Oriente Medio

Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.

Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á segunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.[1]

O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito[2][3] Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe[4].

Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da primeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.

Oriente Medio
Middle East
Mapa do Oriente Medio (verde).
Países18
Zonas horariasUTC+2:00, UTC+3:00, UTC+3:30, UTC+4:00, UTC+4:30
Cidades máis grandesFlag of Turkey.svg Istambul
Exipto O Cairo
Irán Teherán
Flag of Iraq.svg Bagdad
Flag of Saudi Arabia.svg Riad

Etimoloxía e historia do termo

GreaterMiddleEast3
O Oriente Medio tradicional e o Gran Oriente Medio concibido pola Administración Bush.
MiddleEast
Mapa do Oriente Medio.
Middle East geographic
Mapa físico da zona.

O termo «Oriente Medio» tería orixe británica, xa que é unha tradución literal do inglés "Middle East", orixinándose nos anos 1850 probablemente relacionado coa British India Office.[5] Considérase que é un termo eurocéntrico xa que define unha rexión en virtude da súa situación con relación a Europa: a unha distancia mediana e en dirección a Oriente (entre o próximo e o afastado Oriente).

O termo fíxose amplamente coñecido cando o estratego naval estadounidense Alfred Thayer Mahan[6] o usou en 1902 para identificar a rexión entre Arabia e a India británica. Por esa época, o Imperio británico e o Imperio ruso disputábanse a influencia en Asia Central, rivalidade que se coñeceu como o Gran Xogo. Mahan deuse conta non só da importancia estratéxica da rexión, senón tamén a do seu núcleo, o golfo Pérsico.[7][8]

Manhan etiquetou a área ao redor do golfo Pérsico como «Oriente Medio» e afirmou que, despois da canle de Suez, era o territorio máis importante para que Gran Bretaña puidese controlar o avance ruso cara á India.[9]

Usou o termo no seu artigo "The Persian Gulf and International Relations" («O golfo Pérsico e as relacións internacionais»), publicado en setembro de 1902 no diario británico National Review.

O artigo foi reimpreso en The Times e foi seguido en outubro por unha serie de vinte artigos titulados "The Middle Eastern Question", escritos por sir Ignatius Valentine Chirol. Neles, Chirol expandío a definición de «Oriente Medio» para incluír «aquelas rexións de Asia que se estenden ata os límites da India ou se aproximan a ela». Cara ao final da serie, en 1903, The Times eliminou as comillas ao usar o termo.[11]

Nos anos 1930, os británicos estableceron como parte do seu exército o "Comando do Oriente Medio" con base no Cairo.

Ata a segunda guerra mundial, era frecuente chamar Oriente Próximo á costa leste do Mediterráneo e Extremo Oriente ás proximidades da China.[12] En 1946 fúndase en Washington DC o "Instituto do Oriente Medio" como un centro cultural para asuntos árabes, turcos, hebreos, persas, afganos e paquistanís, entre outros, gañando difusión internacional o termo "Oriente Medio".[13]

Crítica e ambigüidade no uso

O termo Oriente Medio foi criticado polo seu eurocentrismo, polo que termos como Asia Occidental (ou sudoccidental) forón gañando aceptación en moitos traballos académicos e noutras áreas.

Algunhas disciplinas académicas como a arqueoloxía e a historia antiga continúan usando o termo Oriente Próximo (ver Antigo Oriente Próximo) pero na maioría de temas imponse largamente o termo Oriente Medio. Cando termina a primeira guerra mundial e cae o Imperio Otomán (o cal estaba comunmente identificado co termo Próximo Oriente), emerxe un novo mundo islámico e comezan a usarse ambos termos indistintamente e aparece a ambigüidade entre eles.

