Orde do Temple

A Orde dos Templarios foi unha orde medieval, creada en 1118 na cidade de Xerusalén, por nove cabaleiros de orixe francesa, cuxo nome completo era Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón. Nos séculos seguintes volveuse nunha institución de enorme poder político, militar e económico. A súa divisa era: Non nobis, Domine, non nobis, sed nomini Tuo da gloriam, o que significa «Non a nós, Señor, non a nós, dade a gloria ao Voso nome». Inicialmente as súas funcións limitábanse aos territorios cristiáns conquistados na Terra Santa durante o movemento das Cruzadas, e visaban á protección dos peregrinos que se desprazaban aos lugares sagrados. Nas décadas seguintes, a Orde beneficiouse de innúmeras doazóns de terra na Europa que lle permitiron estabelecer unha rede de influencias en todo o continente.

Templ
Selo da Orde.

Orixe do nome e lendas

Cross templars
Cruz da Orde dos Templarios

Os templarios foron a primeira orde miliar, uns militares que se organizaban en confraría non cun fin de botín senón relixioso, de conquista dos Santos Lugares, que como tales debían pertencer á fe verdadeira, ou sexa a deles. Ao seren os primeiros monxes-guerreiros foi unha innovación dos cruzados, xa que no pensamento relixioso un monxe non debía nunca ensinar as mans con sangue e incluso estaba penado que matase a un inimigo, polo que os templarios foron criticados por cregos cristiáns que vían na súa existencia un paradoxo non desexable na realidade, como o abade de Isaac da estrella, quen ironizaba sobre a existencia dun "quinto evanxeo" que permitiría a certa nova cabalería estender a fe mediante o uso da forza, ou Walter Map. Para combater estas críticas éticas San Bernardo "liber ad Milites Templi", un tratado xustificativo que asociaba a estes monxes "sanguinarios" cos campións veterotestamentarios que contaban coa axuda de Deus contra filisteos. Os templarios recibiron como área para a súa sede o territorio que corresponde ao Templo de Salomón, en Xerusalén, e de aí a orixe do nome da Orde.

Segundo a lenda, eles terían encontrado no territorio que recibiron documentos e tesouros que os tornaron poderosos. Segundo algúns, eles ficaron coa tutela do Santo Graal, o cáliz onde foi colectado o sangue de Xesucristo na cruz, e o mesmo que se usou na última cea. Todos estes mitos xurdiron xa na Idade Moderna e serviron ao imaxinario burgués para atacar á monarquía.

Ascensión e caída

Saint-Martin-des-Champs Chapelle
Construción templaria en Saint Martin des Champs, Francia
Artigo principal: Proceso e disolución da Orde do Temple.

A ascensión meteórica dos Templarios levou á súa propia caída. Con medo do estado dentro do seu propio estado, o rei Filipe IV de Francia, con apoio do Papa Clemente V, planeou a destrución da Orde do Templo. En todo o seu territorio, os cabaleiros do Templo foron presos simultaneamente o 13 de outubro de 1307, un venres. Sometidos a tortura, a maioría admitiu prácticas consideradas herexes, como adorar un ídolo chamado Baphomet, homosexualidade ou cuspir na cruz. O papa aprobou a súa extinción no Concilio de Viena de 1311-1312, executándose a maioría dos cabaleiros da orde na fogueira, incluíndo o seu gran-mestre Jacques de Molay en 1314.

O rei Filipe tentou tomar posesión dos tesouros dos templarios, mais cando os seus homes chegaron ao porto, a frota templaria xa partira misteriosamente con todos os tesouros, e xamais se encontrou. Os posíbeis destinos desa frota serían Portugal, onde os templarios serían protexidos; Inglaterra, onde se poderían refuxiar por algún tempo, e Escocia onde tamén se poderían refuxiar con bastante seguridade.

Historia dos templarios por territorios

Coroa de Aragón

A orde comeza a súa implantación na zona oriental da Península Ibérica na década de 1130. En 1131, o conde de Barcelona Ramón Berenguer III pide a súa entrada na orde, e en 1134, o estamento de Afonso I de Aragón cédelles o seu reino aos templarios, xunto a outras ordes como os hospitalarios ou a do Santo Sepulcro. Este testamento sería revogado, e os nobres aragoneses, desconformes, entregaron a coroa a Ramiro II, aínda que fixeron numerosas concesións, tanto de terras como de dereitos comerciais ás ordes para que renunciaran. Este rei buscaría a unión con Barcelona da que nacería a Coroa de Aragón.

