Oroso

Oroso é un concello da comarca de Ordes, pertencente á provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.400 habitantes (6.987 no 2009, 6.526 no 2006, 6.345 no 2005, 6.155 no 2004, 5.933 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é orosán.

Coordenadas: 42°58′07.2″N 08°26′30.5″O / 42.968667, -8.441806

Oroso
Bandeira de Oroso
---
Escudo de Oroso
Sigueiro Oroso Galiza 1
Casa do Concello.
Situacion Oroso
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ordes
Poboación7.452 hab. (2018)
Área72,1 km²
Densidade103,36 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Mirás Franqueira (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Outros: OR 2
Eleccións municipais en Oroso
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes57,55%
Na rede
www.concellooroso.com
info@concellooroso.com

Xeografía

Oroso limita ao norte cos concellos de Ordes e Tordoia, ao sur cos concellos de O Pino e Santiago de Compostela, ao oeste co concello de Trazo e ao leste co concello de Frades.[4] Abrangue unha superficie de 72,1 km². A capital do concello é a vila de Sigüeiro, pertencente á parroquia da Barciela. Oroso está adscrito á arquidiocese de Santiago de Compostela (arciprestado de Bama, Barbeiros e Berreo de Arriba) e ao partido xudicial de Ordes.

O concello está situado na marxe dereita do río Tambre, que marca o seu límite meridional co Concello de Santiago. Na litoloxía predominan os materiais xistosos. O monte Costa, de 329 m, na parroquia de Trasmonte, e o Petón, de 375 m, na parroquia de Senra, ambos os dous ó norte e no límite do concello de Ordes, son as máximas cotas. A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo gradualmente ata o curso do Tambre, creando unha terra de transición entre as ribeiras deste río e as terras máis altas de Ordes e Mesía.

A zona Entra dentro do clima oceánico húmido. A temperatura media sitúase nos 12,3 °C, o mes máis frío é xaneiro cunha media de 7,1 °C e o máis quente é xullo cunha temperatura media de 18,3 °C e a oscilación térmica é reducida, 11,2 °C. Os invernos non son moi rigorosos e os veráns son suaves, aínda que por influencia continental ocasionalmente prodúcense xeadas nalgúns días. As precipitación son elevadas, xa que acadan os 2.000 mm anuais, produto da chegada, sen ningunha dificultade topográfica dos ventos húmidos oceánicos; ademais, o ascenso en altitude favorece as precipitacións. Non obstante o réxime pluviométrico é irregular, cun máximo no inverno e un mínimo irregular no verán, onde hai un pequeno déficit hídrico nos meses de xullo e agosto.

A densa rede hidrográfica vén marcada polo río Tambre e varios dos seus afluentes que cruzan o concello de norte a sur. Destacan os de Maruzo, Samo, Cabezeiro e o río Lengüelle. A forte pluviosidade favorece a vexetación natural e a formación de prados e pastos. Os bosques orixinais de frondosas son moi residuais, no seu lugar predominan os espazos forestais a base de piñeiros e eucaliptos. Nas beiras dos ríos atópanse especies arbóreas e arbustivas típicas destas zonas.

A urbanización de Sigüeiro na súa parte orosán transformou a paisaxe deste concello, que cambiou a súa capitalidade do lugar de Oroso a Sigüeiro, coa construción dunha nova casa do concello. O centro de saúde e outras instalacións municipais como a piscina e gardería tamén están situadas no centro urbano de Sigüeiro.

Poboación

Evolución da poboación de Oroso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.231 3.553 4.360 3.657 6.155 7.328 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 7.400 habitantes
Menores de 15 anos 1.278 (17.27 %)
Entre 15 e 64 anos 5.090 (68.78 %)
Maiores de 65 anos 1.032 (13.94 %)

Oroso tiña a comezos do século XX unha poboación de 3.231 hab. A maior parte do século transcorreu con pequenas variacións, ben de forma positiva ou negativa. Dende 1900 a 1950, cunha forte corrente emigratoria e unha alta taxa de natalidade, a poboación creceu lixeiramente. Desde 1950 ata o censo de 1981, Oroso entrou nun período de perda de poboación. A pesar de que se mantivo un crecemento vexetativo favorable a marcha de habitantes e a emigración provocou un significativo descenso. Nestes anos houbo un activo éxodo rural cara as cidades da Coruña e Santiago de Compostela, así como cara as zonas industrializadas de España e Europa.