En 1957, o goberno estadounidense fai uso oficial do termo Middle East estendéndoo tan lonxe como Paquistán por unha banda e Libia e ata Etiopía polo outro,[14] con todo en 1958, o departamento de Estado redefine a rexión equiparándoa ao suroeste de Asia máis Exipto e recoñecendo que os termos Near East e Middle East son intercambiables.[15]

En alemán Naher Osten (Próximo Oriente) está gañando máis aceptación que Mittlerer Osten; igualmente en linguas eslavas como o ruso onde Ближний Восток (Blizhniy Vostok) ten máis aceptación que Средний Восток. Noutros idiomas a ambigüidade do galego Oriente Medio/Oriente Próximo repítese en francés: Moyen-Orient / Proche-Orient, italiano: Medio Oriente / Vicino Oriente, árabe: الشرق الأوسط Ash-sharq-l-awsat / شرق أدنى, turco: Orta Doğu / Yakın Doğu, persa: خاورمیانه Khāvarmiyāneh / خاور نزدیک, hebreo: המזרח התיכון Mizraj-Ha-Tijon / המזרח הקרוב e ao final é constatable ver que en realidade cada idioma ten unha forma para ambas acepcións.

Xeografía

MiddleEast
Composición de Oriente Medio

Debido a diferenzas de criterio á hora de definir a área xeográfica que comprende, esta sería a máxima interpretación de Oriente Medio:

Relevo

Dasht-e Kavir
Dasht-e Kavir o gran deserto de sal do Irán

O Oriente Medio ten principalmente áreas de relevo baixo, aínda que algunhas zonas de Turquía, Irán e Iemen son moi montañosas. O Anatolia atópase entre dúas cadeas montañosas: Pontus e Taurus. O monte Ararat, en Turquía, ten unha altura de 5.165 metros, e o máis alto na rexión, o monte Damavand, nas montañas Elburz de Irán, ten unha altura de 5.610 metros.[16] Os montes Zagros atópanse en Irán, na área da súa fronteira con Iraq. En varias rexións do Iemen as elevacións exceden os 3.700 metros, e as terras elevadas esténdense ao longo do Mar Vermello cara ao Líbano. O centro de Irán divídese en dúas concas con lagos de sal ocasionais: o norte Dasht-e Kavir (Gran deserto de sal), e ao sur Dasht-e Lut.

Ademais, hai unha falla xeolóxica ao longo do Mar Vermello, con zonas rift que crean depresións estruturais con áreas por baixo do nivel do mar.[17] O mar Morto, situado na fronteira entre a Cisxordania, Israel e Xordania, esta 418 metros por baixo do nivel do mar, o que o converte no punto máis baixo da superficie terrestre.[18]

Historia

Artigo principal: Historia do Oriente Medio.
GreaterMiddleEast2
O Oriente Medio tradicional e o Gran Oriente Medio concibido pola administración Bush.

Situada na unión de Eurasia e África, entre o mar Mediterráneo e o océano Índico, esta zona é centro de asuntos de importancia mundial nos ámbitos estratéxico, económico, político, cultural e relixioso. Coñecemos a historia desta rexión sobre todo polos escritos do Antigo Testamento e dos historiadores gregos, e polas escavacións arqueoloxía que se levan facaendo desde o século XIX. A zona está poboada desde o 8000 a.C., como proban os restos arqueolóxicos de Xericó.

Ao longo da historia, os países desta parte do mundo a miúdo experimentaron os mesmos cambios. Por exemplo, as conquistas do imperio persa, de Alexandre o Grande e do islam. Posteriormente formou parte do imperio otomán e das colonias británicas. Foi o centro espiritual da igrexa ortodoxa, do islam, do xudaísmo, xadidismo, mitraísmo, zoroastrismo, maniqueísmo e a fe bahá'í.

A historia moderna de Oriente Medio comezou despois da primeira guerra mundial, cando o imperio otomán, que se aliou cos vencidos (as potencias centrais), foi dividido en moitas nacións independentes. Outros acontecementos decisivos nesta transformación foron o establecemento do estado de Israel o ano 1948 e o declive das potencias europeas como o Reino Unido e Francia, que foron parcialmente suplantadas en influencia pola nación máis poderosa do momento, os Estados Unidos de América.