Esta coroa axiña chegaría a un acordo cos templarios, para que colaboraran na Reconquista, favorecéndoos con novas doazóns de terras, así como con dereitos sobre as conquistas (un quinto das terras conquistadas, o décimo eclesiástico, parte das parias cobradas aos reinos de taifas). Tamén, segundo estas condicións, calquera paz ou tregua tería que ser consentida polos templarios, e non só polo rei.

Como en toda Europa, numerosas doazóns de pais que non podían dar un título nobiliario máis que ao fillo maior, e buscaban cargos eclesiásticos, militares, cortesáns ou en ordes relixiosas, enriqueceron á orde.

En 1148, pola súa colaboración nas conquistas do sur de Cataluña, os templarios recibiron terras en Tortosa (da cal, tras comprar as partes do rei e os xenoveses, quedaron como señores) e de Lleida (onde se asentaron en Gardeny e Corbins). Tras unha resistencia que se prolongaría até 1153, caeron as últimas prazas da rexión, recibindo os templarios Miravet, nunha importante situación no río Ebro.

Tras a derrota de Muret, que supuxo a perda do imperio transpirenaico aragonés, os templarios convertéronse en custodios do herdeiro á coroa no castelo de Monzón. Este, Xaime I o Conquistador, contaría con apoio templario nas súas campañas en Mallorca (onde recibirían un terzo da cidade, así como outras concesións nela), e en Valencia (onde de novo recibiron un terzo da cidade).

Os templarios mantivéronse fieis ao rei Pedro o Cerimonioso, manténdose do seu lado durante a excomuñón que sufriu a raíz da súa loita contra Francia en Italia.

Os templarios no reino de Castela e León

Ante a invasión almohade, os templarios loitaron no exército cristián, vencendo xunto aos reinos de Castela, Navarra e Aragón na batalla de Las Navas de Tolosa (1212).

En 1265, colaboraron na reconquista de Murcia, que se levantara en armas, recibindo en recompensa Jerez de los Caballeros e o castelo de Murcia.

En Portugal

A primeira doazón aos templarios fíxoaa en marzo de 1128 Tareixa, condesa de Portugal en Braga ao templario Raimundo Bernardo[1] o castelo de Soure con tódalas súas rendas e as terras entre Coímbra e Leiria, estando presentes o rei Afonso VII e o Conde Fernando Pérez de Traba. Meses mais tarde 19 nobres do condado portucalense encabezados pola raíña e o Conde de Traba fan diversas doazóns á Orde.

Os templarios en Galicia

A orde do temple tivo diversas terras no reino de Galicia, entre elas destaca as de Carballeda de Avia, A Coruña, Coia, Vigo, Amoeiro, capela de San Amaro en A Arnoia, Guntín, Palas de Rei, Láncara, Pazos de Arenteiro etc., e varios hospitais ao longo do Camiño de Santiago. Todos estes bens acabarían nas mans da Orde dos Hospitalarios trala "ilegalización" dos Templarios.

Polonia

Os templarios non estiveron activos en Polonia até o século XIII cando o príncipe silesio Henryk Brodaty lles cedeu propiedades nas terras de Oławy (Oleśnica Mała) e Letzen (Leśnica). Máis tarde Władysław Odonec doaríalles Myślibórz, Wielką Wieś, Chwarszczany e Wałcz. O príncipe polaco Przemysław II entregaríalles Czaplinek. A orde chegaría a ter en Polonia polo menos doce komandorie (comendadores), que segundo algúns historiadores puideron ser até cincuenta. A pesar do distanciamento xeográfico coa Terra Santa e co Mediterráneo, que era o centro da orde, chegaría a haber entre 150-200 cabaleiros en Polonia, de procedencia maioritariamente xermánica. O número de cabaleiros polacos é difícil de estimar.

Influencias

Despois da aniquilación dos Templarios na maior parte de Europa, a Orde continuou en Portugal, como Orde de Cristo (da cal Henrique, duque de Viseu foi gran-mestre), e en Escocia, aínda que sen nunca máis alcanzar a importancia anterior. Porén, a Orde de Cristo herdou todos os bens dos Templarios portugueses e desempeñou un papel crucial nos Descubrimentos portugueses. No resto da península ibérica os membros e terras da Orde pasaron a outras Ordes militares, sobre todo aos seus rivais da Orde dos Hospitalarios.

