Outes

Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2018 tiña 6.412 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «outés» ou «outense» [4].

Coordenadas: 42°51′0″N 8°54′0″O / 42.85000, -8.90000

Outes
Escudo de Outes
Serra de Outes Casa do concello
Casa do Concello.
Situacion Outes
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Noia
Poboación6.412 hab. (2018)
Área99,7 km²
Densidade64,31 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias
Capital do concelloA Serra de Outes
Política (2019[2])
AlcaldeManuel González López (CO)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 1
Outros: CO 5
Eleccións municipais en Outes
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes87,55%
Na rede
www.outes.gal
concello@outes.es

Xeografía

Outes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao sur co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal está na Serra de Outes.

Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que rondan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto.

Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán soben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón das Azores.

Historia

O territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización e a chegada dos suevos. Na idade media a zona sufriu os ataques de viquingos e piratas musulmáns, problema resolto polo arcebispo Diego Xelmírez ao equipar unha frota[5].

Economía

Na economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandería e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandería, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.

O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: serradoiros, estaleiros, formigón e construción.

Demografía

A cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.

Censo total 2014 6.804 habitantes
Menores de 15 anos 578 (8.49 %)
Entre 15 e 64 anos 3.974 (58.41 %)
Maiores de 65 anos 2.256 (33.16 %)
Evolución da poboación de Outes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
9.160 10.025 11.303 10.128 8.050 7425 7243 7.192 7.010 6804 6691 6606 6514 6412
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

O poeta Francisco Añón, un dos precursores do Rexurdimento galego, era da aldea de Boel.[6] Entre outras actividades, o concello organiza anualmente o Certame de Poesía Francisco Añón.[7] A súa irmá foi Nicolasa Añón, e hai uns anos[cando?] atopáronse uns manuscritos con poemas da súa obra e a Asociación Cultural Terra de Outes publicou un libro profundizando na súa historia.[8]

No 1905 nace Arximiro Suárez, un destacado mestre e pintor da comarca.

O sombreiro de labranza sancosmeiro, orixinario da parroquia de Santo Ourente de Entíns, é un símbolo de identidade do municipio.[9] Durante moitos anos o maior galardón entregado polo concello era o Sancosmeiro de Ouro, un certame anual que escollía o premiado no pleno municipal.[10]

[11]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Outes.
Outes.Galiza.05

"Marea da Serra" (Forma parte do LIC Esteiro do Tambre)

Outes.Galiza.06

Avd do Rocío (Estrada AC-550)

Néboa na costa. Peirao do Freixo de Sabardes. Outes. Galiza

Peirao, con néboa, do O Freixo de Sabardes, Outes.

Lugares de Outes

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 56. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  5. Illa da Creba na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.
  6. "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Consultado o 2018-10-09.
  7. "Certame de Poesía Francisco Añón | ::Axenda cultural AELG::". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2018-10-10.
  8. Vicente Abelleira Cambeiro (2014-06-12). "Terra de Outes-Presentación do libro de poesías de Nicolasa Añón". Consultado o 2018-10-10.
  9. "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Consultado o 2018-10-10.
  10. "Las asociaciones parroquiales de Outes recibirán el San Cosmeiro de Ouro". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-06-30. Consultado o 2018-10-10.
  11. "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Consultado o 2018-10-09.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Serra de Outes, Outes, Outes

A Serra de Outes é unha vila da parroquia de Outes, no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o IGE, en 2012 tiña 1146 habitantes (549 homes e 597 mulleres).

É o lugar máis poboado e a capital do concello. Localízase ao sur do municipio.

Boel, Outes, Outes

Boel é un lugar da parroquia de Outes no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 126 habitantes (56 homes e 70 mulleres).

Buíste, Santo Ourente de Entíns, Outes

Buíste é un lugar da parroquia de Santo Ourente de Entíns no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres).

Cabana Moura, Santo Ourente de Entíns, Outes

Cabana Moura é un lugar da parroquia de Santo Ourente de Entíns no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 36 habitantes (16 homes e 20 mulleres).

Cando, Outes

San Tirso de Cando é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o IGE en 2011 tiña 833 habitantes (421 mulleres e 412 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.015 habitantes.

