Otava

Otava[1] ou Ottawa[2][3] é a capital do Canadá; está localizada ao nordeste da provincia de Ontario, na fronteira coa provincia de Quebec. É a segunda maior cidade de Ontario, cunha poboación duns 808.000 habitantes, con máis de 1.146.000 na súa rexión metropolitana.

Coordenadas: 45°25′01″N 75°42′00″O / 45.417, -75.7

Otava
Flag of Ottawa, Ontario
Blason ville ca Ottawa (Ontario)
OttawaCollage
Localización
Otava en Canadá

Otava
Otava
Otava en Ontario

Otava
Otava
PaísFlag of Canada.svg Canadá
ProvinciaOntario
RexiónRexión da Capital Nacional
Xeografía
Altitude70 msnm
Superficie2.778,13 km2 km²
Demografía
Poboación883.391 hab. (2011)
Densidade316,6/km2
Outros datos
AlcaldeJim Watson
Páxina oficial de Otava

Historia

Os nativos algonquinos e iroqueses habitaban a rexión onde actualmente fica a cidade de Otava moito antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. Tales nativos usaban o río Otava para se desprazar e se alimentar. En 1613, o francés Samuel de Champlain pasou pola rexión. A partir de entón, os cazadores e comerciantes de pel usaron o río Otava como unha rota para o oeste canadense.

1800 a 1867

En 1800, Philemon Wright, un facendeiro de Massachusets, comezou a cultivar unha área ao norte do Río Otava (onde actualmente fica a cidade de Gatineau, Quebec). Logo, co éxito comercial conseguido, comezaron a se estabelecer na rexión outros asentadores. Ira Honeywell foi o primeiro en se asentar na marxe sur do Río Otava, en 1811.

Despois da Guerra anglo-americana de 1812, os ingleses temían outra invasión norteamericana ao Canadá. Con isto, os ingleses decidiron construír un canal, o Canal de Rideau, conectando o río San Lourenzo, na altura da cidade de Kingston, ao Río Otava, co propósito de transportar materiais e armas ao interior do Canadá sen precisar usar o San Lourenzo, despois de Kingston, perigosamente preto dos Estados Unidos e vulnerábel a calquera posíbel ataque. Mandados enxeñeiros desde Inglaterra, que se estableceron na área onde actualmente se localiza Otava. O asentamento construído para abrigar os traballadores chamouse Bytown, e completouse en 1832. Entón, Otava tiña unha poboación de aproximadamente 1900 habitantes, subindo para 2400 en 1837, grazas á industria madeireira que se desenvolveu na pequena vila. Bytown foi elevado ao rango de cidade en 1850, entón con máis de 10 mil habitantes, e o seu nome mudou definitivamente para Otava.

Rideau Canal in winter
O Canal Rideau no inverno, usado como pista de esquí no inverno.

O Alto Canadá e o Baixo Canadá, provincias coloniais da Inglaterra, foron fundidas en 1840 nunha única provincia do Canadá. Durante 17 anos, ficou no ar cal sería a capital definitiva da nova provincia unificada politicamente, mais dividida culturalmente. Neste período, serviron como capitais temporais as cidades de Kinsgston, Montreal, Quebec e Toronto. Finalmente, a decisión caeu na raíña Vitoria, en 1857. Considerando as varias posíbeis cidades, inclusive as catro mencionadas enriba, a raíña escolleu Otava, por tres motivos: primeiramente, Otava estaba relativamente distante dos Estados Unidos, nunha posición estratexicamente máis segura do que outras posíbeis escollas. Segundo, a localización da cidade, localizada exactamente entre o Alto Canadá e o Baixo Canadá, diminuiría tensións culturais entre os canadenses de orixe francesa e os canadenses de orixe inglesa. E a terceira razón foi a beleza da rexión de Otava.

1867 - 1945

En 1867, coa independencia do Canadá, Otava tornouse a nova capital do recentemente criado país, e a súa poboación alcanzara os 18 mil habitantes. A cidade medraba de xeito desorganizado, construíndose varias ferrovías no centro da cidade, para a acomodación do transporte e comercio de madeira. En 1896, o entón primeiro ministro do Canadá, Wilfrid Laurier, criou un programa de planeamento urbano, cuxo principal obxectivo era o embelecemento da cidade, que non saíu do papel.

