Ortoño, Ames

San Xoán de Ortoño é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 9,03 km². Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 11.194 habitantes (5.401 homes e 5.793 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.826 habitantes. En boa medida, este gran número de habitantes está marcado pola presenza de Bertamiráns, unha vila que medrou moito nos últimos anos.

Ortoño
Cruceiro de Cantalarrana, Ortoño, Ames, Galiza
ConcelloAmes
Área9,03 km²
Poboación11.194 hab. (2018)
Densidade1.239,65 hab./km²
Entidades de poboación19

Festas

As festas patronais celébranse os días 24 (na honra de san Xoán Bautista), 25 (Santísimo Sacramento) e 26 de xuño (santo Antón de Padua). Ademais celébranse outras festas na honra da Virxe Peregrina (segundo domingo de agosto, na capela da confraría da Peregrina de Bertamiráns, santa Filomena (primeiro domingo de setembro) e a Virxe da Mercede (24 de setembro, na capela de Lapido).

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ortoño, Ames.
Iglesia de ortoño

Igrexa de San Xoán de Ortoño.

Ponte Lapido (Bertamiráns, Ortoño, Ames)

Ponte Lapido en Bertamiráns.

Ermida da Mercede (Ames)

Ermida da Mercede en Lapido.

Lapido, Ortoño, Ames

Muíño en Lapido.

Cristo de ortoño

Cristo na igrexa de San Xoán de Ortoño.

San juan de ortoño

San Xoán na igrexa da parroquia.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ames

Véxase tamén

Bibliografía

  • López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-7-4.

Outros artigos

Rosalía de Castro (1837-1885)
Obra
Familia
Lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.