Orde de San Bieito

A Orde de San Bieito (O.S.B.) é unha orde relixiosa fundada por Bieito de Nursia, que segue a Regra ditada por este para a abadía de Montecasino. Bieito de Nursia contribuíu decididamente na evanxelización cristiá da Europa polo que foi declarado Patrón de Europa.

Actualmente a Orde está estendida por todo o mundo, con mosteiros masculinos e femininos.

Seguindo o seu exemplo e inspiración, diversos fundadores de ordes relixiosas basearon a normativa dos seus mosteiros na Regra deixada por Bieito, cuxo principio fundamental é Ora et labora, é dicir, reza e traballa.

Os mosteiro beneditinos están sempre dirixidos por un superior que, dependendo da categoría do mosteiro, pode chamarse prior ou abade; este é escollido polo resto da comunidade. O ritmo de vida beneditino ten como eixe principal o Oficio Divino, tamén chamado Liturxia das Horas, que se reza sete veces ao día, tal como San Bieito ordenara. Xunto coa intensa vida de oración en cada mosteiro, trabállase en diversas actividades manuais, agrícolas etc, para o sustento e o autoabastecemento da comunidade.

Fra Angelico 031
San Bieito de Nursia (c. 480-543), dun detalle do fresco de Fra Angelico, Basílica de San Marco, Florencia (c. 1400-1455).

Reformas da Orde Beneditina

Durante o transcurso da súa historia, a Orde Beneditina sufriu numerosas reformas, debido á eventual decadencia da disciplina no interior dos mosteiros. A primeira reforma importante foi a adiantada por San Odón no século X; esta reforma, chamada cluniacense (nome proveniente de Cluny, lugar de Francia onde se fundou o primeiro mosteiro desta reforma), chegou a tomar un grande impulso, a tal punto que durante gran parte da Idade Media, practicamente tódolos mosteiros beneditinos ficaban so o dominio de Cluny.

Os cluniacense adquiriron gran poder económico e político, e os abades máis importantes chegaron a formar parte das cortes imperiais e papais. Varios pontífices romanos foron beneditinos, provenientes dos mosteiros cluniacenses (Alexandre II, 1061-73; san Gregorio VII e moitos máis).

Tanto poder adquirido levou á decadencia da reforma cluniacense, que atopou unha importante contraparte na reforma cisterciense, palabra proveniente de Císter (Cîteaux, en francés), lugar onde se formou o primeiro mosteiro desta reforma. San Roberto de Molesmes, santo Esteban Harding e san Roberto de Chaise-Dieu foron os fundadores da Abadía de Cîteaux en 1098. Procuraban apartarse do estilo cluniacense, que caera na disciplina e o relaxamento da vida monástica. O principal obxectivo dos fundadores de Císter foi impoñer a práctica estrita da Regra de San Bieito e o regreso á vida contemplativa.

O principal impulsor desta reforma foi san Bernardo de Claraval (1090-1153), que foi discípulo dos fundadores de Cîteaux, regresando alí no ano 1108. Encargóuselle a fundación da Abadía de Claraval, converténdose no principal conselleiro dos papas, e varios dos seus monxes chegaron igualmente a ocuparen a Sé Pontificia. Bernardo predicou tamén a Segunda Cruzada. Ao morrer fundara 68 mosteiros da súa orde.

A reforma cisterciense subsiste até hoxe como orde beneditina independente, dividida igualmente en dúas ramas: a Orde Cisterciense da Común Observancia (O. Cist.) e a Orde Cisterciense da Estrita Observancia (OCSO), tamén coñecida como Trapenses. Chámaselle tamén beneditinos brancos, debido á cor do seu hábito, en contraposición aos demais monxes da Orde de San Bieito, a quen se lle chama beneditinos negros

Durante a Idade Media saíron outras reformas importantes da Orde Beneditina. A de san Romualdo (†1027), que deu inicio á reforma camaldulense. Esta reforma subsiste até hoxe en dúas ramas: a primeira forma parte de Confederación Beneditina (beneditinos negros); a segunda é independente, mais vertébrase igualmente pola Regra de San Bieito. Outra reforma importante foi a emprendida por san Xoán Gualberto (†1073), quen fundou os Beneditinos de Val Umbrosa, polo lugar en Italia no que se construíu o primeiro mosteiro desta reforma; é igualmente hoxe en día unha congregación da Confederación Beneditina. A reforma de san Silvestre (1177-1267), fundador dos Beneditino de Montefano, que subsiste hoxe tamén como congregación asociada á Confederación Beneditina. A reforma do beato Bernardo Tolomei (1272-1348), que deu orixe aos Beneditinos de Monte Oliveto, hoxe tamén forma parte integrante da Confederación Beneditina.

