Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria[4].

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Coordenadas: 42°19′48″N 07°52′12″O / 42.33000, -7.87000

Ourense
Bandeira de Ourense
---
Escudo de Ourense
Ponte Vella.
Catedral. Fonte na Praza do Ferro.
Praza Maior.
1. Ponte Vella. 2. Catedral de Ourense. 3. Fonte na praza do Ferro. 4. Praza Maior.
Situacion Ourense
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación105.505 hab. (2018)
Área84,5 km²
Densidade1.248,58 hab./km²
Entidades de poboación21 parroquias
Capital do concelloOurense
Política (2019[2])
AlcaldeGonzalo Pérez Jácome (DO)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 9
Outros: D.O. 7, C'S 2
Eleccións municipais en Ourense
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes34,03%
Na rede
www.ourense.gal

Xeografía

Vista aérea de Ourense 1
Vista aérea da cidade.

O concello ten 85,2 km², e atópase a unha altura de 135 metros sobre o nivel do mar[5].

Clima

A situación climatolóxica de Ourense é moi especial. Conta cun clima oceánico cunha forte influencia do clima continental. A situación xeográfica da cidade, metida nun val, fai que os veráns sexan dunha extrema dureza acadando a maioría das veces temperaturas superiores aos 35 °C en verán. En inverno as temperaturas son baixas, aínda que a maioría das veces non baixan dos 0 °C. A temperatura máxima máis alta rexistrada na historia foi de 42,6 °C en xullo de 1990 e a temperatura mínima máis baixa foi de -8,6 °C o día de Nadal de 2001.

Praza Maior de Ourense
Praza Maior.

Demografía

Segundo datos do INE do 2006, o concello de Ourense conta con 107.057 habitantes situados polo centro urbano (99.791 hab.) e as 21 parroquias das que consta o concello (7.266 hab). A densidade de poboación é de 1.266,95 hab./km².

Censo total en 2016 105.893 habitantes
Menores de 15 anos 13.672 (12,91 %)
Entre 15 e 64 anos 66.112 (62,43 %)
Maiores de 65 anos 26.109 (24,66 %)
Evolución da poboación desde 1900 ata 2008
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008

15.194

15.998 17.581 21.579 28.397 55.574 64.153 73.379 96.085 108.382 109.051 107.057

Historia

Artigo principal: Historia de Ourense.
Xardíns das Burgas II
Xardín das Burgas.

Aínda que había asentamentos castrexos á beira do Miño e do Loña como os de Valdegola, Oira e San Tomé a cidade ten a súa orixe no asentamento romano a carón das Burgas e da guarnición da ponte romana.

Situada preto da Vía Nova que unía Bracara Augusta (hoxe Braga en Portugal) con Asturica Augusta (hoxe Astorga) a cidade mantivo importancia tras a época romana pola súa ponte e situación central na antiga Gallaecia. Foi corte real dos suevos crese que durante o reinado de Carriarico/Teodomiro que foi o que fundou a primeira igrexa dedicada a San Martiño de Tours.

Tras as incursións árabes e normandas do século X, iníciase unha lenta recuperación. En 1084 o bispo Ederonio restaura a catedral, hoxe Igrexa de Santa María Nai. Mais será durante o bispado de Lourenzo de Ourense cando dona Tareixa de Portugal concede a xurisdición da cidade ao bispo e aos seus sucesores en 1122 situación que se mantería ata o século XVII.

Ao longo da Idade Moderna Ourense foi cidade de cregos, nobres e funcionarios, sendo a súa industria a do viño, que se mantivo ata as pragas de finais do XIX. Neste século a cidade vai incrementar a súa poboación coa construción da estrada Villacastín-Vigo, e a nova liña férrea Monforte-Vigo tamén fai medrar a cidade, que se espalla máis aló da tradicional zona vella.

Durante o século XX este crecemento mantívose: Ourense continuou a ser o centro administrativo da provincia gañando un notable pulo comercial ligado a emigración procedente de Zamora, Logroño e León que aparece atraída polas novas vías de comunicación.

Actualmente Ourense é un importante nó de comunicacións onde se cruzan tres autoestradas, catro Estradas Nacionais, así como catro vías de ferrocarril. A Estación de Ourense - Empalme, unha das dúas coa que conta a cidade, é a máis importante de Galicia, dende onde se centraliza todo o tráfico ferroviario do noroeste da península.