Entre 1981 e 1991 freouse a perda de poboación, aínda que o crecemento natural caeu pola baixa de natalidade; o retorno de emigrantes e o comezo dun crecemento asociado ó desenvolvemento da área urbana de Santiago deron comezo a un período de recuperación demográfica. Esta recuperación converteuse nun claro crecemento, así, entre os anos 1991 e 2001 produciuse un aumento do 46,34 %, dos máis altos dos concellos galegos. No comezo do século XXI alcanzou o seu máximo demográfico histórico cunha poboación de 5.530 h. O fortalecemento dunha expansión urbana relacionada con espallamento da área de Santiago cara o seus concellos limítrofes explica este crecemento demográfico.

A cabeceira municipal, Sigüeiro, é o eixe que a conecta con Santiago de Compostela convertéronse nunha das áreas de difusión de poboación máis importantes desta cidade. A taxa de crecemento natural é de signo positivo (1,8 por mil) como consecuencia dunha taxa de natalidade (10,1 por mil) superior á de mortalidade (8,3 por mil). Esta dinámica natural é á súa vez causa e consecuencia dunha estrutura demográfica relativamente nova dentro do contexto provincial e rexional. A poboación ata os 16 anos constitúe o 17,07 % do total. Os maiores de 64 anos representan o 14,46 %. A distribución da poboación por sexos amosa un elevado equilibrio, lixeiramente a favor da poboación feminina. Predomina a vivenda familiar pola función residencial de Oroso como periferia suburbana da área urbana de Santiago de Compostela.

Historia

Os primeiros restos arqueolóxicos atopados datan da época megalítica, como a mámoa de Vilar de Arriba atopada en Deixebre. Da cultura castrexa destacan os castros de[5]:

  • Castro de Oroso Pequeno (Oroso)
  • Castro de Vilalbarro (Oroso)
  • Castro de Vilacide (Vilacide – Oroso)
  • Castro de Recouso (Marzoa-Oroso)
  • Castro de Vilarromariz (Oroso)
  • Castro de Bouzalonga (Deixebre – Oroso)
  • Castro de A Grabanxa (Calvente-Oroso)
  • Castro de Marzoa (Marzoa - Oroso)
  • Castro de San Román (Pasarelos)
  • Castro de Sar (Sar)
  • Castro da Corela (O Valado)
  • Castro da Caluba (Barciela)
  • Castro do Casal (César)
  • Castro da Devesa do Carballal (Lamas)
  • Castro de Trasmonte (Castro)
  • Castro de San Migueliño (San Migueliño)
  • Castro de Vilasuso (Enfesta)
  • Castro de Torre (Castelo)

En Oroso foi atopado o chamado Tesouro de Recouso, atopado en Marzoa e datado entre os sécalos V e IV a.C, un conxunto de cadeas e colgantes de ouro. É posíbel que a vila de Sigüeiro sexa a mansión romana de Trigudum, que se situaba na vía romana de Braga a Astorga. Na urbanización de Porto Avieira había a mina de ouro romana das Grobias.

Na Idade Media formou parte da xurisdición de Montaos, igual que os territorios de Trazo e Ordes. Esta xurisdición abarcaba desde o Tambre ata o monte Xalo. Consta a existencia da mesma desde 1124, data en que se firmou unha doazón de Afonso VII á mitra Compostela. Neste lugar construíuse unha ponte no século XIV, mandada facer por Fernán Peres de Andrade, O Boo. O chamado Camiño Inglés de peregrinación a Santiago pasaba e pasa polo concello. Durante o Antigo Réxime as parroquias que integran o concello de Oroso pertenceron á xurisdición de Folgoso, señorío do conde de Altamira, á xurisdición de Mesía, administrada polo arcebispo de Santiago de Compostela e á de Sigüeiro do Deán, señorío do deán de Santiago de Compostela.

