Os cogomelos na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de cogomelos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Boletus edulis1
Madeirudo (Boletus edulis), fungo comestible
Amanita muscaria 3 vliegenzwammen op rij
Rebentabois (Amanita muscaria), fungo velenoso cuxa inxestión pode producir a morte

Terminoloxía tradicional na lexicografía galega

O que aparece no DRAG son maioritariamente expresións monolexicais para grupos supraespecíficos, tanto cultismos (amanita, cantarelo, lepiota, penicilio, volvaria e asperxilo), como máis patrimoniais (boleto, cacabina, champiñón, peido de lobo ou fungón e trufa), como un sinónimo de cada tipo (agárico ou cogorda).

Hai porén denominacións para especies, como níscaro (Lactarius deliciosus), a manita (Clavaria crispa), o carallán (Phallus impudicus), o tortullo (Tricholoma portentosum), e o chouparro, choupín ou roco (Macrolepiota procera), que pode ser cogordo ou cerrote se ten o sombreiro pechado ou patamela se está aberto.

Respecto ós fungos patóxenos que non crean cogomelos, están representados especialmente os que atacan a viña e os cereais: a mera; o oídio; o mildio; o borro; a potra; o cisco, morrión ou mourón; e o caruncho, cornizó ou dentón.

Nos outros repertorios non académicos, están entre outra moitas as seguintes locucións:

  • corno dos mortos (DGII, s. v. corno) para Craterellus sp.
  • dente de can (DE, s. v. dente) para o cornizó, Claviceps purpurea
  • hernia da col (DGII, s. v. hernia) para Plasmodiophora brassicae
  • lingua de boi (DGII, s. v. lingua) para Fistulina hepatica
  • lingua de ovella (DGII, s. v. lingua) para Hydnum repandum, Sarcodon imbricatum e Pseudohydnum gelatinosum
  • ollo de galo (DGII, s. v. ollo) para Mycena citricolor
  • ovo de raposa (GDXL, s. v. ovo)
  • pan de bobo (DE, s. v. pam)
  • pan de raposo (DE, s. v. pam)
  • pan de sapo (DE, s. v. pam)
  • pé azul (DGII, s. v. pé) para Tricolomataceae spp.
  • pé de rata (DGII, s. v. pé) para Basidiomicetae spp.
  • pedra do trigo (GDXL, s. v. pedra)
  • pementa do monte (DGII, s. v. pementa) para Agaricales spp.
  • pementeiro veludo (DGII, s. v. pementeiro) para Russula sp. (pode ser a netorra)

onde (DE) = Dicionário Estravíz ; (DGII) = Dicionario Galego de Ir Indo en digalego.com; e (GDXL) = Gran Diccionario Xerais da Lingua de 2000.

Locucións

  • ter fungos: ter mal carácter (DE, s.v. fungo)
  • crecer coma fungos: medrar por todas partes
  • ser un funga na cinza (posiblemente de fungar): ser pouco decidido, con pouco valor ou ánimo, facilmente manipulable (DCEFFG, s. n. 73)

Refraneiro popular

A maioría dos refráns galegos fan referencia ó perigo que ten a inxestión de fungos se non se ten un coñecemento axeitado sobre micoloxía.

  • Cando fales dos cogomelos, fala dos malos e non terás preitos cos aconsellados
  • Falar pouco, e mal, se de fungos tes que falar
  • Vale máis fungo perdido que comido
  • Fungo regalado con discreción tiralo
  • Cogomelo murchado, xa rexeitado
  • O que de cogomelos se farta, non lle ten medo a morte
  • O fungo bo, pronto deixa de selo
  • Se queres morrer, a cegas fungos coller
  • Dun erro, faise un enterro
  • O peor do erro é o enterro
  • Moito tes que saber para cogomelos comer
  • Comer cogomelos con aprehensión, fanche dano anque sexan bos
  • Orellos, cuncos e pantorras, escaldas pra que non morras[1]

Notas

  1. O nome popular galego da Helvella monachela, Helvella sulcata e maila Helvella crispa é orello, a Sascosphaera coronaria é chamada cunco, e as Morchellas, son as pantorras. Este refrán fai referencia a que xa dende antigo se sabía no rural que a primeira auga destes cogomelos debíase tirar, xa que son tóxicos cando crus. Extraído de http://www.valdeorras.com/micologia
Helvella crispa 031130w

Orello (Helvella crispa)

Sarcosphaera coronaria

Cunco (Sarcosphaera coronaria)

Véxase tamén

Bibliografía

Amanita

As amanitas (Amanita) é un xénero de fungos basidiomicetos da orde Agaricales. Contén arredor de 600 especies de fungos, e inclúe tanto algunhas das especies máis apreciadas como comestíbeis como varias das máis tóxicas do mundo (na súa maioría son tóxicas). A especie tipo do xénero é o rebentabois (Amanita muscaria), mentres que a considerada máis perigosa é a cacaforra da morte (Amanita phalloides). O 95% dos envelenamentos por consumo de fungos está provocado por especies que conteñen amatoxinas (que son propias, mais non exclusivas, deste xénero), cunha probabilidade de morte de entre o 10% e o 60%. O tóxico máis potente presente neste xénero, que tamén pode atoparse noutros cogomelos velenosos, é a amanitina.. As amanitas tóxicas adoitan denominarse en galego coma cacaforras.

Tamén contén o xénero moitos cogomelos comestíbeis e moi apreciados na gastronomía. Nunha ampla variedade de culturas, os cogomelos das diferentes especies comestíbeis de Amanita son apañados e procesados ou comercializados para o consumo. Son moi apreciadas especies como A. zambiana e outras especies carnosas en África Central, A. basii e outras semellantes en México, a amanita dos Césares ou raíña (A. caesarea) en Europa e A. chepangiana no sueste Sueste Asiático. Outras especies úsanse para darlles cor a ensaladas, como a vermella A. jacksonii, que se consome na costa leste de América do Norte, dende o Canadá deica México.

Moitas especies son de comestibilidade descoñecida, especialmente en países como Australia, onde os cogomelos son moi pouco coñecidos. En Galiza tampouco é moi común polo de agora o consumo de cogomelos, agás os comercializados nos mercados, porén é xa unha das zonas da península de maior consumo.

Cogomelo

Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).

A época na que se fan visíbeis en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o champiñón e o pleuroto) son cultivábeis todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (níscaro, boleto, matacandil etc.) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestíbel moi común no noso país é a zarrota.

A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.

Rebentabois

O rebentabois (Amanita muscaria ), tamén chamada bricabois ou amanita pinta, é un cogomelo tóxico, pertencente á orde Agaricales, frecuente en Galicia e en toda Europa, e caracterizado polo seu sombreiro de cor vermella ou alaranxada salpicado de numerosas pintas brancas. Tamén se coñece como brincabois, obedecendo estes nomes comúns á suposta toxicidade sobre o gando que o poida comer: Fungo pintarraxado, atola as moscas e mais o gado .

Coñécese en castelán como falsa oronja ou matamoscas; en catalán: reig bord, reig de fageda, reig tinyós ou reig vermell; en vasco: kuleto paltsoa ou kuleto falsoa. En Francia chámase fause oronge.

O nome científico muscaria fai alusión á paralización que parecen sufri-los insectos que pousan sobre este cogomelo.

Etnografía galega
Meses do ano
Cores
Animais
Alimentos
Vexetais
Outros
Terminoloxía
Especies
Taxonomía e recursos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.