Osamu Shimomura

Osamu Shimomura (下村 脩 Shimomura Osamu), nado en Fukuchiyama (prefectura de Quioto) o 27 de agosto de 1928, é un químico orgánico e biólogo mariño xaponés[2] galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2008[3] polo descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP), xunto aos estadounidenses Martin Chalfie e Roger Y. Tsien.

Osamu Shimomura
下村 脩
Nobel prize medal.svg
Osamu Shimomura-press conference Dec 06th, 2008-2
Osamu Shimomura
Datos persoais
Nacemento27 de agosto de 1928 (91 anos)
LugarFukuchiyama, Prefectura de Quioto Flag of Japan.svg Xapón
Falecemento19 de outubro de 2018
LugarNagasaki
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadexapones[1]
Cónxuxe
  • Akemi
  • FillosTsutomu Shimomura
    Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Nagasaki
  • Universidade Nagoya
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP)
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (2008)
  • Traxectoria

    Shimomura foi educado en Manchuria e Osaca, onde o seu pai, oficial do exército, estaba destinado. Posteriormente trasladouse a Isahaya, Nagasaki. A súa muller, Akemi, á que coñeceu na Universidade de Nagasaki, é tamén química orgánica e compañeira nas súas investigacións. O seu fillo, Tsutomu Shimomura, é un experto en seguridade informática que colaborou no arresto do hacker e phreaker Kevin Mitnick.

    Estudos académicos e traballo científico

    O profesor Shimomura posúe un Ph.D. en química orgánica e é profesor emérito de dúas institucións científicas dos Estados Unidos, o Marine Biological Laboratory (MBL) situado en Woods Hole, Massachusetts (onde traballou desde 1980 ata a súa xubilación, en 2001) e a Boston University Medical School.

    O 8 de outubro do 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto a Martin Chalfie e Roger Y. Tsien, polo seu traballo coa proteína fluorescente verde (GFP), dentro dos seus estudos da medusa Aequorea vitoria e da proteína aequorina.[4][5] O profesor Shimomura foi o primeiro que illou e describiu a GFP da medusa, e descubriu que a GFP, ao recibir radiación ultravioleta, emite unha luz verde.[5]

    Notas

    1. "Osamu Shimomura". Nndb.com. Consultado o 2008-10-10.
    2. The Nobel Prize in Chemistry 2008
    3. "The Nobel Prize in Chemistry 2008". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 03 de abril de 2011.
    4. Shimomura, Osamu (1995). "A Short Story of Aequorin" (PDF). The Biological Bulletin (en inglés) 189: 1–5.
    5. 5,0 5,1 "Nobel de Química, a innovadora herramienta para la biología - La Jornada".(en castelán)

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Gerhard Ertl
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    2008
    con
    Martin Chalfie e Roger Y. Tsien
    Sucesor:
    Venkatraman Ramakrishnan,
    Thomas A. Steitz
    e
    Ada Yonath,
    2008

    2008 foi un ano bisesto comezado en martes no calendario gregoriano.

    Foi designado:

    O Ano da rata, segundo o horóscopo chinés. O ano da rata chinés comezará o 7 de febreiro, ate esa data seguiremos no ano do porco.

    Ano Internacional das Linguas.

    Ano Internacional da Pataca, segundo a FAO.

    Ano Internacional do Planeta Terra, pola ONU.

    Ano Europeo do Dialogo Intercultural.

    Ano Internacional do Saneamento.

    Ada Yonath

    Ada Yonath, nada en Xerusalén o 22 de xuño de 1939, é unha cristalógrafa israelí recoñecida polos seus traballos pioneiros na estrutura dos ribosomas.

    Gerhard Ertl

    Gerhard Ertl, nado o 10 de outubro de 1936 en Bad Cannstatt, Stuttgart, é un físico alemán e profesor emérito no departamento de Química Física do Instituto Fritz Haber, da Sociedade Max Planck en Berlín, Alemaña. Gañou o Premio Nobel de Química no ano 2007.

    Martin Chalfie

    Martin Chalfie, nado o 15 de xaneiro de 1947 en Chicago, Illinois (USA), é un científico estadounidense galardoado, xunto co estadounidense Roger Y. Tsien e o xaponés Osamu Shimomura, co Premio Nobel de Química do ano 2008 polo descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP).

    Ostrácodos

    Os ostrácodos (Ostracoda), do grego όστρακον, óstrakon, 'cuncha' e ειδής, eidés, 'con aspecto de', son unha clase de crustáceos da que se identificaron unhas 70.000 especies, das cales só 13.000 existen actualmente, agrupadas en varias ordes. Son crustáceos de pequeno tamaño, normalmente de 1 mm de longo, pero poden variar de 0,2 a 30 mm (no caso de Gigantocypris). Os seus corpos son aplanados lateralmente e están protexidos por unha "cuncha" quitinosa ou calcaria de dúas valvas. A bisagra entre as dúas valvas está na parte superior (dorsal) do corpo. Os ostrácodos agrúpanse para a súa clasificación segundo a súa morfoloxía básica, pero os grupos poden non ser monofiléticos, e as súas filoxenias moleculares permanecen ambiguas.Ecoloxicamente os ostrácodos mariños poden formar parte do zooplancto, pero o máis común é que forman parte do bentos (animais do fondo mariño). Moitos ostrácodos, especialmente os Podocopida, tamén se encontran na auga doce, e coñécense especies terrestres de Mesocypris do solos de bosques húmidos de Suráfrica, Australia e Nova Zelandia. Teñen dietas moi variadas, e o grupo inclúe carnívoros, herbívoros, preeiros e filtradores.