En 1900, un incendio destruíu boa parte da cidade, facendo que boa parte dos 60 mil habitantes da Otava de entón ficasen desabrigadas. A cidade reconstruíuse lentamente ata 1912, cando xa alcanzara os 90 mil habitantes. O 3 de febreiro de 1916, a parte central do antigo parlamento canadense foi destruída nun incendio. Coa Casa dos Comúns estabelecida temporalmente no que actualmente é o Museo Canadense de Natureza, a parte central reconstruíuse, unha estrutura gótica, coñecida como Torre da Paz, que se tornou coñecida co pasar do tempo como o principal símbolo da cidade.

En 1937, o entón primeiro ministro do Canadá William Lyon Mackenzie King nomeou a Jacques Gréber -un famoso urbanista francés, responsábel da revitalización urbana de París- para replanexar a cidade de Otava. Co inicio da segunda guerra mundial, os planos ficaron novamente no papel, e Jacques Gréber volveu para Francia.

1945 - Tempos actuais

Ottawa from McKenzie King Bridge
O parlamento do Canadá, ás marxes do Río Otava e do Canau Rideau.

Despois da guerra proseguiron os intentos de mellorar a organización urbana da cidade, con Jacques Gréber novamente no Canadá. O plano proposto por Gréber aprobouse polo parlamento canadense en 1951. Con iso, quitáronse 51 km de ferrovías, e a estación central de tren moveuse a unha rexión máis afastada do centro da cidade, a leste. Tamén foron construídos moitos parques en volta da cidade, ben como un xigantesco parque, con máis de 35 mil hectáreas, na cidade veciña de Gatineau. O plano tamén indicaba que predios gobernamentais deberían construírse non todos concentrados nunha área senón, en vez diso, seren construídos nos límites da cidade. Ao longo da década de 1960 e de 1970, tales planos continuaron, coa criación de praias e máis parques.

Entrementres, o concello instituíu a Commercial and Industrial Development Corporation (actualmente Economic Development Corporation), en 1962, para promover o crecemento económico de Otava. Este órgano municipal criou 12 parques industriais ao longo da década de 1960 e de 1970. En 1973, unha lei que propuña límites á altura máxima dos predios construídos no centro da cidade foi rexeitada polo Consello municipal. Con iso, máis e máis rañaceos foron construídos no centro da cidade. Co medo a embotellamentos e problemas no sistema de transporte público, Otava replantou totalmente o seu sistema de transporte público, coa creación de máis liñas de ómnibus, así como liñas de light rail.

En 2001, fusionáronse 10 cidades con Otava, entón con preto de 350 mil habitantes dentro do seus límites municipais. Otava pasou a ter máis de 750 mil con esta fusión. As cidades fundidas son Cumberland, Gloucester, Goulborn, Kanata, Nepean, Osgoode, Rideau, Rockcliffe Park, Vanier e West Carleton.

Xeografía

Rideauriver
O Río Rideau.

Otava está localizada na marxe sur do Río Otava, preto dos esteiros do Río Rideau e do Canau Rideau. A parte máis antiga da cidade, incluíndo o centro histórico e remancecentes da Bytown, é chamada a Lower Town, localizada entre os ríos e o canal. Xa o centro financeiro e comercial da cidade, o Centrehub, está localizado ao oeste, ao longo do Canal Rideau. Ás marxes do Río Otava, no Monte Parliament, están localizadas a maioría das estruturas historias gobernamentais, incluíndo o parlamento canadense.

O clima de Otava é temperado, con catro estacións ben definidas. O inverno na cidade é frío, con temperatura media de -6,4 °C, máximas que varían entre 3 °C a -18 °C, e mínimas que varían entre -8 °C a -35 °C. O verán en Otava é quente, con temperatura media de 21 °C, e máximas de ata 34 °C. A media anual de precipitación é de 869,7 mm.

