Outono

O outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de xuño no hemisferio sur e o 21 de decembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio sur e setembro, outubro e novembro no hemisferio norte.

Alegoría do outono no pazo de Lóngora
Alegoría do outono no pazo de Lóngora.
FL autumn leaves
Follas secas.

Outono na cultura galega

Na sociedade tradicional galega "outono" era en moitos puntos propiamente o nome que recibía o mes de outubro, mentres a estación denomínabase nos primeiros meses primavera de outono[1] ou verán de San Martiño para o comezo do mes de novembro.

Notas

  1. Fernández Rei, F.: "As estacións do ano en galego: o inverno, o verán e as primaveras", en Homenaxe a R. Tato Plaza, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 134 e ss.

Galería de Imaxes

Cogumelos e castañas

Cogumelos e castañas

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alvia

O Alvia é un servizo ferroviario de longa distancia de Renfe Operadora. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería.

Apoptose

A apoptose é o principal tipo de morte celular programada, é un xeito de "autodestrución celular" que require enerxía e síntese proteica para a súa execución. Está relacionada coa homeostase na regulación fisiolóxica do tamaño dos tecidos, exercendo un papel oposto ao da mitose. O termo é derivado do grego, que se refería á queda das follas das árbores no outono - un exemplo de morte programada fisiolóxica e axeitada que tamén implica a renovación.

Ocorre no desenvolvemento embrionario, na organoxénese, na renovación de células epiteliais e hematopoéticas, na involución cíclica dos órganos reprodutivos da muller, na atrofia inducida pola remoción de factores de crecemento ou hormonais, na involución de algúns órganos e aínda na regresión de tumores. Por tanto consiste nun xeito de morte programada, desexábel e necesaria que participa na formación dos órganos e que persiste nalgúns sistemas adultos como a pel e o sistema inmunolóxico.

Como a apoptose é a principal forma de morte celular programada, moitas veces ambos os termos aparecen usados como sinónimos. Non obstante, conforme se descubriron novos tipos de morte celular programada, este termo foi adquirindo un significado amplo. A apoptose denomínase tamén morte celular programada de tipo I.

Caducifolio

Aplícase o adxectivo caducifolio (do latín decidere, caer) ás árbores ou arbustos que perden a súa follaxe durante unha parte do ano, a cal coincide na maioría dos casos coa chegada da época desfavorable, a estación máis fría nos climas temperados ou polares; algunhas árbores perden a follaxe durante a época seca do año nos climas áridos. Estas árbores coñécense, tamén, como árbores de folla caduca ou deciduas.

Moitas árbores e arbustos caducifolios florecen durante este período, xa que isto aumenta a efectividade da polinización. A ausencia de follas beneficia a dispersión do pole polo vento ou, no caso das plantas polinizadas por insectos, consegue que as flores sexan máis visibles por estes. Así e todo, esta estratexia non carece de riscos, xa que as flores poden resultar danadas pola xeada.

Cando as follas das árbores e arbustos caducifolios finalizan o período vexetativo e co cambio de cor da follaxe fican na árbore de nomínanse marcescentes. Dáse case sempre durante toda a estación fría (outono e inverno) até practicamente a saída das follas novas na seguinte primavera. É común en moitas especies de carballos, especialmente no cerquiño(Quercus pyrenaica), o (Quercus faginea), numerosos pés de faia (Fagus sylvatica) e mailos carpes (Carpinus ssp.). No sur de Galicia ás veces tamén se dá no carballo común.

Calendario chinés

O calendario chinés (chinés tradicional:農曆; chinés simplificado: 农历; pinyin: nónglì) é un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega calendario solar.

O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.

Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.

Calendario hebreo

O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.

A forma "moderna" é o chamado calendario lunisolar, semellante ao calendario chinés, que mide os meses segundo os ciclos lunares e os anos tendo en conta os ciclos solares, distinto do calendario islámico puramente lunar e do calendario gregoriano case enteiramente solar. Pola diferenza de 11 días entre doce meses lunares e un ano solar, o calendario repítese nun ciclo de 19 anos de 235 meses lunares, cun mes lunar extra cada dous ou tres anos, cun total de sete veces cada dezanove anos. Como o calendario hebreo foi desenvolvido na zona sur-leste do Mar Mediterráneo, as referencias ás estacións reflicten os tempos e o clima do hemisferio norte.

Cogomelo

Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).

