Ortigueira

Ortigueira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2017 tiña 5.966 habitantes (6.871 no 2010, 7.376 no 2006, 7.697 no 2005, 7.830 no 2004, 8.022 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ortigueirés» ou «urticariense».

Coordenadas: 43°40′59″N 7°51′0″O / 43.68306, -7.85000

Ortigueira
Bandeira de Ortigueira
---
Escudo de Ortigueira
Dende a Mansa
Costa de Ortigueira.
Situacion Ortigueira
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación5.804 hab. (2018)
Área210,0 km²
Densidade27,64 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJuan Vicente Penabad Muras (PSdeG)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 6
Outros: P. Orti. 1, CCD 1
Eleccións municipais en Ortigueira
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes54,84%
Na rede
www.concellodeortigueira.com
alcaldia@ortigueira.dicoruna.es

Xeografía

O Concello de Ortigueira ten 214,9 km², estando a súa densidade preto dos 40 habitantes por km². Conta con 22 parroquias.

A vía principal de comunicación é a estrada C-642, que provén de Ferrol e atravesa o concello polo norte, a partir da cal se organizan o resto das estradas. Tamén pasa o camiño de ferro de vía estreita (FEVE) de Ferrol a Xixón.

Ortigueira sitúase entre a serra da Capelada ao oeste e a serra da Coriscada e a serra da Faladoira ao leste. O relevo, consistente en materiais de lousa, vai baixando cara á ría de Ortigueira. Estas aliñacións actúan como divisoria de augas entre os afluentes do río Sor e os que verten directamente na ría de Ortigueira (Mera, Baleo, Maior etc.), que son curtos e teñen unha pendente forte.

A temperatura media é de 12,9 °C, con mínima en febreiro e máxima en agosto; a amplitude térmica é escasa, non chegando aos 9 °C. A choiva é de arredor de 1.000 mm. O relevo produce un efecto de barreira á entrada dos ventos dominantes, o que aumenta a pluviosidade, mentres que na parte central do concello apenas se superan os 850 mm, ben que o número de días despexados sexa reducido.

Demografía

Censo total 2015 6.136 habitantes
Menores de 15 anos 396 (6.45 %)
Entre 15 e 64 anos 3.536 (57.63 %)
Maiores de 65 anos 2.204 (35.92 %)
Evolución da poboación de Ortigueira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
18.426 20.614 21.801 16.443 7.830 6.550 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Consérvanse restos do Megalítico. Segundo o historiador romano Plinio o Vello (século I), nesta zona habitaban os arroni, que chamaban ao seu territorio Arrós (este topónimo utilizábase no século XII para designar unha demarcación eclesiástica). Tolomeo (século II) denominou este territorio como Lapatiancorum ou Trileuco, "tres brancos", en posíbel referencia aos Aguillóns de Cabo Ortegal, lugar no que residían os lapatiancos.

O nome "Ortigaria" aparece na Idade Media, nunha relación de terras incluídas no condado de Montenegro, un dos once que constituían a diocese de Lugo, no reino de Galiza. No 929, o rei galaico Afonso IV puxo as terras de "Orticaria" baixo o mando dun dos seus sobriños, Gutiérrez (pai de San Rosendo).

A vila de Ortigueira constitúese como tal no século XIII, cando Afonso X lle concede o Foro de Benavente. Nel disponse a construción dun porto e concédeselle unha feira anual. O 15 de novembro de 1442, Ortigueira convértese en condado baixo Diogo Pérez de Sarmiento. En 1833 pasou a formar parte da provincia da Coruña e desde 1845 conta con xulgado comarcal.

En 1988 cinco parroquias da beira occidental da ría (Cariño, Feás, Landoi, A Pedra e Sismundi) escindíronse para constituír o concello de Cariño.

Cultura

Toponimia

Ortigueira orixínase no latín urticariam, de urtica 'ortiga' + ariam, sufixo abundancial, 'lugar onde hai ortigas'[4]).

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Da prehistoria resaltan o dolmen de Forno dos Mouros (Couzadoiro) e os castros próximos ao mar.

Patrimonio arquitectónico

O edificio do que foi convento de San Domingos de Ortigueira é orixinariamente do século XIV, se ben o edificio actual é do século XVIII. Nel está a igrexa, reconstruída en 1776 e, desde 1849, igrexa parroquial, e a sede e oficinas do concello. O Teatro da Beneficencia situado no mesmo edificio do ex-convento, conta con frescos realizados en 1892 por Vicente Martínez.

De entre os pazos destacan o de Brandariz, que pertenceu aos Ponce de León, o de Riomaior (Senra), Rasamonde (Espasante), O Souto (Mera) e Couzadoiro (Couzadoiro).

O antigo hospital de San Roque, reedificado en 1885 acolle hoxe a sede de diversas asociacións. O antigo Escolar, deseñado por Julio Galán e construído en 1909 contén hoxe a Biblioteca Municipal "Juan Fernández Latorre"[5] e o arquivo municipal, ambos os dous con instalacións recentemente renovadas, así como as oficinas comarcais do INSS.