Toponimia

Bautizada polos romanos como "A cidade de ouro" (Auriense) pola súa abundancia neste metal precioso, foi unha importante cidade da provincia romana de Hispania ata que se esgotaron as súas reservas deste mineral, que se atopaba no río Miño. Un topónimo relacionado é o da próxima praia fluvial de Oira, que segundo outra hipótese é a orixe da forma latinizada Auriense por engadirlle o sufixo -(e)nse a un posible prerromano Oira.

Tamén se cre que o nome da cidade vén do latín aquae urente ("augas abrasadoras"), ou do xermánico Warmse ("lago quente"), polas coñecidas fontes de augas termais, As Burgas, (nome derivado do latín burca que significa "pía"), unha das moitas que existen no Concello.

Patrimonio

Catedral de Ourense - Cabeceira
Cabeceira da catedral.
Fonte na praza do Ferro Ourense
Fonte na praza do Ferro.

Ourense dispón dun amplo patrimonio histórico entre o que cabe destacar os seguintes monumentos e lugares:

Pontes e pasarelas

  • Ponte do Milenio
  • Ponte de Loña
  • Ponte Maior (BIC). Da primeira ponte da época de Augusto só quedan algunhas pedras nas bases. No século XII reconstruíse dando o perfil actual co arco apuntado, pero as novas ruínas teñen que esperar ao século XVII, no que Melchor de Velasco Agüero aplica a solución definitiva. A torre que aparece no escudo da cidade foi demolida no século XIX.
  • Ponte Nova
  • Ponte do Ribeiriño
  • Pasarela de Oira
  • Pasarela de Outariz

Teatros e cines

  • Teatro principal
  • Auditorio provincial de Ourense
  • Galicine

Museos

  • Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
  • Museo Municipal de Ourense
  • Museo Catedralicio de Ourense, de arte sacra.
  • Museo Internacional de Cornamusas, exposición de gaitas e cornamusas procedentes de todo o mundo.
  • Centro de exposicións Caixanova, exposicións temporais nas que teñen cabida todo tipo de manifestacións artísticas, con especial presenza das artes plásticas.
  • Colección de trens Fernández Pacheco Outeiriño, reflicte a historia e evolución do ferrocarril universal a través de máis de 4.000 pezas.

Símbolos

O escudo de Ourense está formado por un fondo de prata sobre ondas de azur e prata que representan á auga, sobre a auga aparece unha ponte de ouro de cinco arcos. Na parte esquerda do escudo, sobre a ponte, aparece un castelo macenado de sabre e aclarado de goles. Á dereita do escudo pódese ver un león completamente dourado que terma dunha espada do mesmo metal. No centro do escudo apréciase unha coroa real pechada. Finalmente, o escudo está timbrado por unha coroa real, forrada de goles, ou vermello, pechada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumados de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, e de cruz de ouro.

Política

Ourense, Pazo de Xustiza
Pazo de Xustiza.
Artigo principal: Eleccións municipais en Ourense.
Véxase tamén: Alcaldes de Ourense.

Ourense é a capital da provincia, así mesmo cabeceira dunha comarca e partido xudicial. Ourense é a sede da Audiencia e Xulgados Provincias, a Deputación Provincial de Ourense, as delegacións da Xunta de Galicia e de varios organismos da Administración Xeral do Estado como a Subdelegación do Goberno, a Comisaría da Policía Nacional, o INSS e outros.

Tras as eleccións municipais do 2007 o goberno da cidade desempéñao unha coalición do PSdeG e o BNG, tras a dimisión o 29 de setembro de 2012 do socialista Francisco Rodríguez Fernández ocupou a alcaldía en funcións a segunda na lista Margarita Martín Rodríguez ata a elección o 10 de outubro de 2012 de Agustín Fernández Gallego, número tres da lista do PSdeG como novo alcalde. Nas eleccións municipais de 2015, Xesús Vázquez Abad foi elixido alcalde sen maioría simple.

Economía

A maior parte da cidadanía de Ourense traballa no sector servizos, aínda que tamén ten importancia o sector secundario, xa que a cidade conta con numerosas fábricas relacionadas coa química e os seus derivados. A cidade tamén recibe a influencia do Parque Tecnolóxico de Galicia, que aínda que non se atopa no concello de Ourense, achega grandes beneficios á cidade.

