Os Inválidos

Os Inválidos (en francés Hôtel des Invalides) é un edificio do século XVII (1671-1676) situado no sétimo distrito de París a 400 metros da Escola Militar e alberga hoxe en día o museo do Exército.

Invalides aerial view
Vista áerea d'Os Inválidos
Dôme des Invalides, Paris
«Hôtel des Invalides» dende o Sur
Paryż inwalidzi ludwik
San Luís d'Os Inválidos
Napoleon Tomb
O sarcófago de Napoleón Bonaparte.
Hôtel des Invalides - 20150801 16h09 (10630)

Historia

O edificio foi construído por orde do Rei Luís XIV de Francia para os veteranos inválidos de guerra que ficaban sen fogar. Os planos son de Libéral Bruant, e a construción foi levada a cabo por Jules Hardouin-Mansart.

Alberga os restos de Napoleón Bonaparte, que foron trasladados da Illa de Santa Helena a París en 1840, por iniciativa do rei Luís Filipe de Orleans. Dende 1940 contén tamén os restos do seu fillo, o chamado Rei de Roma, do seu irmán Xosé I de España, así como os de varios mariscais, entre eles Lyautey, Foch e Leclerc.[1]

Arquitectura

O conxunto arquitectónico destaca pola dourada cúpula (o domo, le Dôme) da capela San Luís (Saint Louis), que Luís XIV mandou construír para uso privado do rei e como mausoleo real, aínda que posteriormente non chegou a aloxar os restos de ningún rei de Francia.

Acceso

  • Polo metro: estacións Varenne, La tour Maubourg, e Ecole Militaire.
  • Polo RER: Invalides.

Notas

  1. "Commémorations du 60ème anniversaire de la libération de Paris...". Deutsche Welle 25.08.2004 (en francés). 2004. Consultado o 18/12/2007.
Bastilla

A Bastilla ou Bastille Saint-Antoine -en galego Bastilla de Santo Antón-, foi unha fortaleza que protexía o costado oriental da cidade de París. Durante varios séculos cumpriu un papel fundamental na defensa da cidade, pero co paso do tempo perdeu a súa importancia estratéxica e converteuse en cárcere de estado. Estaba situada no sitio que actualmente ocupa a Praza da Bastilla (Place da Bastille).

Cobre

O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros), é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.

O cobre forma parte dunha cantidade moi elevada de aliaxes que xeralmente presentan mellores propiedades mecánicas, aínda que teñen unha condutividade eléctrica menor. As máis importantes son coñecidas co nome de bronces e latóns. Por outra banda, o cobre é un metal duradeiro porque se pode reciclar un número case ilimitado de veces sen que perda as súas propiedades mecánicas.

Foi un dos primeiros metais en ser utilizado polo ser humano na Prehistoria. O cobre e a súa aliaxe co estaño, o bronce, adquiriron tanta importancia que os historiadores chamaron Idade do Cobre e Idade de Bronce a dous períodos da Antigüidade. Aínda que o seu uso perdeu importancia relativa co desenvolvemento da siderurxia, o cobre e as súas aliaxes seguiron sendo empregados para facer obxectos tan diversos como moedas, campás e canóns. A partir do século xix, concretamente da invención do xerador eléctrico en 1831 por Faraday, o cobre converteuse de novo nun metal estratéxico, ao ser a materia prima principal de cables e instalacións eléctricas.

O cobre posúe un importante papel biolóxico no proceso da fotosíntese das plantas, aínda que non forma parte da composición da clorofila. O cobre contribúe á formación de glóbulos vermellos e ao mantemento dos vasos sanguíneos, nervios, sistema inmunitario e ósos e xa que logo é un oligoelemento esencial para a vida humana.

Dereito de sucesións

O dereito de sucesións ou sucesorio é o conxunto de normas que regulan o traspaso de bens, dereitos e obrigacións (sempre que non se extingan pola morte) dunha persoa física á morte desta. É parte do Dereito civil.

En moitos países (España entre eles) está regulado por unha lei: o Código civil, así como polos usos e costumes de cada lugar. Porén, o de España é un caso especial, pois a Constitución permite que as comunidades regulen o seu propio Dereito civil (ou Foral, segundo os casos) alí onde o haxa. Así, por exemplo, Navarra, Cataluña e Galicia contan con normas específicas para algúns aspectos.

