Otón

Marcus Salvius Otho, coñecido como Otón, nado o 25 de abril de 32 e finado o 16 de abril de 69, foi un emperador romano.

Otón
OthoDen
Nacemento28 de abril de 32
 Ferentium e Roma
Falecemento16 de abril de 69
 Brixellum
Causaexsanguinação
SoterradoBrixellum
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico
PaiLúcio Sálvio Otão
NaiAlbia Terentia
CónxuxePopeia Sabina
Oth001
Otón

Traxectoria

Otón foi nomeado emperador despois de ser asasinado Servio Sulpicio Galba no ano 69. Fora gobernador da provincia da Lusitania e acompañara a Galba na súa rebelión en contra do despotismo de Nerón.

O seu nomeamento foi coincidente co mesmo nomeamento por parte das lexións do Rhin do seu comandante, Aulio Vitelio, quen marchou sobor de Roma e venceu a Otón, sendo recoñecido polo Senado como novo emperador.

Imperio Romano

Segue a:
Galba
Otón
(69-69)

Precede a:
Vitelio
Ano dos catro emperadores
Agapito II, papa

Agapito II, nado en Roma e finado en outubro de 955, foi o Papa n.º 129 da Igrexa católica de 946 a 955.

Bieito V, papa

Bieito V, nado en Roma e finado en Hamburgo o 4 de xullo de 966, foi o 132º Papa da Igrexa católica no ano 966.

Este cardeal diácono de ampla cultura (o que lle valeu o alcume de o gramático, foi elixido Papa trala morte de Xoán XII, cando o pobo romano optou por el obviando a León VIII, o protexido do emperador Otón I, que fora imposto por este cando depuxo a Xoán XII.

Ao chegarlle as novas do nomeamento de Bieito, o emperador regresou a Roma, apresándoo o 23 de xuño e depoñéndoo no rango de diácono e desterrándoo a Hamburg. Tras isto, repuxo no trono de San Pedro a seu protexido León.

Bieito faleceu o 4 de xullo de 966 no seu exilio de Hamburg, onde se atopaba baixo custodia de Adaldag, o arcebispo de Bremen-Hamburg.

Foi soterrado na catedral de Hamburgo, aínda que os seus restos foron levados a Roma baixo reinado de Otón III.

Bonifacio VII, antipapa

Bonifacio VII foi un antipapa que ocupou o trono pontificio de forma ilegal en dúas ocasións, en 974 e entre 984 e 985. Foi considerado polos seus coetáneos como un «monstro».

Condado de Borgoña

Véxase tamén Franco Condado

O Condado de Borgoña (en francés, Comté de Bourgogne; en alemá, Freigrafschaft Burgund), foi un condado medieval que perdurou até os comenzos da Idade Moderna (de 982 a 1678), que corresponde en gran parte coa provincia tradicional e a actual rexión francesa do Franco Condado.

O seu nome en alemán aínda recorda o título infrecuente do seu conde, Freigraf («conde franco»), de aí o termo Freigrafschaft para o seu principado feudal.

Non debe confundirse co Ducado de Borgoña, que quedaba ao oeste e que era un feudo de Francia desde 843.

Década de 60

A década de 60 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 60 e remata o 31 de decembro de 69.

Gregorio V, papa

Gregorio V, nado en Saxonia c. 972 e finado en Roma o 18 de febreiro de 999, foi o Papa n.º 138 da Igrexa católica de 996 a 999.

Habsburgo

A casa de Habsburgo (en alemán Hapsburg), tamén chamada casa de Austria, e a súa familia sucesora en Austria, os Habsburgo-Lorena (Habsburg Lothringen), é unha das familias máis importantes da Historia de Europa, que gobernou sobre varios países. A familia tivo a súa orixe no século XII e o nome deriva de Habichtsburg, o castelo do falcón, a súa morada oficial, construído no 1020, na actual Suíza. En tempos actuais, o cabeza da dinastía foi o príncipe Otón de Habsburgo (1912-2011), e o xefe da casa, o seu fillo o arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena, desde 2007.