No século XX, a considerable reserva de petróleo na rexión conferiulle a zona unha nova importancia estratéxica e económica. A extracción masiva de petróleo comezou ao redor de 1945, en Arabia Saudita, Irán, Kuwait, Iraq, e nos Emiratos Árabes Unidos .[19] As reservas estratéxicas de petróleo, especialmente en Arabia Saudita e Irán, son das máis grandes do mundo e a OPEP está dominada polos países do Oriente Medio.

Durante a Guerra fría, Oriente Medio foi escenario da loita ideolóxica entre as dúas superpotencias, Estados Unidos e a Unión Soviética, que competían por influencia e aliados. Desde o final da segunda guerra mundial, a rexión tivo períodos de relativa paz e tolerancia, interrompidos con conflitos e guerras como forón a guerra do Golfo, a guerra de Iraq, o conflito árabe-israelí e programa nuclear de Irán.

Economía

A economía de Oriente Medio oscila entre os países máis pobres da rexión, como o Iemen, ás nacións máis desenvolvidas, como Arabia Saudita. En 2007, segundo datos de CIA, mantívose unha taxa de crecemento positiva, xa que contén as maiores reservas de petróleo] do mundo. Os tres países con maior PIB en 2006 son Qatar (36.632 dólares), Emiratos Árabes Unidos (34.109 dólares) e Kuwait (20.886 dólares).

A estrutura económica dos países de Oriente Medio son diferentes no sentido de que mentres algunhas nacións son só dependentes de exportar petróleo e os seus derivados (Arabia Saudita, EAU e Kuwait), outros teñen unha gran base económica (Turquía e Exipto). As actividades económicas de Oriente Medio son: petróleo e os seus derivados, a agricultura, o cultivo de algodón, a industria téxtil, a elaboración de produtos feitos de coiro, fabricación de equipamento bélico (armas, municións, tanques, submarinos, mísiles). A actividade bancaria é tamén un sector importante da economía, especialmente nos EAU e Bahrein. O turismo, coa excepción de Turquía e Exipto, non está explotado completamente. Nos últimos anos, os países comezaron a ter un gran número de turistas, xa que os seus gobernos mellorarón as infraestruturas das cidades, sobre todo en Dubai nos EAU onde os turistas crecen a case 10% anual.

Notas

  1. Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "Orient". L'Enciclopèdia (en catalán). Consultado o 5 de outubro do 2015.
  2. "Redrawing American Cartographies of Asia" Arquivado 23 de outubro de 1999 en Wayback Machine., artigo de Ella Shohat, City University of New York (en inglés).
  3. "The Middle East, in whose world?" Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine., artigo de Hassan Hanafi, Nordic Society for Middle Eastern Studies (en inglés).
  4. Anderson, Ewan W., William Bayne Fisher (2000): The Middle East: Geography and Geopolitics. Routledge. Páx. 12–13 (en inglés).
  5. Beaumont, Peter, Gerald H. Blake, J. Malcolm Wagstaff (1988). The Middle East: A Geographical Study. David Fulton. p. 16.
  6. Koppes, C.R. (1976). "Captain Mahan, General Gordon and the origin of the term "Middle East"". Middle East Studies 12: p. 95–98.
  7. Melman, Billie. The Cambridge Companion to Travel Writing: 6 The Middle East / Arabia Arquivado 25 de xullo de 2011 en Wayback Machine., Cambridge Collections Online. Retrieved January 8, 2006.
  8. Palmer, Michael A. Guardians of the Persian Gulf: A History of America's Expanding Role in the Persian Gulf, 1833-1992. New York: The Free Press, 1992. ISBN 0-02-923843-9 p. 12-13.
  9. Laciner, Dr. Sedat. "Is There a Place Called 'the Middle East'? Arquivado 06 de outubro de 2015 en Wayback Machine.", The Journal of Turkish Weekly, June 2, 2006. Retrieved January 10, 2007.
  10. Adelson, Roger. London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922. New Haven: Yale University Press, 1995. ISBN 0-300-06094-7 p. 22-23
  11. Adelson, Roger (1995). London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922.. Yale University Press. ISBN 0-300-06094-7.
  12. Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38: p. 665–675.
  13. Held, Colbert C. (2000). Middle East Patterns: Places, Peoples, and Politics. Westview Press. p. 7. ISBN 0-8133-8221-1.
  14. Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4): 665–675. doi:10.2307/20029452
  15. "'Near East' is Mideast, Washington Explains". The New York Times. 1958-08-14. http://select.nytimes.com/gst/abstract.html?res=F70E10FC3D59127A93C6A81783D85F4C8585F9&scp=1&sq='Near%20East'%20is%20Mideast,%20Washington%20Explains&st=cse. Retrieved 2009-01-25
  16. Beaumont, Peter, Gerald H. Blake, J. Malcolm Wagstaff (1988). The Middle East: A Geographical Study. David Fulton. p. 19.
  17. Sweeney, Jerry J., William R. Walter. Lawrence Livermore National Laboratory, ed. "Preliminary Definition of Geophysical Regions for the Middle East and North Africa" (PDF).
  18. NASA (ed.). "ASTER Image Gallery: The Dead Sea". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 14 de abril de 2017.
  19. Goldschmidt Jr., Arthur (1999). A Concise History of the Middle East. Westview Press. p. 8.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abade

