Orán

Orán[2] (en árabe: وهران‎, "Wahrān") é unha cidade do noroeste de Alxeria, capital da provincia homónima. Localízase na beira do Mediterráneo, a 432 quilómetros da capital Alxer. A cidade ten unha poboación de 759.645 habitantes (2008) e é o principal centro de transporte de mercancías e industrial do occidente do país.

Durante o período colonial francés, Orán foi a capital do departamento do Orán. É un importante porto e centro comercial, e ten unha universidade. O barrio antigo da cidade posúe unha alcazaba e unha mesquita do século XVIII. A poboación da cidade era de 674.273 persoas (2009), e a urbana de 1 millón

Orán
وهران / Wahrān
Oran paysages
Mosaico de Orán
Localización
PaísAlxeria Alxeria
ProvinciaOrán
Xeografía
Altitude101 msnm
Superficie64 km²
Demografía
Poboación674273 (2009)[1]
Outros datos
www.oran-dz.com/

Notas

  1. "(en francés) Wilaya d'Oran -DPAT- Annuaire statistique 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2013. Consultado o 03 de agosto de 2016.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN 84-8158-266-2.
Aeroporto Internacional Atatürk

O Aeroporto Internacional Istanbul Atatürk (IATA: IST, ICAO: LTBA) é o principal aeroporto internacional de Istambul e o aeroporto máis grande de Turquía por número de pasaxeiros, destinos e movemento de avións. Inaugurado en 1924 en Yesilköy, na parte europea da cidade, está situado a 24 km ao oeste do centro da cidade e serve como centro de conexións principal para Turkish Airlines. O outro aeroporto internacional da cidade é o máis pequeno de Sabiha Gökçen. En febreiro de 2017 tiña 273 destinos, sendo o segundo aeroporto do mundo con máis destinos tras o Aeroporto de Frankfurt.Foi chamado orixinalmente Aeroporto Yesilköy. Nos anos 80 foi renomeado Aeroporto Internacional Atatürk na honra de Mustafa Kemal Atatürk, o fundador e primeiro presidente da República de Turquía. No ano 2015 pasaron polas súas instalacións máis de 60 millóns de pasaxeiros, converténdoo no 11º aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. En 2017 é o quinto aeroporto máis concorrido de Europa tras Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle, Frankfurt e Ámsterdam-Schiphol, despois de caer dende o terceiro posto debido a temores pola seguridade.

Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat

O Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona–El Prat (IATA: BCN, OACI: LEBL) é un aeroporto español da rede de AENA que dá servizo á cidade de Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo Aeroporto de Barajas (Madrid), co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo. Ademais é o oitavo aeroporto de Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.

Aeroporto de Alacant-Elx

O Aeroporto de Alacant–Elx é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre as pedanías ilicitanas de L'Altet e Torre del Pla, a 9 km ao suroeste de Alacant e 10 km ao este de Elx. Pola súa situación, este aeroporto dá servizo a unha gran parte da Comunidade Valenciana. Tradicionalmente tivo un importante tráfico charter, actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.

No ano 2017 ocupou o quinto lugar na rede aeroportuaria española segundo número de pasaxeiros, tras os aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga e ese mesmo ano foi o 38 máis concorrido dentro de Europa. Ademais, representa o aeroporto de maior tráfico de pasaxeiros da Comunidade Valenciana, con 13 713 061 pasaxeiros en 2017.

Aeroporto de Lille

O aeroporto de Lille (IATA: LIL, OACI: LFQQ) é un aeroporto situado na localidade de Lesquin, a 7 quilómetros ao sur de Lille, no norte de Francia. Tamén é coñecido como aeroporto de Lille-Lesquin ou aeroporto de Lesquin. Lille é a principal cidade da metrópoli europea de Lille, a capital da rexión de Norte-Paso de Calais e a prefectura do departamento de Norte.

O aeroporto atópase a uns 15 minutos do centro de Lille. É o 12º máis concorrido de Francia en número de pasaxeiros: con 1 538 814 no ano 2015. En termos de carga é o cuarto aeroporto do país.

Aeroporto de Lión-Saint Exupéry

O aeroporto de Lión-Saint Exupéry (IATA: LYS, ICAO: LFLL), anteriormente coñecido como aeroporto de Lión-Satolas, é o aeroporto internacional de Lión, a terceira cidade máis grande de Francia e un importante centro de transporte para toda a rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Atópase en Colombier-Saugnieu, a 20 km ao sueste do centro de Lión. No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 10 280 192 pasaxeiros.

