Orde do Imperio Británico

A Excelentísima Orde do Imperio Británico é unha orde de cabalería británica, instituída o 4 de xuño de 1917 polo rei Xurxo V. A orde outórgaa o rei ou a raíña de Inglaterra a todos aqueles que fixesen algo significativo no nome do Reino Unido.

Ten cinco categorías:

  • Cabaleiro da Gran Cruz ou Dama da Gran Cruz, (GBE) (Knight Grand Cross or Dame Grand Cross)
  • Cabaleiro Comendador ou Dama Comendadora (KBE or DBE) (Knight Commander or Dame Commander)
  • Comendador (CBE)
  • Oficial (OBE)
  • Membro (MBE)

As siglas dos títulos colócanse despois dos apelidos en inglés.

Mbe medal front and reverse
Anverso e reverso da Medalla da Orde do Imperio Británico

Vestimentas e distintivos

Grandes ocasións

Reunións da Orden ou coroacións:

  • A capa: lucida polos Cabaleiros e Damas da Gran Cruz, feita en satén de cor rosa con liñas en gris perla. No costado esquerdo ten bordada a estrela.
  • O colar: lucido nada máis polos Cabaleiros e Damas da Gran Cruz, está feito de ouro. Consiste en seis medallóns co escudo real, alternado con seis medallóns co monograma real. A insignia colga do colar.

Outras ocasións

Ster Orde van het Britse Rijk
Estrela da Orde
  • A estrela: unha estrela de oito puntas para os membros da Gran Cruz e de catro puntas para os membros Comendadores. Está feita en prata, e no medio leva un anel vermello co lema da Orde (For God and the Empire / "Por Deus e polo Imperio"). Orixinalmente, no centro aparecía a imaxe de Bretaña, pero dende 1937 aparecen as imaxes de Xurxo V e a Raíña Mary.
  • A insignia: é a única insignia que locen todos os membros. É unha cruz patoncé, co mesmo medallón central que a estrela no anverso e o monograma real de Xurxo V no reverso. Sobre o brazo superior da cruz hai unha coroa imperial. Varía de tamaño segundo a clase, e para as clases Cabaleiros da Gran Cruz, Cabaleiros Comendadores e Comendadores é de esmalte azul ceo co anel en vermello; a de Oficiais é dourada e a de Membro é prateada.

Membros

Na lista dos membros da Orde do Imperio Británico pódense atopar:

Actores:

Músicos:

Empresarios:

Deportistas:

Escritores:

E máis...

26 de outubro

O 26 de outubro é o 299º día do ano do calendario gregoriano (300º nos anos bisestos). Quedan 66 días para finalizar o ano.

Alain Prost

Alain Marie Pascal Prost, que ostenta a Orde do Imperio Británico, nado o 24 de febreiro de 1955 en Lorette, Loira, é un ex-piloto francés de Fórmula 1 que foi catro veces Campión Mundial. Correu con McLaren, con Renault, con Ferrari e con Williams, desde 1980 até 1993. Logo da súa retirada, formuou a súa propia escudaría, Prost Grand Prix, desde 1997 até 2002.

Albert Hammond

Albert Hammond, nado en Londres o 18 de maio de 1944, é un cantante e compositor británico.

Andrea Corr

Andrea Jane Corr, nada o 17 de maio de 1974 en Dundalk, no condado de Louth, é unha cantante, compositora e actriz irlandesa. É principalmente coñecida por ter sido a cantante principal do grupo The Corrs, que formaba xunto cos seus irmáns Caroline Corr, Sharon Corr e Jim Corr.

No 2005 foi galardoada co título de membro da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas. Dende a pausa tomada polo grupo no 2006, continúa a súa carreira en solitario.

Augusto Assía

Felipe Fernández Armesto, coñecido tamén como Augusto Assía, nado na Mezquita o 1 de maio de 1904 e finado en Xanceda (Mesía) o 2 de febreiro de 2002, foi un escritor e xornalista galego.

Caroline Corr

Caroline Georgina Corr, nada o 17 de marzo de 1973 en Dundalk, Condado de Louth, é unha cantante e instrumentista irlandesa. É principalmente coñecida por ter sido a batería do grupo The Corrs, que formaba xunto cos seus irmáns Andrea Corr, Sharon Corr e Jim Corr.

No 2005 foi galardoada, ó igual que os seus irmáns, co título de membro da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas. Dende a pausa tomada polo grupo no 2006, dedica o seu tempo á súa familia. Está casada e ten tres fillos.

Christabel Pankhurst

Dame Christabel Harriette Pankhurst, nada en Manchester o 22 de setembro de 1880 e finada o 13 de febreiro de 1958 nos Ánxeles, foi unha sufraxista e activista política inglesa, das consideradas como suffragettes. Foi cofundadora da Women's Social and Political Union (WSPU) e dirixiu accións militantes desde o exilio en Francia de 1912 a 1913. En 1914 apoio a guerra contra Alemaña. Despois da guerra mudouse aos Estados Unidos, onde traballou como evanxelista para o movemento Second Adventist. Obtivo a Orde do Imperio Británico.

Filipe de Edimburgo

O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca, é un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostenta ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Jarretera, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.

Frederick Sanger

Frederick Sanger, OM, FRS, nado o 13 de agosto de 1918 en Rendcomb (Gloucestershire, Inglaterra) e falecido en Cambridge o 19 de novembro de 2013, foi un bioquímico inglés dúas veces laureado co Premio Nobel de Química. Foi a cuarta persoa do mundo en recibir dous premios Nobel (os tres anteriores foron Marie Curie, Linus Pauling e John Bardeen).