A época na que se fan visíbeis en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o champiñón e o pleuroto) son cultivábeis todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (níscaro, boleto, matacandil etc.) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestíbel moi común no noso país é a zarrota.

A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.

Concilio Vaticano Segundo

O Concilio Vaticano Segundo ou Segundo Concilio Ecuménico do Vaticano foi un Concilio ecuménico da Igrexa católica, comezado baixo o papado de Xoán XXIII (1962) e finalizado con Paulo VI en 1965.

Equinoccio

Os equinoccios son os dous puntos de intersección do plano da eclíptica co plano ecuatorial da esfera celeste, isto prodúcese dúas veces ao ano, nos chamados primeiros Puntos de Aries e Libra.

Tamén se pode definir como as dúas datas do ano nas que a órbita da Terra arredor do Sol (a eclíptica) atravesa o plano orbital da Terra en relación ao fondo de estrelas, ou ecuador celeste, e polo tanto, o Sol está á mesma distancia do Polo norte e sur terrestres.

Horario de verán

O horario de verán é a convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos. Normalmente os reloxos adiántanse unha hora a principios da primavera e atrásanse en outono (na UE faise o último domingo de marzo e o último domingo de outubro). Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas no verán. O horario de verán moderno estableceuse por primeira vez en 1916 durante a Primeira Guerra Mundial para aforrar carbón. A pesar das controversias, moitos países empregárono desde entón. En Galicia, pola súa situación xeográfica dentro da UE, a diferenza respecto da hora solar é de dúas horas no inverno e tres no verán.

Engadir tempo de luz diúrna ás tardes beneficia o comercio, a práctica deportiva e outras actividades que se benefician da presenza de luz tras a xornada laboral pero pode ocasionar problemas á agricultura e a outras ocupacións que dependan do tempo solar. O incremento de luz vespertino ao parecer diminúe os accidentes de tráfico, pero os seus efectos sobre a saúde e o crime están menos claros. Dise que mediante o horario de verán afórrase enerxía eléctrica ao reducirse a necesidade de iluminación artificial, pero as evidencias que o apoian son febles.

Inverno

O inverno é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Comeza ó remate do outono, no hemisferio norte o día 21 de decembro e remata o 20 de marzo, para dar paso á primavera. A característica astronómica é que nese período o ángulo formado pola liña Terra-Sol e centro da Terra-Polo Norte pasa do mínimo (23º 26', solsticio de inverno) a 90º (equinoccio de primavera). En Galicia caracterízase principalmente pola importante baixada das temperaturas, o que unido ás altas precipitacións dan lugar a habituais neves en zonas de certa altitude.

Na astronomía chinesa (e doutros países asiáticos), considérase que o inverno comeza arredor do 7 de novembro, co Jiéqì, coñecido como 立冬 lì dōng, "establecemento do inverno".[Cómpre referencia]

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Mes

Un mes é unha unidade de tempo en que se dividen os anos e que se compón dunha cantidade variable de días, entre 28 e 31.

Ocaso

Un astro está no ocaso cando atravesa o plano do horizonte pasando do hemisferio visible ao non visible -nas latitudes meridionais-, é dicir, cando a súa altura é cero en relación á liña do horizonte, pasando de positiva a negativa. No caso do Sol chamase solpor e determina o fin do día. O antónimo de ocaso é orto.

Na Grecia clásica as deusas do solpor eran as Hespérides (a súa nai Nicte; noutra versión Hesperis ou Hesperius; ou o seu pai Hesperus ou Hesperos son a personificación da Noite), mentres que Aurora era a deusa do amencer.

Tecnicamente o ocaso comeza cando o limbo inferior da esfera helíaca toca e desaparece tanxente ao horizonte oeste local, e remata cando o limbo superior da esfera helíaca desaparece tanxente ao horizonte oeste local.

O crepúsculo que ocorre despois do solpor é coñecido informalmente como "entre lusco e fusco" (entre o día e a noite).

As estrelas circumpolares ao estar situadas nas latitudes homónimas (circumpolares) non teñen ocaso nin orto. En relación ao Sol nas latitudes polares prodúcese unha noite de seis meses (non se ve o Sol no ceo) e un día de outros seis (o Sol esta sempre por riba do horizonte), isto é, o orto ou o ocaso coincide cos equinoccios (de primavera e outono), e o mediodía ou a medianoite coincide cos solsticios de verán e inverno. Así, no polo norte o orto prodúcese co equinoccio de primavera, o mediodía co solsticio de verán, o ocaso co equinoccio de outono, e a medianoite co solsticio de inverno (no polo sur é a inversa).

