciron moito os seus pétalos. Son chamadas apétalas. Exemplos de flores con periantios moi reducidos poden ser vistos entre as gramíneas. Isto é característico de plantas polinizadas polo vento que non necesitan atraer a polinizadores (chamadas plantas anemófilas).

Abutilon Bastavales Brion Galiza
Abutilon, Bastavales, Brión, Galiza

Anatomía

Pétalo-sépalo
Pétalos e sépalos nunha flor.

A estrutura de tépalos e pétalos é similar á de os sépalos. As paredes das células epidérmicas frecuentemente son convexas ou papilosas, especialmente na cara adaxial. En moitos pétalos, como os de Brassica napus, as papilas son cónicas, cun engrosamento cuticular marcado no ápice, e estrías radiais cara á base. Suxeriuse que estes engrosamentos permiten unha difusión parella da luz emerxente, de xeito que o brillo dos pétalos é uniforme en calquera ángulo de iluminación.

Algunhas células epidérmicas dos pétalos son osmóforos, conteñen aceites esenciais que imparten a fragrancia característica ás flores. O mesófilo xeralmente non presenta parénquima clorofiliano, senón parénquima fundamental.

Cor dos pétalos

A cor dos pétalos resulta da presenza de pigmentos. En moitas flores as células presentan cromoplastos con pigmentos carotenoides (vermellos, alaranxados, amarelos). Os pigmentos máis importantes son os flavonoides, principalmente antocianinas, que se atopan disoltos no mollo celular; os pigmentos básicos son pelargonidina (vermello), cianidina (violeta), e delfinidina (azul), os flavonoles (amarelos ou cor marfil). A cor dos pigmentos antociánicos depende do pH do mollo celular: en Brunfelsia australis (azucena do monte) as flores son violáceas, ao envellecer vólvense brancas por un cambio no pH.

A cor branca de moitas flores, por exemplo Magnolia grandiflora, débese ao fenómeno de reflexión total da luz. Os pétalos poden presentar espazos de aire en posición subepidérmica ou unha capa de células con abundantes grans de amidón, e en ambos os casos a luz reflíctese. As cores escuras, débense a unha absorción total da luz operada por pigmentos complementarios. En Tulipa gesneriana (tulipán negro) hai antocianina azul nas células epidérmicas e caroteno amarelo nas subepidérmicas.

Nalgunhas especies as partes basales dos pétalos conteñen un flavonolglucósido chamado chalcona, que absorbe a luz ultravioleta, converténdoas en "guías de néctar" para os insectos polinizadores. Esta cor particular, visible só para os insectos, denomínase "púrpura de abellas".

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pétalo.
Araceae

As aráceas (Araceae) é unha familia de plantas monocotiledóneas herbáceas que comprende uns 104 xéneros e máis de 3.000 especies, fáciles de distinguir pola súa inflorescencia característica. Entre as aráceas atópanse os coñecidos Anthurium, Zantedeschia e Philodendron. Hoxe en día tamén están aniñadas nas aráceas as lentellas de auga (Lemna e afíns). A familia é utilizada por sistemas de clasificación modernos como o sistema APG II (2003) e o APWeb (2001 en diante).

Son plantas monocotiledóneas herbáceas, ás veces arborescentes ou como lianas (salvo en Lemnoideae, onde o corpo vexetativo é reducido e globoso a taloide). Follas simples, enteiras ou lobuladas, en ocasións fenestradas (co limbo furado), a miúdo grandes. O que comunmente se cre que é a flor é en realidade a inflorescencia, as flores son pequenas, con perianto nulo ou con 4-8 pezas escamosas. Inflorescencias en espádice (espiga de eixo carnoso, rodeada por unha espata, que é a que adoita ser confundida co "pétalo" da flor). Froitos en baga.

Esta familia é máis diversa nas zonas tropicais do Novo Mundo, aínda que tamén están distribuídas polo Vello Mundo, en zonas cálidas.

Blanca Suárez

Blanca Martínez Suárez, nada en Madrid o 21 de outubro de 1988, é unha actriz española.

Boraginaceae

Boraginaceae (as boraxináceas) é unha familia botánica pertencente á orde lamiales, que inclúe unha gran variedade de arbustos, árbores e herbas, totalizando unhas 2.000 especies en 100 xéneros distribuídos por todo o mundo.

