Os Peares

Os Peares é un núcleo de poboación galego repartido entre catro parroquias de catro concellos pertencentes a dúas provincias. Oficialmente[1], con este nome existen unha parroquia do concello ourensán da Peroxa e o único lugar desta parroquia. Por extensión úsase este topónimo para referirse ao núcleo de poboación que forman a parroquia e lugar anteriormente mencionados, máis os lugares do Coitelo no tamén ourensán concello de Nogueira de Ramuín, A Granxa no concello lugués de Carballedo e O Torrón no tamén concello lugués de Pantón. En 2015, segundo datos do IGE[2], tiña 155 habitantes, dos cales 78 eran homes e 77 mulleres. Os lugares máis poboados son Os Peares con 68 habitantes e A Granxa con 61, pola contra o lugar do Torrón é o menos poboado con 5 habitantes.

Coordenadas: 42°27′13.95″N 07°43′57.93″O / 42.4538750, -7.7327583

Os Peares
OspearesCapela2
Capela nos Peares (na parte do concello de Carballedo)
ParroquiaOs Peares, Viñoás, Oleiros, Pombeiro
ConcelloA Peroxa, Nogueira de Ramuín, Carballedo, Pantón

Xeografía

Sil e miño
Desembocadura do Sil (ó fondo) no Miño (á esquerda, baixo a ponte do ferrocarril)

O lugar dos Peares está situado na desembocadura dos ríos Sil e Búbal no Miño, e cruzado por ambos os tres ríos. É un lugar de fortes pendentes, posto que o núcleo está situado nun punto onde os ríos baixan encaixados.

Existen desde hai tempo dúas importantes pontes que atravesan o núcleo, unha que cruza o Sil en dirección norte-sur, e outra que atravesa o Miño en sentido leste-oeste. A primeira é para o tráfico de automóbiles, mentres que a segunda é para o ferroviario, pois a estación dos Peares era unha parada importante na liña entre Ourense e Monforte de Lemos. En setembro de 2016 abriuse unha nova ponte sobre o Miño que con case 200 metros de longo e 5 de ancho posibilita o uso compartido por parte de vehículos e peóns[3].

Administración

O núcleo dos Peares divídese administrativa e eclesiasticamente entre catro parroquias de catro concellos das provincias de Lugo e Ourense. Ditas parroquias son: na provincia de Ourense Os Peares do concello da Peroxa e Viñoás do concello de Nogueira de Ramuín, e na de Lugo Oleiros do concello de Carballedo e Pombeiro do concello de Pantón.

Deporte

Os Peares é o punto de partida da tradicional proba anual de piragüismo do Descenso do Miño, con chegada no encoro de Velle en Ourense[4].

Galería de imaxes

Viaducto de Los Peares

A parroquia dos Peares á esquerda da ponte do ferrocarril.

Notas

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor, busca directa". Consultado o 5 de febreiro de 2016.
  2. Instituto Galego de Estatística (ed.). "Nomenclátor, busca por entidades. Ano 2015". Consultado o 5 de febreiro de 2016.
  3. "Ábrese ao tráfico a nova ponte sobre o río Miño". La Voz de Galicia. Consultado o 07/10/2018.
  4. Faro de Vigo, ed. (26/6/2015). "El Descenso do Miño reúne a 40 clubes del noroeste peninsular" (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

A Peroxa

A Peroxa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.902 habitantes.

Apeadoiro de Figueirido

Figueirido foi un apeadoiro de Adif, situado na vila de Figueirido, no concello de Vilaboa, provincia de Pontevedra. O antigo predio de viaxeiros consérvase na beira da liña Santiago - Redondela e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Apeadoiro de Guísamo

Guísamo foi un apeadoiro da liña León - A Coruña localizado en Guísamo (Bergondo). A el se accedía por unha escaleira desde a estrada DP-01810, que salva a vía férrea mediante un paso superior. As súas instalacións foron eliminadas.

Estación da Susana

A Susana é un apeadoiro de Adif, situado na Susana, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Maside

Maside é un apeadoiro de Adif, situado no centro da vila de Maside, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Padrón

Padrón é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Padrón, na provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Pontecesures

Pontecesures é unha estación de tren de Adif, situada na vila de San Xulián, no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de San Pedro do Sil

San Pedro do Sil é unha estación de tren de Adif, situada en San Pedro, no concello de Pantón, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Estación de Silleda

Silleda é un apeadoiro de Adif, situado na parroquia do Castro, preto da vila de Silleda, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación dos Peares

Os Peares é unha estación de tren de Adif, situada nos Peares, no concello da Peroxa, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Hórreo tipo Pontevedra

O hórreo tipo Pontevedra é un tipo de hórreo galego que se presenta ao longo dunha ampla e irregular área entre as provincias de Pontevedra e Ourense, delimitada por unha liña que, aproximadamente, envolve Catoira, A Estrada, Os Peares, Baños de Molgas e o río Limia, continuando logo ata a fronteira polo Lindoso portugués. Non é o tipo exclusivo desta zona, convive nela co hórreo tipo Morrazo, sobre todo nas Rías Baixas, co piorno máis ao interior, co tipo Salnés e co tipo Mahía ao norte do río Ulla.

Liña Monforte de Lemos - Vigo

A liña ferroviaria Monforte de Lemos-Vigo é unha liña de ferrocarril de ancho ibérico, que une as cidades de Monforte de Lemos (Lugo) e Vigo, pasando por Ourense.

Lugares da Peroxa

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Peroxa

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Os Peares, A Peroxa

Para o núcleo, véxase Os PearesNosa Señora do Pilar dos Peares é unha parroquia do concello da Peroxa, na comarca de Ourense. Segundo o IGE, no ano 2015 tiña 68 habitantes, 35 homes e 33 mulleres. Consta dun único lugar que leva o mesmo nome.

Esta parroquia e lugar é o máis poboado do núcleo de poboación dos Peares que se estende por catro parroquias de catro concellos das provincias de Lugo e Ourense.

Aquí criouse o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo[Cómpre referencia].

Piorno

Para o arbusto semellante á xesta, ver artigo: Piorno (planta)

O hórreo tipo palleira ou piorno é un tipo de hórreo galego que se estende por unha extensa área delimitada por unha liña que, pasando por Taboada, Chantada e Os Peares, une o fondo dos vales dos ríos Ulla e Limia, englobando toda a provincia de Pontevedra e parte das de Ourense e Lugo. Dentro desta área convive con outras tipoloxías de hórreo.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Río Sil

O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño e o río máis caudaloso de Galicia, popularmente dise que «o Sil leva a auga e o Miño a fama», afirmación comprobable, pois o caudal do Sil é maior que o do Miño.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.