Pérez Prado

Dámaso Pérez Prado, nado en Matanzas (Cuba) o 11 de decembro de 1916 e finado na Cidade de México o 14 de setembro de 1989, foi un músico, compositor e actor de orixe cubana. É un dos referentes fundamentais do mambo.[1]

Pérez Prado
Dámaso Pérez Prado
Pérez Prado con Alfredo Ruiz del Río
Nome completoDámaso Pérez Prado
AliasCar'e Foca
NacementoMatanzas Flag of Cuba.svg Cuba 11 de decembro de 1916
OrixeMatanzas
FalecementoFlag of Mexico.svg México 14 de setembro de 1989
 Cidade de México
OcupaciónCantante
compositor
actor
XéneroMambo
Instrumento(s)Piano, maracas, órgano
Selo(s) discográfico(s)RCA Víctor
Relacionado conBenny Moré, Sonora Matancera
Tempo en activo1935 - 1989

Traxectoria

Estudou música en Cuba. Traballou en diversas orquestras na Habana nos anos 1940. Foi tamén durante un curto período pianista da Sonora Matancera e da Orquesta Casino de la Playa . En 1948 foi vivir á Cidade de México para crear alí un grupo musical, e alí estivo traballando coa compañía RCA Victor.

Éxitos

  • Cerezo rosa
  • Que rico el mambo
  • Mambo Nº 5
  • Mambo Nº 8
  • Mambo del Politécnico
  • Mambo Universitario
  • La niña popoff
  • Patricia
  • Mambo en Sax
  • Mambo a la Kenton
  • El Ruletero
  • Mambo en trompeta
  • Lupita

Notas

  1. 88 notes pour piano solo, Jean-Pierre Thiollet, Neva Editions, 2015, p.248-249. ISBN 978-2-3505-5192-0

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bongó

O bongo é un instrumento musical de pel ou tamén chamado de parche que se toca coas mans. Tócase moito polos países de África. Os timbais pertencen a súa familia. Case nunca se levan en orquestras.

Boogaloo

O boogaloo, formado a partir dos termos boogie e woogie, é un ritmo latino mestura de guaxira e o rock.

Bossa nova

A bossa nova é un xénero musical de orixe brasileira que xurdiu a mediados do século XX, impulsado por un grupo de estudantes e músicos de clase media procedentes de Copacabana e Ipanema, nos barrios do Río de Xaneiro situados a rentes do litoral. En portugués vén dicir "o ritmo novo" ou "o vieiro novo". Trátase dun xénero moi popular no Brasil grazas á gravación dos temas Saudade de Bahia e Rosa Morena interpretadas por Dorival Caymmi, de Chega de Saudade interpretada por João Gilberto e composta por Antonio Carlos Jobim e Vinícius de Moraes, tres dos principais expoñentes deste xénero en Brasil.

Calipso (xénero musical)

Calipso é un xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa. Tamén é popular en Costa Rica, Honduras, Panamá, México, Perú ou Ecuador. A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados, chamados "steeldrums" ou simplemente tambores metálicos de Trindade, moi usado nos carnavais trinitarios, os cales se crearon pola necesidade de percutir que tiñan os descendentes dos africanos nestas as illas, e dado que non posuían ningún instrumento, empezaron a percutir os barrís, os cales se foron abolando e logo estabelecéndose alturas definidas, o que farían que no futuro o instrumento se puidese temperar cunha escala cromática. En Venezuela estes barrís reciben o nome de "bum-bac".

Charango

O charango é un instrumento musical propio das rexións altiplánicas da cordilleira dos Andes en América do Sur. Posúe cinco pares de cordas aínda que hai variacións con menos ou máis cordas pero polo xeral en cinco ordes ou xogos. O charango ten unha traxectoria centenaria en Bolivia, e tamén ten importante presenza na música do Perú, Arxentina, Chile e Ecuador.

Conga (instrumento musical)

A Conga é un instrumento membranófono percutido, é dicir, un instrumento de percusión.

A conga tócase directamente coas mans. Hoxe en día poden comporse de materiais sintéticos por unha razón principalmente de resistencia. O conguista pode tocar sentado ou de pé. Decote a conga é presentada por pares apoiada nun trípode, aínda que tamén pode haber un formato composto de tres, catro e até cinco congas, o cal non é tan habitual.

Guajira

A guajira ou guaxira, termo que significa campesiña, é un xénero musical orixinario da rexión oriental de Cuba, de tema campesiño.

Habanera

A habanera é un tipo canción orixinaria de Cuba que data de finais do século XIX, de ritmo lento e compás cuaternario. Poden ser cantadas e instrumentais e é un xénero adaptado e usado por diferentes formacións musicais como grupos corais, bandas de música, tunas e outros.

Los Panchos

Los Panchos, tamén coñecidos como Trío Los Panchos, é un trío musical de sona internacional formado en Nova York en 1944 por dous mexicanos, Alfredo Gil e José de Jesús "Tusto" Navarro, e un portorriqueño, Hernando Avilés. Namentres que Avilés e Navarro tocaban a guitarra, Gil facía o propio co requinto, sendo os tres vocalistas. Porén, foi este último, Gil, o principal artífice das composicións e o sinal de identidade que habería perdurar por décadas. O xénero musical empregado polos Panchos é o que se coñece como bolero.