Patrimonio cultural

Escola de Gaitas de Ortigueira

É unha das Asociacións Culturais máis importantes deste municipio. A Escola de Gaitas de Ortigueira é decana no seu labor de difundir e ensinar a música tradicional galega. Fundada en novembro de 1979 polo mestre de escola, Xabier Garrote Cobelo, xurdiu en resposta ás inquietudes dun grupo numeroso de persoas. A sinxela idea de ensinar a tocar a gaita a todos aqueles que o desexasen de forma gratuíta marcou o inicio na súa actividade. Está composta por 27 gaiteiros, 6 caixas e tamborís, 3 cuncheiras, 9 pandereteiras, un bombeiro e un grupo de baile que xorde de entre as súas filas; a formación cobre de sobra as súas necesidades artístico-musicais.

Asociación Cultural Amigos da Arte de Ortigueira

É outras das asociacións máis importantes do concello. Desde 1984 conta con escolas de pintura para nenos e adultos, gañando varios certames e premios importantes. Esta asociación convocou o 1º Certame de Artes Plásticas de Ortigueira no ano 1985 no que participaron artistas noveles e consagrados de toda Galiza.

Asociación Terras do Ortegal

Asociación fundada en 2014 co obxectivo de promover traballos e difundir a historia e a cultura da comarca do Ortegal. Publica a revista Terras do Ortegal, revista de estudios locais[6], unha publicación de carácter anual e formato libro que sae no mes de xullo de cada ano. Os autores dos artigos son historiadores, xornalistas e investigadores, maioritariamente nacidos na zona ou que viven nela. A edición da revista é sufragada polos socios da entidade e coa venda dos exemplares, pois non conta con subvencións oficias. Na actualidade están publicados os números 1 (2014), 2 (2015), 3 (2016), 4 (2017) e 5 (2018)[7].

Museo Etnográfico de Meixido

É un museo privado, fundado en 1995 por Narciso Luaces Pardo (1929- ) e Herminia Barreiro (+), matrimonio de labregos de Freires interesados na cultura popular da comarca do Ortegal. Está ubicado no lugar de Meixido, na parroquia ortigueiresa de San Paio dos Freires, na propia casa dos fundadores, que con pezas compradas, outras doadas e outras cedidas, foi acumulando progresivamente unha colección meritoria que acada case as 5.000 pezas, catalogadas e colocadas agrupadas de forma temática na exposición. En decembro de 2017 a SIR A Devesana promoveu un homenaxe a narciso Luaces, e ao ano seguinte, a asociación Terras do Ortegal publicou o libro "Homenaxe a Narciso Luaces Pardo", coa colaboración de destacados historiadores, etnógrafos e académicos da zona[8].

Etnografía

Festas e celebracións

Festival do Mundo Celta de Ortigueira

Na segunda fin de semana de xullo celébrase en Ortigueira o Festival Internacional do Mundo Celta, anualmente desde 1978 (con algunha interrupción nos primeiros anos). O festival cambiou o seu nome oficial polo de Festival de Ortigueira, acollendo músicas de tipo folk alleas aos límites iniciais dos países celtas.

Festas Patronais de Santa Marta

Celébranse en honra a Santa Marta, cuxa festa é o 29 de xullo. Nestas festas acostuma haber interpretacións corais, actuacións das súas bandas e escolas municipais, organización procesións en coordinación coa parroquia local, entre as que destacan as da propia Santa Marta cada 29 de xullo, a de Santa María Magdalena uns días antes e a tradicional procesión da Virxe da Caridade do Cobre, Patroa de Cuba, que se trouxo desde A Habana no 1955 por emigrantes locais e que se converteu, localmente, na "Patroa dos Emigrantes".

Economía

Na montaña atópase unha economía agraria tradicional en retroceso acompañada de despoboamento. A poboación estase a con0centrar na costa. No ano 1940 o concello chegou a contar con 22.152 habitantes pero desde entón a emigración e o crecemento vexetativo negativo fixeron reducir o censo.

En 1988 produciuse un descenso estatístico da poboación pola escisión citada anteriormente; debido a isto, a poboación pasou de 15.053 en 1986 a 9.925 en 1991.

Case o 40 % da poboación dedícase ao sector primario e algo menos aos servizos. Naquel destaca o aproveitamento do bosque (que ocupa máis do 62% do territorio), a pesca (fundamentalmente en Ladrido e Ortigueira), a agricultura de autoconsumo e a gandería (leite nas zonas baixas e carne nas altas). Pouco máis do 10% da poboación traballa na construción e algo máis na industria (lousa e materiais de construción; desapareceron as conserveiras).

Política e goberno

Artigo principal: Eleccións municipais en Ortigueira.

Nas eleccións municipais de 2007 o PPdG acadou de novo a maioría absoluta, con 8 concelleiros, manténdose coma alcalde Antonio Campo. O PSdeG acadou 3 concelleiros, o BNG 2 e o Partido Independente ningún. Porén, poucos meses despois, en outubro de 2007, Campo optou por abandonar a Alcaldía e adicarse por completo aos seus negocios persoais, que nunca deixara totalmente durante a súa traxectoria política. Rafael Girón pasou a ser o novo alcalde.