Segundo algúns, en Escocia a orde gozou de liberdade suficiente para continuar as súas actividades sen incomodarse pola inquisición da Igrexa católica, téndose mesturado con fraternidades masónicas, de onde se orixinou, segunda a lenda, a franco-masonaría, rito escocés.

Mestres

  1. Huguens de Payns (1118-1136)
  2. Robert de Craon (Robertus Burgundío) (1136-1146)
  3. Everard des Barres(Ebrardus de Barris) (1146-1149)
  4. Bernard de Tremelay (1149-1153)
  5. André de Montbard (1153-1156)
  6. Bertrand de Blanchefort (1156-1169)
  7. Philippe de Milly (Philippus de Neapoli/de Nablus) (1169-1171)
  8. Odo de St Amand|Odo (Eudes) de St Amand ou ODON de SAINT-CHAMAND(1171-1179)
  9. Arnaud de Toroxe (Arnaldus de Turre Rubea/de Torroxa )(1179-1184)
  10. Gerard de Ridefort|Gérard de Ridefort (1185-1189)
  11. Robert de Sablé (Robertus de Sabloloi) (1191-1193)
  12. Gilbert Horal (Xilbertus Eraíl/Heraíl /Arayl /Horal/Roral) (1193-1200)
  13. Phillipe de Plesis / Plaisíe`/ Plese` /Plesiez (1201-1208)
  14. Guillaume de Chartres ou Willemus de Carnoto(1209-1219)
  15. Pedro de Montaigu|Pierre (Pedro) de Montaigu (Petrus de Monteacuto) (1219-1230)
  16. Armand de Périgord (Hermannus Petragoricensis) ou Hermann de Pierre-Grose (???-1244)
  17. Richard de Bures (1245-1247)
  18. Guillaume de Sonnac (Guillelmus de Sonayo)(1247-1250)
  19. Renaud de Vichiers (Rainaldus de Vicherío)(1250-1256)
  20. Thomas Bérard (1256-1273)
  21. Guillaume de Beauxeu (Guillelmus de Belloíco) (1273-1291)
  22. Thibaud Gaudin (Thiband Ggandin)(1291-1292)
  23. Jacques de Molay (1292-1314)

Os nove fundadores

  • Hugo de Payens
  • Geoffroy de Saint-Omer
  • Andrés de Montbard
  • Archamband de Saint-Aigman
  • Payer de Montidier
  • Godofredo Bisson
  • Gondemaro
  • Hugo Rigaud
  • Rolando

En Portugal

Os Templarios entraron en Portugal aínda no tempo de Teresa de León, que lles doou a poboación miñota de Fonte Arcada, en 1127. Un ano despois, a viúva do conde Henrique entregoulles o Castelo de Soure baixo compromiso de colaboraren na conquista de terras aos mouros. En 1145 recibiron o Castelo de Longroiva e dous anos despois axudaron a Afonso Henriques na conquista de Santarém e ficaron responsábeis do territorio entre o Mondego e o Texo, a montante de Santarém.

Os Templarios Portugueses a partir de 1160 ficaron con sede na cidade de Tomar, onde continuou a situarse a súa orde sucesora, a Orde de Cristo.

Mestres Portugueses

  1. Afonso Henriques, Irmán Templario (13 de marzo de 1129)
  2. Guillaume Ricardo (1127 - 1139)
  3. Hugues Martins (1139)
  4. Hugues de Montoire (1143)
  5. Pedro Arnaldo (1155 - 1158)
  6. Gualdim Pais1160 Gualdim Paes (1158 - 1195)
  7. Lopo Fernandes
  8. Fernando Dias (1202)
  9. Gomes Ramires (1210 - 1212)
  10. Pierre Alvares de Alvito (1212 - 1221)
  11. Pedro Anes (1223 - 1224)
  12. Martin Sanchez (1224 - 1229)
  13. Estevão Belmonte (1229 - 1237)
  14. Guillaume Fouque ou Fulco (1237 - 1242)
  15. Martim Martins (1242 - 1248)
  16. Pedro Gomes (1248 - 1251)
  17. Paio Gomes (1251 - 1253)
  18. Martim Nunes (1253 - 1265)
  19. Gonçalo Martins (1268 - 1271)
  20. Beltrão de Valverde (1273 - 1277)
  21. João Escritor (1280 - 1283)
  22. João Fernandes (1283 - 1288)
  23. Afonso Pais-Gomes (1289 - 1290)
  24. Lourenço Martins (1291 - 1295)
  25. Vasco Fernandes (1295 - 1306)