Co transcurso do ano, o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon nas latitudes medias. Nos equinoccios ponse polo oeste, sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.

En primavera e verán para o hemisferio norte ponse entre o oeste e o norte (declinación positiva); en outono e inverno o seu ocaso é entre o oeste e o sur (declinación negativa). Simultaneamente, para o hemisferio sur é outono e inverno (ocaso entre o oeste e o norte) ou primavera e verán (ocaso entre o oeste e o sur).

Organización Republicana Gallega Autónoma

A Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) foi un partido político galego, de carácter republicano e autonomista que se fundou no outono de 1929 na Coruña coa participación das Irmandades da Fala locais e o Casino Republicano dirixido por Santiago Casares Quiroga, quen se converteu no seu principal dirixente a pesar de seren maioritarios os galeguistas nun primeiro momento, o que explica que no seu primeiro manifesto a ORGA reclamara unha república federal e que cando o sector galeguista quedou en minoría a ORGA defenda o autonomismo, inda que mornamente.

Outubro

Outubro é o décimo mes do ano no Calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome vén de ter sido o oitavo mes do calendario romano.

En Galicia recibe tamén o nome de outono.

Outubro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de outubro, ou outono, na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Outros nomes populares do mes de outubro son os de San Lucas e o de mes do rosario .

Raíz

A raíz é un órgano das plantas, carente de follas, que serve para fixar a planta ó chan, de onde absorbe as materias nutritivas para o seu crecemento. Amais de absorber auga e sales minerais, ten outras dúas funcións: fixar firmemente a planta ao solo e almacenar substancias de reservas.

É común pensar que ás árbores, en especial as grandes, teñen unhas raíces moi profundas; mais é falso. As raíces teñen un crecemento en dirección inversa ás das pólas. Se estas medran en vertical, as raíces fano en horizontal. As raíces dunha árbore de sesenta metros non profundan na terra máis de tres metros; en cambio, esténdense horizontalmente por un terreo semellante a un campo de fútbol.

A pesar de estaren normalmente as raíces soterradas, estas necesitan osíxeno (o que hai na terra) para sobrevivir. De aí que sexa moi pouco frecuente que haxa árbores que poidan vivir en terreos anegados (os mangleiros tropicais), pois a auga impide a presenza de osíxeno no solo. As árbores que son quen de medrar en terreos pantanosos teñen dous tipos de raíces:

Unhas que descenden en arco desde o tronco e ancoran a árbore na lama.

Outras, denominadas pneumatophoros ou raíces respiratorias, expostas ó aire para captar osíxeno.No outono, nas zonas temperadas do planeta, dáse a caída da folla e, tamén, a morte de tódolos pelos das raíces.

SIMBAD

SIMBAD (the Set of Identifications, Measurements, and Bibliography for Astronomical Data) é unha base de datos astronómicos de obxectos fóra do sistema solar. Pertence ó Centro do datos astronómicos de Estrasburgo (CDS), Francia.

SIMBAD foi creado para combinar o Catálogo de Identificacións Estelares (Catalog of Stellar Identifications, CSI) co Índice Bibliográfico de estrelas (Bibliographic Star Index) existentes en Meudon, un centro de computación creado en 1979, e ampliado máis tarde con fontes adicionais doutros catálogos e literatura científica. A primeira versión interactiva, coñecido como a versión 2, tornouse dispoñible en 1981. A versión 3, desenvolvida en linguaxe C e cargado para dispositivos UNIX no observatorio de Estrasburgo, foi presentado en 1990. En outono de 2006, comezou o lanzamento da versión 4 da base de datos, actualmente gardados no PostgreSQL, e con programación de apoio escrita completamente en Java.

O 14 de xuño de 2007, SIMBAD contiña información 3.824.195 obxectos con 11.200.785 nomes, e 209.451 referencias bibliográficas e 5.455.841 citas bibliográficas.

O asteroide 4692 SIMBAD (1983 VM7) recibiu o seu nome.

Verán

O verán (normalmente pronunciado v'ran ou v'rao) ou estío é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.

Climaticamente, caracterízase por temperaturas máis elevadas, ó incidir o Sol durante máis tempo e máis perpendicularmente á superficie terrestre.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.