Administración

Os habitantes de Otava elixen un prefecto e 21 conselleiros para mandatos de 3 anos de duración. Impostos de propiedade, venda e comercio provén a cidade parte da factura anual necesaria para o mantemento dos servizos públicos, mais a maioría da receita provén de fundos do goberno nacional e provincial.

Demografía

Ottawa-parlement
Edificio do parlamento.

A maioría da poboación de Otava é nativa do país. De acordo co censo nacional de 2001, Otava posúe unha poboación de 774,072 persoas, 310,132 propiedades e 210,875 familias. Cerca do 80,9 % da poboación da cidade é branca non hispana, un 4,54 %, negra, un 4,65 % asiáticos, un 3,98 % surasiáticos, 1,13 % aborixes, 0,85 % hispanos..

O 25,3 % da poboación da cidade posúe menos de 19 anos, o 63,2 % posúen entre 19 a 64 anos e 11,5 % posúen máis de 65 anos de idade. A idade media é de 36,7 anos. Para cada 100 persoas do sexo feminino existen preto de 95,1 persoas do sexo masculino. Por cada 100 mulleres maiores de idade existen 92,1 homes.

A renda anual media dun traballador en Otava é de 39.713 dólares canadenses, e a renda media familiar é de 73.507 dólares canadenses. Os homes posúen renda anual media de 47.203 dólares canadenses, e mulleres, 31.641 dólares canadenses. A renda per capita na cidade é de 23.061 dólares canadenses.

Economía

90 Sparks Street
O centro comercial de Otava posúe moitos predios modernos como este.

O sector público é facilmente o maior empregador da cidade, empregando preto de 72 mil persoas, que traballan para o goberno nacional, e outros 12 mil para o sector público municipal.

Otava é un centro tecnolóxico, onde máis de 800 empresas e as súas respectivas fábricas empregan a máis de 48 mil persoas. Debido a isto, Otava é ás veces chamada "capital nacional de alta tecnoloxía". Estas empresas están na maioría especializadas en investigación avanzada nun número de sectores que inclúen a creación e desenvolvemento de softwares, tecnoloxía ambiental, investigación espacial e telecomunicacións. Outro grande empregador é o sector de saúde, que emprega a 18 mil persoas.

Publícanse tres xornais diarios na cidade: O Ottawa Citizen e o Ottawa Sun en inglés, e Le Droit en francés. Alén diso, a cidade ten 4 emisoras de televisión (3 en inglés e unha en francés) e 16 de radio (14 en inglés e 2 en francés).

Educación

  • Escolas: Otava posúe preto de 150 escolas públicas e outras 130 escolas cristiás, que atenden a un total de 110 mil estudantes. Todas as escolas son financiadas por taxas municipais.
  • Bibliotecas: Otava posúe un sistema bibliotecario municipal con bibliotecas en varias rexións da cidade, alén dunha biblioteca localizada no parlamento e unha biblioteca nacional.
  • Ensino superior: Tres universidades están localizadas en Otava. A Universidade de Otava fundouse en 1848, e ofrece cursos en francés e inglés. A Universidade Carleton atende preto de 18 mil estudantes e A Universidade San Xoán atende a outros 4 mil.

Recreación

Canada Day 2000 Wellington
O Canada Day.

Parques

Otava posúe máis de 3,230 hectáreas de parques e playgrounds, sendo a segunda cidade con máis área verde per capita, despois de Edmonton.

Eventos anuais

Otava é sede de varios festivais e eventos coñecidos nacionalmente:

  • A Winterlude, realizada en febreiro no Canal Rideau, é un carnaval de inverno. *A Tulip Festival é un evento internacional, onde a cidade recibe, en cada primavera, centenas de millares de tulipas, como presentes da Familia Real Holandesa. Estas flores son plantadas en varias áreas da cidade.
  • O Canada Day, festexando o día da independencia, en todo 1 de xullo. Millares de persoas de todas as partes do país van a Otava para festexar o aniversario do Canadá.

Transportes

Otrain
Trens do sistema de light rail de Otava.

