Pérgola

Unha pérgola é un elemento arquitectónico propio de xardíns ou paseos que consiste nunha armazón formada por columnas que sosteñen trabes polas que ruben plantas, co fin de dar sombra e ornamental. En inglés adoita denominarse coma arbour[1]. O termo relacionado emparrado (ou parra) só se refire á suxeición dunha videira cunha estrutura que normalmente non deixa de ser unha pérgola. Nalgúns vocábulos aparece como parreira[2].

Settimo Vittone Tupiun
Unha ladeira con socalcos cubertos con parras en Settimo Vittone, Piemonte.
Laubo-koridoro en Castrelos, Vigo
Pérgola con xasmíns e roseiras rubideiras nun camiño no Parque de Castrelos en Vigo.

Descrición

A pérgola é un elemento arquitectónico e estrutural, conformado por un corredor flanqueado por columnas que soportan trabes lonxitudinais que unen as columnas de cada banda, e outras transversais, os cangos ou ripas, que unen ambas bandas e suxeitan un enreixado aberto ou enlatado, onde usualmente se desenvolven plantas rubideiras. O uso máis común é a protección de zonas de paso dunha zona axardinada, zonas de lecer, xantar etc. mais tamén poden formar parte dun edificio como protección de zonas peonís.

1949 - Salzburg - Mirabellgarten
Abeiro e sombra nun túnel verde, con materiais modernos, en Mirabellgarten, Salzburgo.

A verba galega pérgola (en portugués tamén pérgula) provén da palabra italiana pergola e, á súa vez, esta procede da verba latina pergula. O termo en italiano xa era utilizado arredor de 1645 e en inglés usábase este termo en 1675. En galego é un vocábulo moderno, empregándose antigamente (e referido ás videiras) o termo emparrado ou parreira.

Pavement with arbour - compressed
Pérgola metálica formada por piares cilíndricos e cangos planos como teito. As plantas rubideiras (buganvíleas), aínda novas, co tempo han cubrir a estrutura e aumentarán a superficie de sombra. O chan poroso so a estrutura, tradicional en climas cálidos, permite a acumulación e posterior evaporación da auga refrescando o paseo.

As pérgolas poden ligar pavillóns, poden facer de marquesiñas nas portas dos edificios cara as zonas axardinadas como terrazas ou piscinas, e poden ser estruturas completamente autónomas que fornecen sombra e acubillo ao longo dun carreiro.

Pérgola. Poste de ladrillo y viga de hormigón
Pérgola realizada en obra: con postes de tixolo árabe e trabes de formigón. Ten unicamente as trabes principais: aquelas que fican entre entre poste e poste. Unha estrutura de arames de aceiro dá soporte entre trabe e trabe á vexetación.

As pérgolas son elementos arquitectónicos de maior lonxevidade ca os túneles verdes dos xardíns da Alta Idade Media e principios da Renacencia, que estaban a miúdo formados por gromos novos e flexíbeis de salgueiros ou abeleiras unidos pola testa para formaren unha serie de arcos, sobre os que se tecían uns listóns lonxitudinais, onde se desenvolvían as plantas rubideiras para facer un paseo fresco, sombrizo e moderadamente seco.

Na Villa La Petraia os segmentos curvados interiores e exteriores dos paseos verdes, precursores das actuais pérgolas, formaban unha estrutura que podía ser vista desde unha terraza situada máis arriba e proporcionaban algo de intimidade ao fogar ofrecendo unha visión frondosa dunha horta encravada que evocaba o Xardín do Edén.

A artificialidade tan natural das pérgolas converteunas nun dos elementos favoritos dos xardíns naturalistas de estilo inglés dos séculos XVIII e XIX. Algunhas das pérgolas máis fermosas foron realizadas con piares de tixolo e pedra e rexos cangos como elementos característicos dos xardíns deseñados por Sir Edwin Lutyens e Gertrude Jekyll, convertendo estas estruturas firmes e luxosamente plantadas en sinatura dos seus deseños.

En Galiza

En Galiza aínda que non son aínda moi comúns as pérgolas en xardíns privados o que si é común é o uso análogo dos emparrados de videiras á beira das vivendas para dar sombra (ademais de viño), onde se adoitan celebrar os xantares e ceas no verán. Hoxe en día a videira comparte lugar co kiwi e diferentes especies de roseiras rubideiras, glicinias, xasmíns etc. A pérgola tradicional en Galiza acostuma constar de elementos verticais postes chantados (piares) en pedra de gra, con elementos horizontais (forxado) en madeira de carballo, castiñeiro ou robinia polos que medran as videiras. É común plantar roseiras decorativas á beira dos postes de pedra. As máis das veces a parra vai acaroada á vivenda ou a outra construción auxiliar, constando soamente de dous piares. Non é raro atopar nas pérgolas, e, en xeral, nos emparrados, postes transversais apoiados nos verticais para impedir o xiro e envorcado da estrutura.