George Porter

George Porter, Barón Porter de Luddenham, OM, FRS, nado o 6 de decembro de 1920 en Stainforth (Inglaterra) e finado o 31 de agosto de 2002 en Canterbury (Inglaterra), foi un químico e profesor de universidade inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1967.

Jim Corr

James Steven Ignatius "Jim" Corr, nado o 31 de xullo de 1964 en Dundalk, Condado de Louth, é un músico, cantante e compositor irlandés. É principalmente coñecido por ter sido o guitarrista do grupo The Corrs, que formaba xunto coas súas irmás Andrea Corr, Sharon Corr e Caroline Corr.

No 2005 foi galardoado, ó igual que as súas irmás, co título de membro da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas. Dende a pausa tomada polo grupo no 2006, dedica o seu tempo como membro do 9/11 Truth Movement e fai publicacións na súa web sobre a teoría da Nova Orde Mundial.

Kazuo Ishiguro

Kazuo Ishiguro, en カズオ・イシグロ Kazuo Ishiguro, formalmente en 石黒一雄 Ishiguro Kazuo, nado en Nagasaki o 8 de novembro de 1954, é un escritor xaponés-británico en lingua inglesa, que conseguiu o premio Nobel de Literatura en 2017.

Kylie Minogue

Kylie Minogue, nada en Melbourne o 28 de maio de 1968, é unha cantante de música pop australiana. Leva vendidos máis de 60 millóns de discos ao longo da súa carreira.

Pete Postlethwaite

Peter William Postlethwaite, coñecido coma Pete Postlethwaite, nado en Warrington (Cheshire), o 7 de febreiro de 1946 e finado en Shrewsbury (Shropshire) o 2 de xaneiro de 2011, foi un actor inglés. En 2004 foille concedida a Orde do Imperio Británico.

Richard Griffiths

Richard Griffiths nado o 31 de xullo de 1947 en Thornaby-on-Tees, Yorkshire, e finado o 28 de marzo de 2013 en Coventry, foi un actor inglés de teatro, cinema e televisión condecorado coa Orde do Imperio Británico. Recibiu o Laurence Olivier Award como mellor actor, o Drama Desk Award como mellor actor en escena, o Outer Critics Circle Award de mellor actor e un Premio Tony á mellor actuación como actor principal, todo para o seu papel na obra The History Boys. Tamén foi coñecido principalmente por encarnar a Vernon Dursley nos filmes de Harry Potter, o tío Monty en Withnail and I e Henry Crabbe en Pie in the Sky.

Griffiths interpretou, xunto con Daniel Radcliffe a reprodución da obra premiada Equus, de Peter Shaffer no West End de Londres. O último ano, Griffiths recibiu unha nomeamento ó BAFTA por mellor actor na súa interpretación de Héctor na adaptación cinematográfica de Nicholas Hytner sobre os The History Boys.

Griffiths foi distinguido coa Orde do Imperio Británico, outorgada pola Raíña de Inglaterra o día de Aninovo de 2008.

Rudyard Kipling

Joseph Rudyard Kipling, nado en Mumbai, daquela Bombai, o 30 de decembro de 1865 e falecido en Londres o 18 de xaneiro de 1936, foi un escritor e poeta británico nacido na India. Autor de relatos, contos infantís, novelista e poeta, é lembrado polos seus relatos e poemas sobre os soldados británicos na India e a defensa do imperialismo occidental así como polos seus contos para rapaces.

Algunhas das súas obras máis populares son a colección de relatos O libro da selva (1894), a novela de espionaxe Kim (1901), o relato curto "O home que puido reinar" (The Man Who Would Be King, 1888), publicada orixinalmente no volume The Phantom Rickshaw, ou os poemas "Gunga Din" (1892) e "If" (1895). Varias das súas obras leváronse ao cinema.

Masón, foi poeta de renome no seu tempo e foi galardoado co premio nacional de poesía Poet Laureateship en 1895, a Order of Merit e o título de cabaleiro da Orde do Imperio Británico (en tres ocasións), honras que rexeitou. Porén aceptou o Premio Nobel de Literatura de 1907, do que foi o primeiro gañador británico e o máis novo ata a data.

Sharon Corr

Sharon Helga Corr, nada o 24 de marzo de 1970 en Dundalk, Condado de Louth, é unha cantante e instrumentista irlandesa. É principalmente coñecida por ter sido membro do grupo The Corrs, que formaba xunto cos seus irmáns Andrea Corr, Jim Corr e Caroline Corr.

No 2005 foi galardoada, ó igual que os seus irmáns, co título de membro da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas. Dende a pausa tomada polo grupo no 2006, continúa a súa carreira en solitario.

Steven Spielberg

Steven Allan Spielberg, nado en Cincinnati (Ohio) o 18 de decembro de 1946, é un director de cine estadounidense. Foi sete veces candidato ao Oscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmes A lista de Schindler (1993) e Saving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento: Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993). Foi condecorado coa Orde do Imperio Británico e a National Humanities Medal.

Zaha Hadid

Zaha Hadid (en árabe: زها حديد), nada en Bagdad, Iraq, o 31 de outubro do 1950 e finada en Miami (Florida) o 31 de marzo de 2016, foi unha arquitecta británica de orixe árabe identificada coa corrente desconstrutivista da arquitectura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.