Otava é servido por trens de pasaxeiros e de carga, e posúe unha limitada malla ferroviaria dentro dos seus límites municipais. O aeroporto internacional de Otava é servido polas principais liñas aéreas do país, que conectan a cidade con outras cidades primarias do Canadá, ben como algunhas cidades nos Estados Unidos.

Otava posúe un sistema de vías expresas de aproximadamente 70 km de lonxitude, suficiente para atender ás demandas da cidade. Porén, este sistema non está ligado con aquela da cidade de Gatineau, o que causa serios problemas de tránsito entre as pontes que conectan Otava con Gatineau.

O sistema de transporte público é totalmente integrado, dispondo dunha eficiente malla de rotas de ómnibus e un sistema de light rail. Moitas vías públicas están dedicadas exclusivamente á ómnibus, bicicletas e/ou pedestres.

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 104. ISBN 84-8158-266-2.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
  3. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0.
Aeroporto de Cancún

O aeroporto internacional de Cancún (IATA: CUN, ICAO: MMUN) é un aeroporto localizado en Cancún, na península do Iucatán en México. É o segundo aeroporto máis concorrido do país tras o aeroporto da Cidade de México, pero é o máis grande en termos de pasaxeiros internacionais. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 21 415 795 pasaxeiros, un 9,28% máis que en 2015.Ten dúas pistas de aterraxe operativas paralelas que se poden usar simultaneamente. O aeroporto inaugurouse oficialmente no ano 1974. Está operado polo Grupo Aeroportuario del Sureste (ASUR). É unha cidade focal para Aeroméxico, Interjet, VivaAerobus e Volaris, e ofrece voos a 21 destinos en México e a máis de 30 países en América e Europa.

Aeroporto de Newark Liberty

O aeroporto internacional de Newark Liberty (IATA: EWR, ICAO: KEWR, FAA LID: EWR), orixinalmente aeroporto metropolitano de Newark e posteriormente aeroporto internacional de Newark, é o principal aeroporto que serve ao estado de Nova Jersey. O aeroporto atópase no límite entre as cidades de Elizabeth e Newark, sendo esta última a cidade do estado con máis habitantes. É propiedade das dúas cidades e está operado pola Port Authority of New York and New Jersey.O aeroporto de Newark está a 97 km ao nordés de Filadelfia e a 24 km ao suroeste da cidade de Nova York, e é un dos grandes aeroportos que serven ámbalas dúas áreas metropolitanas. Nel operan ao redor de 50 aeroliñas e é o terceiro centro de conexións máis grande para United Airlines (despois de Chicago-O'Hare e Houston-Intercontinental), sendo a principal compañía que opera en Newark. A segunda compañía con máis presenza é FedEx Express, que ten no aeroporto o seu terceiro centro de conexións máis grande.

Aeroporto de Otava Macdonald-Cartier

O aeroporto internacional de Otava Macdonald-Cartier (IATA: YOW, OACI: CYOW) é un aeroporto canadense en Otava, Ontario. Foi bautizado na honra de dous dos "pais fundadores do Canadá", Sir John A. Macdonald e Sir George-Étienne Cartier. Está situado no extremo sur da cidade, a 10,2 quilómetros do seu centro, e é o sexto aeroporto máis concorrido do país e o segundo de Ontario en número de pasaxeiros. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 4 743 091 pasaxeiros e tivo 153 347 movementos de avións. É unha cidade focal para Air Canada e a principal base para First Air.

Aeroporto de Toronto-Pearson

O aeroporto internacional de Toronto Pearson (IATA: YYZ, ICAO: CYYZ), chamado oficialmente aeroporto internacional Lester B. Pearson, é un aeroporto que serve á cidade canadense de Toronto, en Ontario, ademais de servir tamén á súa área metropolitana e á Golden Horseshoe, unha aglomeración urbana de 9,2 millóns de persoas. O aeroporto atópase a 22,5 km ao noroeste do centro de Toronto, estando case todas as súas instalacións na citi adxacente de Mississauga, estendéndose unha pequena parte cara Etobicoke, o distrito máis occidental de Toronto. O aeroporto foi bautizado na honra do nativo de Toronto Lester Bowles Pearson, Premio Nobel da Paz e 14º Primeiro Ministro do Canadá.