Capudre

O capudre ou cancereixo (Sorbus aucuparia) é unha árbore de tamaño mediano da familia das Rosáceas que raramente pasa dos 15 metros, a súa distribución cobre toda Europa, de Islandia a Rusia e a Península Ibérica, tolerante ao frío pódese atopar en altitudes altas. Os seus froitos, semellantes a cereixas, son doces e acedos a un tempo, cun alto contido en vitamina C.

Crisantemo

Os crisantemos son plantas de flor pertencentes ao xénero Chrysanthemum, con arredor de 30 especies, de fanerógamas perennes na familia Asteraceae. Son nativa de Asia e do nordés de Europa. O nome provén do grego χρυσἄνθεμο transl. Krysanthemo (flor de ouro).

É unha planta de tradición de cultivo milenario nos países asiáticos. Cultívase dende hai máis de 2.500 anos na China e é considerada unha das plantas nobres chinesas (as outras son o bambí, a ameixeira e a orquídea). Era o distintivo oficial do exército e unha exclusividade da nobreza.

Foi levada ao Xapón polos budistas. Pola súa semellanza co sol nacente, acabou por se tornar un símbolo do país, inclusive o trono do emperador era coñecido como o "Trono do Crisantemo". Existía a lenda de que un único pétalo da flor, colocado no fondo dunha cunca de viño, traería vida longa e saudábel.

Foi levada para o occidente no século XVII. O nome foille atribuído por Carl von Linné, combinando o prefixo grego chrys-, que significa dourado (a cor das flores orixinais), e -anthemon, que significa flor.

Existen máis de 100 especies e máis de 800 variedades comercializadas no mundo. O seu porte é herbáceo e xeralmente de 1 metro. A súa propagación dáse por espichos e espeques en invernadoiros e alcouves e tamén por sementes, e dá flores o ano enteiro.

Precisa de moita luz, porén, non soporta sol directo. Prefire clima quente e húmido.

O cultivo en Galiza é moi común na xardinaxe e nos cemiterios, sendo consideradas flores da morte e moi empregadas no día de defuntos coma enfeite dos nichos.

As variedades silvestres reciben os nomes comúns de pampillos ou pampullos.

Dalia

A dalia é unha planta ornamental pertencente ao xénero Dahlia, un xénero botánico pertencente á familia Asteraceae. De raíz tuberosa, cultívase polas súas flores vistosas. É común na xardinaxe galega.

Faboideae

Faboideae é unha das tres subfamilias nas que se divide a familia das leguminosas ou Fabáceas (Fabaceae). O nome alternativo para a subfamilia é Papilionoideae. É a división máis grande da familia, e esténdese por todos os continentes agás as rexións árticas. Comporta 476 xéneros e 13.900 especies. Os xéneros con maior número de especies son Astragalus (2400 a 3270), Indigofera (700), Crotalaria (700), Mirbelia sensu lato (450), Tephrosia (350), Desmodium (300), Aspalathus (300), Oxytropis (300), Adesmia (240), Trifolium (240), Rhynchosia (230), Lupinus (200), Aeschynomene (160), Hedysarum (160), Lathyrus (160), Vicia (160), Dalea (150), Eriosema (150), Lotononis (150), Millettia (150), Vigna (150), Swartzia (140), Daviesia (135), Lonchocarpus (135), Machaerium (130), Onobrychis (130), Ormosia (130), Lotus (inc. Coronilla, 125), Lonchocarpus (120), Erythrina (110), Gastrolobium (110), Mucuna (105) e Pultenaea (100). As especies leñosas son preferibelmente termófilas, moitas herbáceas son de rexións temperadas e frías, porén están tamén representadas nos trópicos. Comporta moitas plantas útiles e moi coñecidas, como ervello, garavanzo, feixón, chícharo de olor, trevos, faballón, alforfa, soia, entre outras. Ademais pertencen a esta subfamilia plantas bravas moi comúns dos montes galegos, coma os toxos, as xestas, a carqueixa, ornamentais rubideiras como a glicinia chinesa, ou incluso árbores como a falsa acacia.

