Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886)[1], concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Os Pinos
Os Pinos
Eduardopondal
Eduardo Pondal, autor da letra
Himno deGalicia Galicia
LetraEduardo Pondal
1907
MúsicaPascual Veiga
1907
Adoptado1981

Historia

Pascual Veiga Iglesias
Pascual Veiga, autor da música do himno galego.

Estreouse na cidade da Habana o 20 de decembro de 1907 e, ao igual que a bandeira de Galicia, é froito da emigración. Desde 1907 até 1923, o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e devagariño foi sendo aceptado e recoñecido como tal, impoñéndose a outras propostas como o Himno da Acción Gallega. Cando se prohibiu o uso durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a Segunda República acadou un certo grao de recoñecemento, porén non chegou a ser considerado oficialmente como Himno de Galicia.

Sufriu un rexeitamento frontal durante o período do franquismo no Estado español, e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, todo o máis, en actos culturais, e unicamente a modo de simple canción, unha máis de tantas do vasto folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos. En concreto, cantábase só a primeira parte.

En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se erguer das cadeiras para entoalo. Ao ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na praza da Quintana, sendo así mesmo ratificado polas autoridades competentes e asistentes ao acto. Ao cabo, a maioría dos partidos non nacionalistas haberíano asumir no decorrer da campaña electoral de 1977.

A primeira gravación da que se ten constancia realizouna o Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo o 19 de novembro de 1918.

Xénese e motivos do texto

O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso de que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envioulle un primeiro texto que titulou Breogán. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.

O texto definitivo publicouse xa como Os Pinos por primeira vez o 22 de maio de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº 4 da Coruña para elixir a mellor Marcha Rexional Galega. O texto apareceu tamén n'A Monteira e en El Eco de Galicia da Habana. Ao final, aínda que houbo ensaios, o himno non se chegou a interpretar. A maioría das versións do texto derivan do texto que apareceu na número 18 da revista Galicia da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola RAG, de Queixumes dos pinos, base das versións modernas do texto.

O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara á liberación. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o pobo galego como entidade nacional histórica.

O nome do país non figura en ningures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "Fogar" e á "Nazón de Breogán".

Ademais do celtismo e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.

Letra

Lugo 05-21c
Placa na praza maior de Lugo.

En 1890, cando foi escrito o poema orixinal, aínda non existía unha norma ortográfica establecida do idioma galego. A letra do himno oficializada en 1984 seguiu a normativa ortográfica vixente (Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego) no devandito ano, polo que, consecuentemente, existen certas diferenzas gráficas entre a letra do himno e a versión orixinal do poema de Eduardo Pondal.

Letra orixinal de 1890

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?
Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?
Do teu verdor cingido,
É de benígnos astros,
Confin dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Despérta do teu sono,
Fogar de Breogán.
Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.
Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q'as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer gigante,
A nosa voz pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.

Letra de 1984

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

A letra orixinal de 1890 foi o primeiro texto que se publicou d'Os Pinos, que apareceu o 22 de maio de 1890 no folleto coas obras presentadas ao certame musical convocado polo Orfeón nº 4 da Coruña que dirixía Pascual Veiga.

Notas

  1. Eduardo Pondal. Fondos da Real Academia Galega, ed. "Queixumes dos pinos" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2009.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Baldomero Cores Trasmonte: Los Símbolos Gallegos, Santiago de Compostela, 1986-
  • Manuel Ferreiro Fernández (2007). De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. ISBN 84-8487-132-0. (primeira edición de 1996)
  • Xosé Filgueira Valverde: O Himno Galego. Da "Marcha do Reino de Galicia" a "Os Pinos", Pontevedra, 1991.
  • Fernando López Acuña: Pascual Veiga Iglesias, Gran Enciclopedia Gallega, vol 30.
  • Manuel Ferreiro Fernández, Fernando López Acuña et al.: Os símbolos de Galicia, Consello da Cultura Galega, 2007.
  • Manuel Ferreiro Fernández (2007). O Himno galego. Documentos históricos 1890 1907. Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9749-271-3.

Outros artigos

Ligazóns externas

A Feira de Berdillo, Artes, Carballo

A Feira de Berdillo é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 158 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 82 homes e 76 mulleres.

A Fraga, Artes, Carballo

A Fraga é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 0 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

Armeade, Artes, Carballo

Armeade é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 5 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 2 homes e 3 mulleres.