Castelos

  • Castelo de Castelo Branco
  • Castelo de Longroiva
  • Castelo de Pombal
  • Castelo de Tomar
  • Castelo de Soure

Mosteiros

Véxase tamén

Bibliografía

  • LOUÇÃO, Paulo Alexandre, Os Templários na Formação de Portugal, Edições Ésquilo, 8ª edição, Nov. de 2003
  • LOUÇÃO, Paulo Alexandre, Dos Templários à Nova Demanda do Graal, Edições Ésquilo, 1ª edição, Set. 2003
  • TELMO, António, O Mistério de Portugal na História e n'Os Lusíadas, Edições Ésquilo

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. A nobreza altomedieval galega, a familia Froilaz-Traba" J.L.López Sangil ed Toxosoutos 2005
A Laracha

A Laracha é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 443 habitantes (11 367 no 2012, 11 337 no 2011, 11 213 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés». Recibe o seu nome da súa capital, a vila da Laracha.

Avión

Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é avionés.

Beade

Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés.

Carballeda de Avia

Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés ou (véxase no Galizionario) aviao .

Clemente V, papa

Clemente V (nado en Villandraut en 1264 e falecido en Avignon o 20 de abril de 1314) foi o Papa nº 195 da Igrexa católica, sendo o primeiro que instaurou a sé papal en Avignon.

De nome Bertrand de Got, realizou estudos de dereito canónico en Orleáns e Boloña. Tras rematalos foi nomeado cóengo en Bordeos, vicario xeral en Lión, capelán do papa Bonifacio VIII, bispo de Commninges e, en 1299, arcebispo de Bordeos.

Convento de Cristo

O Convento de Cristo en Tomar, (Portugal), perteneceu á Orde do Temple e é un dos principais monumentos da arquitectura portuguesa. Fundado en 1162 polo Gran Mestre do Temple en Portugal, Gualdim Pais, o Convento de Cristo aínda conserva recordos deses monxes cabaleiros e dos seus herdeiros no cargo, a Orde de Cristo, que fixeron deste edificio a súa sede. Baixo o infante Henrique o Navegante, mestre da orde dende 1418, foron construídos os claustros entre a deambulatorio e a fortaleza dos Templarios, pero as maiores modificacións executáronse no reinado de Xoán III de Portugal (1529-1557). Arquitectos como João de Castilho e Diogo de Arruda procuraran expresar o poder da Orde construíndo a igrexa que acadou o seu máximo esplendor na portada principal asinada por João de Castilho e as dúas fiestras da fachada occidental, a inferior de Arruda e a superior de Castilho, e os claustros , dous deles góticos e seis en estilo renacentista de deseño de João de Castilho.

Trátase dunha construción periurbana, que se atopa no acumio dun outeiro que domina a chaira onde se estende a cidade. Está arrodeado polas murallas do castelo de Tomar. Ámbolos elementos foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 30 de xuño de 1983.Hoxe en día é un espazo cultural, turístico e de devoción. A arquitectura contén elementos románicos, góticos, manuelinos, renacentistas, manieristas e barrocos.

Convento do Rosario de San Sadurniño

O Convento do Rosario era unha institución relixiosa establecida na vila de San Sadurniño.

As súas orixes están relacionadas coa Orde do Temple, que construíu un hospital e unha igrexa na Idade Media. En 1508 o primeiro señor de San Sadurniño, Fernando de Andrade, neto de Nuno Freire de Andrade, o Mao, reconstrúe a igrexa e obtén bula do papa Xulio II para establecer unha colexiata atendida por cinco capeláns.

O fillo de Fernando de Andrade, Xoán Freire de Andrade, segundo señor de San Sadurniño, substitúe os capeláns por regulares da orde franciscana.