Un abade (do arameo abba 'pai', a través do grego abbás e o latín abbăte) é o superior dunha comunidade de monxes. Na Igrexa ortodoxa recibe o nome de hegumenos ou arquimandrita. En galego a superiora dunha comunidade de freiras denomínase abadesa (do latín tardío abbătissa).

O título ten a súa orixe nos mosteiros de Siria, axiña esparexidos no Oriente Medio e Europa. Ao primeiro era un título de respecto dado a todos os monxes, pero axiña quedou restrinxido ao superior. O título de abade é de uso xeral nas ordes monásticas occidentais, aínda que en ordes como os dominicanos, carmelitas e agostiños recibían o nome de Praepositus, Provost e Prior, e entre os franciscanos Custos.

En Exipto o abade non tiña definida a súa xurisdición; ás veces rexía unha comunidade, outras varias. A partir da Regra de San Bieito o abade só ten a xurisdición sobre unha soa comunidade. Isto cambiou coa creación da Orde cluniacense, cando se recoñeceu a existencia dun abade supremo que exerce xurisdición sobre todas as casas dunha orde.

Asia

Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que se remonta á antigüidade clásica - en realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física. Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

CSA Czech Airlines

CSA Czech Airlines S.A., do checo České aerolinie, é a aeroliñea nacional da República Checa, e foino da anterior Checoslovaquia. Ten a súa base no Aeroporto Internacional de Ruzyně de Praga e opera nuns 120 destinos en 52 países, incluíndo as cidades máis importantes de Europa e puntos de tránsito en Norteamérica, Asia, Oriente Medio e norte de África. É membro actual da alianza de aeroliñas SkyTeam Alliance.

Corzo

O corzo ou corza (Capreolus capreolus) é un pequeno cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia, posuidor de galladas curtas, puntiagudas, e pelaxe avermellada no verán, e marrón-acinzentada no inverno.

Emirates

Emirates (árabe: طَيَران الإمارات) é unha aeroliña baseada en Dubai, Emiratos Árabes Unidos. É unha subsidiaria de The Emirates Group, que é propiedade da Investment Corporation of Dubai, organismo pertencente ao goberno. É a aeroliña máis grande de Oriente Medio, operando ao redor dos 3.400 voos semanais dende o seu centro de operacións no Aeroporto Internacional de Dubai, cara 133 cidades de 74 países. Das súas actividades de carga encárgase a división Emirates SkyCargo.

Exipto

Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur con Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sahara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo, unha das máis poboadas de África.

Egypt ten unha das historias máis antigas entre os países do mundo, cuxa orixe se remonta ós milenios VI e IV a.C. Considerada un berce da civilización, o Antigo Exipto experimentou algunhas das máis antigas formas de escrita, agricultura, urbanización, relixión organizada e goberno central. Monumentos icónicos como as pirámides de Gizeh e a súa Grande Esfinxe, así como as ruínas de Menfis, Tebas, Karnak e o Val dos Reis, reflicten este legado e manteñen un significativo foco de interese científico e popular. A gran e rica herdanza cultural de Exipto é unha parte integral da súa identidade nacional, que padeceu, e ás veces asimilou, varias influencias estranxeiras, como os gregos, persas, romanos, árabes, turcos otománs e nubios. Exipto foi un importante e temperán centro do cristianismo, mais foi amplamente islamizado no século VII e mantense como un país amplamente musulmán aínda que cunha significativa minoría cristiá.