A proclamación da constitución de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a súa substitución por unha administración territorial do territorio. Daquela produciuse a creación dos concellos de Pasarelos e Oroso. En 1823 o rei Fernando VII derrogou a constitución, feito que supuxo a supresión deste concellos e a restauración do réxime señorial. A definitiva recuperación do municipalismo produciuse en 1835, cando se constituíu o concello cos límites actuais. En 1846 tiveron lugar no concello os enfrontamentos entre as forzas do goberno e as do sublevado coronel Miguel Solís preto da ponte Sigüeiro. Os sublevados perderían a batalla e serían fusilados en Carral.

Economía

Televes Oroso centro loxístico.jpeg
Centro loxístico de Televés en Sigüeiro.

Oroso ten unha taxa de actividade xeral do 58,7 %, superior á media rexional e a taxa de actividade masculina (71,6 %) supera á feminina (46,2 %). O paro sitúase arredor do 9,5 % (6,2 % no caso dos homes e 14,4 % no caso das mulleres), inferior á media rexional. A distribución da poboación activa por subsectores económicos reflicte a importancia do sector terciario con 57,3 % da poboación ocupada neste sector. Ségueo o sector secundario con 33,1 %, a industria con 18,4 % e a construción con 14,7 %; e por último o sector primario con 9,6 %.

A relación de Oroso co veciño concello de Santiago de Compostela mudou a súa estrutura económica totalmente nos últimos anos. Gran parte da poboación activa reside no concello, pero traballa na industria e nos servizos da capital de Galicia. Os dous sectores que máis xente empregan, o terciario e o secundario, responden a estes postos de traballo composteláns, mentres que o primario reduciu a súa participación económica e laboral. Non obstante, as actividades agrogandeiras desenvólvense na maioría do territorio de Oroso, que ó igual que o resto dos concellos da comarca de Ordes, dispón dunha área moi idónea para o aproveitamento agrario polas súas características climáticas e orográficas. A concentración parcelaria e as melloras introducidas fixeron posible a modernización das explotacións agrarias. A orientación principal é a gandeira, en concreto o gando bovino dedicado á produción comercial de leite, e secundariamente tamén hai varias granxas porcinas. A dispoñibilidades de prados e pastos favoreceu o crecemento do sector leiteiro, afundido na actualidade como consecuencia da Política Agraria da Unión Europea e o envellecemento da poboación rural.

O sector secundario ten unha presenza relativa. Existen diferentes empresas dedicadas á fabricación de materiais da construción, carpintaría e moblaría. Coa recente creación dun polígono industrial, instalouse no concello unha planta de Vengonsa, importante empresa de distribución alimentaria. Aínda así, a maioría dos traballadores acoden aos polígonos industriais da área de Santiago e A Coruña. A construción desenvolveuse moito nos últimos anos, pois a especulación urbanística e os prezos prohibitivos da vivenda na Capital de Galiza converteron Sigüeiro nunha vila dormitorio onde a meirande parte da poboación procede doutras localidades.

A paralización no seu día do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello non logrou conter aos construtores. Unha das consecuencias da má planificación urbanística son os problemas de tráfico que padece na actualidade o Concello, con constantes atascos nas horas punta de entrada e saída.

No sector terciario, tamén a maioría dos traballadores empréganse nos servizos da capital galega. No concello destaca a vila de Sigüeiro, cunha función residencial que favoreceu a proliferación de urbanizacións e os servizos básicos correspondentes (comerciais, financeiros, públicos). Na vía de conexión con Santiago de Compostela, a estrada N-550, desenvolveuse un importante sector de hostalaría nas súas marxes. As principais vías de comunicación insírense nas comunicacións entre A Coruña e Santiago de Compostela e son a devandita estrada que atravesa o concello de norte a sur, e a autoestrada AP-9, que ten en Sigüeiro un servizo de entrada e saída en dirección á Coruña. Tamén discorre polo concello a liña de ferrocarril A Coruña-Santiago de Compostela, cun apeadoiro na estación de Oroso e outro na de Trasmonte.