Comarca de Noia

A comarca de Noia é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Noia. Pertencen a esta comarca os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

Entíns, Outes

Santa María de Entíns é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 177 habitantes (85 mulleres e 92 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 230 habitantes.

Francisco Añón

Francisco Añón Paz, nado en Boel, San Pedro de Outes, o 9 de outubro de 1812 e finado en Madrid o 20 de abril de 1878, foi un poeta e xornalista galego precursor do rexurdimento cultural galego do século XIX. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1966.

Matasueiro, Outes

San Lourenzo de Matasueiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 213 habitantes (98 homes e 115 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

O lugar de Matasueiro atópase a 5 km da capital do concello, A Serra, en dirección Pino do Val (Mazaricos), a carón do río Entíns.

O Brenzo, Santo Ourente de Entíns, Outes

O Brenzo é un lugar da parroquia de Santo Ourente de Entíns no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 7 habitantes (3 homes e 4 mulleres).

O Freixo de Sabardes, Outes

San Xoán do Freixo de Sabardes é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 973 habitantes (475 homes e 498 mulleres), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 1.283 habitantes.

O Vilar, Santo Ourente de Entíns, Outes

O Vilar é un lugar da parroquia de Santo Ourente de Entíns no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 37 habitantes (15 homes e 22 mulleres).

Os Casais, Santo Ourente de Entíns, Outes

Os Casais é un lugar da parroquia de Santo Ourente de Entíns no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 17 habitantes (11 homes e 6 mulleres).

Outes, Outes

San Pedro de Outes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Outes na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 1.909 habitantes (999 mulleres e 910 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación.

A capital do concello de Outes, áchase no lugar desta parroquia da Serra de Outes, única entidade de poboación do concello con categoría de entidade singular (urbana).

Roo, Outes

San Xoán de Roo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 736 habitantes (356 homes e 370 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 907 habitantes.

San Cosme de Outeiro, Outes

San Cosme de Outeiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 743 habitantes (338 homes e 405 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 937 habitantes.

Santo Ourente de Entíns, Outes

Santo Ourente de Entíns é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 753 habitantes (342 homes e 411 homes) distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.001 habitantes.

No lugar de Banzas atopouse unha ara votiva romana, conservada no Museo do Pobo Galego.

Tarás, Outes

San Xián de Tarás é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 326 habitantes (155 homes e 171 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 387 habitantes.

Valadares, Outes

San Miguel de Valadares é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 382 habitantes (179 home e 203 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 564 habitantes. A súa superficie é de 16.55 quilómetros cadrados, sendo a segunda parroquia do concello en superficie, mais só a sétima en poboación. Sitúase ó noroeste do concello, lindando co concello de Mazaricos e coas parroquias de San Lourenzo e Outes.

Parroquia Onomástica Data
Tarás San Xián 9 de xaneiro
Cando San Tirso 28 de xaneiro
Roo San Xoán 24 de xuño
Outes San Pedro 29 de xuño
Matasueiro San Lourenzo 10 de agosto
Entíns Santa María 15 de agosto
Santo Ourente de Entíns Santo Ourente 26 de agosto
San Cosme de Outeiro San Cosme 27 de setembro
Valadares San Miguel 29 de setembro
Freixo de Sabardés San Xoán Evanxelista 27 de decembro
Nome da festa Tipo Data Descipción
Santiaguiño Festa grande do concello 25 de xullo (Adoita comezar antes)
San Cristovo Festa municipal Domingo mais próximo ao día do Apóstolo. Festa con gran valor tradicional no concello. Desfile de vehículos engalanados e sardiñada popular.
San Campio Romaría 29 de setembro Unha das romarías mais famosas da zona. A tradición conta que o santo axuda ás persoas con enfermidades nerviosas ou mentais (mal cativo) ou o demo metido no corpo.
Pampallín Festa tradicional/Verbena 30 de Abril Unha das festas que quizais sexan mais ancestrais aínda que ultimamente non se conserve debidamente a tradición. Unha festa de fertilidade para a colleita e que xira arredor do poder do lume.
Festa da vitalla Irmandamento con Boticas Primeira quincena de setembro Cociñeiros do pobo irmandado veñen á horta do muiño a preparar carne de becerro asado.
Amencer Musical de Broña Festival musical Primeiro sabado de agosto

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.