Dende o século XVI até comezos do XX, Exipto foi gobernado por potenciais coloniais estranxeiras, o Imperio Otomán e o Imperio Británico. O Exipto moderno data do ano 1922, cando conseguiu a súa independencia do Imperio Británico como unha monarquía. Porén, a ocupación militar británica continuou, co cal moitos exipcios creron que a monarquía era un instrumento do colonialismo británico. Despois da revolución de 1952, Exipto expulsou os soldados e burócratas británicos e rematou coa ocupación, nacionalizou o Canal de Suez, exiliou o rei Farouk e a súa familia, e declarou a república. En 1958, uniuse con Siria para formar a República Árabe Unida, que se disvolveu en 1961. Ó longo da segunda metade do século XX, Exipto sufiu conflitos sociais, relixiosos e inestabilidade política, loitando en varios enfrontamentos armados con Israel en 1948, 1956, 1967 e 1973, e ocupando a Faixa de Gaza de xeito intermitente até 1967. En 1978, Exipto asinou os Acordos de Camp David, retirándose oficialmente da Faixa de Gaza e recoñecendo o estado de Israel. O país segue afrontando retos, como a inestabilidade política, incluíndo a recente revolución de 2011 e as súas consecuencias, o terrorismo e o subdesenvolvemento económico. O goberno actual de Exipto é unha república presidencial liderada polo presidente Abdul Fatah al-Sisi, que foi descrito por numerosos observadores como autoritario.

O islam é a relixión oficial de Exipto e o árabe é a súa lingua oficial. Con máis de 95 millóns de habitanets, Exipto é o país máis poboado do Norte de África, de Oriente Medio e do Mundo árabe, sendo o terceiro máis poboado de África (despois de Nixeria e Etiopía), e o décimo quinto do mundo. A gran maioría da poboación vive preto das beiras do río Nilo, nunha área de 40 000 km2 onde se atopa a única terra arable. As grandes rexións do deserto do Sáhara, que constitúen a maioría do territorio exipcio, están escasamente poboadas. Arredor da metade dos cidadáns exipcios habitan en áreas urbanas, especialmente nos centros densamente poboados do Cairo, Alexandría e outras grandes cidades do delta do Nilo.

O estado soberano de Exipto é un país transcontinental considerado como unha potencia rexional no Norte de África, no Oriente Medio e no Mundo árabe, así como unha potencia intermedia no contexto mundial. A economía de Exipto é unha das meirades e das máis diversificadas de Oriente Medio, e crese que será unha das maiores do mundo ó longo do século XXI. En 2016, Exipto superou a Suráfrica e converteuse na segunda maior economía de África (despois de Nixeria). Exipto é membro fundador das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Unión Africana e da Organización para a Cooperación Islámica.

Idade de Pedra

A Idade de Pedra é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión.

Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas. O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, discutido e variable segundo a rexión da que se trate. Aínda que é posible falar deste período en concreto para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía da fundición de metais e por tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra ata que se atoparon con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral, considérase que este período comezou en África hai 2,8 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana, ou quizais pre-humana.

A este período seguiulle o Calcolítico ou Idade de Cobre e, sobre todo, a Idade de Bronce, durante a que as ferramentas desta aliaxe chegaron a ser comúns; esta transición aconteceu entre o 6000 a.C. e 2500 a.C. Tradicionalmente divídese a Idade de Pedra en Paleolítico, cun sistema económico de caza-recolección e Neolítico, no que se produce a revolución cara ao sistema económico produtivo agropecuario, a suma da agricultura e maila gandaría.

