Ostra

O nome de ostra é usado para grupos diferente de moluscos que medran maiormente en augas mariñas. As ostras verdadeiras pertencen á orde Ostreoida, familia Ostreidae.

Algunhas subespecies son capaces de producir perlas no transcurso do tempo, que se forman a partir de partículas que se sedimentan na ostra. Existen diferentes tipos de perla dependendo do sedimento acumulado.

A ostra é un prato común na cociña litoral galega e doutros sitios da Europa Atlántica, onde se serven crúas cun pouco limón. Salientan Vigo e Arcade (do concello de Soutomaior) como vilas tradicionalmente ostreiras [1].

Ostra
Ostra

Ostra
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Ostreoida
Suborde: Ostreina
Superfamilia: Ostreoidea
Familia: Ostreidae
Xénero: Ostrea
Especies
  • Ostrea angasi
  • Ostrea conchaphila
  • Ostrea cristata
  • Ostrea edulis
  • Ostrea equestris
  • Ostrea lurida
  • Ostrea megadon
  • Ostrea sandvicensis

Etimoloxía

O termo galego ostra provén do latín: ostrĕa. Do galego-portugués pasou ao castelán co mesmo nome[2].

Características

As ostras teñen un corpo brando, protexido dentro dunha cuncha altamente calcificada, pechada por fortes músculos adutores.

As ostras son moluscos filtradores, que succionan a auga co bater de cilios. O plancto e as partículas suspendidas do alimento quedan atrapadas no moco e son inxeridas. A actividade de alimentación é maior nas ostras cando as temperaturas da auga están sobre 10 °C. Estímase que cada ostra filtra ata cinco litros de auga por hora.

Un corazón pequeno con tres cámaras, debaixo do músculo adutor, bombea o sangue, coa súa fonte de osíxeno, a todas as partes do corpo. Ao mesmo tempo dous riles situados na superficie inferior do músculo purifican o sangue de calquera residuo.

As ostras teñen sexos separados, pero poden cambiar o sexo unha ou máis veces durante a súa vida. As gónadas, órganos responsábeis de produciren os ovos e o esperma, rodean os órganos dixestivos. Non hai xeito de diferenciar as ostras masculinas das femininas examinando as súas cascas.

Galería de imaxes

Open Oyster Lyon market

Ostra aberta para consumir

Eating an oyster

Notas

  1. Arcade celebra a Festa da Ostra desde 1987. Outra celebración semellante realízase en Noalla (Sanxenxo), que tamén celebra a súa Festa da Ostra, desde 1992.
  2. http://lema.rae.es/drae/?val=ostra Etimoloxía e definición do termo ostra no dicionario da RAE

Véxase tamén

Outros artigos

Atún de aleta amarela

Para outras especies diferentes, ver artigo Túnidos

O atún de aleta amarela ou atún amarelo (Thunnus albacares) é un peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos, capturado fundamentalmente para a elaboración de conservas.

Atún listado

O atún listado ou, simplemente, listado (Katsuwonus pelamis ) é un peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos, de grande interese comercial e capturado fundamentalmente para a elaboración de conservas.

Bacallau

Bacallau é o nome común para os peixes do xénero Gadus, pertencente á familia Gadidae. O bacallau común ou bacallau do Atlántico é o Gadus morhua (Linnaeus, 1758). Posiblemente sexa o peixe branco de maior consumo en Europa, principalmente seco ou salgado .

Todas estas especies contan cunha gran variedade de nomes vernáculos. A orixe da verba pode ser ben do éuscaro bakailao, e este á súa vez do neerlandés bakeljauw, variante de kabeljauw, que xustifica o cabillaud francés, que se refire ao bacallau fresco fronte ó seco, morue.

Faneca

A faneca (Trisopterus luscus L., antes Gadus luscus L.) é un peixe mariño da familia dos gádidos (Gadidae), de pequeno tamaño e comestíbel.

Fogueiro

O fogueiro ou burro[Cómpre referencia] (Melanogrammus aeglefinus, Linneo 1758) é un peixe mariño semellante ó bacallau, propio de ámbalas dúas costas do océano Atlántico. Pertence á familia dos gádidos.

Mexillón

O mexillón (Mytilus galloprovincialis, Lamarck, 1819) é un molusco bivalvo comestible, moi apreciado polo seu interese económico e gastronómico, provisto dunha cuncha de cor negra azulada, formada por dúas valvas simétricas.

En condicións naturais medra formando colonias numerosas apegadas ás rochas, sempre en zonas de pouca profundidade e no límite das mareas, de modo que queda ó descuberto na baixamar. Actualmente é obxecto de cultivo cada vez más tecnificado, nuns artefactos flotantes chamados bateas.

Muxe

O nome de muxe, munxe ou muxo designa varias especies de peixe, esencialmente Mugil sp, dentro da familia dos Muxílidos (Mugilidae). Tamén se aplica a outros peixes das familias Cyprinidae, Lebiasinidae ou Polynemidae.