Cultura

Ademais dos restos arqueolóxicos mencionados, da arquitectura relixiosa destacan as igrexas de San Miguel de Gándara, Santo Estevo de Trasmonte e Santa Eulalia de Senra en estilo barroco. Da arquitectura civil sobresaen o Pazo de Meixime en Oroso e a Ponte Sigüeiro, unha obra de cantaría do século XIV, reformada no XV.

Entre as festas populares destacan as de Santo Antón en Marzoa, celebradas en xuño, Santo Estevo en Trasmonte, A Virxe da Mercé en Calvente (tamén coñecida como "O día 8") en setembro ,Santa Bárbara en Senra, que se celebra na primeira fin de semana de Outubro, e as do Santísimo Sacramento (último domingo de Agosto) e Santa Eufemía (na época estival) e as do Santo André (30 de novembro) que teñen lugar na parroquia de Santo André da Barciela. O Camiño de Santiago tamén atravesa este concello. Forma parte do chamado Camiño inglés, que comeza no porto da Coruña.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Oroso.
Beán Oroso

Beán.

Oroso hórreo

Hórreo.

Vilarromaris.Galicia

Igrexa de San Tomé de Vilarromarís.

Vídeo atravesando Oroso pola N-550.

Lugares de Oroso

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oroso vexa: Lugares de Oroso.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Xeografía na web do concello
  5. Castros de Oroso

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Barciela, Santiago de Compostela

Santo André da Barciela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2014 tiña 278 habitantes (142 mulleres e 136 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación

A Gándara, Oroso

San Miguel da Gándara é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2013 tiña 909 habitantes (451 mulleres e 458 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 386 habitantes.

Apeadoiro de Oroso-Vilacide

Oroso-Vilacide era un apeadoiro de Adif, situado en Vilacide, no concello de Oroso, provincia da Coruña. Estaba situado na Liña Zamora - A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Calvente, Oroso

San Xoán de Calvente é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2013 tiña 94 habitantes (48 mulleres e 46 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 115 habitantes.

Cardama, Oroso

Santa María de Cardama é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2013 tiña 153 habitantes (75 homes e 78 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 206 habitantes.

Comarca de Ordes

A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Deixebre, Oroso

Santa María de Deixebre é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2013 tiña 338 habitantes (173 homes e 179 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, 15 máis ca en 1999.

Deixebre sitúase entre as parroquias de Oroso e mais Santa Cruz de Montaos e Beán (concello de Ordes). Está atravesada pola autoestrada AP-9, e a carón dela discorre a estrada N-550.

A igrexa parroquial de Santa María de Deixebre atópase nos Carballos, a carón da carballeira do campo da festa e do cemiterio. O antigo templo parroquial estaba na aldea da Igrexa, preto da fonte da Santiña. Celébranse as festas de Santa Margarita o 24 de xullo e Santa María o 15 de agosto.

O equipo de fútbol da SD Deixebre xoga na Segunda Autonómica de Galicia. Fou creado a mediados do século XX, e xoga no campo do Peteiro. O seu uniforme é camiseta negra con raias brancas no lateral.

Estación de Garga-Trasmonte

Garga-Trasmonte foi unha estación de Adif, situado no lugar de Garga, parroquia de Trasmonte e concello de Oroso, na provincia da Coruña. Estaba situada na liña Zamora-A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Igrexa

O termo igrexa, da voz grega ἐκκλησία (tr. ekklesia), a través do latín ecclesia, co significado de "asemblea", pode referirse a:

Igrexa, conxunto de fieis que segue algunha das doutrinas do cristianismo, organizadas de xeito xerárquico:

A Igrexa primitiva, dos primeiros tempos do cristianismo.

O concepto de verdadeira e única Igrexa, co que se identifican algunhas das igrexas cristiás máis importantes.

O concepto de Igrexa cristiá, sostido por algunhas denominacións cristiás como conxunto dos crentes cristiáns.