O aeroporto de Pearson é o máis grande e concorrido do Canadá. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións 44 335 198 pasaxeiros en 456 536 operacións, facéndoo o 32º aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros, o 22º en pasaxeiros internacionais e o 15º en número de operacións. Pearson é tamén o segundo aeroporto con máis pasaxeiros internacionais de toda Norteamérica, despois do Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York.Pearson é o principal centro de conexións para Air Canada. Tamén é un centro de conexións para a aeroliña de pasaxeiros WestJet e a de carga FedEx Express, e serve como base operativa para Air Transat e Sunwing Airlines. O aeroporto Pearson está operado pola Greater Toronto Airports Authority (GTAA) que forma parte do Sistema Nacional de Transportes do Canadá.

Varias aeroliñas operan unha extensa rede de voos domésticos sen escalas dende Pearson cara todas as principais cidades de todas as provincias do Canadá. No ano 2017 operaban en Pearson máis de 75 aeroliñas, cuns 1 100 saídas diarias a máis de 180 destinos de todos os continentes.

Alanis Morissette

Alanis Morissette, nada en Otava o 1 de xuño de 1974, é unha cantautora, actriz e produtora canadense, nacionalizada estadounidense.

Ten voz de mezzosoprano. É unha das artistas de maiores vendas na historia, debido en grande parte a Jagged Little Pill, o álbum debut máis vendido da historia, o primeiro máis vendido por parte dunha artista femenina, e o sétimo máis vendido de todos os tempos.. Sumando a súa discografía, superou os 65 millóns de copias vendidas en todo o mundo..

Recibiu sete Premios Grammy, incluíndo o Álbum do ano en 1996, e doce premios Juno. En 2002 a ONU otorgoulle o "Global Tolerance Award" pola súa "grande labor en promover a tolerancia"..

Batman e Robin

Batman e Robin (en inglés: Batman & Robin) é un filme estadounidense dirixido por Joel Schumacher que foi estreado en 1997. Estreouse en galego na TVG o 12 de outubro de 2008.

Canadá

O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.

O Canadá é o segundo maior país do mundo, por extensión territorial.

O Canadá é unha federación, unha democracia parlamentaria, constituída por 10 provincias e 3 territorios. O país forma parte da Commonwealth de Nacións e a xefa de estado do país é a raíña Isabel II de Inglaterra, que está representada no Canadá por un gobernador xeral. O xefe do goberno é o primeiro ministro, posto ocupado actualmente por Justin Trudeau. A capital do país é Otava.

O país obtivo súa independencia en 1 de xullo de 1867, do Reino Unido. Esta, porén, continuou a ter o control do Ministerio do Exterior do Canadá. O Canadá obtivo independencia total en 1931, segundo os termos do Estatuto de Westminster.

O Canadá é un dos países máis multiculturais do mundo. Tendo sido colonizada por franceses e ingleses, cerca dun terzo da poboación do Canadá posúe ascendencia inglesa, escocesa ou irlandesa; e un cuarto da poboación do país posúe algún grao de ascendencia francesa. Os tres maiores grupos minoritarios do país son italianos, alemáns e chineses.

Os Estados Unidos son o maior parceiro económico do Canadá. Por causa da súa grande poboación e do seu maior poder económico e influencia cultural, os Estados Unidos dominan gran parte da economía e da cultura do Canadá - aínda que moitos canadenses loitan para que eles sexan os principais responsables do control da economía do seu país, e para manter a cultura canadense viva e en pé, que desde o comezo do século XX viuse asociada á cultura norteamericana.

Capital

Unha capital é unha cidade que desempeña un papel relevante na condución da política dun país. Na maioría dos casos a capital é a cidade onde está a sede do goberno, habendo no entanto excepcións. Algúns dos factores que determinan que unha cidade sexa considerada capital inclúen:

A cidade é sede do goberno ou da residencia do xefe de Estado.