Mambo

O mambo abrangue un xénero musical e mais o baile que o acompaña. É orixinario de África e foi desenvolvido en Cuba, onde deveu un dos estilos musicais latinoamericanos máis populares a mediados do século XX.

Báilase en tríos seguindo un ritmo sincopado, mestura de música africana, hispanoamericana e jazz. Caracterízase por presentar un tempo de silencio en cada compás, que se representa cunha pausa no movemento dos bailaríns a fin de acentuar o síncope (desprazamento do acento rítmico do tempo forte ao tempo débil do compás).

Pacho Galán

Francisco "Pacho" Galán, nado en Soledad, Atlántico, o 3 de outubro de 1904 e finado en Barranquilla, o 21 de xullo de 1988, foi un músico e compositor colombiano, célebre por ter sido o creador do merecumbé. Así mesmo, creou máis de 10 ritmos bailábeis.

Plena (xénero musical)

A plena é un xénero musical portorriqueño nado no sector La Jolla del Castillo, no sureña aldea de Ponce, entre os anos de 1915 ao 1920. Ponce, polo seu gran movemento agrario, recrutaba obreiros nacionais e estranxeiros para o corte de cana e froitos. Dentro deste grupo de inmigrantes, chega un matrimonio das illas caribeñas, Barbados e Saint Kitts, de nomes, Anna Catherine George e John Clark. Este matrimonio trouxo na súa equipaxe unha guitarra e unha pandeireta e con estes instrumentos facían soar un ritmo musical moi parecido ao calipso do Caribe. Ao pouco, coa introdución de novos movementos musicais, pasou a coñecerse como plena portorriqueña, tanto no que atinxe á música coma ao baile.

Ranchera

A ranchera é un xénero musical popular orixinario de México. As súas orixes datan do século XIX, pero foi desenvolvido no teatro nacionalista do período postrevolucionario de 1910 e converteuse na icona da expresión popular de México, un símbolo do país, que foi espallado con salientábel éxito por varios países latinoamericanos, especialmente grazas ao cinema mexicano das décadas de 1940, 1950 e 1960, causando un profundo arraigamento entre os sectores populares e medios. Intérpretes de sona deste xénero son Pedro Infante, José Alfredo Jiménez ou Jorge Negrete, entre outros.

Requinto

O requinto é un instrumento aerófono que emprega unha lingüeta simple para producir o son. Pertence á familia do clarinete, está tamén afinado en si bemol, pero soa unha oitava máis aguda.

Rumba

A rumba é un xénero musical caracterizado polos ritmos baseados en instrumentos de percusión. Así mesmo a rumba pode facer referencia á canción e mais á danza relacionadas con esta música.

É orixinaria de Cuba, como combinación das tradicións musicais dos colonizadores españois e dos africanos traídos a Cuba como escravos. Trátase dun xénero musical carente de conexións relixiosas. O período de aparición da rumba data dos anos 1930 e 1940, sendo daquela a música popular de Cuba, tendo en parte evolucionado cara ao que hoxe recibe o nome de salsa.

Ska

O ska é unha fórmula musical autóctona de Xamaica que axunta elementos do mento e do calipso co jazz e o blues.

Orixinouse nos anos cincuenta e foi precursor do rocksteady e do reggae. Foi a música predominante entre a subcultura xamaicana dos rude boys. Na primeira vaga do ska destacaron Laurel Aitken, Desmond Dekker e The Pioneers, nunha segunda vaga nos anos setenta difundiuse no Reino Unido

Son montuno

O son montuno é un estilo de música cubana. Foi un dos xéneros que sentou as bases para o desenvolvemento do que a partir dos anos 70 se denominou pasou a coñecerese como música salsa. A pesar de que a salsa é unha mestura de ritmos antillanos, moitos din que se basea principalmente no son montuno de Arsenio Rodríguez. Arsenio inspirouse no guaguancó e acentuou a súa orquestración mediante o uso de trompetas e a introdución de novos instrumentos como a conga ou o piano. Tamén Benny Moré engadiu novas influencias ao son montuno, principalmente de elementos provenientes da guaracha e o bolero.

Timbal

O timbal é un instrumento de percusión consistente nun tambor cilíndrico dun só parche empregado decote nas músicas orixinarias de América Latina.

Timbaleta

As timbaletas son un instrumento de percusión. Consisten en dous pequenos tambores unidos e polo xeral montados sobre un atril metálico. Estes tambores son de metal con cabezas afinábeis de pel (membranófono). A membrana non sobresae polo aro que a suxeita. A pel sobrante queda no interior. Trátase dun instrumento moi recorrido na música folclórica latinoamericana.

Ritmos e xéneros músicais latinoamericanos e caribeños en xeral
Xéneros
Raíces da Salsa
Instrumentos musicais
Intérpretes e compositores

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.