Galería de imaxes

Arbour in Göteborg

Pérgola no exterior dun edificio da Universidad de Gotemburgo.

EastAsiaInstituteRoof

Pérgola de metal galvanizado.

Pergola2

Pérgola de madeira nun xardín de Oregón (EUA).

Vine Groombridge

Emparrado preto de Grommbridge (Reino Unido).

Pergola canaria

Pérgola cuberta cunha buganvílea.

Notas

  1. Inclúense algúns termos en inglés pola importancia destes elementos na xardinaxe inglesa
  2. http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=parreira&tipo_busca=lema

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alameda de Santiago de Compostela

A Alameda de Santiago de Compostela, ou o Parque da Alameda de Santiago de Compostela constitúe o parque urbano máis destacado da cidade de Santiago de Compostela.

Bouzas, Vigo

San Miguel de Bouzas é unha parroquia do concello de Vigo. Ten unha entidade de poboación e aproximadamente 5 900 veciños (2013). Limita coas parroquias de Alcabre e Coia e pertence ó arciprestado de Vigo-Polígono. Bouzas foi un concello independente ata 1904.

Chile

Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte por Perú, ó leste por Bolivia e Arxentina, totalizando 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo Océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile.Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas. A primeira delas, situada na costa occidental do Cono Sur e coñecida como Chile continental, comprende unha longa e estreita franxa de terra que se estende, maiormente, entre a ribeira suroriental do océano Pacífico e a cordilleira dos Andes, desde os 17º29'57'S ata os 56º32'S de latitude, ao longo de 4.270 km. O seu ancho máximo alcanza os 445 km no paralelo 52º21'S e o seu ancho mínimo, os 90 km en 31º37'S. A segunda, denominada Chile insular, corresponde aos territorios insulares no océano Pacífico Sur: por unha banda, o arquipélago Juan Fernández e as illas Desventuradas, pertencentes a América do Sur; doutra banda, a illa Sala y Gómez e a illa de Pascua, situadas na Polinesia. Chile continental e Chile insular totalizan unha superficie de 756.096,3 km². A terceira, chamada Territorio Chileno Antártico, comprendida entre os meridianos 90º e 53º oeste, é unha zona da Antártida de 1 250 257,6 km² sobre a cal Chile reclama soberanía, prolongando o seu límite meridional ata o Polo Sur. Esta reclamación está conxelada de acordo ao estipulado polo Tratado Antártico, do que Chile é signatario, sen que a súa firma constitúa unha renuncia. Localízase tamén en Chile a punta sur de América do Sur: o Cabo Horn, que é tamén o punto máis próximo da Antártida. Tamén en Chile está o lugar considerado como o máis seco do planeta: o Deserto de Atacama.

Debido á súa presenza en América, Oceanía e a Antártida, Chile defínese a si mesmo como un país tricontinental.Ademais, Chile exerce dereitos exclusivos, reclamacións de diverso grao e soberanía sobre o seu espazo marítimo, chamado Mar chileno. Este comprende o mar territorial (120.827 km²), a zona contigua (131.669 km²), a zona económica exclusiva ou «mar patrimonial», cunha superficie total de 3 681 989 km², e a correspondente plataforma continental, cunha superficie de 145.194 km², que tamén forman parte do territorio chileno Chile posúe un bordo costeiro de 6.435 km de lonxitude.Os seus máis de 17 millóns de habitantes alcanzan índices de calidade de vida, e porcentaxe de globalización que se atopan entre os máis altos de América Latina.

Edificio Aurora Polar

O edificio Aurora Polar de Vigo é un inmoble obra do arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez encargado pola compañía de seguros Aurora Polar en 1959, que se atopa no centro da cidade no chafrán que forman as rúas Urzáiz e República Arxentina. É un edificio de feitura moderna con formas dinámicas propias do racionalismo, movemento xa iniciado por Xosé Bar Boo en 1957 co edificio Plastibar. Salientan a disposición recuada dos últimos andares, as terrazas voadas de formas curvas no encontro das rúas que achegan sensación de movemento, a disposición inclinada das cristaleiras do primeiro andar, e tamén os materiais: granito con ferro e vidro nos antepeitos dos balcóns, e as faixas lonxitudinais de peciñas de gres azul que contribúen ao enriquecemento plástico do conxunto. Destacan tamén as esculturas, as laterais en relevo, e a principal no chafrán que representa unha familia protexida polo seguro, obra de Camilo Nogueira. Trátase dun dos edificios máis significativos da arquitectura racionalista en Vigo, e un dos pioneiros da introdución na cidade do movemento moderno.