A cidade é a sede do poder xudicial.

A cidade é sede do parlamento.

Nunha monarquía é frecuente que a capital sexa o lugar onde o monarca ten a corte, sendo normal que acuda con relativa frecuencia.

A cidade é un importante centro de actividade para o país.

Existencia de leis que determinen a localización da capital.Un país (ou entidade política equivalente) pode ter máis que unha capital oficial ao mesmo tempo. Pode ser ou non a sede do goberno e pode mesmo mudarse periodicamente.

En Suráfrica, por exemplo, a capital administrativa é Pretoria, a capital lexislativa é a Cidade do Cabo e a capital xudicial é Bloemfontein. Esta é unha herdanza deixada polo compromiso acordado entre a maioría das diferentes provincias cando foi creada a Unión de Suráfrica en 1910. Fronte a isto, unha forte cidade economicamente é Xohanesburgo, e turisticamente Durban xunto a Cidade do Cabo.

En Chile, o congreso nacional mudouse para a cidade de Valparaíso, manténdose no entanto Santiago do Chile como capital. Nos Países Baixos, o goberno, xefe de Estado e supremo tribunal están situados na A Haia, mais a constitución determina que a capital oficial sexa Ámsterdan. Outro país con capitalidade múltiple é o Canadá, con Otava e Montreal.

Outras cidades poden ser consideradas capitais económicas ou culturais, pola súa enorme forza fronte á capital política, pero non ter recoñecemento oficial: é o caso do Río de Xaneiro ou São Paulo fronte a Brasilia ou Barcelona fronte a Madrid.

Dan Aykroyd

Daniel Edward "Dan" Aykroyd, nado en Otava o 1 de xullo de 1952, é un humorista, músico, actor e director canadense-estadounidense.

Gerhard Herzberg

Gerhard Herzberg nado en Hamburgo (Alemaña) o 25 de decembro de 1904 e finado en Otava (Canadá) o 3 de marzo de 1999 foi un físico, químico e profesor universitario canadense, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1971.

Irynei-Ivan Ivanovych Nazarko

Irynei-Ivan Ivanovych Nazarko (en ucraíno: Іриней-Іван Іванович Назарко), nado o 7 de xullo de 1905 en Tovstoluh (hoxe Ucraína) e finado en Otava o 20 de abril de 1976, foi un sacerdote grecocatólico ucraíno, académico e teólogo. Foi membro da Sociedade Científica Shevchenko dende 1954, e membro da Academia Libre Ucraína das Ciencias, da Sociedade Académica Teolóxica Ucraína e da Sociedade Histórica Ucraína.

Kofi Annan

Kofi Atta Annan, nado en Kumasi, Ghana, o 8 de abril de 1938 e finado en Berna o 18 de agosto de 2018, foi Secretario Xeral da Organización das Nacións Unidas e laureado co Premio Nobel da Paz no 2001.

Konrad Adenauer

Konrad Adenauer, nado en Colonia o 5 de xaneiro de 1876 e finado en Bad Honnef o 19 de abril de 1967, foi un home de estado e chanceler alemán, que xunto con Robert Schuman, Jean Monnet e Alcide De Gasperi, é considerado como "pai de Europa" en referencia á Unión Europea.

Lester Bowles Pearson

Lester Bowles "Mike" Pearson, nado en Newtonbrook (Ontario) o 23 de abril de 1897 e finado en Otava o 27 de decembro de 1972, foi o décimo cuarto primeiro ministro do Canadá, tendo gobernado o país entre o 22 de abril de 1963 e o 20 de abril de 1968, ademais ganador do Premio Nobel da Paz en 1957.

Margaret Atwood

Margaret Eleanor "Peggy" Atwood, nada en Otava o 18 de novembro de 1939, é unha escritora canadense coñecida pola súa fábula dun futuro antifeminista na novela O conto da criada (1985). É membro de Amnistía Internacional e unha das presidentas de BirdLife International, en defensa das aves.