Os Habsburgo foron:

Soberanos de Austria (como duques 1282-1453, arquiduques 1453-1804 e emperadores 1804-1918),

Soberanos de Alemaña como reis de romanos e emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1308 e 1440-1806),

reis de Hungría (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Croacia (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Bohemia (1306-1307, 1437-1439, 1453-1457, 1526-1918),

reis de España (1516-1700),

reis de Portugal (1580-1640),

reis de Galicia e Lodomeria (1772-1918),

grandes príncipes de Transilvania (1690-1867),

grandes duques de Toscana (1737-1801; 1814-1860).Outras coroas controladas brevemente pola casa foron:

rei de Sardeña (1713-1720),

duque de Parma (1814-1847),

duque de Módena (1814-1859),

emperador de México (1864-1867).

Inocencio III, papa

Inocencio III (nado en Anagni, cara o ano 1161 e falecido en Perugia o 16 de xullo de 1216) foi o papa nº 176 da Igrexa católica.

Nobre de familia italiana, estudou Teoloxía na Universidade de París e despois Dereito Canónico en Bolonia. Incluso antes de ser elixido Papa xa era unha personalidade respectable e connotada. Por isto Celestino III nomeouno cardeal e, tralo seu falecemento en 1198, nunha votación unánime foi elixido como sumo pontífice o 8 de xaneiro dese ano. O colexio Cardenalicio viu máis tarde satisfeitas as súas perspectivas. Parte da grande enerxía que despregou como Pontífice débese a que foi un Papa inusualmente novo, pois foi elixido con 35 anos.

A súa influencia non pasou desapercibida para ninguén. As súas prédicas sempre foron sustentadas no seu propio exemplo, sendo moi destacable o seu estilo de vida humilde dentro da curia romana. Ademais, as súas grandes dotes como diplomático permitiron adherir a Roma os territorios adxacentes ata Rávena, as Marcas, Ancona e o antigo ducado de Spoleto.

Convocou o IV concilio de Letrán de 1215, por medio do cal ditou un regulamento que deu forma á Inquisición pontificia.

León VIII, papa

León VIII nado en Roma en data non coñecida e finado na mesma cidade o 1 de marzo 965 foi o papa n.º 131 da Igrexa católica de 964 a 965. Elixido papa no sínodo convocado polo emperador Otón I e no que se depuxo Xoán XII , era un laico que recibiu as ordes sagradas o mesmo día da súa elección. O seu pontificado pódese dividir en dúas partes: a primeira, durante na cal certos historiadores o cualifican de antipapa, vai da súa coroación o 6 de decembro 963 ata deposición de Bieito V en xullo 964; a segunda parte vai desta data ata súa morte e neste momento é considerado como papa por todas as fontes.

Otón II

Otón II ou Otto II, nado en 955 e finado en Roma o 7 de decembro de 983, foi o segundo Emperador do Sacro Imperio Romano e terceiro gobernante xermánico da dinastía otoniana, da Casa de Saxonia. Era fillo de Otón o Grande e Adelaida da Italia.

Otón I do Sacro Imperio Romano Xermánico

Otón I de Alemaña, tamán coñecido como Otón o Grande (en alemán: Otto I., der Große), nado probablemente en Wallhausen, preto de Sangerhausen, o 23 de novembro de 912 e finado en Memleben o 7 de maio de 973, foi rei de Xermania de 936 a 973 e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico de 962 a 973. Foi fillo de Henrique I o Paxareiro ou o Cazador, duque de Saxonia. Dende 929 era un monarca asociado, o que tiña como fin facilitar a sucesión.

Sacro Imperio Romano Xermánico

O Sacro Imperio Romano Xermánico ou sinxelamente Sacro Imperio (en alemán: Heiliges Römisches Reich Deutscher Nation "Sacro Imperio Romano da Nación Alemá", en latín: Sacrum Romanum Imperium Nationis Germaniae "Sacro Imperio Romano das Nacións Xermánicas") foi a unión política dun conglomerado de estados da Europa central, que se mantivo dende a Idade Media até inicios da Idade Contemporánea.

