Outeiro de Rei

Outeiro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o INE en 2016 tiña 5.047 habitantes (4.695 no 2006, 4.645 no 2005, 4.528 no 2004, 4.428 no 2003).

Coordenadas: 43°6′6.63″N 7°36′49.63″O / 43.1018417, -7.6137861

Outeiro de Rei
Escudo de Outeiro de Rei
Casa do Concello de Outeiro de Rei
Casa do Concello.
Situacion Outeiro de Rei
Situación
Xentilicio[1]outeirao / outeirés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Lugo
Poboación5.093 hab. (2018)
Área134,2 km²
Densidade37,95 hab./km²
Entidades de poboación-
Capital do concelloOuteiro de Rei
Política (2019 [2])
AlcaldeJosé Pardo Lombao (PPdeG [3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Outeiro de Rei
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes65,25%
Na rede
www.outeiroderei.org

Historia

Hai indicios no concello da existencia de poboación dende o paleolítico. Na zona de Silvarrei localizouse un bifaz de tipo Achelense. Da época megalítica (4.000-2.000 antes da era actual) hai grande número de mámoas localizadas no termo municipal como a Medorra da Pedra Dereita en Martul. Os enxovais encontrados nos monumentos funerarios consérvanse na actualidade en museos e coleccións privadas, e os gravados rupestres ou petróglifos nos seus montes, amosan a presenza dunha poboación bastante numerosa e activa.

As evidencias arqueolóxicas e os achados evidencia que a zona estivo continuamente habitado. Primeiro, pola poboación castrexa. Ningún dos castros foi escavado, Castro de Candai.

A ocupación romana chegou despois da fundación de Lugo deron o nome de Octodorum á zona pola que pasaba a vía romana XX, Braga-Astorga. A romanización chegou aos castros como o castro de Tourón ou o castelo do Picato. Construción de dúas vías que atravesaban o citado Outeiro de Rei así como a constitución de algunha casa de campo agropecuaria ou "villae" na parroquia de Vilela u poboados sen fortificar "vici" como é o caso da actual Santa María de Cela, entón chamada Augas Celenas. En 1909 atopouse unha ara adicada ao deus Lucoubu en Sinoga (Santa Mariña), hoxe no Castelo de Santo Antón.

A época sueva supuxo a organización do territorio en condados, pasando oa denominado condado de Superata (Sobrada). A aldea de Astaríz (Caboi) era Coto Real e tiña as súas propias autoridades.

No século XV co bispo lucense Odoario viviuse o máximo esplendor. Estaba organizado en dúas xurisdicións: Sobrada de Aguiar (señorío de Pedro Freire) e Outeiro de Rei (señorío do Conde de Lemos). Outeiro de Rei era privilexio de Isabel a Católica do 1501, converteuse no berce dalgunhas das principais liñaxes nobiliarias de Galiza, entre as que destacan os Gayoso, os Montenegro ou os Aguiar. Estes construíndo os castelos-fortalezas e rematada a inestabilidade medieval do século XVI, fixeron a transformación a civil da arquitectura militar, xurdindo os pazos e casas señoriais.

A proximidade á cidade de Lugo supuxo unha concentración de casas señoriais:

  • Pazo de Mirapeixe (Santa Mariña), orixe dos Gayoso.
  • Casa Forte de Outeiro de Rei, orixinaria do século XV da familia irlandesa O´Kelly e posteriormente dos Gayoso.
  • Casa-torre da Barreira do 1575.
  • Pazo de Guevara, de finais do século XVII dos Pardo-Rivadeneira.

En Outeiro de Rei hai vinte e sete igrexas e dez capelas, construídas a maior parte delas entre os séculos XVII e XVIII. Os templos de Francos, Martul e Robra son de orixe románica con modificacións posteriores mantendo pequenas construcións primitivas[5].