Infraestruturas de transportes

Estradas

O principal acceso á cidade é a autovía A-52 que comeza en Vigo, e logo de pasar O Porriño, Ribadavia e Ourense, diríxese cara a Verín, Pobra de Seabra e Benavente, onde desemboca na autovía A-6 a Madrid. Outro acceso é a AP-53 (chamada AG-53 nunha parte do seu percorrido) que procede de Santiago de Compostela e logo de pasar por Lalín xúntase coa A-52. Outras estradas de importancia son a N-120 que une Logroño e Vigo, pasando por Burgos, León, Ponferrada e Monforte de Lemos e que no futuro será a A-76; a N-525 que procede de Santiago e vai a Verín, e a N-540 que une Ourense con Lugo e que acaba 10 km ao norte da cidade na N-525 e que nun futuro será a A-56. Finalmente hai unha autovía urbana, a OU-11 que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro da cidade e a N-120 para desconxestionar os accesos á cidade.

Ferrocarril

A rede de ferrocarril ten o seu centro na estación do Empalme, aínda que hai unha segunda estación na cidade, a de San Francisco, onde paran trens rexionais a Pobra de Seabra. Tamén existe unha terceira estación, a de Santa Cruz de Arrabaldo, apeadoiro de trens rexionais situado na parroquia de Arrabaldo, fóra do núcleo urbano.

A estación de Ourense-Empalme é a máis importante da cidade e tamén de Galicia, debido á confluencia das liñas Santiago-Madrid e Monforte-Vigo, sendo o distribuidor máis importante da comunidade actualmente. A parte de ter servizos de Media Distancia, hai trens diarios a cidades como Madrid, Barcelona, Hendaia e Bilbao. Está previsto que en 2012 cheguen tamén á estación trens de alta velocidade.

Transporte público

En Ourense hai 28 liñas urbanas de autobús xestionadas pola empresa Urbanos de Ourense, que vertebran tódolos barrios da cidade. Unha delas, a liña 25, coñecida como Moucho Bus, circula só polas noites. A liña 19 une o centro da cidade coas termas de Outariz e coñécese como Tren turístico das Termas. Tamén hai servizo de taxis, que teñen paradas nos principais lugares da cidade.

Existe tamén varias liñas rexionais e nacionais de autobús que parten da estación de autobuses de Ourense.

Deporte

As institucións deportivas con máis tradición na cidade son:

Ourense na literatura

A cidade de Ourense aparece como espazo en varias novelas da literatura galega. Blanco Amor sitúa aquí varias das súas novelas, aínda que sen identificala directamente: na A esmorga, a cidade aparece baixo o nome de Auria; en Xente ao lonxe simplemente como A.

Tamén en Ourense están ambientadas Ilustrísima (Carlos Casares, 1980) e as novelas de Diego Ameixeiras Baixo mínimos (2004), O cidadán do mes (2006), Dime algo sucio (2009) e Historias de Oregón (2011, co nome ficticio de Oregón).

Na literatura popular

  • As nenas de Pontevedra/ son o mesmo cás de Ourense,/ son sen quitarlles nin porlles/ como tódalas mulleres.
  • De Castilla veu un peine/ que pasou por Benavente/ para peina-lo cabelo/ do Santo Cristo de Ourense [8].
  • Fun a Braga, fun a Ourense,/ tamén fun ó Limoeiro;/ non achei millor amigo/ que a bulsa do meu diñeiro [9].
  • Pasei a Ponte de Ourense,/ paseina de madrugada;/ topei un anelo de ouro/ i unha mazá colorada [10].
  • Pasei a Ponte de Ourense,/ queridiña, por te ver,/ o día que te non vexo/ non boto fabas ao pote [11].
  • Pasei a Ponte de Ourense/ e paseina dacabalo;/ vin unha troita no río/ i atireille cun zapato [12].
  • Quédate con Dios, Ourense,/ coas túas camas de seda,/ que eu voume pra miña terra/ dormir en palla centea [13].
  • Quédate con Dios, Ourense,/ coas túas ourensanas,/ que eu voume pra miña terra/ ver as miñas aldeanas [13].
  • Rapaces das Burgas/ calade un pouquiño,/ escoitade as coplas/ do noso Maíño [14].
  • Tres cousas hai en Ourense/ que non as hai en España:/ O Santo Cristo, a Ponte/ e a Burga fervendo auga.
  • Viva Cruña, viva Lugo,/ viva Ourense e Pontevedra,/ viva Galicia, irmauciños,/ que pra nós no’hai millor terra [15].