Nas eleccións municipais do 2011, o PP, liderado por Rafael Girón acadaría 7 concelleiros, o PSOE, con Juan Penabad Muras, conseguiu 6 concelleiros, o BNG quedaría sen representación por escasamente 11 votos, e o Partido Independente (formado por maioría de persoas do PSOE e do BNG) tamén quedaría sen representación.

Nos comicios municipais de 2015, o PSdeG-PSOE logrou a maioría absoluta con 7 concelleiros e o 50,29% dos votos, con Juan Penabad Muras á fronte. O PPdeG con Rafael Girón baixou a 5, e o BNG recuperou a súa representación con 1 edil. Pola súa parte, presentouse unha candidatura da FE de las JONS que logrou un resultado testimonial con só 25 votos (0,59%). Desta forma, o socialista Penabad Muras converteuse no primeiro alcalde de esquerda do municipio en toda a democracia.

Ortigueira na literatura popular

  • Santa Marta de Ortigueira,/ a muller que come a nata/ non pode ter a manteiga [9].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ortigueira.
Ortigueira.Festival celta.Galicia

Zona de acampada no piñeiral da praia de Ortigueira

Ortigueira.Festival celta.Xigantes

Zancudos na vila os días do festival

Zona centro festival de ortigueira
Acampada en el festival de ortigueira

Acampada no Festival de Ortigueira 2008

Escenario principal do Festival de Ortigueira 2008 2

Escenario principal do Festival de Ortigueira 2008

Monumento ó porco Antón

Monumento ó porco Antón en Espasante

Casa concello Ortigueira

Casa do concello.

Placa altimétrica de Ortigueira, Coruña

Placa altimétrica na casa do concello.

Lugares de Ortigueira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ortigueira vexa: Lugares de Ortigueira.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1. Páx. 447.
  5. "Biblioteca Municiapl". Concello de Ortigueira. Consultado o 14.02.19.
  6. "Presentación". TERRAS DO ORTEGAL, revista de estudios locais (5): 5–6. 2018. ISSN 976-84-88967-02-02 |issn= incorrecto (Axuda).
  7. Asociación Terras do ortegal (2018). "Presentación". TERRAS DO ORTEGAL (Ortigueira-A Coruña) (5).
  8. Castro Fustes, Emilio (Coordinador) (2018). Homenaxe a Narciso Luaces Pardo. O Infatigable compromiso coa terra. O libro dos amigos. Ortigueira-A Coruña: Asociación Terras do Ortegal. ISBN 978-84-86728-89-2.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 267.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

As Neves, Ortigueira

Santa María das Neves é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2011 tiña 89 habitantes (45 mulleres e 44 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.

Barbos, Ortigueira

San Xulián de Barbos é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 108 habitantes (62 mulleres e 46 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Couzadoiro, Ortigueira

San Cristovo de Couzadoiro é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 152 habitantes (82 homes e 70 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

Cuíña, Ortigueira

Santiago de Cuíña é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 321 habitantes (166 mulleres e 155 homes) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes.

Céltigos, Ortigueira

San Xulián de Céltigos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 359 habitantes (181 mulleres e 178 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 384 habitantes.

Devesos, Ortigueira

San Sebastián de Devesos é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (62 mulleres e 50 homes) distribuídos en 41 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 225 habitantes.

Espasante, Ortigueira

San Xoán de Espasante é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 611 habitantes (344 mulleres e 267 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 849 habitantes.

Insua, Ortigueira

San Xoán de Insua é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 173 habitantes (89 homes e 84 mulleres) distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 231 habitantes.

Ladrido, Ortigueira

Santa Eulalia de Ladrido é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 275 habitantes (150 mulleres e 125 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 435 habitantes.

Loiba, Ortigueira

San Xulián de Loiba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 391 habitantes (193 homes e 198 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Luama, Ortigueira

San Martiño de Luama é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 144 habitantes (75 mulleres e 69 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 189 habitantes.

Mera de Abaixo, Ortigueira

Santiago de Mera de Abaixo é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 234 habitantes (129 mulleres e 105 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 349 habitantes.

Mera de Arriba, Ortigueira

Santa María de Mera de Arriba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 96 habitantes (48 mulleres e 48 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.

O Ermo, Ortigueira

San Xulián do Ermo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 143 habitantes (76 homes e 67 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

O Mosteiro, Ortigueira

San Xoán do Mosteiro é unha parroquia do concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 33 habitantes (17 mulleres e 16 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 44 habitantes.

Ortigueira, Ortigueira

Santa Marta de Ortigueira é unha parroquia do concello de Ortigueira, capital do concello. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.584 habitantes (829 mulleres e 755 homes) nunha única entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.810 habitantes.

San Claudio, Ortigueira

Santa María de San Claudio é unha parroquia que se localiza no concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 471 habitantes (253 mulleres e 218 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 655 habitantes.

Senra, Ortigueira

San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.

Veiga, Ortigueira

Santo Adrao de Veiga é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 299 habitantes (141 mulleres e 158 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.