Osebe

O topónimo Osebe pode referirse a varios lugares de Galicia:

Apeadoiro

Apeadoiro é, segundo a definición do Regulamento de Circulación Ferroviaria español, unha infraestrutura ferroviaria para a subida e baixada de viaxeiros.

Apeadoiro de Osebe

Osebe foi unha estación posteriormente convertida en apeadoiro ferroviario de Adif situado en Osebe, no concello de Teo, provincia da Coruña. Ten servizos de Rexional operado por Renfe.

Apeadoiro de Pontevedra-Universidade

Pontevedra-Universidade é un apeadoiro ferroviario de Adif na cidade de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo, dando servizo ao campus universitario da Universidade de Vigo.

Apeadoiro de Redondela-Picota

Redondela-Picota é un apeadoiro de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña Santiago - Redondela.

Bastavales, Brión

San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 338 habitantes (618 homes e 720 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.

Cacheiras, Teo

San Simón de Ons de Cacheiras é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Teo. Segundo o IGE en 2013 tiña 5.428 habitantes (2.690 homes e 2.738 mulleres) distribuídos en 25 entidades de poboación en 12,4 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.590 habitantes.

Calo, Teo

San Xoán de Calo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 3.961 habitantes (2.021 mulleres e 1.190 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación en 15,1 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.758 habitantes.

Eixe atlántico de alta velocidade

O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico, pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.

En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña, e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.

Estación da Escravitude

A Escravitude é unha estación de tren de Adif, situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña.

Non ten servizos dende que entrou en servizo o eixe atlántico de alta velocidade. Na nova liña e preto da estación da Escravitude construíuse a nova estación de Padrón-Barbanza.

Estación de Maside

Maside é un apeadoiro de Adif, situado no centro da vila de Maside, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Padrón

Padrón é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Padrón, na provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Pontecesures

Pontecesures é unha estación de tren de Adif, situada na vila de San Xulián, no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Portela

Portela é un apeadoiro de Adif, situado en Portela, no concello de Barro, provincia de Pontevedra. Está situado na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. Localízase na Praza da Estación, ao norte da cidade, a escasos 100 metros da estación de autobuses e a 600 m do porto, cara o que parte un pequeno ramal.

Lebosende, Leiro

San Miguel de Lebosende é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 153 habitantes, deles 77 eran homes e 76 eran mulleres, isto supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2002.

Osebe, Bastavales, Brión

Osebe é un lugar da parroquia dos Bastavales no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 64 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 28 eran homes e 36 eran mulleres.

Osebe procede do latín uilla eusebius, co significado de lugar de Eusebio.

Osebe, Cacheiras, Teo

Osebe é un lugar da parroquia de Cacheiras, no concello de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2012 tiña de 200 habitantes (108 mulleres e 92 homes), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 197 habitantes.

Osebe procede do latín uilla eusebius, co significado de lugar de Eusebio. O Concello de Teo utiliza a forma O Sebe para referirse a este lugar.

Osebe, Calo, Teo

Osebe é un lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2012 tiña de 204 habitantes (107 mulleres e 97 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 218 habitantes.

Neste lugar está a estación de Osebe.

Osebe procede do latín uilla eusebius, co significado de lugar de Eusebio.

Osebe, Lebosende, Leiro

Osebe é un lugar da parroquia de Lebosende no concello ourensán de Leiro na comarca do Ribeiro. Tiña 30 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 15 eran homes e 15 mulleres.

Osebe procede do latín uilla eusebius, co significado de lugar de Eusebio.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.