Aeroporto de Marsella Provenza

O aeroporto de Marsella Provenza (IATA: MRS, ICAO: LFML) é un aeroporto internacional francés situado a 27 km ao noroeste de Marsella, no territorio da comuna de Marignane, pertencentes ao departamento de Bocas do Ródano. É o quinto aeroporto máis concorrido de Francia en termos de pasaxe e o terceiro en termos de carga. No ano 2012 o aeroorto foi o cuarto europeo cunmaior incremento de pasaxeiros, aumentando un 12,7% ata chegar aos 8 295 479. O aeroporto de Marsella Provenza serve como cidade focal para Air France. No verán de 2013 o aeroporto tiña voos a 132 destinos de forma regular, a maior oferta en Francia tras os aeroportos de París.

Aeroporto de Orán-Es Sénia

O aeroporto de Orán-Es Sénia (OACI: DAOO), tamén coñecido como aeroporto Ahmed Ben Bella, é un aeroporto alxeriano situado a 8,7 quilómetros ao sur da cidade de Orán, preto de Es Sénia.

Aeroporto de París-Orly

O aeroporto de París-Orly (IATA: ORY, ICAO: LFPO) é un aeroporto internacional francés situado parcialmente en Orly e parcialmente en Villeneuve-le-Roi, a 13 km ao sur de París. Serve como centro de conexións secundario para voos domésticos e internacionais de Air France, e como base principal de Transavia France. Dende o aeroporto opéranse voos cara destinos en Europa, Oriente Medio, África, o Caribe, Norteamérica e o Sueste asiático.

Antes da construción do Charles de Gaulle, Orly era o principal aeroporto de París. Incluso co cambio da meirande parte do tráfico internacional ao Charles de Gaulle, Orly segue a ser o aeroporto francés máis concorrido para tráfico doméstico e o segundo en tráfico en xeral, con 31 237 865 pasaxeiros en 2016.

Aeroporto de Tolosa-Blagnac

O aeroporto de Tolosa-Blagnac(IATA: TLS, ICAO: LFBO) é un aeroporto internacional situado a 6,7 km ao oeste de Tolosa, parcialmente na comuna de Blagnac, no departamento francés de Alta Garona. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 8 081 179 pasaxeiros. En setembro de 2017 o aeroporto voaba a un total de 76 destinos, principalmente cara Europa e o Norte de África e con algunhas conexións de longo alcance. Tanto Airbus como ATR fabrican avións en instalacións próximas e utilizan o aeroporto para probalos.

Alxeria

Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país máis grande da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe. Fai fronteira terrestre con Tunisia ao nordés, Libia ao leste, Níxer e Mali ao sur, Mauritania e o territorio en disputa do Sahara Occidental ao suroeste e Marrocos ao oeste.

Despois de 132 anos de colonización francesa, Alxeria obtivo a súa independencia o 5 de xullo de 1962. Alxeria fíxose membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da Unión Africana (UA) e da Liga de Estados Árabes dende practicamente da súa independencia, en 1962. Tamén é integrante da Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) dende 1969. En febreiro de 1989 Alxeria participou xunto a outros estados da África magrebí na creación da Unión do Magreb Árabe (UMA), sendo tamén o país membro da Unión para o Mediterráneo dende 2008. A constitución alxeriana define "o islam, o arabismo e o berberismo" como "compoñentes fundamentais" da identidade do pobo alxeriano e ao país como "terra do Islam, parte integrante do Gran Magreb, mediterráneo e africano".

O 2 de abril de 2019, o presidente Abdelaziz Bouteflika abandonou o cargo por mor da presión do exército do país, logo de protestas masivas contra un quinto mandato de Abdelaziz Bouteflika.

Constantina

Constantina (en árabe: قسنطينة‎, "Qusanṭīnah") é unha cidade de Alxeria, capital da provincia homónima. Localízase no nordeste do país, e é a terceira maior cidade do país logo de Alxer e Orán. A cidade ten unha poboación de 448.374 habitantes (2008).

Magreb

O Magreb, identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sáhara. Na época do Imperio Romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabe Mahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opóndose ao Iemen, que significa "dereita".