Ostra brava

A ostra brava, ostra de can ou tarxa (Anomia ephippium, Linnaeus 1767) é un molusco bivalvo da familia Anomiidae, da orde Ostreoida, de valvas desiguais, cuncha fráxil e forma circular.

Ostra común

A ostra común, ostra plana ou ostra europea (Ostrea edulis, Linnaeus 1758) é un molusco bivalvo mariño moi apreciado pertencente á familia dos ostreidos (Ostreidae), da orde Ostreoida.

Ostra portuguesa

A ostra portuguesa ou ostra rizada (Crassostrea gigas, Thunberg 1793; antes Crassostrea angulata) é un molusco bivalvo mariño da familia Ostreidae, orde Ostreoida, semellante á ostra común pero menos apreciada.

Ostricultura

A ostricultura é un tipo de acuicultura (ou maricultura) que cría ostras para o consumo humano. O cultivo da ostra é moi probable que se desenvolvese á vez que o cultuvo das perlas. Xa se practicaba na península itálica polos antigos romanos ao redor do século I a. C. e máis tarde na Britania romana para exportar a Roma.

A industria francesa das ostras leva producíndoas dende finais do século XVIII.

Ourizo de mar

O ourizo do mar ou ourizo mariño é un animal mariño pertencente á clase Echinoidea dos equinodermos (do grego echinos, "espiñas", e derma, "pel"). Existen aproximadamente 940 especies que habitan todos os océanos, ata os 5000 metros de profundidade .

Pescada

"Carioca" remite directamente a este artigo. Para o seu uso como xentilicio, véxase Río de Xaneiro.

A pescada ou pixota son dous dos nomes comúns que recibe máis frecuentemente a especie Merluccius merluccius, peixe da familia dos merlúcidos, da orde dos gadiformes.Presenta un corpo fusiforme, moi alongado e comprimido lateralmente, de 40 a 70 cm de lonxitude, podendo chegar até os 120. Posúe dúas aletas dorsais, a primeira moito máis curta cá segunda. De cor cinsenta no lombo, clareando nos costados e máis prateada pola zona do ventre. Posúe uns ollos de gran tamaño así como unha boca grande, con dentes afiados.

Cando é aínda de pequeno tamaño denomínase carioca, estando prohibida a súa captura e comercialización se non alcanza os 27 cm.

Pleuroto

O pleuroto ou cogomelo ostra (Pleurotus ostreatus) é un fungo comestíbel, estreitamente emparentado co cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii), que se consome amplamente polo seu sabor e a facilidade da súa identificación.

É un fungo bastante común en Galiza, e adoita comercializarse para a súa venda, de feito é o cogomelo máis cultivado. Inicialmente foi cultivado en Alemaña como medida de subsistencia, durante a Primeira Guerra Mundial.

Polbo

Os polbos son moluscos mariños cefalópodos, formando a orde Octopoda, que significa "oito pés". Son animais mariños e carnívoros. Carecen de cuncha e a súa característica principal é unha coroa de oito tentáculos ou raxos na cabeza, arredor da boca, provistos de fortes ventosas. Como o resto dos cefalópodos, o polbo ten un corpo mol mais non ten esqueleto interno (como as luras) nin externo (como o náutilo). Como medio de defensa, o polbo posúe a capacidade de botar tinta (conseguida a través dos cromatóforos) e a autonomía dos seus tentáculos.

Rodaballo

O rodaballo (Psetta maxima ou Scophthalmus maximus (Linné, 1758) ) é un peixe mariño da familia dos pleuronectiformes que vive en augas pouco profundas e raramente por debaixo dos 150 m, repousando sobre fondos areosos ou de cunchas.

Ríos Panisse recolle de Corominas a orixe do nome a partir dunha forma celta *ROTOBALLIOS, o do corpo redondo (de ROTA 'roda' + BALLOS 'membro').

Ós rodaballos pequenos denomínaselles en Cedeira rodos, nome que, segundo Ríos Panisse, sería unha forma regresiva de rodaballo.

Solla

A solla, tamén coñecida como solla de altura, Pleuronectes platessa, Linnaeus, 1758, é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Pleuronectes, que vive nas cotas do Atlántico, sobre fondos areosos ou lamacentos, ás veces de grava, desde o mar de Barents até o Mediterráneo occidental (golfo de León), así como nas de Islandia e do sur de Groenlandia.Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.

Túnidos

Os túnidos son un grupo de peixes teleósteos, da orde perciformes, familia escómbridos, coñecidos comunmente como atúns ou bonitos.

Tódalas especies son mariñas, peláxicas, normalmente de grandes tamaños e de carne rica en graxa (peixes azuis). Boa parte delas son de elevado interese comercial: segundo a FAO, capturáronse máis de 6 millóns de toneladas no ano 2002.

Xarda

A xarda (Scomber scombrus), tamén denominada cabala, correolo, escombro ou rincha, é un peixe azul (graxo), moi apreciado, pertencente á familia dos escómbridos, a mesma cos túnidos, pero ten un tamaño moito máis pequeno que estes.

Principais especies comerciais da industria pesqueira
Salvaxes
Cultivados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.