Após axitados períodos da historia, como a Reforma en Alemaña e dos Países Baixos, a expulsión ou execución de relixiosos católicos por Henrique VIII en Inglaterra, seguido do período revolucionario en Francia, así como tamén a decadencia da disciplina nos mosteiros, levou a que diminuíse a poboación de monxes. Despois da Revolución francesa, foi Prosper Guéranger quen fixo renacer a orde beneditina en Solesmes, en Francia, a partir do 1833.

Hábito

Na Idade Media os monxes beneditinos levaban camisa de la e escapulario. O hábito ou vestidura superior é negro, polo que o pobo os chamou monxes negros, en oposición aos cistercienses, que levan túnica e escapulario branco, denominados os monxes brancos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Abadía de Montecassino

Para información sobre a batalla da Segunda Guerra Mundial, véxase Batalla de Monte Cassino

A Abadía de Monte Cassino é un mosteiro no outeiro rochoso homónimo. É célebre por ser o lugar onde Bieito de Nursia estabeleceu o seu primeiro mosteiro, a fonte da orde beneditina, sobre o ano 529, e por ser o lugar de varias batallas cara ao final da Segunda Guerra Mundial.

Convento de San Bieito da Guarda

O Convento de San Bieito da Guarda é un conxunto significativo, construído entre 1558 e 1561 como Mosteiro da Transfiguración do Señor.

Convento de San Paio de Antealtares

San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura. Está situado no casco vello de Santiago de Compostela, fronte á cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, pechando a praza da Quintana.

Convento de San Xoán de Poio

San Xoán de Poio é un mosteiro medieval beneditino situado na parroquia de San Xoán de Poio, ocupado por unha comunidade de mercedarios. En 1971 foi declarado Ben de Interese Cultural

Igrexa de San Salvador de Coruxo

A igrexa de San Salvador de Coruxo é un templo cristián que se atopa na parroquia de Coruxo, no Val do Fragoso, no concello de Vigo, a catro quilómetros da cidade. Data do século XII, sendo até o século XIV un mosteiro propiedade da Orde de San Bieito dependente de Celanova, converténdose despois na igrexa parroquial.

Igrexa de San Xulián de Moraime

A igrexa de San Xulián de Moraime é un templo medieval do século XII, que antigamente se integraba nun mosteiro, situada na parroquia de Moraime, a tres quilómetros de Muxía, pertencente á comarca de Fisterra, provincia da Coruña. Está moi preto da capital municipal, sobre a estrada AC-440 que conduce até ela e a que se chega a partir da C-552, que pasa por Vimianzo.

Mosteiro de Montserrat

O mosteiro de Santa María de Montserrat é un mosteiro beneditino situado en Cataluña. Atópase na montaña de Montserrat, pertencente á comarca do Bages, provincia de Barcelona, a unha altura de 720 metros sobre o nivel do mar. Administrativamente pertence ao municipio de Monistrol de Montserrat, aínda que algúns dos seus terreos próximos entran no término de Collbató.

Coa súa imaxe da Virxe de Montserrat, é un símbolo para Cataluña e converteuse nun punto de peregrinación para crentes e de visita obrigada para os turistas.

Dentro das diferentes accións que se desenvolven en Montserrat destaca a escolanía, que é un dos coros de nenos cantores máis antigos de Europa.

O santuario de Montserrat, xunto cos santuarios de Torreciudad, El Pilar e Lourdes conforman a Ruta mariana, itinerario guiado pola espiritualidade e devoción mariana, posuidor dunha gran riqueza patrimonial, gastronómica e natural.

Mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro

O mosteiro de San Cibrao é un mosteiro medieval situado na parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde.

Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro

O mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro é unha das obras arquitectónicas do románico serodio, de transición ao gótico, máis destacables de Galicia. Trátase dun mosteiro beneditino fundado no século X e que viviu os seus momentos de maior esplendor entre os séculos XI e XIII do que se conserva en moi bo estado a súa igrexa e algúns dos departamentos monacais, grazas aos traballos de restauración e recuperación realizados a partir da segunda metade do século XX.