Artes, Carballo

San Xurxo de Artes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 685 habitantes (343 homes e 342 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 686 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 623 habitantes, sendo 301 homes e 322 mulleres.

Cabalos, Artes, Carballo

Cabalos é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 5 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 3 homes e 2 mulleres.

Eduardo Pondal

Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ferreira, O Valadouro

Santa María de Ferreira é unha parroquia do concello do Valadouro. Nela está situada a localidade de Ferreira, capitalidade do concello. Segundo o IGE en 2011 tiña 821 habitantes (412 homes e 409 mulleres).

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Nazón de Breogán

A expresión Nazón de Breogán procede do final da sexta estrofa do poema Os Pinos de Eduardo Pondal, que constitúe a letra do himno galego.

Dentro da mitoloxía celtista de Pondal, inspirada no Libro das invasións de Irlanda, Breogán tería sido un rei celta de Galiza en tempos prehistóricos. No poema, Fogar de Breogán, Nazón de Breogán, Rexión de Breogán e Eidos de Breogán representan a Galiza.

Esta expresión, de fondo contido nacionalista, motivou que a "segunda parte" do himno (estrofas terceira e cuarta) estivese prohibida durante o franquismo.

O Almacén, Artes, Carballo

O Almacén é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 38 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 17 homes e 21 mulleres.

O Vilar, Artes, Carballo

O Vilar é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña oito habitantes (catro homes e catro mulleres).

Os Pinos, Artes, Carballo

Os Pinos é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 68 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 32 homes e 36 mulleres.

Picoto, Artes, Carballo

Picoto é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 1 habitante no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística que era 1 home.

Piñeiro bravo

O piñeiro bravo, piñeiro marítimo ou piñeiro do país (Pinus pinaster Aiton) é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne e que pode acadar os 30 metros de altura. É unha das árbores máis abondosas de Galiza na súa variedade atlántica, ocupando aproximadamente o 36% da superficie arborada da mesma, como consecuencia de repoboacións efectuadas nos últimos dous séculos, xa que é unha especie de crecemento rápido.

O Himno de Galicia (Os Pinos) refírese a esta árbore coma un dos símbolos do país.

Queixumes dos pinos

Queixumes dos pinos é un libro de poemas escrito por Eduardo Pondal e publicado por Latorre y Martínez, editores, na Coruña, na imprenta de La Voz de Galicia en 1886.

Unión Cultural San Bernabé

A Unión Cultural San Bernabé foi unha agrupación de coro e teatro fundada polo mestre Argimiro Rico Trabada na aldea de San Bernabel (Martín, Baleira) durante a Segunda República.

Estaba formada por máis de vinte persoas, e o propio Argimiro Rico era o director. Na actuación da Festa da Árbore en San Bernabel o día 10 de maio de 1934, o coro interpretou a varias voces "Os Pinos", un himno á árbore e o himno das Xuventudes Galegas . Logo varios nenos da agrupación cultural recitaron as poesías de Rosalía de Castro "Terra a Nosa", "Adeus ríos, adeus fontes" e "Airiños". En canto ás actuacións teatrais representaron A Morriña de Antón Presa Viso , Bodas de Ouro e Coroa de Flores. Outra das súas actuacións foi na Fonsagrada o 8 de novembro de 1934 co obxectivo de recadar fondos para unha Biblioteca Popular en San Bernabel . Entre as obras que representaron estaban Noite de Ruada de Leandro Carré ou Bodas d´Ouro de G. Galicianas. En canto á parte musical interpretaron entre outras pezas "Alborada Gallega", "Lonxe da Terriña", "Dous Amorores" e "Os Pinos". En canto á actuación do día da inauguración da citada biblioteca, o 20 de outubro de 1935 estaba prevista a interpretación entre outras obras de Alalá da Mariña, Alalá de Triacastela, Alalá de Betanzos, varios himnos e muiñeiras.

Vilameá de Ramirás, Ramirás

Santa María de Vilameá de Ramirás é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 178 habitantes, deles 84 eran homes e 94 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Vilar de Francos, Artes, Carballo

Vilar de Francos é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 7 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 4 homes e 3 mulleres.

Vilarvello, Artes, Carballo

Vilarvello é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 17 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 8 homes e 9 mulleres.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.