En 1570 o terceiro señor de San Sadurniño, Pedro de Andrade, fillo do anterior, encomenda o convento á orde de San Domingos, sendo estes relixiosos os que rexerán a institución ata a súa desaparición no século XIX. Este mesmo señor crea a Cátedra de Gramática e Latinidade, dependente do convento.

Na actualidade, o edificio conventual alberga dependencias municipais e o Xulgado de Paz. A igrexa parroquial actual de Santa María do Rosario é do século XVIII e pertenceu ao convento ata 1835. Nela áchanse os sepulcros dos dous primeiros señores de San Sadurniño, así como o da muller do primeiro, dona Inés de Castro.

Honorio II, papa

Honorio II, nado co nome de Lamberto Scannabecchi en Fagnano en data ignota, e finado en Roma o 13 de febreiro de 1130, foi o 163º papa da Igrexa católica de 1124 a 1130.

L'Espluga de Francolí

L'Espluga de Francolí é un concello e vila catalá que se atopa na provincia de Tarragona, na comarca da Conca de Barberà. O nome da vila provén do latín spelunca 'espenuca', 'cova', denominación pola que xa era coñecida no século XI, en referencia ás numerosas grutas e cavernas dos arredores, entre as cales cómpre sinalar a cova da Font Major, por onde transcorre baixo terra o río Francolí. Esta espenuca foi descoberta por casualidade en 1853, e é actualmente visitábel. Constitúe, co museo adxacente, unha das máximas atraccións turísticas da vila.

L'Espluga de Francolí áchase no extremo suroriental da comarca, situado ente a serra do Tallat, o norte, na estrema das comarcas das Garrigues e do Urgell, e os riscos da fraga de Poblet e maila Pena, dos montes de Prades, ao sur; no medio, o val e o cavorco do Reguer, coas leiras e videiras. Testa ao norte con Fulleda, Senan e Vallbona de les Monges, ao leste con Blancafort e Montblanc (que tamén estrema polo sur) e ao oeste con Vimbodí.

O termo está atravesado polo río Francolí, que abrolla na Font Major de L'Espluga, na confluencia dos ríos Sec e Milans. Pódese acceder pola estrada N-240 e pola autoestrada AP-2, con saída por Montblanc; tamén ten conexión coas vilas veciñas grazas a diversas estradas locais. Ten unha estación do camiño de ferro (liña Lleida-Reus) por onde pasa a liña do AVE.

A maioría da poboación concéntrase na vila de L'Espluga de Francolí. Existe un núcleo urbano no balneario de Les Masies, a dous quilómetros ao sur de L'Espluga, preto do Mosteiro de Poblet, no concello de Vimbodí. Na estrema sur do concello atópase o santuario da Santísima Trindade.

Maestrazgo, Teruel

O Maestrazgo é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Teruel. A súa capital é Cantavieja.

Moldes, Boborás

San Mamede de Moldes é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 180 habitantes (88 homes e 92 mulleres), a mesma cantidade que no ano anterior.

Orde de Cristo

A Orde de Cristo é unha orde militar portuguesa, construída sobre a Orde templaria nesta nación.

Portomarín

Portomarín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2017) conta con 1.508 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é portomarinense.

Proceso e disolución da Orde do Temple

A Orde do Temple foi unha das ordes monásticas-militares que xurdirían na Idade Media. Foi fundada inicialmente para a protección dos peregrinos que viaxaban aos Santos Lugares, e estendeuse despois por tódolos estados da Europa cristiá, principalmente en Francia, Provenza, Inglaterra, Escocia e os reinos ibéricos. O asunto dos templarios ocupou os derradeiros sete anos do reinado de Filipe o Fermoso en Francia.

Santo Graal

O Santo Graal, segundo un conxunto de lendas e mitos cristiáns, é o cáliz onde Xesucristo serviu o viño na Derradeira Cea. Isto deu lugar a unha materia (temática) específica na literatura medieval, dentro da cal os heroes artúricos (os cabaleiros da Mesa Redonda) debían ir buscar o Graal polo mundo, pois este obxecto tería enormes poderes. A tradición conta que foi Perceval o que o atopou, mentres que trala cristianización do mito sería Galaaz quen o fixo. Unha das lendas que chegaron ata os nosos días conta que o cáliz está localizado no Cebreiro.

O Santo Graal é un dos símbolos máis antigos de Galicia, aparecendo no escudo de Reino de Galicia dende o século XIII.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.