Mosteiro de San Millán de Suso

O Mosteiro de San Millán de Suso ou Mosteiro de Suso (do adverbio latino SURSUM, 'enriba') está situado preto da vila de San Millán de la Cogolla, na Rioxa, na marxe esquerda do río Cárdenas e forma parte do conxunto monumental de dous mosteiros, con outro construído posteriormente e que se sitúa máis abaixo, chamado Mosteiro de San Millán de Yuso, os dous declarados Patrimonio da Humanidade en 1997.

Mosteiro de San Millán de la Cogolla

O Mosteiro de San Millán de la Cogolla é unha institución relixiosa fundada no século VI d.C. por San Millán, situada no municipio de San Millán de la Cogolla, na comunidade autónoma da Rioxa. Está formado pola comunidade de monxes que continúan a tradición iniciada polo eremita Millán. Dende o século VI ata os nosos días déronse distintos tipos de vida monástica: eremitas, cenobio, mosteiro visigodo dúplice con regra hispánica, mosteiro mozárabe, mosteiro beneditino, e na actualidade convento de frades da Orde de Agostiños Recoletos.

Mosteiro de San Salvador de Celanova

San Salvador de Celanova é un mosteiro medieval beneditino fundado por San Rosendo a mediados do século IX en Celanova.Foi declarado Monumento Nacional en 1931 e premio Europa Nostra no ano 1984.

Mosteiro de San Salvador de Lourenzá

O mosteiro de San Salvador de Lourenzá é un mosteiro de orixe medieval situado en Lourenzá, no val do río Masma, a poucos quilómetros de Mondoñedo. Considérase fundador do mosteiro o conde Osorio Gutiérrez, que o ampliou, protexeu e actuou como mecenas, sobre un pequeno cenobio apenas sen vida. O complexo arquitectónico foi mudando a través dos séculos e as modas construtivas, de modo que o edificio actual data do século XVII, en estilo barroco.

En 1974 o conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural. Acolle a Casa Consistorial de Lourenzá.

Mosteiro de San Salvador de Lérez

O mosteiro de San Salvador de Lérez foi un convento construído na Idade Media na parroquia de Lérez, en Pontevedra. Nel celébrase cada 11 de xullo (día de san Bieito) a romaría de San Benitiño de Lérez.

Mosteiro de San Xulián de Samos

O mosteiro de San Xulián de Samos é un mosteiro medieval fundado no século VI, segundo a tradición por Martiño de Dumio, que chegou a ser un dos de maior importancia de Galicia, e que na actualidade se atopa en bo estado de conservación. Pertence á orde dos beneditinos e está no concello de Samos, (provincia de Lugo).

Mosteiro de Sant Cugat

O mosteiro de Sant Cugat (en catalán: monestir de Sant Cugat) é unha antiga abadía beneditina da localidade catalá de Sant Cugat del Vallès. O mosteiro, construído entre os séculos IX e XIV, destaca polo seu impresionante claustro. Foi o mosteiro de maior importancia de todo o condado de Barcelona. O edificio foi declarado ben cultural de interese nacional no ano 1931. Forma parte do Museo de Sant Cugat.

Mosteiro de Santo Domingo de Silos

O Mosteiro de Santo Domingo de Silos é unha abadía beneditina localizada na parte oriental dun pequeno val, que o primeiro documento do Arquivo de Silos, do ano 954, xa o denomina "valle de Tapadillo" pertencente ó concello de Santo Domingo de Silos, na provincia de Burgos, comunidade autónoma de Castela e León. Está comunicado por tres estradas secundarias que desembocan, por Aranda de Duero e por Lerma, coa nacional A-1, e por Hacinas, coa N-234. O seu claustro é unha das obras mestras do románico español.

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil é un vello mosteiro beneditino de tres claustros situado en Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense, rehabilitado como establecemento hoteleiro pola Xunta de Galicia e cedido a Paradores de Turismo de España. Está considerado un ben de interese cultural.

Romaría de San Benitiño de Lérez

A romaría de San Benitiño de Lérez é unha festa popular celebrada o 11 de xullo (día de san Bieito) no mosteiro de San Salvador de Lérez. A romaría, que se vén realizando desde 1929, está declarada festa de interese turístico de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.