Oroso, Oroso

San Martiño de Oroso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.465 habitantes (2.249 mulleres e 2.216 homes)[1] distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.143 habitantes. Parte do seu territorio pertence á veciña parroquia eclesiástica da Barciela.

Oroso
Antiga casa do concello de Oroso
ConcelloOroso
Poboación4.445 hab. (2014)
Entidades de poboación17

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Oroso, Oroso.
Colexio de Vilacide

Colexio de Vilacide de Abaixo.

Estación de Vilacide

Antiga estación de tren de Oroso.

Lugares e parroquias

Parroquias de Oroso

Notas

  1. O número total de habitantes é a suma dos que aparecen no nomenclátor do IGE para esta parroquia, máis os do antigo lugar de Sigüeiro de Santiago de Compostela que aparece erroneamente no nomenclátor do IGE como pertencente á parroquia da Barciela de Santiago de Compostela. Véxase: IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades".

Véxase tamén

Outros artigos

Galería de imaxes de galiñas de Galicia

Galiña e galo son os nomes dados, respectivamente, á femia e macho da especie Gallus gallus domesticus

Galería de imaxes de hórreos de Galicia

O hórreo é unha construción destinada na súa orixe a secar, gardar e en xeral conservar o millo antes de o debullar.

Galería de imaxes de millo de Galicia

O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea

Millo

O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo. As mazarocas están cubertas por filas de grans.

A especie forma parte do xénero Zea, que non ten conxéneres achegados. As flores masculinas e femininas aparecen en inflorescencias separadas pero dentro do mesmo pé. Esta característica permite a obtención do millo híbrido, hoxe en día tan estendido. É tal a variabilidade do gran verbo da forma e cor, na mazaroca ou na mesma planta, que aínda non se acadou a clasificación científica de tódalas súas variedades. Ademais da híbrida, as variedades máis importantes son "dente marelo", "Krug" e "dentalla marela de Reid" [Cómpre referencia].

Preferente Galicia

A Preferente Galicia é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Sigüeiro, Oroso, Oroso

Sigüeiro é unha vila da parroquia de Oroso, no concello coruñés de Oroso. Segundo o IGE en 2014 tiña 3757 habitantes (1867 homes e 1890 mulleres). É a capital administrativa do concello.

Vilacide de Abaixo, Oroso, Oroso

Vilacide de Abaixo é un lugar da parroquia de Oroso, no concello coruñés de Oroso.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.