A Igrexa católica, apocopada como "A Igrexa", ao ser historicamente a confesión maioritaria en Galicia;

Igrexa, o templo relixioso.O topónimo galego Igrexa, especialmente con artigo A Igrexa, é o nome de lugar máis común de toda España, con 300 lugares con ese nome. Pode referirse a:

Igrexa, lugar da parroquia de Couto, no concello de Taboada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cos, no concello de Abegondo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Abegondo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Leiro, no concello de Abegondo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mabegondo, no concello de Abegondo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Adelán, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia das Oiras, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Pedro de Mor, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Agrón, no concello de Ames;

A Igrexa, lugar da parroquia de Biduído, no concello de Ames;

A Igrexa, lugar da parroquia de Covas, no concello de Ames;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ortoño, no concello de Ames;

A Igrexa, lugar da parroquia de Aranga, no concello de Aranga;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Vicente de Fervenzas, no concello de Aranga;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabeiras, no concello de Arbo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cequeliños, no concello de Arbo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mourentán, no concello de Arbo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Brandeso, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Branzá, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Burres, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Campo, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Dodro, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Maroxo, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia da Mella, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pantiñobre, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa María de Arzúa, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilantime, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Viñós, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Baíña, no concello de Baiona;

A Igrexa, lugar da parroquia de Calvos, no concello de Bande;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabanas, no concello de Baña;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos, no concello de Barreiros;

A Igrexa, lugar da parroquia de Perdecanai, no concello de Barro;

A Igrexa, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Boimorto;

A Igrexa, lugar da parroquia de Boimil, no concello de Boimorto;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cardeiro, no concello de Boimorto;

A Igrexa, lugar da parroquia de Sendelle, no concello de Boimorto;

A Igrexa, lugar da parroquia de Abanqueiro, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bealo, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cespón, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cures, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Macenda, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bastavales, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Boullón, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Brión, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Luaña, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ons, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Viceso, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cesullas, no concello de Cabana de Bergantiños;

A Igrexa, lugar da parroquia de Irís, no concello de Cabanas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Saiar, no concello de Caldas de Reis;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Clemente de Cesar, no concello de Caldas de Reis;

A Igrexa, lugar da parroquia de Andeiro, no concello de Cambre;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cela, no concello de Cambre;

A Igrexa, lugar da parroquia da Franqueira, no concello da Cañiza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oroso, no concello da Cañiza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Parada das Achas, no concello da Cañiza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Caaveiro, no concello da Capela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabalar, no concello da Capela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ardaña, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Artes, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Berdillo, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carballo, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Entrecruces, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goiáns, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oza, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota;

A Igrexa, lugar da parroquia da Azúmara, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Balmonte, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Duancos, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Duarría, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goberno, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mondriz, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ramil, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Triabá, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia da Ameixenda, no concello de Cee;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cerceda, no concello de Cerceda;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade;

A Igrexa, lugar da parroquia de Castelo, no concello de Cervo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santiago de Arriba, no concello de Chantada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Traba, no concello de Coristanco;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xaviña, no concello de Coristanco;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goá, no concello de Cospeito;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xermar, no concello de Cospeito;

A Igrexa, lugar da parroquia de Maceira, no concello de Covelo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cequeril, no concello de Cuntis;

A Igrexa, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Cuntis;

A Igrexa, lugar da parroquia de Dodro, no concello de Dodro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Laíño, no concello de Dodro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Baloira, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Berres, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cereixo, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Liripio, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Orazo, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Paradela, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Rubín, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Xiao de Vea, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Toedo, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Visuña, no concello de Folgoso do Courel;

A Igrexa, lugar da parroquia de Fornelos de Montes, no concello de Fornelos de Montes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Aiazo, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Añá, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Céltigos, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Gafoi, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ledoira, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Moar, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Papucín, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vitre, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Chaín, no concello de Gondomar;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilaza, no concello de Gondomar;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pígara, no concello de Guitiriz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa Cruz de Parga, no concello de Guitiriz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Verís, no concello de Irixoa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bendoiro, no concello de Lalín;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goiás, no concello de Lalín;

A Igrexa, lugar da parroquia de Gaxate, no concello de Lama;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xende, no concello de Lama;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Tomé de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

A Igrexa, lugar da parroquia das Grañas do Sor, no concello de Mañón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón;