As plantas desta subfamilia recoñécense das demais subfamilias de leguminosas por mor das súas flores, que posúen catro pétalos envoltos entre si, creando un tubo por cuxo extremo sobresaen os seus longos estames. O quinto pétalo está estendido coma unha vela e denomínase estandarte, velame ou vexilo.

Flor

A flor ( pronunciación ) (tamén chor en uso literario) é o órgano reprodutivo das plantas chamadas anxiospermas. A función dunha flor é producir sementes a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración, e serven como o principal medio a través do cal os individuos dunha especie se esparexen ó longo da paisaxe. Trala fertilización, a flor transfórmase nun froito que contén as sementes.

Filoxenicamente, a flor é un gomo foliar modificado.

O óvulo transfórmase no froito, podendo reter, ou non, outras partes da flor. Os óvulos contidos no óvulo transformaranse nas sementes.

Homeose

A homeose é a transformación dun órgano noutro, orixinada pola mutación ou a incorrecta expresión de xenes críticos específicos do desenvolvemento. En animais, estes xenes do desenolvemento controlan especificamente o desenvolvemento de órganos sobre o seu eixe anteroposterior. Porén, en plantas os xenes do desenvolvemento afectados pola homeose poden controlar calquera cousa desde o desenvolvemento dun estame ou pétalo ao desenvolvemento da clorofila. A homeose pode ser causada por mutacións en xenes Hox, que se encontran en animais, ou noutros como os da familia MADS-box das plantas. A homeose é unha característica que contribuíu a que os insectos se convertesen nun grupo co éxito e a diversidade que teñen.As mutacións homeóticas funcionan cambiando a identidade de segmentos corporais durante o desenvolvemento. Por exemplo, o xenotipo ultrabithorax nas moscas dá lugar a un fenotipo no que os segmentos metatorácico e o primeiro abdominal convértense en segmentos mesotorácicos. Outro exemplo nas moscas é antennapedia, no que un alelo que provoca unha ganancia de función causa que as patas se desenvolvan no sitio das antenas.En botánica, Rolf Sattler revisou o concepto de homeose (substitución) ao poñer a énfase na homeose parcial ademais de na homeose completa, que é comunmente aceptada.Os mutantes homeóticos en anxiospermas crese que son raros na natureza: na planta anual Clarkia (Onagraceae), os mutantes homeóticos causan que os pétalos sexan substituídos por un segundo verticilo de órganos similares a sépalos, orixinados por medio dunha mutación debida a un só xene recesivo. A ausencia de consecuencias letais ou deletéreas nos mutantes florais dan lugar a distintas expresións morfolóxicas e foron un factor na evolución de Clarkia, e quizais tamén na de moitos outros grupos de plantas.

Lilium

Lilium, é un xénero de plantas comunmente coñecidas coma azucenas, existen unhas 110 especies no xénero, que se inclúe dentro da familia das liliáceas.

O nome común galego azucena adoita, porén, reservarse á especie do xénero: Lilium candidum, planta ornamental con bulbo, de talo alto, estreitas follas longas e flores en acio, olorosas e brancas, vermellas ou amarelas.

Mexacán

O mexacán común (Taraxacum officinale) é a especie máis coñecida do xénero Taraxacum e da familia das Asteráceas.

Monocotiledóneas

Liliopsida é o nome dun taxón asignado á categoría taxonómica de Clase, que na clasificación de Cronquist 1981, coincide coa circunscrición das monocotiledóneas, tamén coñecidas como Monocotyledoneae nalgunhas clasificacións como Engler, e monocots (en inglés) nas clasificacións máis modernas e a súa sucesora. As monocotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é a das dicotiledóneas.

Chámaselles monocotiledóneas ás plantas que teñen un embrión cun só cotiledón que ó desenvolverse dará lugar a unha folliña. Á particularidade principal de posuír un único cotiledón engádense as seguintes características:

Talos: sen formación de madeira secundaria e ausencia dun verdadeiro tronco. En relación con iso, no corte transversal do talo (ronsel) obsérvase aos feixes de xilema e floema dispostos nunha atactostela, en lugar dunha eustela como o resto das espermatófitas.