Formado en 962 da parte oriental das tres en que se repartiu o reino franco de Carlomagno en 843 mediante o tratado de Verdún, o Sacro Imperio foi a entidade predominante de Europa central durante case un milenio, até a súa disolución en 1806 por Napoleón Bonaparte.Á elección como emperador de Carlos V (28 de xuño de 1519) ademais dos territorios alemáns e de Holstein e Prusia, que con Riga chegaba até o golfo de Finlandia, o Sacro Imperio comprendía Bohemia, Moravia e Silesia, alcanzando con Krajina as costas do mar Adriático; polo oeste, pertencían a el, o condado libre de Borgoña (ou Franco Condado) e Savoia, aos que se sumaban Xénova, Lombardía e Toscana en terras italianas. Tamén estaban integrados no Imperio a maior parte dos Países Baixos, coa excepción do Artois e Flandres, ao oeste do río Escalda. Partindo do norte dos Alpes, levaba todo un mes atravesar o territorio imperial en sentido norte-sur ou leste-oeste.A denominación do Sacro Imperio variou considerabelmente ao longo dos séculos. En 1034 utilizábase a fórmula Imperio Romano para referirse ás terras baixo dominio de Conrado II e non foi até 1157, durante o reinado de Federico I Barbarroxa, en que se empezou a usar o termo Sacro Imperio. Doutra banda, o uso do termo Emperador Romano facía referencia aos gobernadores das terras europeas do norte e comezou a usarse con Otón II (emperador entre 973 e 983). Os emperadores anteriores, dende Carlomagno (morto en 814) até Otón I o Grande (emperador entre 962 e 973), utilizaran simplemente o título de Imperator Augustus (Emperador Augusto). O termo Sacro Imperio Romano comeza a ser utilizado a partir de 1254; e o termo Sacro Imperio Romano Xermánico data de 1512, logo de moitas variacións nos últimos anos do século XV.

Silvestre II, papa

Silvestre II, nado co nome de Gerbert de Aurillac en Auvernia (Occitania) cara ao 945 e finado en Roma o 12 de maio de 1003, foi o Papa nº 139 da Igrexa católica de 999 a 1003.

Vitelio

Aulus Vitellius Germanicus, nado o 24 de setembro de 15 e finado o 22 de decembro de 69, foi un emperador romano.

Vitelio era comandante das lexións do Rhin, cando foi nomeado emperador Marco Salvio Otón por parte dos pretorianos. As lexións baixo o seu mando rebeláronse e o nomeárono tamén emperador, e marchando este sobre Roma, venceu a Otón e foi recoñecido polo Senado como o novo Emperador.

Pero á vez que se facía este recoñecemento, as lexións de Oriente proclamaban emperador a Tito Flavio Vespasiano, quen nese intre estaba a sufocar unha rebelión dos xudeus. De inmediato recibiu o apoio dos gobernadores de Siria e Exipto, así como das lexións acantonadas na fronteira do Danubio, que con anterioridade apoiaran o nomeamento de Otón.

O xefe desas lexións, Marco Antonio Primo, marchou sobre Roma, derrotou a Vitelio, quen pereceu no combate, e no ano 69 ocupou a cidade e forzou ao Senado a que recoñecesen a Vespasiano como Emperador. Estamos no ano 69, e nese ano foron nomeados catro emperadores

Xoán XII, papa

Xoán XII (nado en Roma cara o 937 e falecido o 14 de maio de 964, foi o Papa nº 132 da Igrexa católica.

Xoán XIV, papa

Pietro Campanora, baixo o nome de Xoán XIV, nado en Pavía e finado o 20 de agosto 984 en Roma, foi o papa n.º 136 da Igrexa católica do mes de decembro 983 ao 20 de agosto de 984.

En 983, á morte de Bieito VII, o emperador Otón II impón como novo papa ao seu vicechanceler imperial en Italia e bispo de Pavía, Pietro Campanora, quen tomou o nome de Xoán ao considerar que non era digno para levar no seu pontificado o mesmo nome que o do apóstolo, e primeiro papa, San Pedro. Tense que observar que todos os outros papas do nome Pedro tiveron o mesmo razoamento.

Aos poucos días da elección papal, o emperador faleceu e foi sucedido no trono polo seu fillo Otón III de tan só tres anos de idade; circunstancia que aproveito o antipapa Bonifacio VII para regresar do seu exilio de Constantinopla en abril 984 e ocupar por segunda vez, e de forma igualmente ilexítima, o trono de San Pedro.

Bieito VII encarcerou o papa Xoán XIV, en abril 984, no Castelo de Santo Angelo (en lingua italiana, "Castel Sant' Angelo") onde faleceu de fame ou, segundo outras versións, envelenado, o 20 de agosto de 984.

Xoán XVI, antipapa

Xoán XVI (de nome Xoán Filigato ), nado en Rossano (Italia) e finado en Fulda (Alemaña) en 1013, foi un antipapa de 997 a 998.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.