Ourantes, Punxín

San Xoán de Ourantes é unha parroquia pertencente ao concello de Punxín, na comarca do Carballiño. En 2013, segundo o IGE, tiña 113 habitantes (57 homes e 56 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

O topónimo Ourantes é un hidrónimo de orixe prerromana, da raíz *awer- co significado de 'mollar, humedecer, fluír'. Outros autores defende que é un orónimo a partir da raíz preindoeuropea *or-r/ur-r "outeiro, algura, monte ou val entre montes".[1]

Ourantes
Igrexa de San Xoán de Ourantes, Punxín
Igrexa de San Xoán de Ourantes.
ConcelloPunxín
Poboación113 hab. (2013)
Entidades de poboación6

Patrimonio

O castro de San Cibrao de Las é un poboado castrexo de grandes dimensións, coñecido como A Cidade. Estivo habitado desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías.

A igrexa de San Xoán de Ourantes é un templo de orixe románica, moi modificado no século XVIII, principalmente no seu muro norte onde se lle adosou unha esvelta torre campanil barroca.

Galería de imaxes

Igrexa de Ourantes. Porta principal

A igrexa románica de Ourantes podería datarse entre os séculos XII e XIII.

Cruz románica antefixa e nimbada na igrexa de Ourantes

Cruz románica antefixa, nimbada e con Cristo, sobre Agnus Dei, no cumio da ábsida.

Igrexa románica de Ourantes. Porta lateral

Porta lateral da igrexa de San Xoán de Ourantes

Igrexa de Ourantes. Detalle porta lateral

Detalle da porta lateral románica da igrexa parroquial.

Canzorro románico en Ourantes. Lector

Canzorro en Ourantes, lector. Está no muro sur da ábsida, sostendo o aleiro.

Canzorro románico en Ourantes. Músico

Canzorro en Ourantes, músico, tamén no muro sur da ábsida.

Lugares e parroquias

Parroquias de Punxín

Notas

  1. Cf. Pokorny, J. (1959): Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch, pp. 78-81

Véxase tamén

Outros artigos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.