Historia de París

A orixe do nome da cidade de París atópase nun poboado dos galos Parisii arredor do século II a.C. co nome primitivo de Lutetia, rematando a evolución de cidade dos Parisii en París posiblemente no século IV. O destino de París está vinculada á conxunción de varios criterio xeográficos e políticos. É Clodoveo I o que decide no século V instalar os órganos fixos do poder político do reino na pequena cidade dos Parisii. Esta posición de capital será confirmada polos Capetos (dinastía fundado por Hugo Capeto), despois dunha paréntese de dous séculos durante a época Carolinxia (liñaxe de reis francos que leva o nome do máis famoso da liñaxe, Carlomagno).

A posición de París esta nunha encrucillada entre os itinerarios comerciais terreais e fluviais no corazón dunha rica rexión agrícola, polo tanto foi unha das principais cidades de Francia no transcurso do século X, con pazos reais, ricas abadías e unha catedral ; no transcurso do século XII París volveuse un dos primeiros centros en Europa para o ensino e as artes.

Que sexa a Fronde (movemento de rebeldía dos nobres contra a rexencia da nai do futuro Luís XIV, a Revolución francesa ou máis preto da actualidade maio do 68, París foi sempre o corazón de acontecementos que marcaron a historia de Francia.

Museo do Petit Palais

É o Museo de Belas Artes da Vila de París (Musée des Beaux-Arts de la Ville de Paris).

Napoleón II de Francia

Napoleon II, nado o 20 de marzo de 1811 e finado o 22 de xullo de 1832, fillo de Napoleón Bonaparte foi brevemente o segundo emperador francés.

París

Esta páxina é sobre a capital de Francia. Para a figura mitolóxica vexa Paris.

París (en francés Paris [pa.ʁi] ) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.

A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2 190 327 habitantes (2016). Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11 174 740 habitantes (1999).A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa. Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa, alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas organizacións internacionais como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.

A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano. Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, d'Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Simone Veil

Simone Veil, anteriormente Simone Jacob, nada en Niza o 13 de xullo de 1927 e finada en París o 30 de xuño de 2017, foi unha política e maxistrada francesa.

Nacida no seo dunha familia xudía orixinaria de Lorena, foi deportada a Auschwitz cando tiña 16 anos, durante a Shoá, na que perdeu o seu pai, a súa nai e o seu irmán. Supervivente canda as súas irmás Madeleine e Denise, que tamén foran deportadas, casou en 1946 con Antoine Veil. Tras cursar os estudos de dereito e ciencia política entrou na maxistratura como alta funcionaria.

Foi nomeada ministra de saúde en 1974 polo presidente Valéry Giscard d'Estaing, quen lle encargou a tarefa de lograr a aprobación da lei que despenalizaría o acceso das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo. Esta lei foi logo coñecida como a lei Veil. A raíz disto foi recoñecida como unha icona da loita contra a discriminación das mulleres en Francia.Foi a primeira muller en ocupar a presidencia do Parlamento Europeo en 1979, na primeira elección deste por sufraxio universal directo, posto que desempeñou ata 1982. É comunmente considerada unha das promotoras da reconciliación franco-alemá e da construción europea.

De 1993 a 1995 foi ministra de Asuntos Sociais, Saúde e Urbanismo e número dous no goberno de Édouard Balladur. Despois formou parte do Conseil constitutionnel de 1998 a 2007, antes de ser elixida membro da Academia francesa en 2008.

Consonte a decisión tomada polo presidente Emmanuel Macron, os restos de Simone Veil e do seu esposo foron depositados no Panteón de París o primeiro de xullo de 2018.

Século de Pericles

O século de Pericles é o termo que se designa o período histórico comprendido entre o sitio de Samos por parte dos atenienses (-439) e a derrota dos gregos en Queronea ante o exército macedonio de Filipo II (-338). Pericles -estratego, político e orador ateniense que soubo rodearse das personalidades máis excelentes do momento, homes que destacaban en política, filosofía, arquitectura, escultura, historia, literatura etc- fomentou as artes e as letras e deulle a Atenas un esplendor que non se volveu a repetir ao longo da súa historia. Realizou tamén grandes obras públicas e mellorou a calidade de vida dos cidadáns. Por iso é polo que esta importante figura lle legou o seu nome ao Século de ouro ateniense, cénit da Grecia clásica.