Cidades irmandadas

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ourense.
Ourense, concello 01-04b

Altitude 135 m.

Catedral Ourense

Vista da Catedral, desde a praza do Corrixidor.

Casa do concello de Ourense

Casa do concello.

Lugares de Ourense

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ourense vexa: Lugares de Ourense.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. "Auria é o nome máis antigo de Ourense, que quizais pervive en Oira" (Enciclopedia Galega Universal, s.v. "Auria"). Co nome de "Auria" designáronse varias publicacións editadas en Ourense: unha revista quincenal (1944-1946), outra mensual (marzo 1997) e un suplemento cultural do diario Faro de Ourense (novembro 1983). Finalmente, é tamén unha denominación literaria da cidade que empregou Eduardo Blanco Amor nas súas novelas A esmorga e La Catedral y el niño.
  5. Altitude indicada na placa altimétrica colocada na Casa do Concello.
  6. Fútbol, Ourense Club de. "Historia del club". Ourense Club de Fútbol (en castelán). Consultado o 2017-10-15.
  7. "HISTORIA | Unión Deportiva Ourense". Unión Deportiva Ourense (en castelán). Consultado o 2017-10-15.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 67. No orixinal: pasóu, peinalo.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 128. No orixinal: paséi. Refírese á ponte Maior, a Ponte Vella. O arco central da ponte foi reconstruída polo bispo Lourenzo (1218-1248), despois de moito tempo de estar caído. Mentres non se arranxou, o Miño cruzábase por dúas barcas, unha do concello, no mesmo lugar da ponte, e outra do Cabido, no Portovello. Xaquín Lorenzo transcribe unha cantiga asturiana que acredita a existencia desas barcas: “Pasé la barca de Orense,/ pasela de madrugada,/ pasela en el mes de enero/ cuando llovía y nevaba”, cantiga que pode falar daquel período de tempo da ponte caída ou ser máis moderna e falar doutra barca que cruzase o río durante momentos de reparacións ou interrupción do paso.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 128. No orixinal: paséi.
  13. 13,0 13,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 137.
  14. Xosé Filgueira Valverde: "A festa dos Maios", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos I, 1927, 141-203 [en facsímile I].
  15. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Boborás

Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boborao ou boborés.

Celanova

Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' ) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».

Coles

Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Comarca de Allariz - Maceda

A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Comarca do Carballiño

A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia. No ano 2014 tiña 13 899 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.

É o terceiro concello máis poboado da provincia tras Ourense e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, a 112 km da capital pola estrada N-120. Localizado no val do río Sil, rodeado por montañas.

O Carballiño

O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2018 tiña 13.939 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballiñés.

Parroquias de Galicia

Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o Nomenclátor oficial da Xunta, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ribadavia

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2018 tiña 5.028 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Nuvola apps kweather.png Parámetros climáticos medios de Ourense (1931-1960)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media (°C) 6,9 7,7 10,8 12,6 16,0 19,4 22,1 21,4 19,2 14,7 10,0 7,7
14
Precipitacións (mm) 90 78 99 56 62 42 17 20 43 89 95 128
818
Fonte: AEMET
Nuvola apps kweather.png Parámetros climáticos medios de Ourense (1972-2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 22,0 25,0 30,6 32,9 37,4 40,9 42,6 42,2 41,1 33,0 25,0 22,4
42,6
Temperatura máxima media (°C) 12,1 14,7 18,1 19,0 22,3 26,7 29,7 29,9 26,6 20,9 15,5 12,7
20,6
Temperatura media (°C) 7,5 9,2 11,4 12,7 15,7 19,4 22,1 22,0 19,4 15,1 10,8 8,5
14,5
Temperatura mínima media (°C) 2,9 3,7 4,6 6,3 9,2 12,2 14,6 14,2 12,3 9,3 6,1 4,4
8,3
Temperatura mínima absoluta (°C) -7,0 -8,0 -6,8 -3,2 -0,4 2,4 6,4 1,5 3,0 -3,0 -6,8 -8,6
-8,6
Precipitacións (mm) 90 81 54 70 67 39 19 23 57 97 93 124
817
Horas de sol 87 105 167 180 199 239 272 270 201 138 90 70
2043
Humidade relativa media (%) 75 69 62 62 62 60 59 59 63 70 75 77
66
Fonte: AEMET
Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.