Ontario

Ontario é unha provincia do Canadá. Ontario é a máis populosa provincia do país. Cerca dun terzo da poboación canadense vive en Ontario. A maior cidade canadense, Toronto, ben como a capital nacional do país, Otava, están localizadas en Ontario. Ontario é tamén a segunda maior provincia en área do país, atrás soamente do Quebec. A rexión sur é o punto máis meridional de todo o Canadá.

A principal fonte de renda é a manufactura. O valor dos produtos industrializados producidos en Ontario é maior do que a suma do valor total dos produtos industrializados fabricados en todas as outras provincias e territorios do Canadá. O poderío industrial valeulle o cognome de Corazón Industrial do Canadá. A provincia destaca principalmente pola súa forte industria automobilística, a máis forte de todo o continente americano coa excepción de Michigan. Outras fontes importantes de renda son o turismo e servizos gobernamentais.

A orixe do seu nome deriva do lago do mesmo nome, lago Ontario, nome dado polos iroqueses, que significa "belo lago", "augas brillantes", "rochas ao cumio" ou "próximo á auga". Ontario fora inicialmente colonizado polos franceses, facendo parte da colonia francesa de Canadá, unha das provincias coloniais da Nova Francia, que entón incluía a rexión sur das actuais provincias canadenses de Ontario e de Quebec.

En 1763, o Reino Unido anexou o Canadá. En tres décadas, os anglófonos tornáronse maioría no suroeste da colonia, motivo pola cal o Reino Unido decidiu dividir a colonia en dúas en 1791. Ambas as divisións foron reunidas novamente en 1840, nunha única provincia do Canadá. Coa independencia do Canadá, o 1 de xullo de 1864, a provincia do Canadá foi definitivamente separada en dúas, nas actuais provincias de Ontario e de Quebec. Inicialmente unha potencia agraria, Ontario tornouse un gran polo industrial no inicio do século XX, e o principal polo económico do país durante a década de 1960 e de 1970.

Ottawa Senators

Os Ottawa Senators (en inglés) ou Sénateurs d'Ottawa (en francés), son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Otava Ontario (Canadá) que compite na National Hockey League (NHL), estando encadrado na Atlantic Division da Conferencia Leste. Os Senators xogan os seus partidos como local no Canadian Tire Centre, un pavillón con capacidade para 17.373 espectadores inaugurado en 1996 co nome de Palladium.

Fundados e establecidos polo empresario inmobiliario Bruce Firestone, o equipo é a segunda franquía da NHL en empregar o nome de Ottawa Senators. Os Ottawa Senators orixinais, fundados en 1883, tiveron unha historia exitosa, gañando 11 Stanley Cups e xogando na NHL dende a creación da liga en 1917 ata 1934. O 6 de decembro de 1990, logo dunha campaña de Firestone que se prolongara durante dous anos, a NHL concedeu unha nova franquía, que comezaría a competir na tempada 1992–93. O actual propietario da franquía é Eugene Melnyk, e en 2016 esta tiña un valor estimado pola revista Forbes de 355 millóns de dólares estadounidenses.Os Senators clasificáronse para os play-offs da Stanley Cup en 15 das 19 últimas tempadas; teñen gañado catro títulos de división e, en 2003, o Presidents' Trophy; e disputaron as finais da Stanley Cup en 2007.

Símbolo vexilolóxico

Un símbolo vexilolóxico é usado polos vexilólogos para indicar certas características das bandeiras, e facilitar a súa clasificación. Os símbolos elixidos son os símbolos internacionais de identificación de bandeiras, creados por Whitney Smith. A asemblea xeral da Fédération Internationale des Associations Vexillologiques (FIAV) celebrada en Otava (Canadá) en 1981, recoñeceu este código de información, e recomendou o seu uso a todas as organizacións e individuos que a forman.

Virtual International Authority File

O Ficheiro de Autoridades Virtual Internacional, en inglés Virtual International Authority File (VIAF) é un proxecto de bibliotecas nacionais e operado polo Online Computer Library Center (OCLC) para unir os ficheiros de autoridade virtual de diversas bibliotecas.

Capital
Principais cidades
Condados
Municipalidades Rexionais
Distritos
Cidades ou municipalidades independentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.