Vitoria do Reino Unido

Vitoria do Reino Unido, nada en Londres, Reino Unido o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight, Reino Unido o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña do Reino Unido desde a morte do seu tío paterno, Guillerme IV do Reino Unido, o 20 de xuño de 1837, ata o seu falecemento o 22 de xaneiro de 1901, mentres que como emperatriz da India foi a primeira en ostentar o título desde o 1 de xaneiro de 1877 ata o seu deceso.

Vitoria era filla do príncipe Eduardo, duque de Kent e Strathearn, cuarto fillo do rei Xurxo III. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos. O Reino Unido era xa naquela época unha monarquía constitucional establecida, na que o soberano tiña relativamente poucos poderes políticos directos. En privado, Vitoria intentou influír no goberno e no nomeamento de ministros. En público, converteuse nunha icona nacional e na figura que encarnaba o modelo de valores férreos e de moral persoal típico da época.

Casou co seu curmán, o príncipe Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha en 1840. Os seus nove fillos e vinte e seis dos seus corenta e dous netos casáronse con outros membros da realeza ou da nobreza de Europa, unindo a estas entre si. Isto valeulle o alcumo de «avóa de Europa». Trala morte de Alberto en 1861, Vitoria comezou un loito rigoroso durante o cal evitou aparecer en público. Como resultado do seu illamento, o republicanismo gañou forza durante algún tempo, pero na segunda metade do seu reinado, a súa popularidade volveu aumentar. Os seus xubileus de ouro e de diamante foron moi celebrados.

O seu reinado de 63 anos e 7 meses foi o máis longo na historia do Reino Unido e coñecéuselle como época vitoriana. Foi un período de cambio industrial, cultural, político, científico e militar no Reino Unido e estivo marcado pola expansión do Imperio británico. Vitoria foi a última monarca da casa de Hannover. O seu fillo e sucesor, Eduardo VII, pertencía á nova casa de Saxonia-Coburgo e Gotha.

Xosé I de España

Xosé Bonaparte, coñecido tamén como Xosé I Bonaparte ou Xosé Napoleón I, nado o 7 de xaneiro de 1768 en Corte, Córsega, daquela na República de Xénova, e finado o 28 de xullo de 1844 en Florencia, Gran Ducado de Toscana, foi un político, diplomático e avogado francés, irmán maior de Napoleón Bonaparte, diputado por Córsega no Consello dos Cincocentos (1797-1799) e secretario do mesmo, e novamente no Corpo Lexislativo (1799-1800), ministro plenipotenciario e membro do Consello de Estado (1800-1804), Príncipe e Gran Elector do Primeiro Imperio Francés (1804-1806), rei de Nápoles e Siclia entre o 30 de marzo de 1806 e o 5 de xullo de 1808 co nome de Xosé I e rei de España e das Indias entre o 6 de xuño de 1808 e o 11 de decembro de 1813 co nome de Xosé I, e tenente xeneral do Imperio francés (1814).

En España, a súa proclamación como monarca foi precipitada polo incremento da violencia que seguiu ao episodio do Levantamento do 2 de maio e culminou nun período de convulsións e intrigas políticas instigadas pola estratexia do emperador Napoleón I para obter a abdicación do trono da dinastía reinante de Carlos IV de España asegurando a influencia e a primacía do Primeiro Imperio Francés e incrementando a dependencia española para cos intereses políticos, económicos e militares bonapartistas, en detrimento das súas nacións inimigas, principalmente Portugal e Gran Bretaña. Porén, lonxe de obter unha lexitimación ante a maioría da opinión pública e de frear a dinámica do enfrontamento armado, esta proclamación foi rexeitada polos órganos de poder autóctonos como o Consello de Castela e a Xunta Suprema Central e, máis adiante, polas Cortes reunidas en Cádiz, decidindo a xeneralización do conflito da guerra da Independencia española. Neste contexto, o goberno de Xosé I Bonaparte, que debía distinguirse polo seu carácter reformista xurdido da Carta de Baiona, só puido exercerse nas zonas baixo o control militar do Exército imperial e, aínda que a maior parte das súas accións non puideron concretarse ante a continua hostilidade, ou foron derrogadas durante o reinado de Fernando VII de España, outras perduraron, como as melloras do urbanismo en varias cidades.

Xosé Bonaparte fundou a Gran Loxia Nacional de España e foi Gran Mestre do Grande Oriente de Francia, e do Grande Oriente de Italia.[Cómpre referencia].

Foi distinguido coa Grande Aguia da Lexión de Honor.En España foi alcumado despectivamente como Pepe Botella e Pepe Plazuelas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.