Aínda que as monocotiledóneas son principalmente de hábito herbáceo, algunhas poden alcanzar grandes alturas e tamaños, particularmente os ágaves, as palmeiras e os bambús.

Follas: presentando a nervación principal paralela.

Flores: fundamentalmente trímeras en 5 verticilos: 3 sépalos, 3 pétalos, 2 verticilos de 3 estames cada un, e 3 carpelos.

As monocotiledóneas recoñecéronse como monofiléticas desde hai moito tempo, tanto debido aos seus caracteres morfolóxicos e anatómicos distintivos como polos seus caracteres nos análises moleculares de ADN.

As monocotiledóneas comprenden ao redor de 56.000 especies, o 22 % de todas as anxiospermas (Soltis et al. 2005). Entre as monocotiledóneas inclúense as ben coñecidas aráceas, os lirios, o xenxibre, as orquídeas, as palmeiras, os pastos e o cereal. A familia dos pastos e os cereais (Poaceae) é quizais o grupo economicamente máis importante de todas as plantas (Soltis et al. 2005), e inclúen cereais como o arroz, o trigo, o millo ou maínzo, a cebada e o centeo. A metade da diversidade de monocotiledóneas pode ser atopada só en dúas familias, Orchidaceae (a familia das orquídeas) e Poaceae (a familia dos pastos e os cereais), que inclúen o 34 % e o 17 % respectivamente de todas as especies de monocotiledóneas (Soltis et al. 2005). Estas dúas familias tamén están entre as familias máis grandes de anxiospermas, e son membros dominantes de moitas comunidades de plantas (Soltis et al. 2005).

Orquídea

As orquídeas ou orquidáceas (nome científico Orchidaceae) son unha familia de plantas monocotiledóneas que se distinguen pola complexidade das súas flores e polas súas interaccións ecolóxicas cos axentes polinizadores e cos fungos cos que forman micorrizas.

A familia comprende aproximadamente 25.000 (algunhas fontes informan de 30.000) especies, e quizais outros 60.000 híbridos e variedades producidas polos horticultores, polo que resulta ser unha das familias con maior riqueza de especies entre as anxiospermas. Poden ser recoñecidas polas súas flores de simetría fortemente bilateral, nas que a peza media do verticilo interno de tépalos -chamada labelo- está profundamente modificada, e o ou os estames están fusionados ó estilo, polo menos na base.As orquídeas constitúen un grupo extremadamente diverso de plantas, que poden ter desde uns poucos milímetros de lonxitude (certas especies dos xéneros Bulbophyllum e Platystele) até constituír xigantescas agregacións de varios centos de quilogramos de peso (algunhas especies de Grammatophyllum) ou presentar lonxitudes de até 13,4 m, como é o caso de Sobralia altissima, unha orquídea recentemente descrita en 1999 no Perú. Do mesmo xeito, as flores das orquídeas varían en tamaño desde menos de 1 mm e dificilmente visibles dunha ollada (Platystele) pasando polas grandes flores de 15 a 20 cm de diámetro en moitas especies dos xéneros Paphiopedilum, Phragmipedium e Cattleya até os 76 cm das flores de Phragmipedium caudatum. A fragrancia das súas flores non é menos variable, desde o delicado aroma de Cattleya até o repulsivo fedor das flores de certas especies de Bulbophyllum .Atópanse na maior parte do mundo, aínda que son especialmente abundantes nos trópicos. No entanto, a súa capacidade de adaptación permitiulles conquistar un gran número de nichos ecolóxicos, desde os máis secos e quentes do planeta até os máis húmidos e fríos xa que, literalmente, distribúense desde as rexións polares até o ecuador.A familia foi recoñecida polos sistemas clásicos de clasificación de plantas, como o sistema de Cronquist, así como polos máis modernos, como o sistema de clasificación APG II e o sistema de clasificación APG III.<

Perigonio

O perigonio (peri: ao redor; gonio: estruturas de reprodución) é unha envoltura que presentan algunhas flores nas que o cáliz e a corola son moi semellantes en tamaño e cor fusionándose preto do receptáculo, e polo tanto non se pode determinar se son pétalos ou sépalos (é dicir, tódalas pezas dos ciclos estériles da flor son iguais entre si). As pezas que o compoñen reciben o nome de tépalos.