Elementos arquitectónicos de xardín

Os elementos arquitectónicos de xardín son as diferentes construcións ou elementos empregados en xardinaxe para certo uso, xeralmente de lecer, por exemplo abeirar do sol unha estancia para xantar, ler etc, tendo, á vez, un fin ornamental.

Hotel Universal

O Hotel Universal é un inmoble de estilo ecléctico construído en 1888 polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Domínguez. O edificio albergou o Hotel Universal, un dos hoteis máis coñecidos da cidade de Vigo durante moitos anos. No ano 2004 foi rehabilitado pola cadea hoteleira AC Hoteles e reconvertido nun hotel de catro estrelas.

Igrexa de San Miguel de Bouzas

A Igrexa de San Miguel de Bouzas é un templo cristián ergueito na segunda metade do século XVI e reedificado no século XVII que se atopa na vila de Bouzas (hoxe pertencente ao concello de Vigo) á beira da praia (antigamente nunha pequena península que entraba no mar, hoxe perdido co recheo). A poucos metros atopamos a famosa pérgola de Jenaro de la Fuente Álvarez.

Jenaro de la Fuente Álvarez

Non confundir con Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922), o pai.Jenaro de la Fuente Álvarez, nado en Vigo o 30 de abril de 1891 e finado na mesma cidade o 4 de xaneiro de 1963, foi un arquitecto galego, un dos incursores do movemento modernista en Vigo. Inicialmente usará motivos próximos á Art Nouveau, sen perder o uso do estilo eclecticista. Entre outros estilos traballou o academicismo e o racionalismo.

Marujita Díaz

María del Dulce Nombre Díaz Ruiz, coñecida artisticamente como Marujita Díaz, nada en Sevilla o 27 de abril de 1932 e finada en Madrid o 23 de xuño do 2015, é unha actriz e cantante española que alcanzou notábel éxito nos anos cincuenta e sesenta do século XX en España.

Palco da música

Un palco da música é unha construción xeralmente rectangular, que consta dun teito sostido por columnas e que serve como lugar de actuación para agrupacións musicais durante as festas. É tamén común que sexa en forma de quiosco coma un pavillón aberto por todos os seus lados, normalmente de planta arredondeada ou poligonal (forma panóptica), que se coloca nun xardín para a interpretación de diversas manifestacións artísticas como música ou danza.

Popularizáronse coma construción festiva no século XIX e comezos do XX, especialmente para acomodar a execución musical das bandas nos concertos ao ar libre. No Reino Unido construíron moito na era Vitoriana cando o movemento británico brass band gañou relevancia. Os palco máis miúdos non son máis ca gazebos. En Galiza son comúns en todas as vilas para a interpretación de bandas de gaita e de música especialmente nas festas parroquiais.

Parque de Castrelos

O Parque de Castrelos, coñecido tamén coma Finca da Marquesa ou Parque Municipal Quiñones de León, é un gran parque situado en Vigo que corresponde á antiga quinta do Pazo de Castrelos, hoxe sede do Museo Quiñones de León. Porén, Castrelos abrangue unha extensión máis ampla fóra dos xardíns do pazo. Ocupa unha superficie total de 24.3 hectáreas, no que se atopan, ademais do pazo e os seus xardíns históricos, variedade de espazos verdes, un auditorio, zonas boscosas etc. Todo plenamente harmonizado coma parque urbano Ten un gran valor paisaxístico e botánico polo que foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955. Na actualidade, é o maior parque da cidade, unha área de lecer e verdadeiro pulmón verde da grande urbe. Varias das súas árbores, como faias, tulipeiros, eucaliptos e camelias aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

O pazo que hoxe acolle o museo Quiñones de León representa o esplendor barroco da arquitectura palaciana. Foi construído na segunda metade do século XVII. É un dos mellores exemplos da arquitectura palaciana galega.

Parque de Rosalía de Castro

O parque de Rosalía de Castro de Lugo está encadrado nun espazo verde entre a Avenida Doutor García Portela, a rúa Xornalistas Puro Cora, a rúa Pascual Veiga e o Paseo da Vila de Foz. O parque esténdese cara á zona baixa, limitando coa Ronda da República da Arxentina. Malia estar situado extramuros co casco vello, o parque ten un carácter céntrico.