Poboación

Censo total 2016 5.047 habitantes
Menores de 15 anos 559 (11,08%)
Entre 15 e 64 anos 3.201 (63.47 %)
Maiores de 65 anos 1.283 (25,4 %)
Evolución da poboación de Outeiro de Rei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.903 6.536 5.904 5.109 4.528 4.936 5.001 5.046 5.098 5.083 5.068 5.043 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

  • A poboación ocupada no sector servizos é maioría 48,47 %
  • Sector secundario 30,17 %
  • Sector primario, que segue a ter un peso relevante na economía municipal da emprego ao 21,3 %

As principais industrias do concello son:

  • Na parroquia de Robra a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.L. ten instalada unha central eléctrica aproveitando o Salto do Piago.
  • Zona Industrial de Outeiro de Rei, alí están as empresas: Coren, Norpresa, Polinox ou Ben Alonso.
  • Na N-VI está Corporación Alimentaria Peñasanta e Alimentos Lácteos S.A.[6]

Parques zoolóxicos

Neste municipio pódense atopar dous parques zoolóxicos: Marcelle Natureza e Avifauna.

Lugares de Outeiro de Rei

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outeiro de Rei vexa: Lugares de Outeiro de Rei.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Outeiro de Rei.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Outeiro de Rei". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Historia. Concello de Outeiro de Rei
  6. Situación económica do Concello
Arcos, Outeiro de Rei

San Pedro de Arcos é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 67 habitantes, deles 37 eran homes e 30 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Aspai, Outeiro de Rei

San Cibrao de Aspai é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 104 habitantes, deles 50 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Bonxe, Outeiro de Rei

San Mamede de Bonxe é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 448 habitantes, deles 314 eran homes e 134 eran mulleres, o que supón un incremento de 182 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Candai, Outeiro de Rei

San Vicente de Candai é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 40 eran homes e 48 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca de Lugo

A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo. A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.

Folgueira, Outeiro de Rei

San Nicolás de Folgueira é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 50 habitantes, deles 27 eran homes e 23 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Guillar, Outeiro de Rei

San Martiño de Guillar é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 721 habitantes, deles 386 eran homes e 335 eran mulleres, o que supón un incremento de 33 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Mosteiro, Outeiro de Rei

San Salvador de Mosteiro é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 118 habitantes (60 homes e 58 mulleres), os mesmos ca o ano anterior.

Outeiro de Rei, Outeiro de Rei

San Xoán de Outeiro de Rei é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 556 habitantes, deles 264 eran homes e 292 eran mulleres, o que supón un incremento de 100 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Parada, Outeiro de Rei

San Xoán de Parada é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 95 habitantes, deles 51 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Robra, Outeiro de Rei

San Pedro Fiz de Robra é unha parroquia do concello lugués de Outeiro de Rei na comarca de Lugo. No ano 2015 contaba segundo o IGE con 401 habitantes, deles 195 eran homes e 206 eran mulleres, o que supón un aumento de 7 habitantes en relación ao ano 2007.

San Fiz de Paz, Outeiro de Rei

San Pedro Fiz de San Fiz de Paz é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 188 habitantes, deles 104 eran homes e 84 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Lourenzo de Aguiar, Outeiro de Rei

San Lourenzo de Aguiar é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 116 habitantes, deles 63 eran homes e 53 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Santiago de Gaioso, Outeiro de Rei

Santiago de Gaioso é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 176 habitantes, deles 94 eran homes e 82 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Silvarrei, Outeiro de Rei

San Xoán de Silvarrei é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 365 habitantes (187 homes e 178 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Sobrada de Aguiar, Outeiro de Rei

Santa María Madanela de Sobrada de Aguiar é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 146 habitantes, deles 72 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Taboi, Outeiro de Rei

San Pedro de Taboi é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 87 habitantes (47 homes e 40 mulleres), catro menos ca en 2006.

Vicinte, Outeiro de Rei

Santa María de Vicinte é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 96 habitantes (54 homes e 42 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Vilela, Outeiro de Rei

Santiago de Vilela é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 168 habitantes, deles 86 eran homes e 82 eran mulleres, o que supón unha diminución de 0 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.