A Igrexa, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Covas, no concello de Meaño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lores, no concello de Meaño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Simes, no concello de Meaño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Meis, no concello de Meis;

A Igrexa, lugar da parroquia de Albixoi, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Boado, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabrui, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Castro, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cumbraos, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mesía, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Olas, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Visantoña, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xanceda, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche;

A Igrexa, lugar da parroquia de Sabaxáns, no concello de Mondariz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Mondariz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Viloalle, no concello de Mondoñedo;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilachá, no concello de Monfero;

A Igrexa, lugar da parroquia das Nocedas, no concello de Monforte de Lemos;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Moraña;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa Xusta de Moraña, no concello de Moraña;

A Igrexa, lugar da parroquia de Tameiga, no concello de Mos;

A Igrexa, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Mugardos;

A Igrexa, lugar da parroquia de Irixoa, no concello de Muras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Silán, no concello de Muras;

A Igrexa, lugar da parroquia do Viveiró, no concello de Muras;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Xiao de Narón, no concello de Narón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Trasancos, no concello de Narón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Liñares, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Rubiós, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Cibrán de Ribarteme, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Setados, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Taboexa, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Tortoreos, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vide, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Chandebrito, no concello de Nigrán;

A Igrexa, lugar da parroquia de Nigrán, no concello de Nigrán;

A Igrexa, lugar da parroquia de Parada, no concello de Nigrán;

A Igrexa, lugar da parroquia da Ramallosa, no concello de Nigrán;

A Igrexa, lugar da parroquia de Argalo, no concello de Noia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia;

A Igrexa, lugar da parroquia do Obre, no concello de Noia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Roo, no concello de Noia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mougás, no concello de Oia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Beán, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lesta, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mercurín, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa Cruz de Montaos, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilamaior, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Calvente, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Deixebre, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia da Gándara, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oroso, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pasarelos, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Senra, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia dos Freires, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Loiba, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Luía, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Salvador de Couzadoiro, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ambosores, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bravos, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Merille, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Miñotos, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ourol, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Borrifáns, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carres, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cutián, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Dordaño, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Filgueira de Traba, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Paderne, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Salto, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Adragonte, no concello de Paderne;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carcacía, no concello de Padrón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Herbón, no concello de Padrón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Pantón;

A Igrexa, lugar da parroquia da Aguarda, no concello da Pastoriza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bretoña, no concello da Pastoriza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Fomiñá, no concello da Pastoriza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Reigosa, no concello da Pastoriza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Amoedo, no concello de Pazos de Borbén;

A Igrexa, lugar da parroquia de Arca, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Castrofeito, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Gonzar, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lardeiros, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pastor, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pereira, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia do Pino, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Mamede de Ferreiros, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Raxó, no concello de Poio;

A Igrexa, lugar da parroquia de Samieira, no concello de Poio;

A Igrexa, lugar da parroquia de Arcos, no concello de Ponteareas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cristiñade, no concello de Ponteareas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Guillade, no concello de Ponteareas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Pontedeume;

A Igrexa, lugar da parroquia de Trado, no concello de Pontedeva;

A Igrexa, lugar da parroquia do Deveso, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia do Freixo, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goente, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia de Somede, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilavella, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bora, no concello de Pontevedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa María de Xeve, no concello de Pontevedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pontellas, no concello do Porriño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Briallos, no concello de Portas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goiáns, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de Nebra, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de Queiruga, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabeiro, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Chapela, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Negros, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Trasmañó, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilar de Infesta, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Leiro, no concello de Rianxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cedofeita, no concello de Ribadeo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Sisán, no concello de Ribadumia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Barrantes, no concello de Ribadumia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Aldurfe, no concello de Riotorto;

A Igrexa, lugar da parroquia das Eiras, no concello do Rosal;

A Igrexa, lugar da parroquia de Entenza, no concello de Salceda de Caselas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Soutelo, no concello de Salceda de Caselas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Alxén, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Arantei, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Meder, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Porto, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia da Barciela, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Busto, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cesar, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia da Enfesta, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Laraño, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Adina, no concello de Sanxenxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Nantes, no concello de Sanxenxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Noalla, no concello de Sanxenxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilasante, no concello de Saviñao;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carelle, no concello de Sobrado;