Pascuala Ilabaca

Pascuala Ilabaca Argandoña, nada en Xirona, o 13 de abril de 1985, é unha cantante e compositora chilena, destacada pola súa voz e o acompañamento do acordeón e piano nas súas cancións. A súa obra foi descrita como “composición contemporánea, as tradicións étnicas do mundo e a raíz folclórica chilena.” Tamén é parte de Samadi, un grupo de música étnica iniciado en 2005, que recompila repertorios da India, África, Latinoamérica, Medio Oriente e Europa.

Pazo de Cela

O Pazo de Cela é un pazo de estilo barroco do século XVII situado na parroquia de Cela, no concello coruñés de Cambre, moi achegado á cidade da Coruña. De propiedade privada, no século XXI abre ao público como espazo para a celebración de banquetes de casamento ou bautizos.

Pazo de Lourizán

O Pazo de Lourizán é unha casa señorial situada no lugar de Herbalonga da parroquia de Santo André de Lourizán do concello de Pontevedra.

Planta rubideira

Unha planta rubideira ou planta gateadora é aquela que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais. As rubideiras non se manteñen erguidas por si mesmas, necesitando doutra planta, un muro, un penedo, unha parra, un espaller, unha pérgola, unha rede etc. Para iso poden utilizar órganos como gabiáns, raíces adventicias etc. ou se enrodelan arredor do soporte, chamándose logo plantas volúbeis. Certas rubideiras non necesitan dun apoio, e poden estenderse polo chan sen problema ningún. As plantas gateadoras poden chegar a secar outras plantas ou árbores, se non se poidan, pola competencia de luz solar. Porén non poden ser consideradas plantas parasitas, xa que só procuran un soporte para recibir máis luz; ou ben, para buscar o lugar perfecto para o seu desenvolvemento.

Un exemplo deste tipo de plantas, é a fabeira (Vicia faba) que debe o seu rápido crecemento ao feito de gabear por soportes ou outras plantas, e deste xeito evistar o desenvolvemento dun talo leñoso; Outro exemplo son as sandías (Citrullus lanatus) e mailas cabaceiras (Cucurbita spp) que son extensas gateadoras que adoitan estarricarse por chan, por mor do gran peso dos seus froitos.

As plantas rubideiras acostuman medrar axiña, e algunhas desenvolven talos leñosos despois de se enrolar, como a videira (Vitis vinifera) ou a glicinia (Wisteria sinensis). Pola contra, a meirande parte das gatuñantes son herbáceas.

Provincia de Pesaro e Urbino

Pesaro e Urbino é unha provincia da rexión das Marcas, en Italia. A súa capital é a cidade de Pésaro.

Quiosco

Un quiosco (do persiano: kōšk, que significa "pavillón", a través do turco: köşk e do francés kiosque) é unha pequena construción que se instala nos parques e xardíns e que consta, polo xeral, só dun teito e unhas columnas que o sosteñen. Pode ter diversos usos, como por exemplo servir como palco da música. A diferenza das pérgolas, a cuberta dos quioscos non ten oquedades. Na súa orixe, nestas construcións vendíanse lambetadas e xornais, polo que o termo hoxe en día se refire a calquera construción pequena instalada normalmente ao ar libre para a venda de periódicos, caramelos, flores etc.

A función dos quioscos, sexa cal for a súa finalidade, é dar unha relativa protección do sol e da choiva, tanto se é un espazo escénico coma se se trata dun lugar de almacenamento ou posto de venda na vía pública. Deste xeito, diferénciase da venda ambulante, pois o quiosco está suxeito a algún tipo de regulación, autorización, permiso ou concesión administrativa.

O seu emprazamento habitual está nos xardíns, as prazas, os bulevares e as beirarrúa con amplitude abonda.

Vinho Verde

O vinho verde é un viño producido exclusivamente na rexión dos Vinhos Verdes, localizada no noroeste de Portugal. Constitúe unha Denominación de Orixe Protexida.

Debido ás características edafoclimáticas que naquela rexión demarcada se encontran, os viños producidos, brancos ou tintos, teñen unha concentración en ácido málico superior ao que é frecuente encontrar noutras rexións de Portugal. Na produción destes viños, cando remata a fermentación alcohólica do mosto (fermentación tumultuosa), aínda non completou a vinificación. Deben ser consumidos de novos.

O viño verde é o segundo viño máis exportado despois do viño do Porto.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.