Se os tépalos se parecen a un pétalo, o perigonio chámase corolino (de corola), e se se parecen a sépalos dise perigonio calicino (de cáliz).

Petalodontiformes

Os petalodontiformes (gr. "dentes en forma de pétalo") son unha orde extinta de holocéfalos, parentes distantes das actuais quimeras. Os seus fósiles foron atopados en Estados Unidos e Europa. Con moi poucas excepcións, só se coñecen os dentes. Viviron do Carbonífero ao Permiano e desapareceron na extinción masiva do Permiano-Triásico, hai 251 millóns de anos.

Eran animais mariños; os dous xéneros máis coñecidos son Belantsea do Carbonífero de Montana e Janassa do Permiano de Europa, dos cales se encontraron exemplares completos.

Poales

Poales é o nome dun taxon de plantas situado na categoría de orde, empregado en sistemas de clasificación modernos como o APG II do 2003. A orde consta de 16 familias con máis de 18.000 especies, entre elas atópase a familia Poaceae (pastos, cereais, bambú), que é probablemente a familia de anxiospermas de maior importancia económica, e tamén a acompañan outras como as tifáceas, as bromeliáceas e o caravel do aire, as ciperáceas (dunha delas prodúcese o papiro), e as xuncáceas (a familia dos xuncos e plantas afíns). As Poales son herbas, moitas elas con polinización anemófila (por vento), con perda dos nectarios septais, a síndrome de caracteres da polinización anemófila desenvolveuse moitas veces de xeito independente dentro do clado. Ademais caracterízanse por posuír corpos de sílice na epiderme, por perder os cristais de ráfide, e posuír flores con perianto claramente dividido en cáliz e corola, e con estilos ben desenvolvidos.

Protoplasto

O protoplasto, do grego antigo πρωτόπλαστος (prōtóplastos, "formado en primeiro lugar"), é un termo biolóxico proposto por Hanstein en 1880 para referirse á célula completa excluíndo a parede celular, pero actualmente ten varias definicións:

Unha célula de planta, bacteria ou fungo á que se lle eliminou total ou parcialmente a parede celular utilizando medios mecánicos ou encimáticos. Ademais, debe facerse unha maior distinción no caso das bacterias, nas que pode haber:

Protoplastos: células bacterianas grampositivas ás que se lle eliminou completamente a parede celular.

Esferoplastos: células bacterianas gramnegativas ás que se lle eliminou parcialmente a parede celular.

Máis xeralmente, unha unidade biolóxica que está composta dun núcleo e os materiais protoplásmicos que o rodean (polo que neste uso é moi similar a protoplasma).

Real Club Celta de Vigo

O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.

O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o décimo segundo posto na clasificación histórica de primeira. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.

Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da copa do rei, unha Copa Intertoto, 7 clasificacións para a Copa da UEFA, unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC e a clasificación histórica do 20 de abril para as semifinais da Liga Europa, tras gañar ao Genk belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.

Saramago

Para o artigo do Premio Nobel de Literatura portugués véxase: José Saramago.

O saramago, sarmago, ravo bravo ou labestro é unha especie de planta con flor pertencente á familia Brassicaceae.

Ás veces é reivindicado como o antepasado do Ravo comestíbel, o Raphanus sativa. Algúns autores sosteñen ser nativo de Asia, mentres outros din que é orixinario do Mediterráneo. É considerada planta nativa, non invasora, na Península Ibérica.

Foi introducido en case que todas as partes do mundo, sendo nalgunhas delas considerada unha especie invasiva daniña, como en Australia. Espállase rapidamente e ás veces pode ser vista nas beiras das estradas ou en lugares onde a terra foi removida.

O saramago medra como planta anual ou bianual, con fermosas flores de catro pétalos de 15–20 mm de cruz e de cor variábel entre púrpura, alaranxada, amarela ou branca, a miúdo escurecéndose ao longo do mesmo pétalo. Ten unha raíz simple que é similar á do ravo cultivado, porén menos dilatada.

É unha fonte importante de pole e néctar para unha variedade de polinizadores, especialmente as abellas. Pode ser confundido coa mostardeira ou coa mostardeira brava, outras plantas da familia das Brassicaceae.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.