A Igrexa, lugar da parroquia da Ciadella, no concello de Sobrado;

A Igrexa, lugar da parroquia de Recemel, no concello das Somozas;

A Igrexa, lugar da parroquia das Somozas, no concello das Somozas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bamonde, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cacheiras, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Luou, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Reis, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Estás, no concello de Tomiño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Figueiró, no concello de Tomiño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pinzás, no concello de Tomiño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Tebra, no concello de Tomiño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa Eufemia do Monte, no concello de Toques;

A Igrexa, lugar da parroquia de Beseño, no concello de Touro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada;

A Igrexa, lugar da parroquia da Valboa, no concello de Trabada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilaformán, no concello de Trabada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Berreo, no concello de Trazo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Campo, no concello de Trazo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Morlán, no concello de Trazo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Baldráns, no concello de Tui;

A Igrexa, lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello de Tui;

A Igrexa, lugar da parroquia de Guillarei, no concello de Tui;

A Igrexa, lugar da parroquia de Paramos, no concello de Tui;

A Igrexa, lugar da parroquia de Arabexo, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Coucieiro, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Niveiro, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Moucide, no concello do Valadouro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Loira, no concello de Valdoviño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Valdoviño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Valdoviño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Illobre, no concello de Vedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabanas, no concello do Vicedo;

A Igrexa, lugar da parroquia do Vicedo, no concello do Vicedo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Alcabre, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabral, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Candeán, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Castrelos, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Coruxo, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Matamá, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Navia, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oia, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santo André de Comesaña, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Teis, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Valadares, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Zamáns, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bascuas, no concello de Vila de Cruces;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cornazo, no concello de Vilagarcía de Arousa;

A Igrexa, lugar da parroquia do Alba, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Distriz, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Gondaísque, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Noche, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Soexo, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Tardade, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Xoibán, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia de András, no concello de Vilanova de Arousa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Tremoedo, no concello de Vilanova de Arousa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Chavín, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Landrove, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Magazos, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vieiro, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Miraz, no concello de Xermade;

A Casa da Bouza - A Igrexa, lugar da parroquia do Freixo, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa de San Vicente, lugar da parroquia de San Vicente de Vigo, no concello de Carral;

A Igrexa Pequena, lugar da parroquia de Lanzós, no concello de Vilalba;

A Igrexa Vella, lugar da parroquia de Petán, no concello da Cañiza.

Marzoa, Oroso

San Martiño de Marzoa é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Oroso. Segundo o IGE de 2013 tiña 208 habitantes (109 homes e 99 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

O Pino

O Pino é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2015 tiña 4706 habitantes.

Oroso, A Cañiza

Santa María de Oroso é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 379 habitantes (191 mulleres e 188 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 451 habitantes.

Oroso, Oroso

San Martiño de Oroso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.465 habitantes (2.249 mulleres e 2.216 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.143 habitantes. Parte do seu territorio pertence á veciña parroquia eclesiástica da Barciela.

Os Ánxeles, Oroso

San Mamede dos Ánxeles é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2013 tiña 160 habitantes (83 homes e 77 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.

Antigamente chamábase San Mamede de Cas, mudándoselle o nome no século XVI.

Pasarelos, Oroso

San Román de Pasarelos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Oroso. Segundo o IGE de 2013 tiña 47 habitantes (26 mulleres e 21 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 77 habitantes.

Pasarelos limita polo nordeste coa parroquia de Aiazo (concello de Frades), ao sur coa parroquia dos Ánxeles, e ao oeste co lugar da Garabanxa, da parroquia de Calvente.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Senra, Oroso

Santa Eulalia da Senra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2013 tiña 293 habitantes (152 mulleres e 141 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 348 habitantes.

Trasmonte, Oroso

Santo Estevo de Trasmonte é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2013 tiña 494 habitantes (246 mulleres e 248 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 537 habitantes.

Vilarromarís, Oroso

San Tomé de Vilarromarís é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2013 tiña 275 habitantes (142 mulleres e 133 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 278 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.