Os Blancos

Os Blancos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 885 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (1148 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é blanqués ou blanquense[5].

Coordenadas: 42°0′17″N 7°43′1″O / 42.00472, -7.71694

Os Blancos
Escudo de Os Blancos
Arco igrexa de Santa María de Covelas, Os Blancos
Arco da igrexa de Santa María de Covelas.
Situacion Os Blancos
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación809 hab. (2018)
Área47,6 km²
Densidade17 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Manuel Castro Blanco (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais nos Blancos
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,89%
Na rede

Demografía

Censo total 878 (2015)
Menores de 15 anos 33 (3,76 %)
Entre 15 e 64 anos 482 (54,9 %)
Maiores de 65 anos 363 (41,34 %)
Estranxeiros 18 (2,05 %)
Evolución da poboación dos Blancos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2550 2823 3337 2216 1138 997 908 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Os Blancos na literatura popular

  • Arrieiros, os de Calvos,/ que pasades pola estrada,/ tende coidado coas bestas/ no lugar de Fontarcada [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes dos Blancos.
Ouvigo, Os Blancos, Os Blancos. Xacemento paleocristiano

Necrópole paleocristiá en Ouvigo

Espacio Matrioska, Os Blancos, Ourense

Espazo multiúsos.

Placa altimétrica Os Blancos, Ourense

Placa altimétrica do concello.

Fonte, Os Blancos, Ourense 2

Fonte na praza José Luís Baltar.

Casa concello, Os Blancos, Ourense

Casa do concello.

Lugares dos Blancos

Para unha lista completa de todos os lugares do concello dos Blancos vexa: Lugares dos Blancos.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Boborás". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. Santiago de Calvos, parroquia de Bande; Fonte Arcada, lugar da parroquia de San Martiño de Aguís, concello dos Blancos, aínda que Xaquín Lorenzo sitúa esta parroquia en Xinzo.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Aspra, Aguís, Os Blancos

A Aspra é un lugar da parroquia de Aguís no concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. Tiña 8 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 4 eran homes e 4 eran mulleres.

Aguís, Aguís, Os Blancos

Aguís é un lugar da parroquia de Aguís no concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. Tiña 15 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 8 eran homes e 7 eran mulleres.

Aguís, Os Blancos

San Martiño de Aguís é unha parroquia do concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 234 habitantes (121 homes e 113 mulleres), 58 menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.

Cerdeira, Guntín, Os Blancos

Cerdeira é un lugar da parroquia de Guntín, no concello ourensán dos Blancos, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña dous habitantes (dous homes), un menos ca en 2009.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Covas, Os Blancos

Santiago de Covas é unha parroquia do concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 58 habitantes (26 homes e 32 mulleres), 12 menos ca en 2000. Ten unha única entidade de poboación.

Covelas, Os Blancos

Santa María de Covelas é unha parroquia do concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 223 habitantes (112 homes e 111 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 38 habitantes en relación ao ano 2000.

Fonte Arcada, Aguís, Os Blancos

Fonte Arcada é un lugar da parroquia de Aguís, no concello ourensán de Os Blancos, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 85 habitantes (42 homes e 43 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 88 habitantes.

Guntín, Guntín, Os Blancos

Guntín é un lugar da parroquia de Guntín, no concello ourensán dos Blancos, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 21 habitantes (11 homes e 10 mulleres), dous menos ca en 2009.

Guntín, Os Blancos

Santa María de Guntín é unha parroquia do concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 110 habitantes (55 homes e 55 mulleres), 33 menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.

Loureses, Aguís, Os Blancos

Loureses é un lugar da parroquia de Aguís, no concello ourensán de Os Blancos, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 91 habitantes (45 homes e 46 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 90 habitantes.

Mouril, Os Blancos, Os Blancos

Mouril é un lugar da parroquia dos Blancos, no concello ourensán dos Blancos, na comarca da Limia.

Nocedo, Os Blancos

San Cibrao de Nocedo é unha parroquia do concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 183 habitantes (99 homes e 84 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.

O Mosteiro, Aguís, Os Blancos

O Mosteiro é un lugar da parroquia de Aguís, no concello ourensán dos Blancos, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 18 habitantes (9 homes e 9 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 20 habitantes.

Os Blancos, Bascoi, Mesía

Os Blancos é un lugar da parroquia de Bascoi no concello coruñés de Mesía na comarca de Ordes. Tiña 17 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE dos cales 7 eran homes e 10 eran mulleres.

Os Blancos, Os Blancos

San Breixo dos Blancos é unha parroquia do concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 220 habitantes (112 homes e 108 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 36 habitantes en relación ao ano 2000.

Os Blancos, Os Blancos, Os Blancos

Os Blancos é un lugar da parroquia dos Blancos, no concello ourensán dos Blancos, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 124 habitantes (70 homes e 54 mulleres), tres menos ca en 2009.

É a capital do concello ao que dá nome.

Os Cuquexos, Guntín, Os Blancos

Os Cuquexos é un lugar da parroquia de Guntín, no concello ourensán dos Blancos, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 24 habitantes (11 homes e 13 mulleres), un menos ca en 2009.

No Dicionario de Madoz aparece citado como "Cuquejos" (sic), e dise que en 1847 tiña 8 vecinos y 40 almas.

Pexeiros, Os Blancos

Santa María de Pexeiros é unha parroquia do concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 58 habitantes (31 homes e 27 mulleres), 18 menos ca en 2000. Ten unha única entidade de poboación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.