    En 2008 coñecíanse unhas 2.000 especies e 200 xéneros de ostrácodos non mariños. Porén, unha gran porción da súa diversidade aínda está por describir, localizada en puntos quentes de biodiversidade non documentados de hábitats acuáticos temporais de África e Australia. Da diversidade específica e xenérica coñecida dos ostrácodos non mariños, a metade (unhas 1.000 especies e 100 xéneros) pertencen a unha familia (de entre un total de 13 familias), a dos Cyprididae. Moitos Cyprididae ocoren en corpos de auga temporais e teñen ovos resistentes á seca, reprodución mixta/partenoxenética, e a capacidade de nadar. Estes atributos biolóxicos preadaptáronos para poder orixinar exitosas radiacións neses hábitats.

    Proteína fluorescente verde

    A proteína fluorescente verde (GFP, do inglés Green Fluorescent Protein) é unha proteína que presenta unha brillante fluorescencia verde cando se expón á luz no espectro que vai do azul ao ultravioleta. A proteína fluorescente verde tradicional é a que primeiro se illou procedente da medusa Aequorea victoria, á que lle dá bioluminescencia, aínda que se encontran proteínas fluorescentes verdes en moitos outros organismos mariños.

    En bioloxía celular e molecular, o xene GFP utilízase frecuentemente como un reporteiro da expresión xénica (a súa fluorescencia é indicativa da expresión do xene considerado). Na súa forma modificada foi utilizado para preparar biosensores, e creáronse moitos animais que expresaban a GFP como unha proba experimental de que un xene introducido pode expresarse nun organismo dado. O xene GFP pode introducirse nun organismo e manterse no seu xenoma por medio de cruzamentos, inxección por un vector viral, ou transformación celular. Ata agora, o xene GFP foi introducido e expresado en moitas bacterias, lévedos e outros fungos, peixes (como o peixe cebra), plantas, moscas, e células de mamíferos, incluídas as humanas.

    A GFP de Aequorea victoria está composta por 238 residuos de aminoácidos (de 26,9 kDa), e ten o seu maior pico de excitación á lonxitude de onda de 395 nm e outro menor a 475 nm. O seu pico de emisión é a 509 nm, o cal corresponde á porción verde baixa do espectro visible. O rendemento cuántico (QY) de fluorescencia da GFP é de 0,79. A GFP do antozoo Renilla reniformis presenta un só pico maior de excitación a 498 nm.

    O Premio Nobel de Química de 2008 outorgóuselles a Martin Chalfie, Osamu Shimomura, e Roger Y. Tsien polo seu descubrimento e desenvolvemento desta proteína fluorescente verde.

    Roger Y. Tsien

    Roger Yonchien Tsien (en chinés tradicional 錢永健; en chinés simplificado 钱永健; en pinyin Qián Yǒngjiàn), nado o 1 de febreiro de 1952 en Nova York (Estados Unidos), é un bioquímico estadounidense, de orixe chinesa, profesor no Departamento de Química e Bioquímica da Universidade de San Diego. No ano 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Química, polo «seu descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde», xunto ao tamén estadounidense Martin Chalfie, e ao xaponés Osamu Shimomura. O premio, de 10 millóns de coroas suecas (1,4 millóns de dólares ou 1,03 millóns de euros) repartirase entre os tres por partes iguais.Segundo o comunicado de prensa da Real Academia das Ciencias de Suecia en Estocolmo, o profesor Tsien "estendeu a paleta de cores máis aló do verde, o cal permite aos investigadores dar ás proteínas e células diferentes cores, para seguir varios procesos biolóxicos ao mesmo tempo." O propio Tsien declarou, en conferencia telefónica tras a noticia da adxudicación do Premio Nobel de Química 2008, que el non se considera un científico chinés: "Crieime nos Estados Unidos e desde entón pasei a miña vida aquí. Pero, se lles serve ás persoas en China, espero que o premio inspire a estudantes e científicos alá.

    Thomas A. Steitz

    Thomas Arthur Steitz, nado o 23 de agosto de 1940 en Milwaukee, Wisconsin, é un Sterling Professor (é o grao académico máis alto na Universidade Yale) de Biofísica e Bioquímica Molecular no Instituto Médico Howard Hughes da Universidade Yaleen New Haven, Connecticut, Estados Unidos. Steitz foi galardoado co Premio Nobel de Química en 2009 xunto con Venkatraman Ramakrishnan e Ada Yonath polo estudo da estrutura e función do ribosoma.

    Venkatraman Ramakrishnan

    Venkatraman Ramakrishnan (en támil வெங்கட்ராமன் ராமகிருஷ்ணன்), nado en 1952 en Chidambaram, Tamil Nadu (India), é un científico que foi galardoado co Premio Nobel de Química en 2009 xunto con Thomas A. Steitz e Ada Yonath polo estudo da estrutura e función do ribosoma.

    1901–1925
    1926–1950
    1951–1975
    1976–2000
    2001–

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.