Igrexas católicas orientais

O termo Igrexas católicas orientais, tamén coñecidas como uniatas, refírese colectivamente ás 22 igrexas particulares autónomas en comuñón coa Santa Sé que, xunto coa Igrexa Latina, forman a Igrexa Católica universal. Conservan moitas antigas tradicións teolóxicas, litúrxicas e devocionais que, en moitos casos, comparten co resto das igrexas cristiás orientais coas que estiveron unidas no pasado, como a Igrexa Ortodoxa ou as igrexas ortodoxas orientais.

Aínda que comparten tradicións similares con estas igrexas ortodoxas, afástanse delas en temas doutrinais e teolóxicos, polo que non admiten a participación de membros destas outras igrexas nos sacramentos, agás baixo as circunstancias previstas polo dereito canónico. No caso da Igrexa Ortodoxa isto é consecuencia, de xeito principal mais non exclusivo, de diferenzas conceptuais en canto ao papel e á autoridade do Bispo de Roma.

Historicamente, estás igrexas tiñan o seu ámbito de actuación en Europa do Leste, Oriente Medio, o Norte de África e a India. Por mor da emigración, teñen presenza tamén en Europa Occidental, América e Oceanía, onde teñen creado eparquías de xeito paralelo ás dioceses latinas.

LOT Polish Airlines

LOT Polish Airlines é a aeroliña nacional de Polonia. Baseada en Varsovia, LOT foi creada no ano 1929, sendo unha das aeroliñas máis antigas aínda operativas. Usando unha frota de 55 avións, LOT voa a 60 destinos en Europa, Oriente Medio, Norteamérica e Asia.

O ano 1989 marcou o comezo do rápido desenvolvemento da aeroliña. LOT comezou a retirar os seus vellos avións soviéticos e comezou a renovar a frota. Coa chegada do primeiro Boeing 767-300ER, LOT iniciou servizos intercontinentais a Chicago, Newark, Toronto e Nova York. Estas catro rutas principais teñen sido os voos máis populares de LOT, especialmente durante o verán cando oitos polacos regresan ao seu país de vacacións.

Lingua árabe

O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.

O termo "árabe" pode referirse tanto ó árabe literario, que non é falado como lingua materna por ningún árabe, como ó árabe moderno estándar, ou ás diferentes variedades do árabe, xeralmente chamadas "árabe coloquial". Os árabes consideran o árabe literario a lingua estándar, e adoitan ver o resto como simples dialectos.

O árabe literario refírese tanto á lingua utilizada polos medios de comunicación do Magreb e os do Oriente Medio, como á lingua, máis arcarca, do Corán. O árabe coloquial, pola súa banda, refírese ós diferentes dialectos falados polos habitantes das zonas arriba referidas de forma habitual. En moitas ocasións, son diferentes entre os distintos lugares de tal forma que o falante dun concreto dialecto do árabe pode non comprender outro dialecto. Xeralmente, estes dialectos non son linguas literarias, pero nalgúns hai algunhas pequenas mostras de literatura.

A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia (o uso normal de dúas diferentes variedades da mesma lingua, dependendo da situación na que a persoa se atope). Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Xa que o árabe escrito de hoxe en día é substancialmente diferente do árabe dos tempos do Corán, é normal (nos países occidentais) referirse a esta última coma árabe clásico e á lingua actual dos medios de comunicación como árabe moderno estándar. Os árabes, pola contra, utilizan o termo Fuṣḥa para referirse a ámbalas dúas, poñendo énfase no seu grande parecido.

Ás veces, é difícil traducir conceptos islámicos, e outros relacionados coa cultura árabe, sen utilizar a terminoloxía árabe. o Corán está expresado en árabe e, tradicionalmente, os musulmáns sosteñen que é imposible traducilo a ninguna lingua dunha forma que todo o seu significado se manteña. De feito, ata hai pouco tempo, moitas escolas de pensamento afirmaron que non se debería traducir de ningunha forma.

O galego posúe gran cantidade de palabras derivadas do árabe: azucre, laranxa, limón, álxebra, alcol, cénit etc.

Mar Morto

O Mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.

Media (Oriente Medio)

Media (en persa antigo Mâda, en lingua kurda Mâd) foi un antigo reino tribal no oeste do actual Irán. A súa capital foi Ecbatana.