Ao longo do mar Mediterráneo, inclúe, hoxe en día, Marrocos, Alxeria e Tunicia. Algunhas veces, ao incluírse Mauritania e mais Libia, tamén se chama Maghreb ao que, para ser máis específico, se designa por Grande Magreb.

Mar de Alborán

O mar de Alborán é a parte máis occidental do mar Mediterráneo; limita ao norte coa costa española, ao sur coas costas marroquí e alxeriana, e ao oeste co estreito de Xibraltar, que conecta o Mediterráneo co Atlántico. As súas augas cobren desde o estreito de Xibraltar ata o cabo de Gata e a cidade de Orán.

Operación Torch

A Operación Torch (Operación facho) foi a invasión angloestadounidense da África do Norte francesa durante a Segunda Guerra Mundial que se realizou o 8 de novembro de 1942.

A Unión Soviética viña presionando ós Estados Unidos e a Gran Bretaña para comezar as operacións en Europa e abrir unha segunda fronte para reducir a presión do exército alemán sobre as tropas soviéticas. Mentres os xenerais norteamericanos favorecían a Operación Sledgehammer, un desembarco na Europa ocupada o máis axiña posible, os británicos crían que iso podería conducir ó desastre. Entrementres propúxose un ataque á África do norte francesa, o que lle daría o control naval do Mediterráneo ós aliados e prepararía a invasión do sur de Europa que se efectuou en 1943.

A decisión do desembarco tomouse finalmente o 24 de xullo de 1942, escolleuse o nome clave Torch (Facho) e Dwight Eisenhower foi nomeado o 14 de agosto comandante en xefe da operación. Para a posibilidade que España entrase en guerra do lado de Alemaña ou as tropas alemás entrasen en España estaba previsto o Plan Backbone que suporía a ocupación do protectorado español de Marrocos. Os aliados lanzaron unha campaña de desinformación para que o Eixe pensara que a invasión ía ser sobre Dakar.

O mando da frota encargada do desembarco foi encargado a Andrew Cunningham, ó mando das forzas aéreas estaban William Welsh e James Doolite. Finalmente o 8 de novembro produciuse o desembarco en Safi, Casablanca, Port Lyautey, Fedala, Orán, Alxer e Buxía. Supuxo a maior operación anfibia da historia, máis de 500 buques, incluídos 130 de guerra, desembarcaron no Marrocos francés 35.000 homes apoiados por 252 tanques ó mando de George Patton, en Alxeria, 38.500 homes con 300 tanques mando de Kenneth Anderson. Henri Giraud traído desde Francia en submarino púxose á fronte dos soldados da Francia Libre.

As tropas coloniais francesas estaban formadas por 200.000 soldados, con 200 avións e tiñan a orde de resistir. A superioridade aeronaval aliada fixo que os franceses pediran o alto o fogo primeiro en Alxer e logo no resto, algunhas gornicións mantiveron a loita ata o día 11. Morreron 49 militares aliados e 1346 franceses.

A derrota francesa levou á invasión alemá da Francia de Vichy e a que os franceses destruíran a súa frota en Tolón para evitar que caera en mans alemás.

Orán, Valonga, Pol

Orán é un lugar da parroquia de Valonga no concello lugués de Pol na comarca de Meira. Segundo o IGE, en 2013 tiña 0 habitantes.

Valonga, Pol

Santa María de Valonga é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 293 habitantes, deles 141 eran homes e 152 eran mulleres, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Vilaia de Orán

Orán (en lingua árabe ولاية وهران) é unha provincia (wilaya) de Alxeria, onde se acha a cidade de Orán.

Atópase no noroeste do país. A súa poboación é de 1,443,052 habitantes e abranguen unha área total de 2,114 km². Limita polo leste coa provincia de Mostaganem, polo sueste con Mascara, polo suroeste con Sidi Bel Abbes, e polo oeste con Aïn Témouchent. Polo norte ten o Mar Mediterráneo.

A provincia formouse a partir do antigo departamento francés do Orán, que se mantivo trala independencia e logo transformado en wilaya (provincia) en 1968, reorganizado en 1974, cedendo parte da súa área a Sidi Bel Abbès

Yves Saint Laurent

Yves Mathieu-Saint-Laurent, nado en Orán, Alxeria, o 1 de agosto de 1936, e falecido o 1 de xuño de 2008 en París, foi un deseñador de moda francés, fundador da marca de roupa de alta costura homónima.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.