Media constitúe un problema para os estudosos que tratan de describir este antigo imperio. As probas de que se dispoñen son pouco fidedignas: consisten nalgúns achados arqueolóxicos, algunhas referencias en textos cuneiformes asirios e babilonios, a inscrición persa de Behistún, as obras "Os nove libros de historia" do historiador grego Heródoto de Halicarnaso e "Pérsica" de Ctesias de Cnido, e un par de capítulos na Biblia. O problema é que os achados arqueolóxicos non están claros, que os textos orientais non ofrecen demasiada información, que os autores gregos non son moi fiábeis, e que parece que algúns libros bíblicos estiveron influenciados por Heródoto.

Mesopotamia

Mesopotamia (do grego, mésos e potamós: entre ríos) é unha rexión xeográfica histórica do Oriente Medio, delimitada entre os ríos Tigris e Éufrates, ocupada polo actual territorio do Iraq. Os ríos desembocan no Golfo Pérsico e a rexión está rodeada por desertos.

Península de Arabia

Arabia é unha vasta península localizada en Oriente medio, na unión de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.

Petróglifo

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.

A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe. Este termo non debe confundirse con pictografía, que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da arte rupestre. As petroformas ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.

Petróleo

O petróleo (do latín petra, pedra + oleum, aceite), tamén chamado cru de petróleo, é un líquido natural que se atopa en formacións na Terra consistindo nunha complexa mestura de compostos orgánicos, maiormente hidrocarburos. Os outros constituíntes son compostos orgánicos contendo elementos químicos como nitróxeno, xofre, osíxeno (chamados xenericamente de compostos NSO) e metais, principalmente níquel e vanadio.

O petróleo en estado líquido é unha substancia oleosa, inflamábel, xeralmente menos densa que a auga, cun cheiro característico e coloración que pode variar desde o incoloro ou castaño claro ata o negro, pasando por verde e marrón.

O petróleo é un recurso natural non renovábel, e tamén actualmente a principal fonte de enerxía. Del extráense variados produtos, sendo os principais bencinas, óleo diésel, gasolina, alcatrán e polímeros plásticos.

O petróleo, debido á súa importancia económica e estratéxica, é a principal fonte de renda de moitos países, especialmente no Oriente Medio) e leva xa provocado moitas guerras.

Pobo xitano

O pobo xitano, ou pobo romaní, é un grupo étnico que vive principalmente no sur e leste de Europa, Asia occidental, Latinoamérica, nos Estados Unidos de América e no Oriente Medio. Crese que a súa orixe provén das rexións indias do Rajasthan e do Punjab. Ó redor do ano 1050 comezaron as súas emigracións cara a Europa e ó norte de África a través do Irán.

Tradicionalmente os xitanos falan diversos dialectos da lingua romaní, unha lingua Indoariana. A día de hoxe, a maioría dos xitanos falan a lingua dominante na súa rexión de residencia.

Segundo o censo do ano 2000, en Galicia había unha pequena comunidade xitana duns 9.000 individuos, en España a comunidade xitana é moito maior, duns 600.000, vivindo principalmente nas comunidades de Andalucía, Madrid e Cataluña.

Saudia

Saudia (árabe: السعودية‎‎ as-Suʿūdiyyah), tamén coñecida como Saudi Arabian Airlines (الخطوط الجوية العربية السعودية), é a aeroliña nacional de Arabia Saudí con sede en Jeddah. A súa principal base de operacións atópase no aeroporto Internacional Rei Abdulaziz, ademais de ter centros de conexión secundarios no aeroporto Internacional Rei Khalid de Riad e no aeroporto Internacional Rei Fahd de Dammam. É a terceira aeroliña máis grande de Oriente Medio en termos de beneficios, tras Emirates e Qatar Airways. Realiza voos regulares domésticos e internacionais a uns 120 destinos de Oriente Medio, África, Asia, Europa e Norteamérica. Saudia é membro da Organización de Aeroliñas Árabes e uníuse á alianza SkyTeam o 29 de maio de 2012.

Siria

Siria é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos de Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.